A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CHOIVA DE CANDIDATURAS E SECA POLITICA
A punto de confirmarse os candidatos para alcalde nas eleccions de Maio, confirmase o que moitos supuñamos. Non hai nada que festexar. Non estamos ante a festa cívica onde o exercicio democrático multiplícase e reproduce, senón ante unha manifestación da profunda crise da nosa vida política.
Despois de 30 anos na vida politica local Cesar Aja (20 anos de alcalde) e Melchor Roel (8 anos de alcalde) voltan a ser candidatos dos dous grandes partidos PP e PSOE, por a esquerda o BNG que esta este fin de seman gigantesco a desfollar a espiga, a parecer falase de unha Muller da CIGA, de un traballador de Alcoa que viveu moito tempo en Burela, e de Bernardo, a este ultimo os da UPG non o queren, e como son os que mandan…….. Orlando Exposito (outros 30 anos de concellal) di que deixa a cousa, eso significaria o fin de IU en Viveiro, e Leal, excindido do PP e os seus compañeiros poderian formar candidatura, e serian quen cortaran o bacallao da Praza Maior.
O peor de todo e que aquí e que aqui, salvo algunhas excepcións, case sempre os postulantes represéntanse única e exclusivamente a eles mesmos. Non teñen na realidade vinculación coa dinámica doutros concellos, comarcas ou provincia . Cada quen postula pola súa e o resultado dará conta, case exclusivamente, da atracción popular desa persoa e será difícil facer análise agregada. Nesa medida, sigo pensando que o resultado das eleccións municipais diranos pouco do que irá ocorrer o ano seguinte nas eleccions xerais.

Que motiva estas candidaturas? Como se financian? Creo que as respostas poden ser inquietante. Atrévome a pensar que, en moitos casos, non estamos ante o obxectivo de desenvolver un tipo de goberno local acorde con visións ideolóxicas X, E ou Z e que tampouco son moitos os que se embarcan por unha xenuína vocación de servizo. Témome que o que pode estar primando é a procura de beneficios persoais indebidos. Neses casos, que algúns temen poidan ser maioritarios, os gastos de campaña son vistos como un investimento a ser recuperada logo, e con fartura, tanto por quen facilita o diñeiro como por quen consigue ser elixido.
Dada a multiplicidad de candidaturas, é inevitable que teñamos de novo alcalde elixido cunha maioria insignificante e que terá, desde o primeiro día, a media ducia de candidatos perdedores tratando de socavar a súa xestión.

Perdéronse moitos anos para intentar as reformas que puidesen mellorar algo a calidade da vida política en Viveiro. Polo tanto, seguiremos cos mesmos problemas.
Otero Regal

Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-12-2010 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
16 Comentario(s)
1 Cecais ías falar de "ereccións" municipais. A cousa xa vai estar quente de por sí, e non pre#blgtk08#cisa doutros estímulos. Anda que te chega ben con eses falos pra ilustrare os teus desbarres.
Comentario por Nacho Vidal (08-12-2010 22:31)
2 Estou moi desilusionado cas candiaturas ás municipais. O próximo alcalde vai ser un cacique que leva chupando moitos anos, que so está ahí para favorecerse el e os seu colegas o de menos é o nome: Roel, Aja ou Leal, son todos iguais.
#blgtk08# Inda que eu creo que Leal non vai sacar nen un. Para ter un tipo que fai todo o que lle manda Melchor, para iso xa votan ó PSOE. O que podería ter algo que rascar é o BNG se poñen a alguén novo e que non teña a "herdanza" dos outros tres.
Comentario por Desilusón (09-12-2010 10:49)
3 Señor Otero Regal, non é o mesmo equidistancia que honestidade. É máis, a equidistancia é, case sempre, un obstáculo para a honestidade, ou ata unha escusa para non selo. Oia, que eu xa son equidistante e con iso cumpro. E unha merda.

A equidistancia coincide co#blgtk08#a honestidade si e só se estamos ante unha realidade de simetría especular, cousa que se dá moi raras veces. O equidistante vese obrigado a deformar a realidade para que encaixe no esquema simétrico especular preconcibido, e iso non é honesto nin de lonxe, é pura manipulación.
Comentario por Un amigo (09-12-2010 10:57)
4
Excelente artigo, Regal. Parabéns. Non está mal que, de cando en cando, algún medio (alternativo) (por así ch#blgtk08#amalo) nos dé unha labazada aos politicos de Viveiro e recórdenos o mal que facemos as cousas en demasiadas ocasións.
Comentario por Anonimo (09-12-2010 10:59)
5 Yo no fui, nadie me vio, no #blgtk08#pueden demostrarlo. Ha-haaa.
Comentario por User (09-12-2010 11:02)
6 O outro día seica o baloncesto de Viveiro lle fixo unha homenaxe aos iniciadores e mantedores deste deporte. Sorprendeume que nas afotos que vin, nin estaba César Aja, nin estaba Rafael Amor... non sei se non os invitaron, ou se cadra non poideron ir, pero sorprendeume que non estiveran, nin que non se lles nomeara pra nada. Isto me leva a facer a seguinte reflexión sobre unha homenaxe que ten o selo sectario inconfundible de todo acto onde estea presente Don Jesús Fernández Cal.

Que César Aja nin estivera invitado, nin se quera fose nomeado, é unha cañallada moi propia do sociocomunismo radical imperante neste pobo. Resulta que mentras este home foi Alcalde, ao baloncesto non lle faltou axunda municipal, ben seña pagándolles o transporte aos equipos punteiros, ben seña colaborando nos torneos que organizaban, ben seña facilitándolles horas de pavillón sempre que fosen necesarias. Ben o sabe o señor Cal. O baloncesto de Viveiro con César Aja de Alcalde acadou os maiores logros deportivos. Foi precisamente cando deixou de ser Alcalde, cando o baloncesto estivo apunto de desaparecer, con Cal abandonando todo á súa sorte comletamente só, sen ser capaz de organizar unha continuidade.... agora uns raparigos tentan recuperalo, pero xa non contan coa axuda institucional que tiñan noutrora (A política socialista é de festas a esgallo, e non hai pra deporte). A inxusticia de excluir, a xente co merece tanto coma os outros, desta #blgtk08#homenaxe, só indica que estabamos ante un acto político de exaltación de Cal, moi necesitado de cariño tralo seu absoluto fracaso coma concelleiro de deportes (ten o record mundial de selo concelleiro de deportes que ten a piscina municipal pechada desde fai medio ano, unha marca non acadada por ningún concelleiro de deportes en toda Galicia que teña unha piscina ao seu cargo).

O de que non estivera Rafaelito Amor, nin se lle nomeara, tamén ten o seu aquel... se cadra, porque segundo din, non se leva xa con Cal. Se algún forero pode confirmar ou desmentir esta hipótese co faiga, porque a rumoroloxía viveirense é abondosa en canto a falta de sintonía de Amor non só con Cal, senón tamén con outros concelleiros e ata co propio Alcalde.

O baloncesto de Viveiro poido celebrar os trinta anos doutro xeito, menos sectario, pero se cadra a Cal, non lle gustaba. As festas deportivas, son iso, deportivas, e non políticas. Lástima que vivamos un momento en Viveiro onde os nosos gobernantes politizano todo, en especial Don Jesús Fernández Cal, metido a incansable propagandista, que diferencia entre bos e malos segundo a ideoloxía, unha enfirmidade chamada sectarismo patolóxico, que il non da curado, co ten obsesionado, e que lle procurará os piores síntomas cando deixe de ser concelleiro, calgún día deixará de selo, e entón, moitos pasaranlle as faturas que vai deixando pendenetes coa súa despreciábel actitude.
Comentario por Xurxo Pena (09-12-2010 11:47)
7 Estamos á espera de que O Leal, O Pata e O Gato dean o paso de formaren unha candidatura independente. Así comprobarían de seu as simpatías que despertan.

Por certo, ao parecer habería unha manobra en marcha pra que O Leal fose encabezando unha candidatura independente que tería sucursais en Foz (Cancio) e en Ribadeo (Rivas#blgtk08#). Daquela pelexarían por un posto na deputación que se turnarían. O que teñen claro é que de sacalo, O Leal tería o último turno, non vaia a ser que lles faiga aos outros dous o mismiño que lle fixo ao de Vicedo. Nese trío de preas, ninguen se fía de ninguén porque todos saben moi ben ao que andan: Aos cartiños fresquiños.

Comentario por os tres mosqueteiros (09-12-2010 13:07)
8 El mejor candidato/a no está en el ayuntamiento, ni fue nunca concejal por ningún partido. Es una persona que tiene formación y experiencia en gestión y que actualmente está dirigiendo su empresa, o es un profesional independiente o un funcionario. No ha estado nunca meti#blgtk08#do en política, es honrado/a y su única aspiración es ayudar a levantar Viveiro, no se deja mangonear por nadie, ni se presta a ilegalidades. Sin embargo, dudo que a las personas con este perfil les permitan presentarse los caciques que gobiernan los partidos en viveiro.
Comentario por Luis M.R. (09-12-2010 13:09)
9 Aclarar que quen facilita o diñeiro as organizacions que saquen concelleiros é o estado , ou sexa todos nos cos nosos impostos, e polos candidatos que se presentan , espero que a xente recapacite e non se deixe levar polas promesas e pola propaganda das organizacions politicas , e penso que o BNG si fai unha ca#blgtk08#ndidatura responsable que pode encabezar Bernardo pola sua laboura demostrada na defensa da Galiza a compañado por compañeiras/os con traballos desenrrolados na vida social do concello , e facendo unha campaña de boca a boca sin gastar moitos cartos ,seguramente lles faga " PUPA" as demais candidaturas. Saude
Comentario por xose maneuel (09-12-2010 13:17)
10 Los políticos no se dan cuenta de la cantidad de gente que quiere cambiar a estos candidatos.Hay muchos vivarienses que queremos deshacernos de Cesar Aja, de Melchor Roel, de Gullermo Leal y de Orlando Expósito. Pero no nos dan ot#blgtk08#ras opciones,seguro que va a haber una gran abstención.Si alguien se atreve con otra candidatura que no lleve gente como esta,seguro que arrasa.En la calle se comenta que sería una desgracia que gobernasen otra vez Melchor o Aja.
Comentario por N.L (09-12-2010 19:12)
11 Despois de releer o escrito feito por Otero Regal , eu falaba dos cartos que conquiren do estado por número de votos e de concelleiros , pero tamén os cartos que aportan particulares pa#blgtk08#ra despois cobralos con creces , ben en especie ou en favores , por suposto a través da corruptela , da que moitos xa están afeitos. " POBO DE VIVEIRO DESPERTADEEEEEEEEEEEEEEEEE. Saude.
Comentario por xose manuel (09-12-2010 22:17)
12 ¿CANDO VOLVE ABRIR A PISCINA? XA ESTAMOS HASTA OS#blgtk08# COLLÓS DE MENTIRAS. ROEL E CAL ACABAN CON TODO.
Comentario por TRABALLADE VAGOS (09-12-2010 23:24)
13 TAN XUNTIÑOS NA FOTO E TAN SEPARADOS NA REALIDADE, por certo cando prentara os pape#blgtk08#is do que cobrou lergalmente do concello Cesar Aja en 20 anos, como lle retou Leal?
Comentario por da rua de abaixo (10-12-2010 09:59)
14
E xa en plan científico total, temos o Principio Financeiro-Xudicial de Arquímedes, O Grego:
Todo corpo xudicial que se mergu#blgtk08#lla nas finanzas do Concello de Viveiro arroxa unha cantidade de merda que é directamente proporcional ao peso do volume da pasta defraudada.
Comentario por Basanta (10-12-2010 10:04)
15 En Viveiro siempre se repiten los mismos nomb#blgtk08#res y las mismas caras en la vida municipal.
Comentario por (10-12-2010 22:08)
16 Si Viveiro quere medrar É imprescindible que exista renovación e cambio permanente, que oxigene a vida política e que erradique prácticas ab#blgtk08#usivas e ilegais, non permitindo que se confunda e mestúrese o patrimonio público co privado, dispondo o que é de todos coma se fóra dun só.
Comentario por Carames (10-12-2010 22:09)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal