A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CANDO SAN TELMO ERA O PATRON DOS MARIÑEIROS
“Todo pasa y todo queda, pero lo nuestro es pasar,pasar haciendo caminos, caminos sobre la mar”. Decia Machado, e eu quixera aplicalo a que calquer cousa que e moda pasa de moda, inclusive os santos e senon tomen nota.
Esta semana celébrase por toda a bisbarra festas en honor de a “Patroa dos mariñeiros”. Pero, ¿esto foi sempre asi?, pois non ata o séculoXVII o patron da igrexa católica, apostólica e romá adicado a protección dos mariñeiros era San Telmo e ainda nalgunha igrexia costeira podese encontrar algun san Telmo arrumbado, existiron na bisbarra altares e capellanias adicados a o Santo e pobos como Tuy o teñen como patron.
Pero ... de onde vén o patronazgo da Virxe do Carmen cara aos mariñeiros?. No século XVIII, cando xa era moi popular a festa da Virxe do Carmen en España, o almirante mallorquin Antonio Barceló Pont da Terra, impulsou a súa celebración entre a mariñeiría que el dirixía. Foi a partir de entón cando a mariña española e pescadores foron substituíndo o patrocinio de San Telmo polo da Virxe do Carmen.

Aínda que a Virxe sexa a patroa dos mariñeiros e pescadores, moitos deles comparten aínda o patrocino con San Telmo.

Desde fai séculos, no medio das peores tormentas no mar, os mariños invocaron a San Telmo, o seu patrón, para evitar os perigos dun naufraxio. A aparición nos mastros dun misterioso brillo azul ou violeta que ás veces tiña aparencia de chorros de lume era interpretado como un bo agoiro enviado polo santo en resposta ás súas oracións, moi probablemente porque o fenómeno adoita ocorrer facía a parte final das tormentas
O lume de San Telmo é unha descarga de efecto coroa electroluminiscente, provocada pola ionización do aire dentro do forte campo eléctrico que orixinan as tormentas eléctricas. Aínda que se chama lume, é en realidade un plasma de baixa densidade e relativamente baixa temperatura provocado por unha enorme diferenza de potencial eléctrico atmosférica que supera o valor de ruptura dieléctrica do aire, ao redor de 3MV/m. O brillo branco-azulado que acompaña o fenómeno é debido ao nitróxeno e osíxeno da atmosfera terrestre, este efecto é similar ao que fai que brillen os letreiros de neón, unicamente cambiando a cor por tratarse de gases diferentes. Nalgunhas circunstancias ten aspecto de lume, a miúdo en dobres ou triplos chorros e moi a miúdo ocorre acompañado dun sonoro zumbido.
Otero Regal
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-07-2010 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 No Brasil é assim : Para os católicos é Nossa Senhora dos Navegantes, para a Umbanda é Iemanjá,que é representada por uma bela mulher , no dia 31 de dezembro a meia noite fazemos oferen#blgtk08#da e jogamos no mar Champagne , rosas brancas , acendemos velas , vestidos de branco, e pulamos 7 ondas (olas) para ela nos proteger e abrir nossos caminhos no novo ano que se inicia .
Comentario por Brasileiro (22-07-2010 14:39)
2 El patrón del mar soy yo, y la #blgtk08#patrona es la virgen del carmen
Comentario por Celeiro (22-07-2010 14:40)
3
Quen é San Telmo?

Dominico español do século XIII, nacido na histórica localidade palentina de Frómista, cara ao ano 1175.

O seu nome era Pedro González, pero tradicionalmente é coñecido como San Telmo.

Era sobriño do bispo de Palencia e foi enviado a estudar á recente e primeira universidade de Palencia, onde destacou pola súa intelixencia preclara.

Moi novo aínda, foi nomeado cóengo da Catedral de Palencia e, deseguido, por designación de Roma é elevado a Dean, que é a primeira dignidade despois do cargo de Bispo.

Un sinxelo feito cambiaría o rumbo da súa vida: o ridículo que sentiu ante os seus coñecidos pola caída do seu cabalo no barro dunha das praza#blgtk08#s da cidade, o primeiro día que paseaba como Dean, ricamente engalanado.

Decide entón cambiar de estado e ingresa na recentemente fundada Orde Dominica. Estudou teoloxía e converteuse en predicador incansable.

Na vida relixiosa foi forxándose nun gran espírito de fe, de oración e de celo apostólico.

Foi conselleiro do rei Fernando III e dedicouse con fervor á súa misión apostólica ao axudar aos necesitados, e dun modo especial en Galicia e Portugal, á atención dos mariñeiros.

Nos procesos para o seu beatificación houbo centenares de testemuños de mariños, os cales aseguraban que por intercesión de San Telmo, Divos salvounos de naufragar, e de aí foi nomeado patrón dos pescadores.
Comentario por Crego (22-07-2010 14:42)
4 Acaso el fenómeno atmosférico que más me seduce e intriga y que más pavor ha infundido y más espectrales asociaciones ha generado. Y además, son una imagen simbólica muy poderosa. Cuando empe#blgtk08#cé mi blog, un amigo lanzó paralelamente el suyo. Juntos elegimos el nombre de Focs follets, que representaba muy bien esa idea de pequeños fogonazos que queríamos hacer brillar aquí y allá.
Comentario por Alejandro (22-07-2010 14:44)
5 ¡Viva la Virgen del Carmen, viva S#blgtk08#an Telmo y vivan los pescadores!
Comentario por Mariluz (22-07-2010 14:45)
6 A tradiccion de a Virxe do carme como patrona dos mariñeiros ten pouco mais de cen anos.
Ao longo do século XIX os pescadores toman á Virxe do Carmen como patroa, aínda que moitos seguen invocando o patrocinio de San Telmo, e o mesmo sucede coa mariña mercante. O 19 de abril de 1901 por unha unha Real Orde proclámase oficialmente á Virxe do Carmen como patroa da Mariña de Esp#blgtk08#aña. Esta disposición, referendada polas firmas da entón Reíña Rexente, dona María Cristina de Habsburgo, e do seu ministro de Mariña, don Cristóbal Colón, duque de Veragua, dicía que A súa Maxestade o Rei (q.D.g.) e no seu nome a Raíña Rexente do Reino, serviuse dispor sexa declarada Patroa da Mariña de Guerra a Santísima Virxe do Carmen, que xa o é de feito de todos os navegantes.
Comentario por Xesus (22-07-2010 14:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal