A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DESPRESTIXIO DOS POLITICOS
Asustados ante a deterioración do sistema, preocupados polo profundo afundimento da súa imaxe e quizais atemorizados porque o sistema que lles garantiu ata agora poder e privilexios poida virse abaixo, algúns políticos desta terra pretenden agora "facer algo" para deter o profundo deteriororo dunha democracia, na que cada día cren menos cidadáns.

Basta darse unha volta por os medios para darse conta que os políticos dun e outro lado ideoloxico perderon o aprecio da cidadanía e que o seu prestixio e imaxe caen en barrena, o que representa un drama non só para a política, senón tamén para a convivencia, a xustiza, a paz e o futuro do país.

Quen o guste das encuestas as do Eurobarómetro da Comisión Europea, segundo o cal o 88% dos españois considera que a corrupción é un problema “serio” en España e para o 70% dos cidadáns o soborno e o uso do poder para obter beneficios privados está estendido na clase política.

O que revelan as enquisas é certo: os políticos son xa para os cidadáns o cuarto gran problema, por diante do terrorismo. O crecemento do rexeitamento á caste política fará que axiña sexan considerados o primeiro gran problema, por diante, ata, do desemprego, do que eles e a súa ineptitude son os principais culpables.

Pero, temome, que máis que un movemento sinceiro de rexeneración, o que os políticos pretenden é "cambialo todo para que todo siga igual" que decia Lampedusa no Il Gatopardo mediante un superficial pacto "contra a corrupción" que, sen dúbida, será inutil.

O problema maior non é a corrupción, senón o mal goberno, dende os concellos, autonomias e estado, a ineptitude e a irresponsabilidade dos seus dirixentes, que levan anos fracasando na xestión da "cousa pública", enfrontándose mutuamente, insultándose e ofrecendo aos cidadáns un espectáculo vergonzánte e nada democrático.

Que o que eles chaman "democracia" non é unha democracia real senón unha partitocracia onde o cidadán xa non pode exercer o control dos seus representantes, donde o sagrado dereito a votar, garantido pola Constitución, foille escatimado ao cidadán, ao que se lle impuxeron esas "listas pechadas e bloqueadas" nas que quen elixe o a elite dos partidos, sen que o militante de base nin o cidadán poida tocalas, reformalas ou sequera tachar un nome.
Otero Regal



Comentarios (23) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-10-2010 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
23 Comentario(s)
1 Parece o conto de Ali Babá e o#blgtk08#s corenta ladróns . son eles?
Comentario por Rosa (19-10-2010 10:43)
2 Almudena Grandes: "El desprestigio de la p#blgtk08#olítica genera insolidaridad ciudadana".
Comentario por Mirón (19-10-2010 10:52)
3 Dudo que la clase política pueda#blgtk08# llegar a desprestigiarse más.
Comentario por Madrid (19-10-2010 10:53)
4
A mensaxe é para os votantes do PP, como todos os políticos son uns merdas ,seg#blgtk08#ue votándonos a nós.
Claro sinal de que algúns votantes do PP están reflexionando
Comentario por Covas (19-10-2010 10:54)
5
As cifras de votos en branco e de abstencións cegará á sociedade o terrible día despois, cando o re#blgtk08#conto demostre que seremos gobernados polo malo ou polo peor.

isto é o que temen os politicos
Comentario por Roberto (19-10-2010 10:56)
6
Non son todos iguais, uns chanchullean pola esquerda, outros pola der#blgtk08#eita e outros polo centro.
NIN AJA NIN ROEL, VIVEIRO O UNICO IMPORTANTE.
Comentario por Penedo (19-10-2010 10:57)
7 Alguien que defiende lo contrario de lo que piensa ¿es buena persona o mala? para mi mala y si es un politico mas.
En los partidos politicos hay disciplina de voto, así que los politicos defienden lo que les #blgtk08#mandan , no lo que piensan. Entonces malas personas, sin excepción.
¿Que es ser un buen político?
¿defender lo que te manden?
para mi el que es capaz de defender lo que le mandan .UN CHARLATAN
Comentario por Maria (19-10-2010 10:58)
8 Os politicos de agora entenden mal o significado de DEMOCRACIA ,( igual o entenden BENNN ), a democracia ten que ser sempre participativa non representativa , dadesme o voto , i eu xa goberno , e dentro de 4 anos xa falamosss , para volver a pedir o voto . LAMENTABLE , a politica ten que ser un compromiso de transformacion da sociedade e coa sociedade( dende a esquerda#blgtk08#), con un programa , e nas organizacions non ten porque estar sempre as mesmas persoas , xa que tense que defender os compromisos prometidos coa cidadania , polo tanto cada 4 anos teñen que renovar tods/as e facer pedagoxia coa politica , e non vivir dela. Un periodista preguntoulle en Uruguai a un politico , ¿ Cual es su profesion , e respostoulle SOY POLITICO.Saude
Comentario por xose manuel (19-10-2010 23:37)
9
¡El casco, Mariano, el casco!

Cada miércoles del año,
suple a la Soraya brava,
encárate a Rubalcaba,
ponte de pie en el escaño,
enardece a#blgtk08# tu rebaño
con un centón de cuestiones
sobre el paro, las pensiones,
o el perenne tema vasco,
búscate sus ovaciones,
mas no te olvides del casco.
Comentario por Sociata (20-10-2010 14:49)
10 A los políticos españoles habría que enviarles de Erasmus por dos motivos:

1) Para que vean qué e#blgtk08#s gobernar un país y cómo se hace oposición realmente.
2) Que aprendan otro idioma aparte del castellano.
Comentario por Estudiante (20-10-2010 14:59)
11 Os políticos son unha mostra extraída da poboación total. Se os políticos son de mala calidade, tamén o son os xornalistas, os enxeñeiros, os médicos, os obreiros cualificados e sen #blgtk08#cualificar, os internautas, as amas de casa,os ceramistas tamen señor Regal.. etc, etc.
Ou é que hai algunha razón para pensar que só a mostra de políticos e sesgada?
Comentario por Pepe (20-10-2010 15:01)
12
O problema dos nosos políticos,falo dos de Viveiro, salvo excepcións, é que lles gusta máis o diñeiro, que aun tonto un #blgtk08#lapis (por iso é polo que gobernen ou defenden aos seus amiguitos e non aos cidadáns aos que se deben), e claro, así non se pode.
Comentario por Miguez (20-10-2010 15:02)
13 Os políticos que máis teñen que viaxar son os naZionalis#blgtk08#tas. Os do PNV, ERC, BNG, CIU faltalles ver moito mundo.
Comentario por galeguista (20-10-2010 20:26)
14 Aos partidos tamén hai que entendelos. Todas as organización teñen os seus pormenores, e como tales, os partidos tamén. Necesítase xente que estaña sempre ahí, organizando eleccións, asistindo a mítines, sempre con ganas, enfrontándose aos antagonistas anque sexan da propia familia. Os partidos necesitan desa xen#blgtk08#te para sobrevivir e polo tanto os grupos de persoas que soportan ese exame ao longo de moito tempo interesa máis ás dirección dos partidos que xentes con proxectos que, cando se vexan frustrados estes proxectos abandonen o posto de loita e deixen aos partidos sen equipos nos últimos límites xeográficos do país.
Comentario por Juanjo (20-10-2010 22:09)
15 Eu penso que Juanjo ten unha visión moi infantil e perniciosa dos partidos políticos. Nos partidos hai de todo, coma en tódalas organizacións. Incluso hai xente que se cree o ombligo do mundo, a última cocacola do deserto, sen ter amosado absolutamente nada.

Eu recordo a rolda de prensa dun concelleiro do PP, agora posicionado non se sabe onde, na que dixo que ía presentar proxectos, ideas, facer oposición en positivo e non sei cantas lerias máis, que soan moi ben, pero que custa moito levalas a cabo. Ao final non se soubo máis das súas prédicas; só de cando en vez adormece á corporación municipal defendendo mocións que non serven para case nada e que o tipo converte en interminábeis monólogos que non levan a ningún sitio. Este home ten un discurso espeso, iluso, farragoso, que se queda só en falar moito durante moito tempo, e pouco máis, sen facer logo nada de nada. É un falador sen contido. Ideas e reflexiós soltas, inconexas, das que a cidadanía pode prescindir perfetamente, sobre todo vendo a implantación social que teñén os seus rollos macabeo#blgtk08#s.

A min o que me alucina é que algúns concelleiros de Viveiro subiron a tarima da representación cidadá gracias ao esforzo dos afiliados e simpatizantes dun partido, quenes traballaron arreo pra poñelos ahí, e unha vez cos tipos están na poltrona, non perden a oportunidade de desprezar a esta xente, atacalos inmisericordemente, e poñerse por riba deles coma se foran os salvadores da patria. Xa digo, non teñen acreditado ningún merito certo, pero arróganse unha representatividade e un liderazgo que non se ve por ningures. Tiveron a oportunidade dese converter no referente do partido en Viveiro se houberan presentado un proxecto e unha candidatura... pero non o fixeron, tremaronllelas pernas. Polo tanto, realmente o único que fan e falar, falar e falar, porque a hora da verdade, non fan nada de nada. Incordian e amosan o seu fracaso total paseando a súa frustación e rabia sempre que poden. Unha mágoa... cun pouco de elegancia e dignidade política, xa terían dimitido... pero o deles é a poltrona pola poltrona, que se lles vexa ben no Festival do Landro.
Comentario por Xurxo (21-10-2010 11:27)
16 Xurdiron pola conveniencia de xestionar e organizar, de defender e representar, de orientar colectividades. Na selva das sociedades, construiron un aparato que abonamos todos ata que medrou de modo desproporcionado, pero que os retroalimenta a eles e aos seus. O obxectivo inicial de traballar por e para o interés colectivo mudou nunha feira das vanidades. Só importa o lucro, canto máis, millor. As ganancias dependen da posta en escena, dun espectáculo torpe que anestesia á cidadanía, manipula e moldea a realidade como millor conveña. Ocúltase unha palmaria falta de rigor, eficacia e eficiencia, e, en definitiva, que o de menos é rentabilizar o público procurando que cada quen cumpra polo que se lle paga. Nun descomunal engaño, paradigma da perversión, pertubaron a súa razón de ser e agora afánanse en convencernos de que o a#blgtk08#parato burocrático do que viven é imprescindible. Utilidade e beneficios para a colectividade xa non contan porque, aínda que sobran moitos, conforman unha poderosa maquinaria que nos dirixe. O monstruo das organizacións institucionalizadas intervén nas nosas vidas cun dirixismo inaceptable, por un suposto ben común que eliminaron do seu vocabulario. Ganan a batalla porque moitos quixeran parecerse a algún dos novos modelos de xente con posibles: político con cargo e soldo, mando de mutuas ou outras entidades sostidas con fondos públicos, sindicalista liberado ou, en xeral, cidadán que cobra das arcas públicas, directa ou indirectamente. Agás as honrosas excepcións, que adoitan non valorarse como merecen, o desprestixio de case todo o que se financia cos nosos impostos é, en realidade, o de todos nós, por acción ou omisión.
Comentario por Perversión (21-10-2010 11:49)
17 En Viveiro, meus Temos unhos políticos que no nos merecemos, a anos lu#blgtk08#z dos seus votantes, que deberían besar o suelo por donde estos pisan.
Comentario por Carrachento (21-10-2010 14:55)
18
O primeiro problema deste país é que está poboado por cenutrios. Vaia m#blgtk08#erda de comentarios, coa honrosas excepcións contadas que confirman o devandito.
Comentario por Dolores (21-10-2010 14:56)
19
Pero Otero Regal ¿Quen viu a un político enriquecerse neste Viveiro? Si comparados cont#blgtk08#igo, que vives en unha especie de palacete en Xunqueira eles viven practicamente na indixencia.
Comentario por Un amigo (21-10-2010 14:59)
20 Perdón, pero el primer problema del país son los ciudadanos. El segundo, los políticos que escogen estos ciudadanos.

A mi que no me vengan con que los políticos arriba y abajo, cuando por ejemplo en las escuelas públicas se llevan contabilidades A y B y na#blgtk08#die lo denuncia. Nadie denuncia al fontanero que cobra sin IVA. Perdón, nadie sí: yo he hecho denuncias de este tipo, y he puesto reclamaciones oficiales por este tema. Pero estoy casi seguro que formo parte de un grupo reducidísimo (0,00001% de ciudadanos? ... menos?)
Comentario por Fidalgo (21-10-2010 15:01)
21 Tienes lector#blgtk08#es muy raros
Comentario por Koldo (21-10-2010 18:57)
22 Si, todo é asqueroso, todo é chanchullo e corrupción. A política e os políticos convertironse en algo nocivo para a sociedade. Pero non temos que olvidarnos que nun sistema democrático somos os cidadans os que eliximos e decidimos como queremos vivir. Estes políticos que tanto criticamos son os que vamos a votar. Os políticos son o fiel reflexo da sociedade e temos o que merecemos. En esta ciudadanía deshumanizada,#blgtk08# insolidaria e con falta de crítica consecuente e documentada, os señores políticos poden facer o que lles día a gana pola falta de compromiso de todos para cambiar o que está mal. E desta situación social que estamos a vivir non son culpables nin meu abuelo, nin o meu fillo. Os verdadeiros culpables desta sociedade ignorante e aborregada somos as xenaracions que tivemos incidencia directa e participativa na mesma.
Comentario por Sempre contigo (24-10-2010 05:16)
23 Os que vivimos nestes últimos tempos desta sociedadede riqueza, consumo e bienestar, entre tanto telefono móvil, tanto ordenador, tanto coche de gran cilindrada e tanto viaxe a Cancún, nos olvidamos daqueles valores (lealtade, compromiso, criterio, dignidade...)polos que nosos padres se sacrificaron para formarnos e culturizarnos mais que eles en busca du#blgtk08#nha sociedade mais xusta e de progreso real. Eles sabían moi ben "cal era o seu pedreiro e donde estaba o seu lugar", e ahoro nos sendo moito mais cultos e formados non sabemos donde está o noso camiño nin cal é o noso rumbo. Claro que sentados no sillón do noso salón decorado en Ikea vendo polo televexo a Belén Esteban, pensamos que a culpa é do veciño.
Comentario por Eliseo (24-10-2010 05:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal