A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SUSO: FILLO PREDILECTO
SUSO: FILLO PREDILECTO
Moitos aprendemos a coñecer a historia e as historias de Foz, e a amar as suas terras polos ensinos, moitos deles trasmitidos en letra impresa, de Suso do Bahia. A maior parte da historia recuperada foi grazas a el, aos seus libros e escritos, e a transmisión deses coñecemento é o que nos fixo a moitos valorar e saber ver o que temos, e o que fomos na historia que configura o que agora é. Formar parte desa engranaxe tamén nos fai máis universais.
Pero a ese debullar da historia, a ese sementeiro de coñecementos, tamén hai que unirlle a o que coñecemos agora. Foz non sería o mesmo sen as achegas de Suso, e que agora tanto nos definen e forma parte do que coñecemos ao longo dos anos. Foron as suas creacións, as súas publicacions, libros, coral, rutas turisticas, radioaficionados, asociacions de comerciantes, industriais e autónomos, O Feitizo, Mundo da Galea, Asilo, Feira do libro certamen literario, A Galeao Festival de Corais, e sobre todo unha continua promoción turistaca de Foz e bisbarra, así como en innumerables actos, festas, publicacións, sin esquecer as continuas colaboracions en prensa, foi perante decenios corresponsal de El Progreso en Foz, e radio, Radio Popular de Lugo, Onda cero, Radio Galega, Radio Foz e un longo etc.
Hoxe, mañáciña do Domingo, cando ustedes lean este humilde articuliño, xa pasou o gran dia adicado a Suso Fernadez, mais coñecido como Suso do Bahia, onte, merecidamente foi nomeado “Fillo predilecto do povo e Concello de Foz” rodeado por un gran número de veciños e amigos.
Pero eu destacaria sobre todos os méritos ditos e esquencidos algo que eu considero mais importante , por encima de todos: o seu profundo amor pola terra que lle viu nacer, materializado no impulso de numerosas iniciativas culturais e nunha inxente bibliografía dedicada a Foz en particular e a bisbarra en xeral .
O nomeamento foi máis grande si cabe por ser solicitada a corporación municipal polos colectivos e asociacións do Concello, e co absoluto consenso dos dous grupos municipais que hoxe quero resaltar, culminou o pasado sábado coa entrega na tan querida para el Sala Bahia do pergamiño que lle acreditan como Fillo Predilecto da Vila de Foz, que sexa por moitos anos amigo Suso e parafraseando a o poeta diriache que sigas “facendo o ben, dicir o xusto e contemplar o belo"
Otero Regal
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-09-2010 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Enhoraboa a Suso, dende logo merd iao, moito#blgtk08# mais que outra xente nomeada anteriormente.
Comentario por Foz (26-09-2010 19:57)
2 En Viveiro nomeamentos similares fi#blgtk08#xeronos a RATO, Osorio Paramo.....
Comentario por Praza Maior (26-09-2010 19:58)
3 La capacidad y el buen hacer a veces se visten de librero, con pocas palabras, múltiples dec#blgtk08#isiones acertadas ha conseguido sus objetivos, y la vida social y cultural de Foz, también.
Comentario por Asturias en Foz (26-09-2010 20:26)
4
Non só Suso Fernandez deberia ser fillo predilecto d#blgtk08#e Foz, deberia ser fillo predirecto de Costa de Lugo enteira!!
Comentario por Maria (26-09-2010 20:29)
5 Que ben que Foz tomara a decision de facerlle esta homenaxe a Suso do Bahia por que o ti#blgtk08#ña sobradamente merecido e oxala que o sigan facendo con outras grandes persoas do pais
Comentario por Rafael (26-09-2010 20:31)
6
Parabén, Suso. Pouca xente difundiría tanto e tan be#blgtk08#n o nome de Foz como ti.

Merécelo sobradamente.
Comentario por Vicente (26-09-2010 20:35)
7 O nomeamento de Suso, aparte de reconocerlle os seus méritos, tamén hay que entendelo como unha reclamación, como un puñetazo na mesa para poñer no seu sitio a aquelas voces, a aquelas persoas (poucas) que en cada pobo falan alto e claro, esas persoas (non todos somos iguales) que tendo mentes lúcidas, visionarias e claras as ponen ao servicio dos demais para#blgtk08# demandar justicia, ética, valores, progreso e riqueza material e espiritual non entorno en que vivimos. Estas figuras, que son poucas e que destacan no común da sociedade polo que dicen, polo que fan, tamén necesitan unha palmadiña na espalda, un aplauso para que sepan que non están solos e que sigan facendo país, estilo e clase que outros non sabemos facer.
Comentario por Sempre contigo (30-09-2010 07:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal