A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ODIAMOS AS GAIVOTAS

Antes as gaivotas eran sacras, predicían as traxedias no mar chorando polos mariñeiros mortos, anunciaban a proximidade da terra salvadora, matalas traía mala sorte. Eran pura literatura e ata filosofia da contracultura lean sinon a "Juan Salvador Gabiota" ou a Alan Guass. Pero agora é diferente. Agora moléstannos, odiámolas, chamámolas ratas con ás e decretamos a súa extinción.

É verdade, aqui en Viveiro hai moitas, cada vez máis descaradas, máis urbanas, máis agresivas. Aínda que a culpa non é delas, é nosa.

A pasada semana falei con un expecialista que estivera facendo un estudo ambiental da colonia de gaivotas reidoras de Viveiro . Fai 10 anos había apenas cen parellas e agora son máis de 300.
Contabame este biologo que a ir anillar un dos polos, este vomitou asustado o último que comera e saben o que chuspiu? Unha lonxa de xamón york. Quedouse abraiado, quizabes os pais da gaibota quitaríanllo a algún turista na praia? Seguramente.

O mesmo, pero máis preocupante, está ocorrendo en cidades como Barcelona, onde os alumnos dun céntrico colexio deben agora xantar en clase antes de saír ao recreo, para evitar que as aves róubenlles os seus bocadillos. Unha cidade onde as denuncias por supostos ataques das gaivotas non paran de aumentar, como tamén pasa en Xixón, A Coruña, Vigo ou Cádiz.

O remedio fácil é destruír os seus niños instalados nos tellados e chemineas, pero non serve de nada. As reidoras fan postas de reposición, cambian de sitio e ata, eliminando adultos, facilitamos a chegada de subadultos.

Só existe unha solución, deixalas sen comida. E non só sen lixo, reciclando e aproveitando ao máximo as 1,3 millóns de toneladas de residuos que Europa produce ao ano. Fai falta acabar co malgasto de descártelos pesqueiros, 3.000 toneladas diarias tiradas ao mar só na Unión Europea. Con tanto malgasto como non vai haber gaivotas?
Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-08-2010 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
17 Comentario(s)
1 Pareceme a min que unha das miñas creacions descarriouse, e estou decidido a elimina#blgtk08#la.
Vou exterminar a raza human¡¡¡¡
¡¡¡¡Éstos si que son una plaga!!!!
Comentario por Deus (14-08-2010 20:23)
2
As gaivotas, estanse humanizando e un animal tan#blgtk08# bonito é unha pena que se converta nun depredador de lixo
Comentario por Pedro (14-08-2010 20:24)
3 Coido que todo comezou cando a un coñecido partido da dereita se ll#blgtk08#e ocurriu poñer duas gaivotas como símbolo: fixéronse carroñeiras.
Comentario por untalmarra (15-08-2010 02:12)
4 El pajarraco del P#blgtk08#P es un ALBATROS.
Comentario por Biologo (15-08-2010 09:56)
5 O que esconde o puño pechado é ira, odio, rabia contida, violencia, destrución, vinganza, AP#blgtk08#OCALIPSE.
O que caga a gaivota, e abono, sembra, renacer, nova vida, frutos, xENESIS.
Comentario por Un da (15-08-2010 10:00)
6 Unha praga de gaivotas invadeu fai tempo a cidadr antiga de Viveiro.

A falta de alimento que sofren actualmente os animais nas praias fai que se trasladen ao centro urbano creando moitas molestias.

Os veciños quéixanse do risco que supón este problema, sobr#blgtk08#e todo para os máis pequenos. Desde o concello trátouse de paliar o problema coa patrulla de control animal, non teño noticias de que se faiga ahora.

Curiosamente, estas aves, que ata agora era unha insignia para as poboacions de costa, convertéronse no seu peor pesadelo.
Comentario por Covas (15-08-2010 10:03)
7 Gaviotas...
Carroñeras, asquerosas, sucias, c#blgtk08#omedoras de las más absolutas mierdas imaginables...
Comentario por Roel (15-08-2010 10:05)
8 Si es que Regal...., en#blgtk08#tre tantas gaviotas....
Comentario por Veraneante (15-08-2010 10:06)
9 Las auténticas ratas del aire son las gavi#blgtk08#otas, carroñeras y sucias como ratas ...
Comentario por ZZ (15-08-2010 10:08)
10
A ver se agora as gaivotas van ser as culpables de que os viveireses sexamos #blgtk08#uns porcos e que teñamos unha cidade chea de mier... e mal feita que lles permite comer
Comentario por Manuel (15-08-2010 15:06)
11
CADA DIA SUFRO O ESCANDALO PRODUCIDO POR ESTAS AVES, É ESTREMECEDOR, PARECEN PERSOAS QUEi#blgtk08#xANDOSE,NO meu CASO , SÚFROAS DE CONTINUO PORQUE CRÍAN No TEllADO,VEXO Os seus nidos dende a ventá.
Comentario por Piro (15-08-2010 15:08)
12 Las gaviotas son un problema gordo. Arman ruido en la ciudad, de noche a cualquier hora, en los pueblos. La solución sería, ya adoptada en las islas Medas p#blgtk08#or las autoridades catalanas, el dormirlas con anestésico en el pan y acto seguido eliminarlas, pero aqui ni Roel ni Aja trtaron con seriedad este problema.
Comentario por Praziña (15-08-2010 15:09)
13
A proliferación de CD's nas fiestras das casas. Non se se vos destes conta ao pasear pola rúa. Mirade con atención os pisos. Seguro que atopades máis dunha fiestra ou terraza con CD's colgado (...) O suposto obxectivo desta nova#blgtk08# moda parece ser o de escorrentar ás gaivotas, ratas con ás, Pero a pregunta que nos facemos é: de verdade isto serve para algo? Algún de vós sábeo? Tamén poñedes CD's nas fiestras? Eu, polo si ou polo non, xa colguei un CD no meu patio.
Comentario por (16-08-2010 18:45)
14 hablando de plagas nosostros somos la plaga realmente…y depred#blgtk08#adores… y no los gatos que al menos mantienen limpia la ciudad
Comentario por Lucas (16-08-2010 18:52)
15
A praga vaina a solucionar Rafael Amor, Esta ben que sexa este concelleiro o que arranxe este niño xa que el é experto en solucionar este tipo de problemas. Apl#blgtk08#icaralles multas por residir en casas, estar aparcado máis tempo do debido,.... imos,.... que nos quedamos sen gaivotas nun par de días. Trankilllll, que xa vén o Tolino.
Comentario por eiki (16-08-2010 18:55)
16
Eu non sei de pragas, do comprotamiento das gaivotas, nin nada que teña que ver co mundo animal. Pero gustaríame mecomentar que no tellado da miña casa adoitan estar as gaivotas. son un animal que nin fu nin fa pero o que sei é que teño que facer o arranxo no tellado pois romperon lousas, outras as moveron de sitio,... e agora que chega o inverno non é cuestión de ter o tellado descoidado.
Non creo que se poida facer nada para #blgtk08#botar ás gaivotas do pobo e tampouco creo que sexa o concello o que teña que subvencionar o arranxo do meu tellado.
Vivimos nun pobo costeiro e iso ten os seus proles e os seus contras, é coma se os que viven en primeira liña piden que o concello páguelles o arranxo da fachada porque a brisa do mar lles corroe antes que alos que vivimos máis dentro.
Polo que creo que o sentido común aqui como en case todos os temas é imprescindible.
Comentario por Xavier (16-08-2010 18:58)
17 E o rechouchío de mañanciña que se escoita en Ourense...????????
Pois soa a gaivo#blgtk08#ta e a verdade é que ás veces amola tanta algarabía de madrugada.

Saúdos.
Comentario por A nena do paraugas (19-08-2010 21:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal