A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O TEMPO E OS VERANEANTES
Hoxe o sol apareceu na costa cuberto por unha espesa capa de nubes, que ameaza con descargar en calquera momento. O mar está bravo e a bandeira vermella ondea en varias praias. As terrazas están recollidas, as sillas encartadas e as mesas baleiras. É un día gris para os turistas.
Esta non foi unha estampa inhabitual nas últimas semanas. Dos trinta ultimos días do pasado mes de xullo, oito choveu na costa. A temperatura media rondou os 20 graos e o sol resplandeceu con forza nunha ducia de xornadas, pero nada máis.
O de 2010 está sendo un verán dificil neste norte nordesio , pero iso tampouco conseguiu que o negocio hostaleiro faga xa a caixa que se supón en plenas vacacións.
Non é que chova moito, pero todos os días de mal tempo caeron en fin de seman. E en moitos negocios perto das praias, cando non loce o sol, non hai nada que facer.
A tan manoseada crisi xa traia consigo dende o ano pasado a caída do consumo, agora agravada polos caprichos do tempo, craro que sempre tivemos veráns máis fríos e máis quentes , pero este ano nótase a crise, quizaves teñamos o mesmo número de turistas que outros anos , pero os profesuionales do sector din que gastan a metade, e quéixanse.
E é que a meteoroloxía é un factor decisivo para calquera negocio situado nos lugares de recepción turística, cuios clientes principais seguen sendo os veraneantes.
Nas prais de Barreiros, Ribadeo, Foz, Burela e Viveiro, para subsistir cun posto de xeados, tes que confiar no sol. Se non fai calor, podes pasar días seguidos sen vender un cucurucho.
A irregularidade, é unha característica asumida por todos nos negocios a pé de praia pois os turistas veñen por refachos, sempre segundo a calor. Hai días malos e outros que non dás abasto, e dende logo preferirían que fose máis constante, pero isto do tempo nesta bisbarra, é marca da casa.
Lourenzo, o pioneiro dos Campings na bisbarra tiña ala por a decada dos 70 e 80 un anuncio en unha revista especializada alemana donde viña a decir “ O moito sol esta demostrado que e malo para a saude, cancro de pel e outras enfermedades. En Viveiro temos suficiente sol para poñernos morenos pero sin que perxudique a nosa saude” .
Hai xornadas nas que os raios de sol bañan as terrazas, as praias e fan as delicias dos veraneantes que acoden á costa. Outras non. Outras chove e o veraneante queda en casa ou da unha volta por a vila ou bisbarra, come en un restaurante menos perto da praia, merca nas tendas, ou sexa que o sol ou a falta del axuda a nosa economia.
Otero Regal


Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-08-2010 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1 Non é mal tempo cando chove, porque só cae auga do ceo, a auga é a vida desta terra, a xente non se debe enfadar #blgtk08#cando chova teñen que estar feliz e moi feliz sobre todo nesa dia que queren aproveitar para gozar do ceo azul.
Comentario por Covas (24-08-2010 14:08)
2
Aquí non se trata de que ch#blgtk08#ova ou non chova, faga frío ou calor.
Comentario por Manuel (24-08-2010 14:09)
3 A pregunta non é por que fai mal tempo (porque chove para abaixo e non para arriba) senón por que na televisión sempre "maquillan" ata esta información e nunca din lit#blgtk08#eralmente en tal sitio fará mal tempo

Probablemente porque iso poña en perigo as ganancias do sector turismo. Da censura política pasamos á económica.
Comentario por Xoan (24-08-2010 14:12)
4 MAL TIEMPO..…. ES POR LA MAL DE OJO QUE ECHAMOS A TODOS LOS QUE SE PUEDEN PERMITIR EL LUJO DE IRSE DE VACACI#blgtk08#ONES.
SI A LO QUE SE VAN A LA PLAYA LES LLUEVE, EL TRAGO DE QUEDARSE EN CASA ES MENOS AMARGO..XDDDDD
Comentario por XDD (24-08-2010 14:13)
5 Crein que en Viveiro nunca facia frio , nin mal tempo, como#blgtk08# sempre estas presumindo de que tedes un clima formidable .
Comentario por Rias Baixas (24-08-2010 14:15)
6 Para o turismo da costa e para o de interiro é importante o tempo.
Sería mellor que viñese algo mellor repartida a auga. Por ourense, en todo o que vai de verán, cre#blgtk08#o que caíron catro pingas onte de madrugada e a terra está tan sedenta que para poder meterlle o sacho, cómpre regala antes.

En fin...

Saúdos.
Comentario por A nena do paraugas (25-08-2010 05:12)
7 Tienes razón, lo mejor sería que la mitad del calor del verano pasara al#blgtk08# invierno; y la mitad del frío del invierno pasase al verano ¿a que sí?
Comentario por Manuel (25-08-2010 20:01)
8 Sr. Otero Regal, hace mal tiempo po#blgtk08#r LA MALDICION DE LOS MADRILEÑOS.
Comentario por Madrileño (25-08-2010 20:02)
9
O vento parecía que ía derrubar a árbore sobre nós. Mentres bicaba á moza, os seus cabelos golpeábanme levemente na cara, alborotados polo maldito vento. Apenas nos tapaban algo as escasas follas d#blgtk08#o vello castaño, e a choiva caía incesante sobre os nosos rostros. Non podemos seguir así, díxenlle, mentres os seus fermosos ollos mirábanme recordándome o ceo que as malditas nubes tapábanme completamente.
Comentario por Axeliño (25-08-2010 20:04)
10 A gran torpeza desta comarca foi querer copiar o turismo de sol e praia de outras latitudes donde teñen o sol asegurado. E aquí cando había que potenciar as belezas e os recursos hacia outro tipo de turismo, puxeronse os políticos nefastos aplaudidos pola ignorancia dos ciudadanos a facer pisiños e apartamentos para que os madrileños que viven dun sueldiño viñeran pasar 15 días a su "apartamentito con vistas al mar".
Andabamos todos eufóricos pensando que esto iba ser a segunda Marbella ou outra "Mar#blgtk08#iñador" sin percatarnos de que había que apostar e reclamar a potenciación de outras riquezas que ten a nosa comarca como son a RUTA PARDO DE CELA, TURISMO FLUVIAL E promoción DAS NOSAS RIAS que son as verdadeiras xoias da nosa comarca. Hay que saber que existen outros tipos de turismos de calidade fluviales e marítimos que aquí non se coñecen.
Por certo ¿cantos mariñanos se interesaron e coñecen A Ruta Pardo de Cela ou Regal Xunqueira?. Como vamos a vendelo fora si non o sabemos apreciar os da terra.
Comentario por Sempre contigo (26-08-2010 21:00)
11 Que juapiño saia hoxe na prensa Leal cos seu amo e señor, Melchor Roel.Eu non sei se traizoa ao seu patido e aos que o votaron por simple estupidez ou quere sacar algo de todo o peloteo e seguidismo que #blgtk08#lle fai a Roel. Podería aproveitar as reunión co seu amijiño e pedirlle que apresente as contas. Que oposición tan extrana fai este Leal, que nin necesita saber o que se ingresa e se gasta no concello.
Comentario por Leal aos cartiños (26-08-2010 23:51)
12 Entre el texto que nos has puesto aqui y los comentarios q#blgtk08#ue nos han dejado otros visitantes, no sabria que decir..
Comentario por Descargar (11-10-2010 11:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal