A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

COROANDO A REISES MORTOS
Hai un costume ou tradición nesta terra que nos veu nacer e en parte medrar ata caernos o pelo, cuia lóxica non acabo de entender. É unha desas cousas que se fan case por compromiso, con xesto dramático e un tanto contrito, entre profundos suspiros e breves comentarios apesadumbrados. Consiste en venerar aos mortos cando en vida ninguén se acordaba deles, e entón, cando o infeliz xa abandonou estas leiras terreais, tocarlle as palmas, recoñecer os seus méritos e outorgarlle méritos e medallas a esgallo.

Resulta estremecedor que cando un súa a pinga gorda, cando fachendoso como o que máis e pártese o espiñazo, reciba como máximo un par de golpecitos nas costas, cando os recibe,pois a envidia e moi mal compañeira, e un “non está mal” case imperceptible. Logo, cando o individuo en questión a espicha, os seus traballos medran en calidade e importancia, e dedícanselle rúas, e as súas obras brilan en quilates, e mil historias, tan tétricas como certas.

Sería bo que, de cando en vez polo menos, apreciásese o esforzo da xente e o seu traballo no seu debido momento e coa debida transcendencia. A ver que hostias importoulle saber a Van Gogh que a día de hoxe as súas obras valerían tropecientos millóns do que sexa, cando en vida non tiña onde caerse morto. Bo, se cadra lle gustou saber que actualmente, de seguir vivo, sería archimillonario e viviría nunha mansión tipo Playboy, sendo encomiado polas súas pinturas e comentado entre risas pola súa mutilada orella. Aínda que... este... gustaríalle? Se cadra só lle tocaba os narices, mentres buscaba un pedazo de pan duro nalgún recuncho da cidade, manchado de óleo gris.
Todo esto recórdame ao pirata Garrapata:
-Quen é o morto?
-Non sabemos. Non lle vimos nunca.
-Entón por que choran?
-Porque lle queriamos moito. ¡Era tan bo!

Otero Regal

Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2011 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Quedan os guapos e vanse os bos... que razón tiña. La#blgtk08#bordeta inigualable, indispensable, Labordeta ÚNICO.
Comentario por Natalia (17-01-2011 15:11)
2 Os bloggers mortos no#blgtk08#n van ao ceo, Regal.
Comentario por Un amigo (17-01-2011 15:14)
3
Eu non sei si é por ir facendome vello, pero cada día cáenme mal máis persoas. Non soporto aos políticos, aos sindicatos, a certos veciños, a moitos cantantes, a tanto niñato...a .. a lista é moi longa e en aumento. A este paso fareime cosmofóbico.

E o que constato é o que dis, que os bos sempre se van antes, que os inocentes non adoitan sobrevivir aos fillos de puta, que estes últimos parecen feitos con pel de ferro e salfu#blgtk08#man como sangue, que a boa xente sofre mentres a escoria medra, goza e sae impune.

Todos temos fobias e filias, pero cada día teño menos paciencia ..con todo. E eu pensando que cos anos viña a mesura..que va. Coa idade vén o coñecemento, e co coñecemento vén a mala ostia. Xa sei porque os idiotas son felices. E o que dis, se encima intentas ser honrado, danche por todos os lados e o malo leite medra exponencialmente.

Comentario por Rias Baixas (17-01-2011 15:21)
4 E eso do pira#blgtk08#ta Garrapata?
Comentario por Foz (18-01-2011 14:50)
5 E logo falas p#blgtk08#or ti Sitiño?
Comentario por Foz (18-01-2011 14:50)
6 Volves a ter mas r#blgtk08#azón que un santo.
Comentario por covas (19-01-2011 20:47)
7 Así que pasandoe bomba por Paris, e nosout#blgtk08#ros aquí traballando como cabria esperar.
Comentario por (19-01-2011 20:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal