A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O CONTO DA BOA PIPA
Desde fai tempo, teño craro que a vida é perfectamente comparable con un ou con varios contos: co seu prólogo, cos seus resumos, cos seus capítulos e os seus borrons... e o seu final. Pero claro, que a vida garde paralelismos cos contos é unha cousa, pero que sexan ou poidan ser idénticos... non, idénticos nunca... porque aquí, no mundo real, as cousas non sempre acaban ben nin gañan sempre os bos. Nin moito menos.

Agora as princesas levan piercing e tatuaxe... ou non... e son nais, ou fillas, ou esposas, ou noivas, ou amigas... ou en lugar dos príncipes prefiren as princesas. E paréceme xenial, por suposto. E os príncipes igual pero ao revés, só que agora xa non son azuis, senón grises... ou rosas... ou vaiche ti a saber.

E os lobos seguen aullando e ata babeando tras as Caperucitas que, alternando o vermello con outras cores, levan minisaia e bailan noctámbulas á noitiña. Atópanse polo camiño con Cincentas que xa non se recollen ás 12, senón que a esa hora montan nos seus coches (adeus cabaza máxica) porque quedaron con algún leñador que xa montou a súa propia empresa de demolición.

Os ogros dedícanse a facerlle imposible a vida ás súas mulleres ou saen das súas goridas co coco rapado e cantando o “cara al sol”. As bruxas gardan na liga a calculadora, e as fadas madriñas vólvense etéreas, visitando a improvisados personaxes en forma de sorte.

Os ananos vanse a durmir á 1, logo de deixarse os miolos na Play-Station, e os xograres repártense polas rúas... enchendo de música, e sufrindo que outros máis afortunados e infinitamente peores graven agora un disco grazas á tele.

E mentres tanto, os bufóns seguimos observando, e tirando para adiante como o que somos: saltimbanquis, pillos, mentireiros, artistas, artesans e escritores (ás veces todo iso xunto), dando volteretas para chegar a fin de mes ou lograr iso que alguén chamou “felicidade” sen saber que, realmente, iso da felicidade pode ser que non sexa máis que un conto da boa pipa.
Otero Regal



Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-12-2010 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 ¡¡¡Váia afoto puxeron os gaivoteiros na súa webs pra ilustrar un deses articuliños onden poñen a pan pedir á equipa de goberno municipal do PSOE!!!

Leal e Roel xuntiños da man pra iren contra a súa particular besta parda, ise xoven e emerxente valor elixido polo PP pra afrontare estas erecións municipais.#blgtk08# Levana alogo clara, co cachorriño do PP ruxe moito e se lle ve con moita forza porque seica lles ten moitas ganas. Van precisar aplicarse moi afondo pra poder con el. A cousa promete e vai estar moi quentiña. Ímolo pasar en grande. ¡Dádevos, carallo! ¡Veña leña! Que con isto da crise a xente queremos un bon espetáculo.
Comentario por O lión en inverno (15-12-2010 23:32)
2 Precioso P#blgtk08#ost Regal.
Comentario por Rosa (16-12-2010 14:09)
3 Asi que ti eres un bufón, menos mal que o recoñeces, a pesar dos adornos que lle pos "os bufóns seguimos observando, e tirando para adiante como o que somos: saltimbanquis, pillos, mentireiros, artistas, artesans e esc#blgtk08#ritores (ás veces todo iso xunto), dando volteretas para chegar a fin de mes ou lograr iso que alguén chamou “felicidade” sen saber que, realmente, iso da felicidade pode ser que non sexa máis que un conto da boa pipa.
Comentario por Un amigo (16-12-2010 14:11)
4 ... siempre habrá un sitio dondequiera
con un montón de bienvenidas
todas te reconocen desde lejos
y aprontan una fiesta tan dis#blgtk08#creta
sin cantos, sin fulgor, sin tamboriles
que sólo vos sabrás que es para vos.....

... de Benedetti, com no!
Comentario por X (19-12-2010 11:56)
5
Estimado colega:

A vida é un conto... un conto é #blgtk08#a vida; ambos aspetos gózanse co seu achegue.

Grazas mil.
Comentario por Francisco (19-12-2010 11:59)
6
Moi bo demostra dedicación, habil#blgtk08#idade investigativa e compromiso. Adiante!
Comentario por Currana (19-12-2010 12:00)
7 Regal, cando lle das caña a Melchor tes 20 ou 30 comentarios, si o fas a Aja casi outros tantos, pero si adicas#blgtk08# un tempo a articulos como este, que saleuche redondo 3 ou 4 comentarios.
Tes unhos lectores de carallo¡
Comentario por Un amigo (19-12-2010 12:02)
8 Ceramista non#blgtk08# é para tanto
Comentario por Rosa (19-12-2010 12:05)
9 Dejar de respirar...NO!
Respira y respira profundo. En cada bocanada de aire va la v#blgtk08#ida.

La muerte llega sola...hay que ponerle todas las trabas posibles VIDA.
Comentario por Volvoreta (19-12-2010 12:07)
10 Lein o teu post en Facebook, non coñecia o blog no#blgtk08#raboa, seguireite, gustoume moito a tua reflexion.
Comentario por Cervo (19-12-2010 12:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal