A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O ANO QUE SE VAI ….O ANO QUE CHEGA
Acábouse o ano, acábouse. As horas, os días, os meses... dan lugar a un novo ano que quen sabe que nos deparará... e repasamos os capítulos que confeccionaron o libro do 2010, sabedores de que aquelas parolas quedaron escritas para sempre e que ninguén pode borralas nin tachalas a estas alturas. Ninguén poderá cambiar xa as estrofas desas musicas soñadas e escoitadas; nin as risas, bicos e caricias que rumorean algúns doces vocábulos que aínda se esconden baixo as sabas da cama; nin as bágoas que se mesturaron coa tinta e mancharon as marxes; nin as carreiras, nin os quéroche , nin os pedazos de vida que apostaches nunha ruleta rusa que unhas veces deuche e outras veces quitouche... Pero ben, son cousas que pasan.

Mentres todo isto voa pola mente... páraste... miras ao escaparate dunha das incontables tendas de luces brancas e reflejos de cores e que saen repletas de carros desbordados de rebaixas, mentres deixan no seu interior unha auténtica batalla campal que as sufridas dependentas recollerán cando acaben as 4 horas de traballo que aínda lles queda por diante. Suspiras. Pensas na xente que pasou os Nadais sos, algunhas moi fodidas, e ségues debatendo entre o bo e o malo que ostentan estas festas. E vólves a casa.
Recoñéceste a ti mesmo o moito que necesitas á parte contratante, e as ganas que tes de volver vela. Logo acórdaste dos reis meigos, do barrigon ese que anuncia Coca cola... mmmm... nin de pequerrecho escribiches a carta... pero ben, algo caeu, seguro: unha bufanda para o frio e un sombreiro para gardar a pista de aterrizaxe que teño ala arriba, eu quixera, mellor, unha quiniela de 14, sin cubrila pois non teño pratica na cousa, que se un puñado de estrelas, saúde, moitas sorpresas ilusionantes... A ver, a ver que lle traen os reis a un republicano coma min,no novo ano 2012, xa que este tamen pasou.
O final de ano e o comezo dun novo é moitas veces o momento idóneo para facer balance, para valorar o ano que transcorreu e ver que nos deu, que deixamos nel. Penso tamén en todas as desigualdades que nos rodean, neste comercio desmedido que invadiu a nosa sociedade e os corazóns de moitas persoas que permeabilizaron o seu espírito a este modo de vida tan artificial, cando noutros lugares distantes, ou non tanto, hai persoas con serias dificultades económicas. Destas festas herdeiras das que se facian en honor a Mitra e donde os romans repartian regalos a esgallo, como agora, eu valoro as cousas auténticas, o afecto dos meus, estas reunións íntimas que comparto cos eles nos contados días de asueto, e que duren, xa que o tempo e implacable con todos nos.
Manda carallo¡ saeume un post no que non falo de politica, politicos e demais xente de mal vivir.
Otero Regal
Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-01-2011 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
17 Comentario(s)
1
Non sei, eu non creo nesas cousas de Ano novo Vida nova, a verdade. Cámbiase o número e xa está. Ainda que non haia boas intencións que quedan niso, só en propósitos para o novo ano. Empezamos con forza, con moitas ganas e ímonos desinflando pouco a pouco e, ao final, nada de nada. Eu fai tempo que deixei de facelo.
#blgtk08#r /> Tamén hai quen pensa que se o ano anterior non foi bo, o seguinte ten que ser mellor. E, ás veces, si pero, ás veces, non. Só hai que camiñar de fronte e coa cabeza alta, sortear os obstáculos, se é que os hai, e relativizar todo bastante máis do que o facemos. Que todos os anos son bos, sempre teñen algo fascinante que recordar.
Comentario por Rosa (11-01-2011 14:54)
2
Cando saio do traballo e leo os teus comentarios lévasme todo o #blgtk08#máis parecido ao optimismo que teño na vida. É só un ratiño, pero grazas
Comentario por Paco (11-01-2011 14:55)
3 Deseos para 2011
¿Para cuándo alguien que se presente a las elecciones con la bandera de castigar a los bancos como se merecen?

¿Para cuándo alguien que ponga más impuestos a las clases más altas y menos a las más bajas, y no al revés?

¿Para cuándo alguien que FIRME UN CONTRATO diciendo que al llegar al poder se bajará el sueldo y se lo bajará también a todo#blgtk08# su equipo?

¿Para cuándo alguien que pretenda aumentar las penas por corrupción, sobre todo entre políticos?

¿Para cuándo alguien que mejore el problema del paro, simplemente reduciendo las horas de jornada laboral de forma paulatina?

Yo le votaría. Pero me temo que ese alguien no sería un político. Por lo menos, no de los que tenemos ahora.
Comentario por Madrid (11-01-2011 14:57)
4
Pienso exactamente igual que tú. Lo que hay que intentar es mantener la#blgtk08# ilusión. Un abrazo y gracias por la compañia que me das en el trabajo!
Comentario por arorua (12-01-2011 09:45)
5
Ben, ben os teus consellos non me pa#blgtk08#receron nada mal, jejeje. Feliz ano.
Comentario por Carlos52 (12-01-2011 09:49)
6
O que teño claro Regal,e que a politica e os politicos son necesarios, e que o que hai que cambiar non é aos políticos, senón á cidadanía. Os políticos son o seu máis fiel reflexo. E a nosa cidadanía#blgtk08# é das máis corruptas, apáticas, pouco informada e formadas que coñecín. E non é un problema de que estean formados ou non en coñecementos técnicos, se non en pensamento crítico. Este ultimo, escasea MOITO.
Comentario por Ensinante (12-01-2011 09:52)
7 Mañá... Mañá... Mellor.
#blgtk08#/>
Feliz Ano Novo.
Comentario por Rosa (12-01-2011 09:55)
8 A min o único que me preocupa é que Viveiro afúndese con nós dentro. A culpa a teñen Roel, Cal, Amor, O Pata, Leal... toda esta tropa de incompetentes que estragan Viveiro polo seus egoismos e incompetencia manifesta. Non valen pra outra cousa que pra poñere de monicreques presidindo o Festival do Landro. Velaí tedes a verdadeira imaxe da progresía viveirense: Un festival trasnochado e iles todos contentos na primeria fila presidindo o evento.

Viveiro retrocede por culpa deste comunismo radical que non traballa, só se adica a andar polos bares. Un comunismo que se enfronta con todo o mundo: veciños, administracións, empresas... o mesmo lles ten; todo aquil que ouse cuestionar esta inacción, será posto na picota e vilipendiado sen piedade, atacado con toda clase de armas de difamamción masiva.

Por este foro pululan radicais defensores deste desastre, xentes ao servicio da causa; mesmo estes representantes do pobo non se cortan un pelo e tamén entran en faena...unha verdadeira vergoña que amosa o nivel do que estamos a falar.
Se#blgtk08# un se achega a un pleno, o espetáculo non pode ser máis lamentábel. Un alcalde mitinero, sentado na poltrona do matonismo máis insultante, que xoga coas cartas marcadas e presume de gañar tódalas xogadas. Nunca tal se víu... non deixa falar a quen non lle conven, falta e insulta canto quere e cando quere, e difama se rubor a quen lle parece. Síntese un Deus todo poderoso e exerce coma tal. Ninguén lle sopra ou que se ateña as consecuencias.
Na bancada dese enxendro chamado non adscritos, rinlle as gracias non vaia ser que lles caia algo.
No PP pouco poden facer, non lles deixa falar.
O BNG tratou de discutirlle algunha cousa algunha vez, pero saiu tan mal parado que xa non lles quedaron ganas para máis.
Na bancada socialista disfrutan co show e con que Roel abuse ás súas anchas dos adversarios políticos.
Esquerda Afundida está niso, afundindose.
Iste é o panoarama... sen dúbida desolador, pero é o que hai e a min preocúpame moito.

Seguirei contando o que penso. Saudos cordiais.

Xurxo Pena
Comentario por Xurxo Pena (12-01-2011 11:59)
9 Non falas de política, pero iso é bo, a#blgtk08#s veces hai que parar a pillar folgos.
Comentario por A cruz da Campa (13-01-2011 08:17)
10 Este sistema que tenemos, lo define a la perfección Garcia Trevijano, os aconsejo sus videos en youtube, es muy vehemente porque es muy claro, al pan pan y al vino vino, y denuncia desde el principio el sistema de partidos políticos que tenemos que a su juicio provoca la corrupción porq#blgtk08#ue no hay representatividad directa… A su juicio la izquierda se vendió en la transición al aceptar el sistema proporcional y no el mayoritario, bueno él lo explica mucho mejor…

http://www.youtube.com/watch?v=ePc3tG83tsY&feature=related
(son varios partes)
Comentario por Grettel (13-01-2011 10:20)
11
Feliz 2011.

Eu tambien penso que hai que culpar por igual a politicos e ciudadania, sen ignorar que 15 anos de boom economico dan pé a moitos autoengaños a ambos #blgtk08#os dous lados.

Non pretendamos arranxar o mundo, contentemonos con que a verdade fainos libres.

Non pretendamos liderar, sexamos lideres porque nos seguen.
Comentario por Carlos (13-01-2011 10:21)
12
Como estamos en "Tempos de Matanza" pois é fácil atopar o refrán:
"A Cada PORCO CHÉGALLE O seu SAN MARTÍN" (O acento na Í, será polo coitelo)
En xeral:
¡Que todo o mundo ten o seu minuto ou o s#blgtk08#eu tempo de Fama, Gilipolleces, Desvarios, Etc. Etc.!
E en particular:
Os bobos ou porcos do todo:
¡Que por ser expertos en ?o seu tema? crense expertos en ?todos os temas?, dereito a insultar incluído!
Comentario por Albarito (13-01-2011 10:23)
13
Para min o peor é que todavia todos teñan o discurso da esquerda e a dereita. Pero señores a xente de agor#blgtk08#a pasa dese discurso antigo e malo. A xente agora só quere solucións, e un equipo gobernando altamente cualificado.
Comentario por Portiño (13-01-2011 10:26)
14 Eu tamén estou moi preocupado co futuro de Viveiro. Na comarca xa non somos referente en nada, Xurxo Pena atina bastante co que di. Temos un grande problema de liderazgo e de representación política. O Alcalde non#blgtk08# se move, so vai á Deputación e pouco máis. Esta cidade precisa dun cambio político moi grande. Estamos perdendo o tren do futuro.

¡Viveirenses, espertade do voso letargo e espabilade ou imos de cu!
Comentario por Antonio (13-01-2011 11:55)
15 Moi bonitiño saic#blgtk08#he na foto Sito.
Comentario por Un amigo (13-01-2011 13:56)
16 Albarito, deja de rebuznar. Solo sabes insultar y dejar patente tu incultura. Si hablas en galego, el refran sería: "A cada porco chégalle o seu San MARTIÑO". No #blgtk08#sabes ni siquiera insultar, ni en gallego, ni en castellano.
"Bobos", "porcos" ...te luces chaval, evidencias tu calaña cada vez más ¡Tómate la medicación!
Comentario por Albarito, no seas inculto (13-01-2011 18:13)
17 Albarito non sabe se quera nin cando cae San Martiño.... San Martiño foi o 11 de novembro, que era a época na que se mataba o porco porque pasado o "veraniño de San martiño" comezaba a facer máis frío e polo tanto podíase curar millor a carne. Agora estamos a piques de entra#blgtk08#r no antroido e os lacóns e cachuchas teñen que estar no seu punto de salazón, co que se matamos nestas épocas os cochos, pobres de nós.
En fin, Albaritiño que "b", tápate un pouquiño e deixate de lerias que metes moito a pata. O que sempre digo, ¡¡¡¡maldita logse!!!
Comentario por maldita logse (13-01-2011 20:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal