A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AQUÍ SOMOS FELICES
“Os españois son felices” Unha das noticias que máis me chamou a atención este verán é o resultado dun estudo segundo o cal os españois son os europeos máis felices.

A razón é obvia: as claves para a felicidade son a ignorancia (o non coñecer máis nada que o que se está afeito, que obviamente pasa a converterse no mellor) e a falta de aspiracións (dá igual que a democracia derive a dictadura ou a economía se afunda mentres haxa futbol , gañemos os campeonatos de Europa e o do mundo mundial, collemos a bandeira dos chinos e cantamos aquelo de “Son Español, español español”, ademais si ainda me queda “dinerillo” para as cañas do domingo cos amiguetes), e de ambas a maioría dos españois van sobrados. Por iso é polo que sexan os máis felices de Europa.

Aínda que, tamén teño outra teoría menos ferinte (ou máis, depende do cristal co que o lector o lea). Os meus pais dixéronme sempre desde que era pequeno (e aínda o repíte miña nai de cando en vez, aínda que non lles fixen nin fago poñeteiro caso) que de portas cara a fóra de casa só debemos mostrar ós demais que nos vai de marabilla, aínda que de portas cara a dentro estivésemonos morrendo de fame. A razón baseábase no que alguén califica como duas das características principais dos españois: o cainismo e a envexa. Se a iso sumámoslle o paletismo e o pueblerinismo perruqueiro, o resultado é obvio: é necesario demostrar que a un lle vai ben aínda que non sexa así para espertar a envexa do chismoso, veciñanza e evitar que a súa cainismo acábenos afundindo. E se alguén se atreve que me diga que isto é mentira.
Non ten desperdicio que ademais, dentro de España, os Galegos sexamos os mais felices da “pel de toro”.
Pois a pesar da pretendida felicidade debaixo da alfombra aquí os mozos só aspiran a emborracharse, a fornicar ou a triunfar en Gran Irmán, país de subvencións, folgazans e intelectuais sen intelecto, país de funcionarios, ineficiencia e malgasto, país de corruptelas, baixomantas e amiguismos, onde a ineficiencia é o paradigma e a eficacia inexistente, onde o esforzo é denigrado e a folgazanería exaltada, país de canallas periféricos centrífugos e pequenos dictadores territoriais, país de clientelismo, estómagos agradecidos e corrección política.
Otero Regal
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-08-2010 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
15 Comentario(s)
1 Moi boa a i#blgtk08#lustración.
Comentario por Caracas (31-08-2010 14:54)
2 Yo digo mucho que la ignonancia es la base de la felicidad.#blgtk08#r />
Vamos que mucho ignorante veo en España
Comentario por (31-08-2010 14:56)
3 [...]
No importa la vida, que ya está perdida,
y, después de todo, ¿qué es eso, la vida?...
Cantares...
Cantando la pena, la pena se olvida
[.#blgtk08#..]
(Antonio Machado)
-

Y yo digo quien dice cantar, dice sol, dice muschas cosas, estoy seguro que esas estadisticas serian muy parecidas en Italia
Comentario por Carlos R. D (31-08-2010 15:01)
4 Non o diga moi alto, seguro que lle poñen algún alcume. Eu engadiría que a competencia ea productividade non existe, y que esa xeración que emigrou e se comeu o mundo, non deixou herdeiros. Non tardaremos moito en ver con malos ollos ós de fora, #blgtk08#os que cruzan o estreito xogandose o pelexo, ou os que veñen da outra Europa con tres carreiras e 5 idiomas e conformanse con apretar tuercas ou servir partos. Lastimosamente nós non somos Suiza ou Alemanha. En fin, sempre nos quedará a Colleira.
Comentario por Fran García (31-08-2010 16:52)
5 Tes moita razón no que dis. Inda que moita culpa é dos medios de comunicación que non deixan ver a realidade tal e como é, senon como lle convén ó mandamás, en Viveiro temos exemplos a esgalla. A pluralidade informativa está secuestrada dende o momento no que o principal anunciante é o goberno.

En Viveiro temos un equipo de goberno ó que se lle poden aplicar moitos dos calificativos #blgtk08#que expós no teu artigo. A última falcatruada do duo Amor-Roel é o peche da piscina municipal. E os viveirenses caladiños e apludindo mentres vemos ó alcalde de cervexas todo día en vez de traballar, e mentrés o pobo afúndese na mediocridade. Non hai semana na que non perdamos algo, agora tócalle á piscina que non se sabe cando abrirá ¿e logo que fixeron todo o verán? ¿Onde van as bases do concurso
Comentario por Viveiro sen piscina (31-08-2010 21:01)
6 Cría fama e bótate a durmir. A algúns lles custa chegar, pero cando o fan poden dici#blgtk08#r as máximas estupideces que igual llas publican. E, vaia, tiña un mal día o rapaz.
Comentario por Rosa (01-09-2010 15:32)
7 Los sistemas económicos deben satisfacer las necesidades de las personas, no las personas las #blgtk08#necesidades del sistema económico.
Si este sistema no es capaz, que pase el siguiente.
Comentario por P. (01-09-2010 15:33)
8 Pódese dicir máis alto, pero non máis claro.
Aínda que en xeral concordo contigo, xeneralizar totalmente non é bo nin demasiado xusto, pois sei que hai xente que nin é feliz e admíteo en público, nin enarbola a enseña da patria ao son "Campións!", pois cadaquén vive do que vive, nin é este un país exclusivo de funcionarios, pois incompetentes, cínicos, vagos e ata diría hipócratas hainos en tódolos sectores produtivos.

O malo é que a imaxe que exportamos é, nin máis non menos, ca que tan maxistralmente describes e as persoas que #blgtk08#coma ti teñen dous dedos de fronte e valor para manifestalo, quedan poucas e as súas voces as máis das veces quedan afogadas baixo insensatos fervores patrios. E delo, efectivamente, teñen moita culpa os medios de comunicación aos que, seica lles e máis rendible publicitar a España da pandeireta "Y olé!" e os eventos sociais de catro ricos que viven a conta do resto.

Quizais os españois son felices, non porque sexan ignorantes, ao mellor é que prefiren mirar para outro lado, pois se miran de fronte a realidade acaban no fondo dun pozo.
Comentario por A nena do paraugas (01-09-2010 17:25)
9 Existen dos maneras de ser feliz en esta vida, una es h#blgtk08#acerse el idiota y la otra serlo.
Sigmund Freud
Comentario por Santos (03-09-2010 08:22)
10
Ser feliz é fodido Regal: sempre acabarás tocando as pelotas #blgtk08#a alguén, e máis dunha vez ese alguén se encargará de facercho saber.
Comentario por Kiko (03-09-2010 08:22)
11 laváronnos o cerebro de tal forma que cremos que para ser feliz temos que conseguir unha chea de cousas que non necesitam#blgtk08#os. Deste xeito introducímonos no círculo vicioso do consumismo nunha carreira por huír de nós mesmos a base de compras.
Comentario por Covas (03-09-2010 08:24)
12
Non é máis feliz quen máis ten, senón quen menos neces#blgtk08#ita. (Non. Non o dixo o tio Gilito, pero non recordo quen foi).
Comentario por Rosa (03-09-2010 08:27)
13 Non coñezo a ninguén que sexa "realmente feliz", articu#blgtk08#los asi fan que senta mais rabia cara aos optimistas!!
Comentario por Maria (03-09-2010 08:28)
14 A caradura de Roel é infinita. Negar agora que leva anos habendo protestas dos usuarios da piscina(cando algunha delas sairon incluso na prensa) demostra que non ten vergoña en mentir aos viveirenses unha e outra vez; falar agora de que está esperando informes para empezar a amañar a piscina e dun cinismo incrible ¿E logo que se fixo desde xaneiro no concello? A concesión rematou, a data sabíase FAI DEZ ANOS ¿Por qué non estaban as bases para a nova concesión preparadas? ¿Por qué non se fixeron estes informes antes de que rematara a concesión para esixir posibles responsabilidades ós adxudicatarios?
¿A que se adicaron esta tropa de vagos durante case 8 anos?

O de Roel é patético, a súa hipocresía xa da noxo, e a súa actitude de non asumir os erros e botarle sempre a culpa ós outr#blgtk08#os produce vergoña allea. Despois de 8 anos chupando do bote no concello segue sinalando a Aja cada vez que hai un problema ¡Machiño, que levas 8 anos de alcalde! ¡Que fixéchedes estos anos? Aja terá moitas culpas, pero o que nos redactou as bases fuches ti, o que non en encargou estes informes antes antes fuches tí, o que pechou a piscina e non amañou nada en todo xullo e agosto foi o teu coleguita Rafael Amor, debe ser que en agosto hai moita festa e non tivéchedes tempo de encargar a alguén que traballase no tema.

O que no se da conta Roel é que el mesmo está a demostrar que desde que se foi Aja no concello NON SE FIXO NADA DE NADA. Os posibles errós que cometerá Aja seguen se resolver e os múltiples lios que armaron esta panda de vagos seguen á espera de que veña outro a resolvelos.
Comentario por Vagos no concello (03-09-2010 11:00)
15 felices e comemos perdices, perc#blgtk08#eves, langosta, lubrigante......
Comentario por H.P (04-09-2010 16:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal