A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS COMERCIOS MINORISTAS CONTRA AS FEIRAS DE REBAIXAS E A COMPETENCIA DESLEAL
Ante a proliferación de feiras de oportunidades en distintas localidades de Galicia durante o fin de semana,unha das batallas pendentes dos comercios tradicionais é contar co respaldo legal necesario para evitar que esta actividade lles prexudíque. "Estase utilizando a palabra outlet incorrectamente.Este tipo de mercados ,que se publicitan como outlets, non o son. Son simplemente feiras de oportunidades: consiste en vender artigos rebaixados durante un dous ou tres días nun espazo que se habilita especificamente para iso, normalmente no centro das localidades ou en locais dos concellos. Cremos que estas feiras deberían estar máis controladas porque, en ocasións, supón unha competencia desleal para o comercio local", explica Seijas, quen engade que se os tendeiros ou comerciantes de cada zona participasen nesas vendas de saldos "sería ideal"."O que non pode ser é que eses comerciantes procedan doutras localidades. O que habería que facer, segundo o noso punto de vista e para evitar prexuízos,é fixar a porcentaxe de participación.Quero dicir, que un 70%,por exemplo, dos comerciantes que participan sexan da zona,e un 30% doutras. Pero non ao contrario",e si nonpoidera reunirse ese porcentaxe non se fai e xa esta. engade o portavoz de os minoristas.Sobre este asunto aínda non existe ningún punto consensuado de face á nova lei de comercio de Galicia.Para Seijas,"non se pode xogar "coa ambigüidade dos termos" A definición oficial de outlet é: venda de saldos nun lugar fixo. Segundo estas palabras, coidado con considerar un outlet como unha gran área comercial. En todo caso, sempre que se fale de artigos rebaixados hai que informar ao consumidor se se trata de saldos, taras ou pezas fóra de tempada, entre outros tipos",afirma Seijas.
Quizais por este desbaraxuste que raia no cachondeo A Xunta toma partido:
O anteproxecto da lei de comercio interior de Galicia, presentado pola Consellería de Economía e Industria o pasado mes de marzo e que deberá ser aprobada antes do 28 de decembro, recolle moitas das demandas expostas polo comercio comerciante polo miúdo e foi cualificado de "moi positivo" pola Federación Galega de Comercio, organismo que preside José María Seijas.
Así, por primeira vez en Galicia defínese o fenómeno da feiras de oportunidades, cada día máis habituais en localidades e cidades da comunidade. Era unha das principais reivindicacións do comercio tradicional galego que, ante a ausencia de regulación específica, considerábaas "competencia desleal".
A lei pretende pór fin ao caos actual, en que se celebran saldos e oportunidades nos días previos ao período oficial de rebaixas. Así se regularán as feiras de oportunidades, outlets, rebaixas, saldos e os centros comerciais abertos. Ademais aténdese ás reivindicacións do comercio local, creando as mesas locais de comercio, como organismos de colaboración entre os concellos e os comerciantes.
A Xunta plasmou, neste punto, as reclamacións dos comerciantes polo miúdo. Estas feiras, promovidas por comerciantes en núcleos urbanos habilitados polos concellos, terán unha duración máxima de tres días e só se poderán celebrar unha vez ao ano, "preferentemente en período de
rebaixas". Segundo o anteproxecto de lei, dous terzos dos comerciantes que participen na feira deberán exercer a súa actividade en devandito Concello ou comarca e ningún deles poderá ocupar máis dunha décima parte da dimensión espacial da feira, previa autorización da Mesa Local de Comercio e previa comunicación á Dirección Xeral de Comercio polo menos un mes antes.
Hai que indicar que facía máis de vinte anos que non se actualizaba a lei do comercio. A anterior era de 1988 e a nova supón a adaptación á directiva europea.
Ademais das regulación das feiras, a normativa contempla a creación do Observatorio Galego de Comercio, como un órgano asesor e de estudo que introduce maiores garantías dos dereitos básicos dos consumidores e dos comerciantes.
Inspeccións e multas
Outra novidade que inclúe a nova lei de comercio interior é que Galicia contará cun corpo especial de inspectores dedicados en exclusiva ao control da actividade comercial.
Iso si, os comerciantes verán compensado este maior control á súa actividade con fortes rebaixas na contía das multas, xa que a cantidade desembolsada polos comerciantes que cometan infraccións graves, redúcese á metade, 600.000 euros, fronte ao 1.200.000 da lexislación aínda en vigor.
Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-07-2010 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
18 Comentario(s)
1
Un dos impactos máis evidentes das transformacións que está vivindo o consumo ten que ver coas relacións sociais que teceu o pequeno comercio naquelas entornos onde se desenvolveu. Se a presenza destas tendas debilítase re#blgtk08#sentiríase a súa capacidade vertebradora. Estes establecementos exercen de lugar de encontro. A ruta que se fai desde casa á tenda serve para atoparnos con xente e contribúe a estender o concepto de fogar máis aló da propia vivenda,
Comentario por Benito (10-07-2010 21:33)
2 Por certo a empresa esa de fora que monta ese tinglado non ten idea de Viveiro e a presidenta da asociacion tampouc#blgtk08#o. Os polideportivos estan no paseo maritimo de Viveiro, Covas empeza no rio dos patos ou do cachelo. Menuda tropa.
Comentario por Covas (10-07-2010 21:35)
3 Será unha boa nova si realmente beneficia os intereses dos pequenos comerciantes, pero o que fai país, é que a xente se conciencie que debe comprar no pequeno comercio. Esta nova ley non podería incluir algo para recomendarlle aos cidadans que deixen de peregrinar como ovellas en manadas aos grandes centros comerciales, para que os señores propietarios desas grandes multin#blgtk08#acionales gañen moitísimo diñeiro. Non é a forma mais solidaria de mirar polos intereses da nosa aldea, do noso barrio, do noso pobo, para donde reclamamos os nosos políticos calidade de vida. A INCOERENCIA DOS QUE PRESUMIMOS DE SABER O SITIO QUE OCUPAMOS, É QUE VAMOS A LUGO COMPRAR O CARREFOUR E DESPOIS VIMOSLLE PEDIR O DA TENDA DO LADO SEN TEN TRABALLO PARA O NOSO FILLO.
Comentario por Sempre contigo (11-07-2010 03:05)
4 Pois tampouco foi ningun exito, eu fun e tiñan#blgtk08# pouca cliantela e menos ainda quen comprara.
Comentario por Un de Celeiro (12-07-2010 12:32)
5 Somos unha vila ou cidade que seguemos sendo unhos #blgtk08#paletos donde o de fora sempre e mellor que o noso.
Comentario por Rosa (12-07-2010 12:33)
6 Para Sempre contigo:
Pareceme moi ben o que dis,pero tes que derte conte de que sobre todo nesta época de crise donde o soldo non chega a nada,nun centro comercial por 100€ compras varias pezas de roupa,mentras que no Curiña compras un polo(eso si cun crocodilo no peito)e os que vamos a eses centros miramos pola nosa economía,importame un carallo que Amancio Ortega se faiga ainda mais rico.
Si enViveiro tiveran precios mais competitivos outro galo lles cantaría,pero o problema dos comercia#blgtk08#ntes(sobre todo dos de roupa)e que mercan dez prendas e queren recuperar a inversión feita vendendo duas,porque marcanlle un marxe que mete medo(e falo con coñecemento de causa)se lle marcasen menos marxe,igual vendían as dez prendas,ganaban mais cartos e mercariamos en Viveiro.Pero o que non está disposto a pagar a xente,e por un cacho de tela feita na China 100€,cando a podes mercar por 30€,tamen feita na China, ao mellor na fárica do lado,e con sorte feita en Arteixo donde traballan centos de galegos
Comentario por un de viveiro (12-07-2010 13:36)
7 Dende logo o papel de periodico pon o que lle peta ou dicen catro farsantes con intereses, hoxe El Progreso dice que o as#blgtk08#unto da feira de rebaixas foi un exito, pois eu fun e aquelo era unha trapallada, e todo o mundo opinaba da misma forma.
Comentario por Maria (12-07-2010 15:03)
8
Se o pequeno comercio non se especializa, mellora os seus horarios axiliza as súas ofertas e entende que o servizo ao público é a razón de ser da súa existencia, xa pode ir botando o peche. Precisamente #blgtk08#é aí onde está o futuro, case nun retorno aos vellos gremios. Ao público esixiralle coñecer mellor a súa cidade, claro, para saber a que comercio debe ir con cada necesidade especial, pero iso tamén é divertido.
Comentario por Foz (12-07-2010 15:06)
9 ¿Alguien se imagina entrando en un templo de consumo y pidiendole al encargado que le localice una torta da serra da estrela o un estupendo rioja como Bauza (menos de 4 euros)? Entiendo que es hora de dejar de lloriquear porque las grandes#blgtk08# superficies nos comen con sus horarios o sus precios y darnos cuenta de que el valor añadido cotiza muy al alza y que preferimos que nos digan algo como Que tal el paté que llevaste ayer “Eduardo” en vez del consabido ¿Que le pongo señor?
Comentario por Eduardo (12-07-2010 15:07)
10 É unha verdadeira pena, ver como negocios de toda a vida estan cerrand por non poder facer fronte aos problemas economicos polos que estamos pasando, eu vivo en Moaña e traballo en Vigo, cando volvo á miña casa cáelleme o á ao chan ao ver que un novo comercio, tenda, ou local teñen colgados os carteis de pechado, véndese, traspasa ou aluga, non sei onde imos chegar
Hai familias en#blgtk08# Vigo e Galicia que estan pasando verdadeiros problemas, fai unhas semanas a unha muller con 4 fillos que pedia á Xunta unha axuda para comprar libros danlle un cheque con 10 euros.... vergoñoso, alegan que o orzamento non dá para mais... Por favor non os disculpeis encima que estan arruinando ao Pais enteiro, deixar de enganarvos a vós mesmos, mirade ao voso ao redor e despues pensar.
Comentario por Moaña (12-07-2010 15:11)
11
É logico que os comercios pechen, ao contrario do que pensa moitas persoas que cren que ser empresario é un choio, pois non o é e sinceramente pasar noites en vela para intentar atopar unha solucion para que o teu negocio f#blgtk08#uncione e non ter que mandar á súa casa ao unico empregado que che queda, ou facer mil numeros para poder pagar os impostos cada trimestre, para despues ver que tanto sacrificio, traballo e sufrimento van parar a as sillas do Gaias.
Comentario por Pequeno empresario (12-07-2010 15:13)
12 No os preocupéis pequeños comerciantes. Los políticos y los sindicatos se llevarán vuestro dinero, #blgtk08#pero os darán fútbol, banderas rojo y gualda y folclore nacional en la tele. Y todos tan contentos.
Comentario por musico (12-07-2010 15:14)
13
Digo eu que se non hai diñeiro vai ser dificil pretender que se consuma como antes, e no#blgtk08# meu caso polo menos non me vai a influír se Feijoo compra cadeiras de deseño ou non. É o que hai.
Comentario por Carlos (12-07-2010 18:46)
14 Hay que ver, ahora es la policia local la que tiene conflictos con Rafita Amor. Este individuo destroza todo lo que toca, ya veremos lo que tarda en que cierre la piscina. Ya se cargó TURVIVEIRO, perdió la gestión del puerto deportivo, desmontó todas las comisiones de fiestas, la policia local está bajo mínimos...

Ahora solo falta que Roel(el gran privatizador), decida contratar "seguratas" privados para s#blgtk08#uplir a la policia local. Ya contrató abogados PRIVADOS para suplir la labor de la secretaria municipal, a arquitectos PRIVADOS para que firmaran lo que el arquitecto municipal se niega, encargó a una empresa PRIVADA la organización de fiestas y conciertos, y después tiene la cara de decir que son los demás los que privatizan. Roel y Amor son el cáncer de Viveiro y los que están arruinando al concello con sus cacicadas.
Comentario por Privatizaciones Roel (13-07-2010 09:00)
15 Estimado Regal:
He leído con preocupación tus comentarios anteriores y entiendo que estará recibiendo presiones de "La Voz de Galicia" para que censures los comentarios que critican su subjetividad y manipulación. Pero el acceso a una información verídica es un derecho, que nos están negando a los viveirenses.

Espero que tu integridad y respeto por la libertad de expresión , sobre todo cuando es verdad (por eso les irrita que se les descubra "el pastel") estén por encima de las presiones y permitas que tus lectores comprueben con sus propios ojos la manipulación informativa que sufrimos en Viveiro.

Si alguien lo duda y quiere pruebas, hoy teneis hechos fehacientes para comprobar que la edición local de "La voz de Galicia" se escribe al dictado de Melchor Roel. Hoy publica "La voz de Roel":

http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2010/07/13/0003_8607391.htm
#blgtk08#> -------------
El puerto deportivo viveirense ya recuperó la grúa automotriz y la energía eléctrica.
-------------

MENTIRA, eso es una falsedad que cuialquiera puede comprobar. Esto se lo diría Roel y La Voz lo reproduce sin molestarse lo más mínimo en contrastar la información. LA GRÚA SIGUE APARCADA AL LADO DE CORREOS.

Acabo de pasar por la oficina de correos y las 12:20 de esta mañana la grúa sigue ahí aparcada. AHÍ ESTÁ LA MEJOR PRUEBA DE LA FALTA DE PROFESIONALIDAD DE ESE PERIÓDICO.

Invito al que quiera, en especial al director de "La voz de A Mariña" a que se acerque a correos y compruebe la calidad de lo que publica este periódico y tire de sus orejas al que perpetra estas vergonzosas actuaciones. Claro que a lo mejor son "marxistas" y aplican la máxima de Groucho Marx: ¿Pero a quien va a creer usted, a mi o a sus propios ojos?

Comentario por La grúa sigue en correos (13-07-2010 12:30)
16 Las ilegalidades de Roel y sus secuaces nos van a salir muy caras a los viveirienses, esperemos que aún les salga más caro a ellos. Los vecinos de Viveiro somos inocentes de sus tropelías, ellos no.

ttp://www.cronica3.com/2010/07/o-pp-interesase-no-parlamento-por-unha-sentencia-xudicial-que-anula-a-licenza-para-200-vivendas-en-covas/

O PP interesase no Parlamento por unha sentencia xudicial que anula a licenza para 200 vivendas en Covas

13-07-10

O Alto Tribunal galego condena ao pago das costas xudiciais á administración local (estimadas en 1,3 millóns de euros) e remite as actuacións á Fiscalía ante a presunta comisión dos delictos de prevaricación e dun ilícito penal sobre ordenación do territorio que serían imputables aos membros da Xunta de Goberno Local que concedeu a licenza

O GRUPO POPULAR PREGUNTA NO PARLAMENTO SOBRE AS CONSECUENCIAS DA SENTENCIA DO TSXG QUE ANULA UNHA LICENZA PARA 200 VIVENDAS EN COVAS OUTORGADA EN 2006 POLO GOBERNO MUNICIPAL BIPARTITO DE VIVEIRO

* A Xustiza censura que o Goberno presidido polo socialista Melchor Roel outorgara por silencio administrativo esta licenza, pese a que no expediente faltaba documentación técnica do proxecto, existían informes desfavorables e non se dispoñía do permiso autonómico preceptivo

* Os populares consideran que de ter o Concello que facer fronte ao pago da indemnización polo irregular proceder dos edís de Goberno estaría en perigo a viabilidade económica das arcas municipais, pois os 7,6 millóns de euros fixados supoñen máis da metade do orzamento ordinario deste concello.

Viveiro, 13 de xullo de 2010.- Os deputados Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao e Román Rodríguez veñen de presentar no Parlamento de Galicia iniciativas nas que se interesan polas consecuencias da sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula unha licenza para 200 vivendas no lugar de Coído (Covas), outorgada en decembro de 2006 polo Goberno municipal bipartito.

INFORMES NEGATIVOS

Con esta resolución xudicial a Xustiza censura que a Xunta de Goberno Local presidida polo socialista Melchor Roel (e da que tamén formaba parte o edil nacionalista Francisco Luis Rodríguez Guerreiro, ademais doutros concelleiros do PSOE) outorgara empregando a fórmula do silencio administrativo esta licenza de construción. De xeito concreto, o TSXG cuestiona que se adoptara este acordo a pesar de que no expediente faltaba documentación técnica do proxecto, existían informes desfavorables dos técnicos municipais e non se dispoñía do permiso autonómico preceptivo. De feito a decisión do Goberno municipal desprezaba un informe da Consellería de Cultura, emitido o 3 de novembro de 2006, desfavorable ao outorgamento desta licenza.

O fallo do Alto tribunal galego non se queda aí, xa que ademais de establecer que non cabe recurso ordinario contra el condena ao pago das costas xudiciais á administración local (estimadas en 1,3 millóns de euros) polo que terán que ser os veciños de Viveiro quen paguen cos seus impostos e taxas municipais as irregularidades protagonizadas polo alcalde e a súa Xunta de Goberno de entonces.

O TRIBUNAL APRECIA A EVENTUAL C#blgtk08#OMISIÓN DE ILÍCITOS PENAIS

Unha das cuestións máis salientables que quixeron subliñar os deputados populares é que o propio TSXG considera que os feitos analizados poderían ser constitutivos de ilícito penal. Así, os maxistrados acordan remitir as actuacións á Fiscalía “ante a eventual comisión” de delictos de prevaricación e contra a ordenación do territorio que serían imputables aos membros da Xunta de Goberno Local que outorgaron a licenza.

Segundo consta na acta do 4 de decembro de 2006, -que pode ser consultada na web municipal- os que irregularmente acordaron o outorgamento desta licenza son Melchor Roel Rivas, Jose Luis Docampo Fortes, Cesar Ricardo Naval Parapar, Rafael Luis Fernández Amor, e o nacionalista Francisco Luis Rodríguez Guerreiro. Os populares salientan precisamente a participación deste último, o ex-edil nacionalista, nos feitos descritos xa que estamos a falar dunha persoa relacionada coa asociación Mariña Patrimonio, que presidiu durante anos. “A pesar de que desde a asociación pretenden dar leccións sobre protección dos bens de interese patrimonial, resulta que el mesmo despreza esta cuestión e outorga unha licenza con informes do departamento de Patrimonio da Xunta negativos”.

QUEBRA DA FACENDA MUNICIPAL

Con todo a circunstancia que con máis preocupación observan os deputados do PPdeG, son as consecuencias de tipo económico ás que podería dar lugar a sentencia. De feito, de ter o Concello de Viveiro que facer fronte ao pago da indemnización que reclama o denunciante polo irregular proceder dos edís do Goberno municipal bipartito estaría en evidente perigo a viabilidade económica das arcas municipais e, polo tanto, perigaría non só a prestación dos servizos básicos que ofrece o Concello senón tamén incluso o pago a provedores, empresas e das propias nóminas do cadro de persoal.

Balseiro Orol e Álvarez Chao explicaron que a indemnización prevista –unha cantidade que o TSXG estima en 7.627.530 euros- supón máis da metade do orzamento ordinario do concello que no seu último ano aprobado (2008) ascendía a 13,4 millóns de euros. Cómpre subliñar tamén que desde entón o Goberno municipal non presentou ningún novo orzamento nin rendeu contas ante o Pleno municipal polo cómputo de ingresos e gastos previstos.

NOVAS SENTENZAS NEGATIVAS

Finalmente os populares subliñaron que a licenza sobre a que recaeu a sentencia do TSXG non é a única que está a ser obxecto de controversia xudicial e investigación fiscal. Son moitas máis as que o Goberno municipal de Viveiro outorgou empregando a fórmula do silencio administrativo, presumiblemente para evitar o efecto da suspensión de planeamento que durante esas datas impedía ao Concello outorgar novas licenzas de construción. Ademais tamén nestes casos existen informes xurídicos e urbanísticos dos técnicos municipais contrarios ao seu outorgamento e, incluso, se outorgaron algunhas sen a autorización da Administración autonómica alí onde era obrigatoria. Esto supón que de ser anuladas, poderían de novo ser preciso indemnizar ás empresas ás que o Goberno municipal lles outorgou as licenzas, así como aos denunciantes, empeorando aínda máis a xa de por si delicada situación económica do Concello de Viveiro.
Comentario por Ilegalidades muy caras (13-07-2010 12:47)
17 Carallo cos futurólogos, na prensa de Viveiro debe escreber "o polbo Paul" que ve o futuro. Lin na prensa qu#blgtk08#e xa estaba a grua no porto, e inda agora estaban os de protección civil cuidando dela no Lodeiro.
Comentario por O polbo Paul (13-07-2010 13:08)
18 Teño que darlle a razon ,aos foreros 6-7-8.
Hai que recoñecer,con crise e sen ela ,os pequenos comercios de viveiro ,sempre resultaron carisimos,sempre estuberon subidos á parra,pero agora chego o tempo de chorar ,mentres nos estuberon estafando ,non se queixaban de tal estafa,/a estafa permitímola até agora/e ...agora quéixanse por que non lles compramos.

Eu podo entender que as grandes superficies ou centros comerciais ,teñen unha marxe mais economico, ha mais pedido, mais marxe para abaratar ,pero o que non é de recibo ,e isto co que eu me encontrei non só unha vez , comprando no CORTE ÍNGLES.
Non fai nin un mes, ejemp:polo de cabaleiro /lacoste/ 2 POLOS x 70 EUR,e aqui en viveiro ,en cache, un só xa custaba 75 ou 80 eur,¿con que marxe traballan?xa non co mais caro, se non,que se pasan da marxe,estamos a falar dun corte íngles ,que non é unha empresa barata,non estaban de oferta ,nin de rebaixas ,¿isto é normal?NON ,o que pasa que :
Hai pouca competencia
Hai pouco conformismo ,en ganancia.
Hai poucas ganas de axilizar ofertas,e cando as fan son minimas..

Todo isto inflúe e desencadea para o cliente,1ºno seu economia,2ºaberracion polos pequenos comercios,porque nos fan ver que nos estan tomando o pelo,3º-desinteres total por ter ao cliente medianamente contento,axilizando ofertas ,pero que esas ofertas sexan OFERTAS con mayusculas,non unha minima oferta.
4ºPasividade absoluta ,en todos os sentidos,xa non me vou a meter no trato cara ao cliente ,pero en algun que outro comercio de viveiro ,non seria a primeira vez que che contestan ,!!!isto é o que hai!!,e ahi quedan,no canto de dicir ,mire,¿preguntaremos se teñen mais tallas,ou se o hai e outra cor?,como ven xa non digo nada do prezo ,e podo entender que a eles lles custe pedir mais tallas ou outra cor ,igual a partir de ahi teñen que facer un pedido ,pero hai pedidos que eles saben que ten saída ,por ser clasicos,como foi o caso moitas veces,pero eles non se arriscan ,prefiren#blgtk08# deixar ao cliente ,en ,!!!é o que hai!!!lévascho ou o deixas,á parte de cobrarme o dobre ou mais do corte íngles,eu son unha persoa clasica vestindo ,os pantalóns de pinzas na cor que sexa sempre se venden ,os gersey, lacoste, ou clasicos ,sempre se venden,as camisas de cor lisa sempre se venden.
Quero dicir con isto ,que hai deixamento,cara ao cliente ,en todos os sentidos ,por suposto que non pretendo que me regalen nada ,pero entre os 75 ou 80 eur,que custa un polo en viveiro ,en cache , ou outros comercios, xa non digo por marcas ,se non por roupa clasica, o caso do que estamos a falar,de 75 eur ou 80 unidade ,a 70 eur 2 articulos do mesmo ,creo que xa esta ben ,a tomadura de pelo,podo entender que non poidan ter un prezo como o do corte íngles ,que repito ,non é unha empresa que se cotice barata,pero diso ao outro, hai un termino medio,todo o mais en viveiro podian conformarse con 50 ou 55 eur unidade,pero disto a 75 0 80,hay un termino medio.

Volvo ao mesmo ,¿porque nos pon estes prezos ?,porque non hai competencia,etc.... non se trata que a competencia sexa un centro comercial,trátase que os prezos esten dentro dunha medida ,para eles e para o cliente ,isto para empezar,e apartir de ahi,deberian de pensar todo o que lles resta.ofertas ,valorar e molestarse polo trato ao cliente, ,etc..son moitas e pequenas cousas ,o que hai que ser, é mais conformista e ter boas e baratas ideas,e xa que non señan baratas ,medianamente absequibles,para o comercio e para o cliente.

O da feira tanto a de aqui,como xove,tal cal,e de prezos ,para nada parecéronme oportunidades ,e estamos a falar de calidade de anciño,só habia unhas marcas de nautica ,a uns prezos de levanta..!!pero pensáran que somos parvos!!.
Non vou dicir que temos o que queremos ,para nada ,pero o que non se pode admitir ,é que os pequenos comercios protesten por competencia desleal,se non queren compentencia desleal ,que sexan eles os primeiros en COMPENTIR,cambiando o chip,en todos os sentidos.
Comentario por Jose .A psicologo (13-07-2010 15:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal