A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O ASUNTO DA ROXA
Segundo un estudo que publicou a revista TIEMPO, o Produto Interior Bruto (PIB) do país que conseguiu vencer o mundial de fútbol podería incrementarse nun 0,7% grazas á influencia positiva que tería a noticia, xa que elevaría a confianza da poboación e, en consecuencia, tamén o consumo.

Algúns crédulos e animosos perden o xuízo. Para empezar, o mesmo díxose respecto da Eurocopa. Creceu o PIB entón?. Evidentemente o Mundial ten maior magnitude, pero dubido moito que sexa capaz de rascar máis dun par de décimas vía turismo e algo de consumo, e iso sendo moi “animoso”. Non é casualidade que esta noticia aireárona a mesma clase de pseudoeconomísticos animosos, que cren que a economía responde fundamentalmente a estados de ánimo. E aínda que sexa verdade que hai unha correlación entre gañar o mundial e que o PIB medre , creo que aquí se pasou por alto a contorna mundial. Non estamos en tempos de expansión económica, e os brotes da “recuperación” marchitanse sen piedade.

Con estes indicadores así, como collóns se pretende ou se pode crer, que un evento deportivo poderá ter repercusión positiva na economía, máis aló dalgúns miles de guiris que visiten España. Crer que levantar a copa poderá darnos un 0,7 no PIB, é vivir noutra dimensión, noutra realidade,.

E ademais tendo en conta que o que se vía na rúa os cartos que se moveron foron para camisetas e bandeiras roxo e gualda por si non o sabiades as camisetas da ROXA patriótica e pandereteira fanse no 90% en China e as Bandeiras no 100% así que quen estarán contentos son os chinos de Xangai e quizabes alí si que se notara na súa economía, tamén os Escoceses venderon mais wisky e os mexicanos e irlandeses máis cervexa.

Dar a opinións coma se foses un oráculo é absolutamente ridículo. Ser economista non consiste nisto, señores. Iso é rebaixar a profesión que xa esta bastante desprestixiada a unha especie de quiromante -de charlatán- da economía.
Otero Regal
Comentarios (21) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-07-2010 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
21 Comentario(s)
1 Gústame co roxerío comece a darse estopa entre sí. O de que coa victoria da seleción ESPAÑOLA ía subir o PIB, é un bulo que fixo correr o goberno socialista e do que se fixeron eco os medios de comunicación adeptos ao réximen: El País, Tiempo, Público, El Periódico, La Vanguardia, La SER, etc.... Vivimos nun país onde determinada prensa está ao servicio do poder, e neste momento non son máis que meras correas de transmisión da propaganda intoxicadora co goberno verte á minima oportunidade. Zapatero e a súa cuadrilla de mediócres non sabían coma aprobeitar partidistamente a vitoria de España, e ocurríuselles esta chorra#blgtk08#da que só se pode creer se tes moita fe neste mediocre ou se eres un fanático.

España está gobernada polo equipo máis mediocre da historia. Zapatero non ten outro oficio fora da política (o de que é profesor universitario é unha mentira das que fan época); Corbacho nunca traballou en nada tampouco e non rematou COU. Blaquiño, o noso Blanquiño, nin traballou, nin estudou carreira; Bibiana Aído nin carreira, nin traballo en nada; Pajín tampouco traballa en nada fora da política; Montilla tampouco; e así poderíamos estar ata cansar.

Tanta mediocridade, ten que pasar fatura... e así nos vai.
Comentario por A roxa é De la Vega, a seleción é ESPAÑOLA (19-07-2010 10:12)
2 Regal, tes toda a razon ,non vou dicir que nos queren enganar como aos chineses ,non procede, porque neste caso son os que levaron a ganacia, en camisetas e bandeiras, non cabe dúbida que nos tratan de idiotas ,por non dar uso a un adxectivo cualificativo mais forte.
Pero quen ten a culpa ?se os primeiros somos nós ,en enganarnos a nós mesmos.

!¿Non me saen as contas ?non podo entender como moitisimos Españois ,pódense permitirse o luxo de gastar nun billete de avion a Sudafrica,pagar a estancia e todo o que leva estar ali 3 dias,outros estiberon 7 dias segun decian nas entrevistas ,das cales entre moitos que entrevistaron ,eran mecanicos ,camareiros ,soldadores,etc..,non podo enterder ,que destes soldos coa crise que estamos a pasar ,póidanse permitir este luxo?como fan?piden un credito ?deixan#blgtk08# a deber?non pagan ?rouban?ou como !!..!!!fixeron,eu que teño un soldo algo mallor non puiden permitirme ese luxo!!!asi somos de esplendidos os Españois!!!asi de chulos!!asi de gastadores !!! e asi de idio..!!!estes que foron ao mundial unha vez que chegan a España,son os primeiros en dicir ,que o seu soldo non lles dá até final de mes ,por culpa da CRISE,quen dixo crise??vendo o que vexo ,isto supérame ,esta claro ,que os demas quérennos enganar e tratar de !!imbe..!!pero se nós ,somos os primeiros que nos queremos enganar a nós mesmos,¿non esperemos que os demas trátennos mellor? e moito mais cando lles convén seguir engañandonos.
Lamento dicilo ,pero algúns Españois ,son do xero IDIOTA.E logo con cantar
"eu son Español ,Español, Español".
Sendo realista neste caso"dame vergoña"visto o visto.
Comentario por Javier cantarra (19-07-2010 10:19)
3 De acuerdo. Ni siquiera la cerveza bebida por el inefable Forges en su viñeta de EL PAIS puede levantar el PIB, que depende hoy por hoy del #blgtk08#ladrillo y del turismo, que tanto da.
Se sabe que un economista es alguien capaz de predecir el pasado con absoluta precisión. Salud!
Comentario por Foriato (19-07-2010 14:19)
4 Pero no es subliminal…es directo…y es normal…si la roja gana…todos ganamos…los bares, los corta#blgtk08#pelos, las tiendas que venden banderas de España…camisetas…Manolo el del bombo con su bufanda.
Comentario por Vapo (19-07-2010 15:20)
5 Nadie, salvo los intolerantes y fascistas, se han podido sentir ofendidos, es el triunfo (deportivo) de un pueblo y sólo faltaría que una fiesta popular, espontanea y pasional, se encargarán los fanáticos (politicos y periodistas) en manipularla burdamente.

Fiesta, alegria, pasión por los colores, por la bandera y sentimiento extrarodinario de unión. Mensaje que los politicos deberían de recojer y tratar adecuadamente, porque estamos hartos de que sean ellos#blgtk08# y unos pocos más, los que quieran decidir los sentimientos y los valores de los ciudadanos.

¡VIVA ESPAÑA!…….este grito ya se puede utilizar sin miedos, sin mirar al pasado y sin pensar que alguien pueda insultarnos por amar a nuestro pais.

Gracias España, por ser única y por la valentía que, por fin, ha demostrado la inmensa mayoria de buena gente que no le ha importado someterse a las criticas de los intolerantes y ha disfrutado como nunca.
Comentario por Reno (19-07-2010 15:22)
6 É certo que o acontecemento desatou o xúbilo de centos de miles de cidadáns, quizá de millóns. O que non se di en case ningún sitio, e é a realidade a xulgar polos datos que se publican de audiencia televisiva, é que a maioría dos españois/as, pasaron olímpicamente del. E é que dentro da liberdade que cada un ten de manifes#blgtk08#tar a súa alegría polo que considere conveniente, tamén existe o dereito dos que non participamos da cousa, de non ser molestados por trompetas, petardos e berros desaforados. Pero isto, claro, non se fai público porque non dá pasta. Ah, e o de que significou unión e non se que máis historias, xa o veremos dentro duns días.
Comentario por Galego como ti (19-07-2010 15:24)
7 Nunca me fixei en que bandeira se envolvían os xogadores, de non ser polos comentarios acerca da bandeira española, obsesión dalgúns.
Aparte de Puyol e Xavi, Vila levaba a súa bandeira de Asturias, Silva e Pedro a Canaria. Non vexo que iso sexa, non ap#blgtk08#reciar a España.
Hai quen non se cansa de especular se é mais ou menos español, o que leva a bandeira ou di máis veces España.
Sería para rirse se non fose porque o usan como arma de destrución masiva e dar cualificativos de antiespañol á carta.
Comentario por Malon (19-07-2010 15:25)
8 Señor Otero Regal veo que te gusta llevarte bien con todos...y haces bien... lástima que este país sea tan dificil... aquí ca#blgtk08#da uno va a lo suyo(republicanos, monarquicos, nacionalistas, populares, socialistas,sindicatos, actores y demás pelotas...)
Comentario por Abogata (19-07-2010 15:29)
9
quen estan facendo o seu agosto son os chineses que entre­ bandeiras e camisetas de españa nin che digo!! estes­#blgtk08# chineses son a hostia calquera cousa cópiancha por 20­ euros ou menos ata tes replica da camiseta de­ españa coa estrela.
Comentario por COMERCIANTE (19-07-2010 15:34)
10 Hola a todos. La crisis no se va a cabar, esperemos a ver despues del verano, menos trabajo, ya que acaban las terrazas, las vacaciones.... Mas paro, en verano trabaja mas gente. Y menos gastos. Yo aprovecharia y haria campañas de viaje a España, para poner en museos pa ver la copa del mundo, mucha gente vendria, al zoo llevaria el pulpo pool, mucha gente estaria aki, y muchas ofer#blgtk08#tas interesantes. Mientras se pueda solucionar algo en verano, adelante, que luego ya vendra lo peor. Y la seleccion española, nos ah unido, y hay mas dinero de lo que pensamos, pero el gobierno no deja de meter miedo a la gente. Los politicos tendrian que aprender de la seleccion y los españoles, todos unidos, que se unan ellos y no pelen por votos que no nos interesan para nada.
Comentario por Jesus (20-07-2010 15:24)
11
Mira,ningunha bandeira moverame, os trapos tintados, trapos son. E se isto ocorre é por que xeralmente os que se envolveron ou se envolven nela, impórtalles igualmente un carallo, úsana para tapar as súas propias vergoñas, as súas corruptelas, o seu fascismo camuflado, etc. poida que non sexa o caso, pero se o da maioría.
O mesmo ocorre coa Galega, Senyera ou a Ikurriña, envólvense nela os nacionalismos máis rancios, igual que fan os patriotas de Vale#blgtk08#ncia e Madrid de petos cheos.
É por todo ésto, que moitos non podemos identificarnos, con algo que non nos pode representar.
Na vida, na historia, na relixión, etc. o que de verdade importa é o ser human, ou se é boa persoa, ou non, ninguén é bo ou malo pola roupaxe que leve, Por exemplo, existen Cardeais Togados, que son verdadeiras víboras, e curillas de pobo que son Arcanxos celestiais... o devandito, "aínda que a mona vestase de bandeira, mona queda".
Comentario por felipetto o do tetto (20-07-2010 15:27)
12
Non, non creo que nos saque da crise, que pode mellorar o turismo. No mundial que gañou Italia, o turismo alí, subiu un 7%, amentas na España en auxe, subiu, soamente un 3%, menos dá unha pedra.
Tamén é certo, que estes días de Mundial, o consum#blgtk08#o aumentou en xeral e en particular na hostalería e as bandeiras e outros artigos.
E faría ben o Goberno, a Oposición e os cidadáns, en non menosprezar esta pequena posibilidade de recuperación, e non botalo todo pola borda, por un quítame alá uns votos.
Comentario por Rosa (20-07-2010 15:30)
13
Vaia agora, no das camisetas non hai­ crises.....Que curiosa que é#blgtk08# a vida, e iso que as­ camisetas non son nada baratas......Pan e circo.....
Comentario por Chente (20-07-2010 15:36)
14 Ay, que mala es la­ envidia.

CAMPEONEEEEEEEEEEEEEESSSSSSS
#blgtk08#
OEEE OEEE ­ OEOEOEEEEEEEEE ­ OEEEEE OEEEEEE

AJO Y AGUA.
Comentario por Jose Manuel (20-07-2010 15:36)
15 Nunha socieade democrática o dereito á información é algo esencial. Nas dictaduras o primeiro que se secuestra polo poder son os medios de comunicación. En Viveiro están CENSURADOS, sobre todo algúns que parecen editados polo concello. O pobo ten dereito a estar informado con veracidade.

Lin na Internet "La voz de Roel" (négome a mercar este planfleto manipulado), e logo merquei "El progreso" e non teñen nada qu#blgtk08#e ver.
É incrible que unha noticia tan grave coma que a policia local de Viveiro denuncia que o alcalde fai o que lle da a gaña cos aparcadoiros e que denigra a actividade da policia local, NEN SEQUERA SE MENCIONA NA "VOZ DE ROEL", e para "El progreso" é nova de portada. Logo está a denuncia do PP sobre a actitude chulesca de Roel no caso do porto deportivo,pasa o mesmo, na Voz case non sae nada e no Progreso sí.
Comentario por CENSURA EN VIVEIRO (21-07-2010 10:33)
16 Totalmente de acuerdo con el comentario 15, en Viveiro la gente ya se toma a cachonde#blgtk08#o el tratamiento que le da La voz de Galicia a las noticias sobre este ayuntamiento.
Comentario por Carlos V (21-07-2010 11:18)
17 A Voz de Galicia cada vez lese menos en Viveiro... a xente, o pobo, non é tonto, ve o que hai. A min paréceme moi pouco intelixente cun xornal que tiña un certo prestixio, o dilapide escribindo ao dictado dun dictadorzuelo bananeiro que ten data de caducidade ao fronte do conello.
Eu xa fai tempo que non merco ese panfleto de propaganda... o leo gratis alí onde poido pra me enteirar do xeito servil de facer novas. Merco o Progreso que cada vez se lee máis en Viveiro... os do Progreso non son pra botar fogos, pero polo menos dan unha de cal e outra de #blgtk08#area.
Paréceme incrible ca voz non poña nada do que di o sindicato da policía local...¡É incrible ata qué punto están dispostos a agradar a Roel!
O periodismo ten fama de ser unha profesión de idealistas, críticos co poder e que traballan día e noite investigando asuntos suxos e turbios. Neste municipio o que había que investigar é a profesionalidade deste xornal, que escrebe ao ditado dun comunista, que coma bon comunista, precisa de órganos de propaganda para asentarse no poder. En Viveiro o Pravda ten nome, chámase A Voz de Galicia.
Comentario por Carl Bernstein y Bob Woodward (21-07-2010 11:33)
18 Ante todo, mi más cordial enhorabuena, como ves hay lugares donde se valora mucho tu trabajo, aunque no sea en tu propio pueblo. Veo que el alcalde socialista de Foz tiene bastante más educación y sentido de su responsabilidad que Melcho#blgtk08#r Roel y acudió a la inauguración de tu exposición sobre "Guernika" en el CENIMA de Foz. Es muy significativo que en Viveiro ni siquiera se acercó la concejala de ¿cultura? y en cambio en un ayuntamiento distinto acude el propio alcalde.
Comentario por Viveirense77 (21-07-2010 11:42)
19 www.uggsclas#blgtk08#sicshort.us/
Comentario por classic ugg short (08-09-2011 05:26)
20 The genuine classic ugg can be divided into three sorts according to the performance: work clothes,casual clothes and ceremonial dress.Different people can choose different sorts of canada goose jackets in different occasion.All the styles be in the front of fashion.Every style of Men Moncler jacket has its ch#blgtk08#aracteristics.You can select work clothes of jacket at work which will help you to look more mature.If you want to play outside you can buy the casual clothes of
canada goose jackets sale which can bring you a freedom of movement and make you feel more young and positive.moncler jackets cheap.
Comentario por canada goose jackets (19-11-2011 06:36)
21 The genuine classic ugg can be divided into three sorts according to the performance: work clothes,casual clothes and ceremonial dress.Different people can choose different sorts of canada goose jackets in different occasion.All the styles be in the front of fashion.Every style of Men Moncler jacket has its ch#blgtk08#aracteristics.You can select work clothes of jacket at work which will help you to look more mature.If you want to play outside you can buy the casual clothes of
canada goose jackets sale which can bring you a freedom of movement and make you feel more young and positive.moncler jackets cheap.
Comentario por canada goose jackets (19-11-2011 06:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal