A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PROFESIONAIS DA POLITICA
Na práctica, a día de hoxe, e o sucedido en Madrid dame toda a razón do mundo, os partidos políticos son organizacións burocratizadas onde quen teñen o poder son, por así chamalos, “os funcionarios do partido”. Estas persoas viven instaladas, como consecuencia diso, nunha lóxica de funcionamento que prima os intereses e equilibrios orgánicos fronte á implicación social. A dirección dos partidos ha de ter contenta a esta masa de militancia, que supón unha porcentaxe importante e que, ademais, é a máis activa e implicada, con toda sorte de pactos e reparticións de poder, e a iso dedica gran parte do seu tempo e actividade.
A proxección social é o de menos. Gañar eleccións, ata, tamén, pois se pode vivir ben, se tes o teu espazo no partido fortificado, na oposición. Moi ben, de feito, e se non miren a lista da ejecutiva provincial de Lugo.
A apertura para permitir a participación de colectivos sociais ou de persoas con preocupacións de tipo cívico, brila pola sua ausencia. E, como resultado de todo iso, confórmanse unhas elites burocratizadas, que apenas fixeron outra cousa na vida que vivir na estrutura do partido (e da estrutura do partido), sen excesiva formación, sen experiencias vitais ou laborais máis aló da dinámica apuntada. Unhas castes de partido que, ademais, están dispostas a facer calquera cousa para conservar os seus espazos de poder, por pequenos que sexan, concelleiro, alcalde, diputado provincial…. xa que lles vai a vida (case literalmente, pois lles vai a forma de gañarlla) niso. Fronte ás que outro tipo de persoas, nun fenómeno que retroalimentase, acaban entregando a bandeira branca. Porque calquera con outras opcións, formado, capaz, con ofico ou expectativas profesionais acaba chegando a un punto en que decide que non lle compensa ter que pasar por segundo que aros e acábase largando. Só unha extraordinaria vocación de servizo público, que indubidablemente conservan algunhas persoas (¡si, ata nos partidos políticos quedan entusiastas vocacionais!), pode compensar as ganas que dan de largarse cada dúas por tres cando se coñecen as interioridades da vida de partido. E, como consecuencia diso, as burocracias internas infestadas de “profesionais da política” cada vez son máis monolíticas. Basta botar unha ollada ás planas maiores dos grandes partidos, ou á executiva de calquera deles en non importa que Comunidade Autónoma, pobo ou cidade, para entender de que estou falando.
Un, confesollelo son militante dun partido donde pasa todo o que aquí digo ¿Tirarei a toalla?
Otero Regal



Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-10-2010 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
18 Comentario(s)
1 E así chegamos a conclusión que todo está contaminado de malas conducdas, que todo é corrupción. Este tipo de personas ou de políticos que tu describes moi ben, pola sua fraxilidade ética e pobreza moral, non teñen moitos reparos en comprar conciencias, venderse a cambio de calquer favor ou aceptar extrañas "propinas"...Todo está así porque os políticos son o fiel reflexo da sociedade. Cando os ciudadanos temos como primeiras ocupaciós ver partidos de futbol,"sálvame#blgtk08# deluxo",
"gran hermano" e pasar a tarde mercando nun centro comercial, e polo contrario, camiñamos lonxe de virtudes como o compromiso, a participación, a solidaridade e o rigor da información, entonces resulta fácil que aparezan individuos sin escrupulos en postos de responsabilidade.En todas as organizaciós e colectivos sempre hay listillos que se colan, consentidos pola ignorancia de quen lles aplaude e quen os vota. A sociedade actual ten o que merece.
Comentario por Sempre contigo (12-10-2010 17:52)
2 A ver, a ver... así co novo flamante coche da policía local, un Renault Megane, custa ao comcellos máis de 60.000 eurazos (10 millóns das pesetas dantes).

Regal tes que investigare a cousa, porque ao millor a policía de Viveiro ten un Rolls de camuflaxe que se parece moito a un Megane. ¿Cómo pode ser cun coche que na Renault vale 18.000 euros con tódolos extras, a Viveiro lle custe 60.000?
Esta é a xestión exemplar de Roel, Amor e Cal. Compran polo triple do que vale. Cal escrebe no Heraldo dando lecións, pero as súas prédic#blgtk08#as logo non se corresponden coa realidade dos feitos. Ou moi burros son, ou ao millor resulta que alquilaron dous coches, un para a policía e outro para algún deles... todo con cargo aos cartiños que non abundan no concello.

Regal, Regal, vaia tropa. Estes tres trosquistas leninistas van afundir o concello con nos dentro. Xa din as malas linguas cos únicos negocios que florecen en Viveiro nestes duros tempos de crise son os de Amor... e polo que se ve tamén os de quen lle vendeu ese Megane Gran Luxazo ao concello. Cousas veredes.
Comentario por Xurxo (12-10-2010 19:46)
3 Que risa y que vergúenza,cuando dicen que los politicos honran a todos y sacrifican su vida por los ciudadanos pues a m#blgtk08#i el alcalde y su séquito no me dirigen la palabra .E s eso honrar a todos y sacrificarse por ellos…!anda ya…! ja…ja….ja
Comentario por Jaja (13-10-2010 10:45)
4
A min sempre me preocupou o tema que comenta Regal.

Cando te pos a facer listas de candidatos atópaste que os que ti queres incluír non queren eles e en cambio sempre hai algúns que ti non queres incluír e eles veña a medrar para saír nas listas.

De todos os xeitos imaxina que un médico de 40 tacos cun prometedora carreira teña a tentación de aceptar un cargo como concelleiro. Se o elixen estará catro anos e se o fixo bién e non tivo problemas co seu partido ou cos seus compañeiros de grupo municipal é posible que volva ser nomeado candidato, en postos de saír, na seguinte lexislatura. Ao cabo de 8 anos, este suposto excelente concelleiro , xa non é médico. E estaría atado a continuar en política como fose.

O mesmo valería para moitas outras profesións, pero quizais nun profesional do medicamento é onde mellor apréciase.

En cambio para un avogado non é o mesmo. Na política trátanse moitos temas de leis e esa experiencia, engadida á cantidade d#blgtk08#e contactos que se adquiren e a notoriedade conseguida facilitan, e de que xeito a volta á profesión.

Pero os que maior facilidade teñen para ir e vir, vir e ir son os funcionarios. Estes poden pedir unha excedencia, que é automaticamente concedida, e á volta, a parte de ter o posto de traballo asegurado, o sistema lles suma puntos pola súa experiencia política co que volven a un posto mellor remunerado.

Como exemplo non temos máis que mirar a profesión declarada polos parlamentarios.

Para terminar expresar o meu preocupacion por aqueles políticos que empezaron moi novos e xamais traballaron por conta propia, nin allea, nin foron funcionarios, senón que foron, e ségueno sendo, liberados do partido ou cargo público remunerado. Se deixan a política a que se aedican?. Un individuo que leva desde os 19 ou 20 anos liberado do partido que oportunidade ten de buscarse a vida noutros mares aos corenta ou cincuenta anos?, que está disposto a tragar con tal de manterse no cargo.
Comentario por Dende Lugo (13-10-2010 10:51)
5
Hoxe quedan poucos políticos "con principios" tanto a destra como a sinistra. Unha das principais causas é, como dis, "a profesionalizacion" da política, co consecuente descenso do nivel intelectual, etc , das xentes que se dedican #blgtk08#á "res publica". Isto pódese apreciar descarnadamente na Administración autonómica, por pór un exemplo. e que cosa senón é o anhelado "centro"? a mayoria das veces a falta de principios claros e a entronización da táctica demoscópica.
Comentario por Santiago (13-10-2010 10:54)
6 E ¿porque cambiache a foto? Sei que os #blgtk08#de "Pepiño" queren foderte ben fodido?
Comentario por Un amigo (13-10-2010 10:57)
7 Un profesional da política é Pepiño Blanco: toda a vida adicado a este menester, sen que se lle coñeza outro oficio.
Melchor Roel tamén é un profesional do sindicalismo e da política: ¿exerceu algunha vez de conserxe na Seguridade Social?
Zapatero é outro profesional da política: estivo só tres meses coma profesor becario na Universidade de León. Non ten polo tanto ningunha outra profesión.
Corbacho, ministro de traballo, é outro profesional da política. Non se lle coñece outra profesión máis questa.
Montilla é o mismiño exemplo, tampouco se sabe a qué se adicaba antes.
Bibiana Aído non fixo outr#blgtk08#a cousa que vivir da política.
Leire Pajín tampouco ten outro traballo e polo tanto non ten onde carse morta no caso de que lle falle este choio.
José Manuel Besteiro, presidente da Deputación de Lugo, era pasante nun despacho dabogados. ¿Pode creer que teña agora un choiazo coma o que ten?

Estes son algúns nomes que se me ocurren, asi, a bote pronto. ¿DE QUÉ IDEOLOXÍA SON TODOS ELES?. España está en maos de xentiña que non terá na vida un choio millor co que ten pola política, por iso morden pra se manter no machito, por iso están dispostos a todo pra se manter na poltrona. Así nos vai e pior nos irá.
Comentario por Daniel (13-10-2010 12:45)
8 Eu flipo co do coche da policía. Un Megane que non chega a 20.000€, e o concello o merca por 66.000. Pra mexar y no echar ni gota.

É un escandalo, pero o alcalde ten resposta pra todo: A culpa é do PP que mercou un inmoble tasado en 92.000€ por 166.000, según di. Supoño que se alguén lle marca o piso ao alcalde que ten no Omega polo que seña de máis do valor de tasación, significará que ou está enganando a quen llo merca, ou quen llo merca lle está facendo un favor.

O problema de Melchor Roel é que non entende nada do que é o mercado. Por iso compara a merca dun coche coa merca #blgtk08#dun inmoble. Todo o mundo sabe que é o mismiño. Ter o Pazo da Misericordia e ter un Megane para a policiía pra Roel é o mismiño....¿Canto vale agora o Pazo da Misericordia, e canto valerá dentro de dous anos o Megane? Esa é a cuestión que Melchor non entende, e por iso é moi preocupante ter un alcalde que faiga estas comparanzas.

Mercar un Reanult Megane por 66.000€
é unha xestión digna dun xenio. Nótase que paga o pobo....¿Compraría o alcalde pra el mesmo cos seus cartiños un Megane por 66.000 eurazos? De seguro que non, pois senón o mercaría pra el....¿Porqué o merca para o pobo?
Comentario por Luis do Pirixel (13-10-2010 13:01)
9
Año 2012. Mariano se fuma puros en su despacho del Palacio de la Moncloa, Cospedal gobierna en Toledo, Cascos en Asturias y Arenas en Andalucía. El PP ha conseguido tam#blgtk08#bién gobernar en Baleares y Aragón, y tiene a Euskadi y Catalunya cogidas por los güevos.

A lo mejor era este el fin del mundo que predijeron los mayas.
Comentario por Manporrero (13-10-2010 14:59)
10 ¿Ingobernables nosout#blgtk08#ros ou eles ineptos?
Comentario por Rosa (13-10-2010 19:55)
11 LAS PENSIONES¨¨ DONDE ESTA LA IZQUIERDA EN ESTE PAIS, CON LA GLOBALIZACION TODOS LO QUE SE VENDE ES PURO MERCANTILISMO. ¿PORQUE NO CENTRALIZAN ALGUNAS GESTIONES Y CON ESO NOS AHORRAMOS ALGUNAS BUROCRACIA? ¿PORQUE NO COTIZAN LOS POLITICOS COMO E#blgtk08#L RESTO DE LOS CIUDADANOS? ¿PORQUE NO COJEN LOS MEDIO PUBLICOS LOS POLITICOS? ¿PORQUE NO RESTAN LA CANTIDAD DE COMIDAS Y GASTOS SUPERFLUOS? ¿PORQUE NO DAN EJEMPLO CON SUS SALARIOS Y GASTOS DE REPRESENTACION? ¿ Y PORQUE NO SE PONEN A TRABAJAR?
Comentario por Un lector (13-10-2010 19:56)
12
Cicerón, en el año 55 antes de Cristo, escribía:

"El presupuesto debe equilibrarse,
el Tesoro debe ser reaprovisionado,
la deuda pública debe ser disminuida,
la arrogancia de los funcionarios públicos debe ser moderada y controlada,
y la ayuda a otros países debe eliminarse para que Roma no vaya a la bancarrota.
La gente debe aprend#blgtk08#er nuevamente a trabajar, en lugar de vivir a costa del Estado."

Lo que demuestra que también los demócratas romanos padecían la misma plaga que sufrimos hoy los demócratas españoles, la del endeudamiento, los políticos ineptos, la corrupción y el despilfarro. Demuestra también que la Humanidad se enfrenta desde hace milenios a su peor pesadilla: la ineficiencia de los poderosos.
hace más de un año
Comentario por Manu (13-10-2010 19:57)
13 A acción de “Romeo e Xulieta”, de William Shakespeare, adoita situarse nos derradeiros anos do século XV, na cidade italiana de Verona. Liortas familiares enquistadas ameazan con encadear a irrefrenable atracción que desperta o amor nos protagonistas, Romeo Montesco e Xulieta Capuleto. Os seus ascendentes levan xeracións loitando, nunha cruenta batalla, polos privilexios, por estar enriba, por mandar máis ca o enemigo. Vellos conflitos case olvidados afloran con virulencia cando a parella defende e consuma o seu amor. Odios mortais entre clans enfrentados que conclúen como todas as guerras, con tráxicas perdas irreparables, para eles e para todos.

Ese drama da última década do século XV, con licencias literarias pero real na sociedade #blgtk08#medieval, ten ecos nesta primeira década do século XXI, en Viveiro, na Mariña, Galicia, España... O amor chámase agora poltrona de goberno, dá o mesmo se é local, provincial, autonómico ou estatal. Por el pelexan sen dor populares e socialistas, con nazonalistas e demáis polas bandas. Non cambiaron os obxectivos: privilexios, estar por riba, mandar para favorecer aos seus en prexuízo dos rivais. Rencores e revanchismos endurecen unha guerra na que vale todo para acadar o poder. Por diante ou por detrás, os fíos movennos os de sempre, vellos coñecidos entre sí con contas que saldar. Ata o de agora, o final tampouco cambiou: populares e socialistas fírense entre eles, pero coas facturas das súas guerras particulares apencamos os de sempre.
Amén.
Comentario por Así nos vai... (13-10-2010 20:12)
14 O importante son as políticas q#blgtk08#ue se fan, non quen as executa.
Comentario por Horacio (17-10-2010 09:27)
15 Y mientras buscamos qué cambiar para que todo siga#blgtk08# igual, alguien escribe algo útil (¿por una vez?)
Comentario por Madrid (17-10-2010 09:28)
16
Resulta curioso que a "derechona" critique o que nun partido político haxa división de opinións e ¡ata primarias! Están afeitos á sucesión case monárquica, similar á utilizada en países de tan arraigada historia democrática como Corea do No#blgtk08#rte: sucesión dixital. O amado lider sinala co dedo ao seu sucesor e todos aplauden entusiasmados. Prefiren iso a unhas primarias?, Parece que en Asturias os do PP non son moi do partido e están en contra de que lles impoñan a un candidato se ou si.
Comentario por Rias Baixas (17-10-2010 09:30)
17
Vese que no teu partido, Regal,o Graduado social para que non haxa discusións, #blgtk08#decidiu esconder a democracia interna nalgún escuro e remoto lugar onde ninguén a atope.
Comentario por Viveireando (17-10-2010 09:32)
18 E onte sei que se casou a "lideresa" dos sociatas da Mariña no Louzau. Non fuche Regal?#blgtk08#r /> Dixerome que o Uruguaio chimpou de carallo, casi tiveron que traelo en pariguelas.
Comentario por Anonimo (17-10-2010 09:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal