A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O BAR DA RAMONA
O BAR DA RAMONA
Un amigo contoume un conto, non dos da “Boa pipa” sinón un deses contos que ben podian facer bulto nunha antoloxia do “Sentidiño comun” da literatura falada o lado da lareira de un povo galego. Trata de o por que da CRISI.

"Ramona é a propietaria dun bar n zona do porto da Coruña. Como é natural, quere aumentar as vendas, e decide permitir que os seus clientes, a maioría dos cales son alcohólicos en paro, beban hoxe e paguen outro día. Vai anotando nun caderno todo o que consomen cada un dos seus clientes.. Esta é un xeito como outra calquera de concederlles préstamos.

Moi axiña, grazas ao boca a boca, o bar de Ramona empézase a encher de máis clientes. Como os seus clientes non teñen que pagar ao instante, Ramona decide aumentar os beneficios subindo o prezo da cervexa e do viño, que son as bebidas que os seus clientes consomen en maior cantidade. A marxe de beneficios aumenta vertiginosamente.

Un empregado da caixa de aforros mais perto, moi emprendedor, e que traballa de director da cousa, dáse conta de que as débedas dos clientes do bar son activos de alto valor, e decide aumentar a cantidade do préstamo a Ramona. O empregado da caixa non ve ningunha razón para preocuparse, xa que o préstamo bancario ten como base para a súa devolución as débedas dos clientes do bar.

Nas oficinas do banco os directivos converten estes activos s en “Bebida-bonos bancarios”. Estes bonos pasan a comercializarse e a cambiar de mans no mercado financeiro internacional. Ninguén comprende en realidade que significan os nome tan raros deses bonos; tampouco entenden que garantía teñen estes bonos, nin sequera se teñen algunha garantía ou non.

Pero como os prezos seguen subindo constantemente, o valor dos bonos sobe tamén constantemente. Con todo, aínda que os prezos seguen subindo, un día un asesor de riscos financeiros que traballa no mesmo banco (asesor ao que por certo despiden de súpeto por mor do seu pesimismo) decide que chegou o momento de demandar o pago das débedas dos clientes do bar da Ramona.

Pero, está claro, non poden pagar as débedas. Ramona non pode devolver os seus préstamos bancarios e entra en bancarrota. Os “bebida-bonos”? sofren unha caída dun 95% do seu valor. As compañías que provén ao bar de Heidi, que lle deron longos prazos para os pagos e que tamén adquiriron bonos cando o seu prezo empezou a subir, atópanse nunha situación fodida.


O provedor dos viños e cervexa entra en bancarrota, e ten que vender o negocio a outra compañía da competencia. O goberno intervén para salvar a caixa, tras conversacións entre o presidente do goberno e o líder da oposición. Para poder financiar o rescate da caixa, o goberno introduce un novo imposto moi elevado que pagarán os abstemios."
Otero Regal
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-10-2010 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
15 Comentario(s)
1
Bueno, Regal, pasa xa deste rollo que cheira moito...si xa sabemos todos o que pasou, as alegorías,#blgtk08# metáforas e parábolas xa non fan nin graza. Pero non quero desanimarte, es un mostruo e segue así.
Comentario por Julito (03-10-2010 22:55)
2
E o clamor popular sería que o goberno non deber#blgtk08#ía salvar ao banco, senón aos borrachos do bar da Ramona.
Comentario por Nonsi (03-10-2010 22:58)
3 ¿Dónde me apunto para el Clu#blgtk08#b de fans del buen hidalgo?
Comentario por otra fan (04-10-2010 12:05)
4 Un video muy divertido de unos humoristas ingleses, a cuenta de las hipotecas basuras, mirar en:
#blgtk08# http://www.youtube.com/watch?v=pFmYIFk5i1Q
Os vais a m... de la risa.
Saludos cordiales.
Comentario por foriato (04-10-2010 14:02)
5 Anda, que non se nota case o plagio #blgtk08#a Abadia...

En fin...
Comentario por (04-10-2010 14:19)
6 Mellor e tomarse a#blgtk08# crise con humor.
Comentario por Cataventos (05-10-2010 20:36)
7 ¡JOJOJOJOJO!! Buenísimo, y al mismo tiempo muy instructivo sobre cómo va el asunto de la compraventa de humo. Humor demoledor.

Los fondos y bancos que tienen ahora los “activos tóxicos” esos deberían lloriquear menos por el rescate y ver el lado positivo: cuando se ejecuten todas esas hipotecas subprime, van a#blgtk08# ser dueños de un montón de cuchitriles libres de cargas a los que tal vez le puedan sacar algo. Me imagino a un montón de brokers de Wall Street tirando sus papeles y cantando a coro sobre el parquet: ♪♫ Always look at the bright side of life ♪♫ fifiu ♪♫ fifiu fififiufiuuu ♪♫…
Comentario por Lestegas (05-10-2010 20:38)
8
Eu non sufrirei se non MERQUEI NADA DE EA MERDA DA cAIXA #blgtk08#o que sofre é o pringao que metia todos os meses 50 EUROS no fondo
Comentario por PENEDO (05-10-2010 20:40)
9 La solución de la crisis es comerse a los jubilados y a los par#blgtk08#ados. No estoy muy seguro de que “comer” sea lenguaje figurado.
Comentario por Madrid (05-10-2010 20:41)
10 Qué asco d#blgtk08#e progres!
Comentario por Penjamo (05-10-2010 20:42)
11 #blgtk08#
Comentario por (06-10-2010 15:57)
12 ¿é verdade o do Club de#blgtk08# Fans del Buen Hidalgo?
Comentario por javierilla n. (06-10-2010 15:59)
13 A min dame igoal o bar da Ramona, mentres non me pechen o PIZZBUR e o "Carlos V" non h#blgtk08#ai problema. Ademáis o bar da Ramona non ten atractivo,alí non traballan dominicanas.
Comentario por Patiña (07-10-2010 09:55)
14 O mellor clube de fans sería o de "Leal e Pata", a sede social no "Carlos V", Melchor sería o presidente e Pardo Gato o Secretario, Amor levaría as contas. As reunión s#blgtk08#erían polas noites en distintos bares e cantas mais mulatas haxa mellor ¡Vaia chollo de clube! Se ata o Pata deixou de ser "Hermano Franciscano" e se fixo "Dominico".
Comentario por Vaia par de dous (07-10-2010 17:41)
15 Pero, ainda non lle deron o Nobel de literatura, ou de econ#blgtk08#omia.
Ou da MALIÑA.
Concedido queda. Xenial.
Comentario por untalmarra (24-10-2010 15:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal