A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

POLITICOS, OS NOVOS AMOS
Políticos, os novos amos é un libro de Francisco Rubiales, publicado tras o éxito de Democracia secuestrada, ambolos caeron nasa miñas m,ans remexendo en unha libreria de Santiago.

No prologo do libro o ex ministro Manuel Pimentel di: "Políticos, os novos amos afronta o problema da degradación do poder con extraordinaria valentía, claridade e profundidade".

Recomendaria dende aqui a lectura do libro sobre todo aos alcaldes, concelleiros, diputados, senadores e demais "tropa" que nos goberna ou pretende gobernar, tamen vale para militantes de partidos politicos e a calquera cidadán inquedo e preocupado pola democracia. a pesare de que eu diria que unlibro duro, libre, afastado do politicamente correcto, capaz de provocar reflexións e golpes de conciencia moi dolorosos.

Trátase dunha análise sobre os grandes poderes, especialmente sobre o poder político, cuxa principal conclusión é que ( RECOLLO AQUI ALGUNS ANACOS DO LIBRO)
"Existe un compoñente depredador e rastrero no concepto de poder que nunca abandonou o escenario ao longo dos séculos. Unhas clases dominantes suceden a outras e cada época establece os seus sistemas de dominación e as súas regras, pero o poder, aínda que disfrazado, segue sendo o mesmo: depredador, ao servizo das elites, implacable e utilizado só polos amos como instrumento para dominar e sojuzgar.
Os poderosos, distintos en cada etapa da Historia, parecen pertencer a unha estirpe de dominadores que se transmiten uns a outros non só a filosofía de sojuzgamiento, a espada, o mazo, a bayoneta ou a metralladora, senón tamén unha especie de «xene» que os impulsa a contemplar a sociedade desde arriba. Agora, ao iniciarse o terceiro milenio, están encarnados nas democracias, adaptados ás novas regras, ocupando, como sempre, as alturas , grandes ou pequenas e exercendo, desde o poder político, o sometemento. Con eses depredadores retornaron as vellas doutrinas totalitarias e oligárquicas, camufladas tamén con envoltorios democráticos.
A min pareceme que permitir que os partidos políticos transformásense en maquinarias obsesionadas polo poder foron dous erros terribles dos cidadáns libres. Ese fallo nas defensas fixo posible que moitos depredadores instálense como «novos amos» no corazón dunha democracia que previamente corromperon mediante distintas estratexias tanto de esquerdas como de dereitas.
A rebelión dos homes de ben, dos inxustamente proscritos e dos seres libres pode aínda triunfar e alumar un mundo mellor, a pesar de que os enormes recursos e poderes dos depredadores fanos parecer invencibles. Pero é necesario, primeiro, crear cidadáns en masa, lexións de seres libres, dispostos a asumir responsabilidades, a recuperar costumes e valores democráticos esquecidos, a debater, discernir e plantarlle cara aos gobernos corruptos, a desprestixiar aos dominadores ilexítimos e a substituílos, finalmente, por estruturas de poder non profesionais, deseñadas para que floreza a cidadanía e baseadas na autogestión e o autogoberno.
Os partidos son a maquinaria de dominio máis sofisticada e avanzada creada polo ser humano e
compórtanse no poder público democrático como o facían os antigos señores ungidos. Sábense poderosos e blindados polas urnas, moitos deles amparados na inviolabilidad e na inmunidade, por ser cargos electos, e exercen o poder sen complexos, sen ter en conta a eficiencia, con luxo e boato, con actitudes altivas e afastadas a esa humildade e austeridade que ennoblecen o liderado. Cren que o poder sen ostentación non é auténtico poder e xustificano afirmando que son a representación do pobo soberano.
Posúeesta tropa un extenso e astuto elenco de argumentos para xustificar cada xesto de poder, cada movemento de goberno. Móvense acompañados sempre dunha corte de lamecus, asesores, amigos, colaboradores, xornalistas, empresarios e xente influente á que sempre intentan impresionar. Esquecen que mandar é servir e actúan como pequenos emperadores da democracia, como ridículos reyezuelos inmersos en privilexios e luxos que a historia fai tempo que erradicou porque eran propios do «Antigo Réxime», sempre rodeados de aduladores e de cortesáns. Son os novos amos, os que ostentan o poder político nas modernas sociedades democráticas, moitos deles sen nin sequera crer na democracia.
Non é certa a sentenza, alimentada desde a política, que di que «Os pobos teñen os gobernos que se merecen». Non é fácil atopar un só pobo que sexa peor que o goberno que padece. A que si é cada día máis certeira é a sentenza que di que «A política é demasiado importante para deixala en mans dos políticos" .
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-07-2010 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
14 Comentario(s)
1 Hai unha cousa clara, mentres haxa cidadáns que voten a unhas persoas ou a unhas siglas, os políticos seguirán intentando facer o que unicamente conveña a eles e aquilo que lles axude a seguir na poltrona.

Eu, desde aquí, invito aos cidadáns a que sexan críticos cos#blgtk08# políticos á marxe da súa cor. Cometen erros, ás veces de vulto, tanto dereita, como esquerda, nacionalistas ... ...

O día que sexamos capaces de esixir contas aos políticos cambiaranos, seriamente, a relación co concello e veremos melloras moi importantes.
Comentario por Real (03-07-2010 16:29)
2
Compraré el libro. P#blgtk08#arece muy atractivo.
Comentario por C. (03-07-2010 16:29)
3 E logo xa non lle merc#blgtk08#as os libros a mañona?
Comentario por Praza Maior (03-07-2010 19:21)
4 Quen necesita a un goberno,
e manter tantos mangantes,..
quen necesita ameazas,
gobernádevos por mentecatos.

Quen necesita oposicion,
manexada por Fidalgos,..
que protexen os seus dereitos,
e os nosos van pisando.

Quen necesita un barco,
cun temón debuxado,..
sen rectificar o rumbo,
sendo imaxe dun pousado.

Quen quere pagar impostos,
e encher contas alleas,..
con penas para pagalos,
e o pago en perpetua condena.?

Quen comprou un aspirador,
e lixo recolleu,..
se a escoba recolle o mesmo,<#blgtk08#br /> e luz en factura non viu.

Quen quere evolucionar,
sacrificando a súa vida,
mellorando aos demais,
se quizabes el non podía.

Quen quere mirar un futuro,
cal pasado xa foi,..
e o presente representa,
que é futuro en cova de ogros.

Quen escoita esas promesas,
causa de actor morto en obra,..
que as mentiras mataron,
por promesas que eran sobras.

Aquí terra falando a Marte,
pedindo cesamento ao proxecto,..
pois o marciano enviado,
méntenos e ten defecto.

¡¡Que o desmonten xa postos!!
Comentario por Poeta cando lle peta (03-07-2010 19:27)
5
De verdade?. É necesario situarse ante as gilipolleces ata cando traenxa floxa?, Os politicos saen a dicir peroratas e se rasgan as vestiduras e hai que situarse? Zapatitos di catro estupideces contrarias ás seis que dixo onte e hai que situarse?. Os descerebrados de calquera extremismo tócanse a frauta e eu teño que bailar e situarme, ...Non grazas.
Xa sei que é pouco probable que poida cambiar algo, xa sei que unha das dúas Españas non me #blgtk08#vai a partir o corazón, que as dúas partiranme o espiñazo e levarán a miña carteira se poden, pero ninguén pode obrigarme a seguir a un dos dous rabaños, os que se e os que non, os do aliron e os do arriba España, só son palabras para ocultar a verdade: que entre uns e outros saquean o diñeiro dos meus impostos mentres fan o mangante e soltan esas peroratas tan ridículas.
Mentres, como dicía a Trinca, ao pobo danlle polo dubidubidu.
Uau, Uau...
Comentario por Rias Baixas (04-07-2010 09:03)
6
Non me diga que agora se nos volveu anarkista. Paréceme moi ben, pero non me pega vostede loitando contra as fronteiras, os estados e as bandeiras #blgtk08#en prol dun mundo xusto sen portas para a libre circulación das persoas, o coñecemento e as mercancías.

Que se é anarkista, paréceme estupendo
Comentario por Foz (04-07-2010 11:05)
7 Nada, que ya no se saben ni las consignas del partido. Ay, #blgtk08#a lo que hemos llegado.

La caberna se hunde
Comentario por Madrid (04-07-2010 11:08)
8
Curioso este país,onde se destapa unha trama corrupta de enorme calado nun partido político que ademais está na oposición e os únicos defenestrados son o#blgtk08# Ministro de Xustiza por ir a unha cacería e o Xuíz que instruíu o caso por querer desenterrar mortos asasinados por un sanguento ditador.O devandito,curioso país.
Comentario por Socialista (04-07-2010 11:10)
9
Temos unha democracia dunha debilidade extrema..,tiveron que ser os franceses quen nos digan que hai ao redor de 8000 millóns de euros, en diñeiro rarito e negrito en Suíza,dáme medo non saber quen mandan alí ese diñeiro e posiblemente mais medo se o soubese. Aos Señores deputados non lle treme o pulso para pulsar o boton das conxelaci#blgtk08#óns de pensións, retirada de dereitos dos traballadores e con todo que pouquiño se comentou a retirada masiva de diñeiro e que se cadra non fixeses falta pulsar eses botóns verdes, vermellos ou eles sabran.
Que medo me dá a pouca importancia que os medios de comunicación, politicos, grupo mediaticos etec. danlle á saída masiva do diñeiro.
Comentario por Picato (04-07-2010 11:12)
10
Son das que penso que as Guerras Pacificas, gáñanse perdendo batallassobre todo se che tiran con Cañon de Precision Milimetrica.
As Vinganzas, sérvense en prato frio.
Cando as casa estan en perigo de de#blgtk08#rrube, suxeitadas por Estacas o mellor é non aparecer pola zoa. O cheiro a mexos e pudredumbe corroen os cimentos moi rápido.
Contruense a diario Modernos Edificios Con Moita Luz Solar, e con bos servizos, para defecar.
Comentario por Rosa (04-07-2010 11:15)
11 Para moitos a soberanía emana#blgtk08# do pobo, do pobo de Franco.
Comentario por Covas (04-07-2010 11:19)
12 Moi bo o articulo de hoxe de A MARIÑA do Progreso, moi #blgtk08#bo, pero Carlos Nuevo xa anda dicindo disparates de ti.
Comentario por Praza Maior (04-07-2010 11:20)
13 Curioso país este onde o portavoz dun goberno que negaba os Gal, e que defendía co de Mariano Rubio era invención da prensa, e que a financiación ilegal do PSOe con Filesa, Malesa e Time sport eran todo patrañas doa oposición, e que Roldán era victima do acoso dun periódico, é hoxendía ministro do interior.

Curioso país este no que unha muller quera Secretaria de EStado de Xustiza cando un tal PAESA (un home escuro que finxiu a súa propia morte e que se quedou con grran parte dos cartos que Roldán lle roubou a tódolos españois) chegou a uns acordos nunca aclarados pra que Roldán regresara da súa fuga en Laos, é hoxeendía vicepresidenta do goberno.

Curioso país este no que uns tipos sen carreira ningunha, sen ter traballado en nada fora da política na súa vida (Blanco e Corbacho) son hoxeendía ministros de dúas das carteiras máis importantes, Fomento e Traballo.

Curioso país este no que o Presidente do Congreso e multimillonario despois de terse dedicado toda a vida a política, ten un centro hípico onde contrata a traballadores ilegais e foi o responsabel de edficiacións fora da legalidade en Seseña cuio construtor lle regalou un Porche Cayenn, e non dimite.

Curioso país este onde o Presidente do Goberno non traballou nuna en nada fora da política e ten a carreira de dereito sen se quera sere profesor #blgtk08#universitario (mirai o curriculum dos outros presidentes do goberno que tivemos e o do líder da oposición.

Curioso país este onde unha trama de financiación ilegal do PSC (Caso Pretoria) en Cataluña silenciase por uns periódicos adeptos ao réximen, pero a xustiza fai o seu traballo, e os cartos roubados duplican ou triplican aos da trama Gürtell.

Curioso país este onde un goberno socialista bate o record nacional de parados, e non pasa nada.

Curioso país este onde os sindicatos de esquerdas reciben máis cartos públicos que das cuotas da afliaición.

Curioso país este onde os sindicatos nin se moven por lle rebaxare un 5% o soldo aso funcionarios despois de tere pactado unha suba do 4% para este ano, e nembargantes lle montan unha manifa salvaxe a Esperanza Aguirre no metro de Madrid por lle rebaixare o solo un 2%.

Curioso país este onde os socialistas quérense erixir na clase moralmente superior vendo a palla no ollo alleo e non vendo as enormes vigas que teñen diante dos seus.

Curioso país este onde a progresía sen fronteiras prefire un goberno desastroso de esquerdas polo mero feito de sere de esquerdas aínda que lles leve a ruina absoluta, antes cun goberno eficaz do PP que demostrou que pode sacar a este país das situacións máis lamentábeis na que o deixaron os socialistas.
Comentario por un cidadán alucinado co que está pasando (04-07-2010 11:48)
14
Alégrome do éxito deste post, que comprobo ao volver atoparmo por unha vía diferente. Agora lin os comentarios e certamente, aínda que a entendo, non deixa de sorprenderme a inxenuidade de moitos (inútil sinalalos). Pasoume algo parecido fai unhas semanas, sobre todo no Face, cando se me tomou ao pé da letra unha broma, que nin sequera era tan enxeñosa.
Creo que foi en Microsiervos onde lin unha referencia a un estudo que revelaba que#blgtk08# só o 20% da xente é capaz de detectar a ironía. Non é unha cifra que sorprenda, pero desde que a coñezo con precisión non se me vai da cabeza. É unha pena: este tipo de cousas é divertido para algúns, pero moitos pérdense dun intre ameno por mor de non comprender, por exemplo, posts como este. Imaxínache: sen alegría na literalidad cotiá, e tampouco no seu reverso sarcástico. E eu é que chistes simplones non me sei moitos...
Un saúdo e grazas.
Comentario por Palomo (04-07-2010 15:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal