A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CATRO ANOS DE A MALIÑA DE LUGO
Para celebrar o aniversario dos catro anos deste blog, quero compartir con vostedes os froitos de tanta experiencia acumulada, tanto know how e tantas visicitudes no apaixonante mundo do community managament-manda carallo como espiquinglo ultimamente-. Por iso, para todos aqueles noveis que desexan entrar no mundo dos blogs,ou facer comentarios nos mesmos recollo os erros máis comúns:

1. Nunca dea consellos

As redes sociais naceron de forma máis ou menos espontánea e resistíronse ás instrucións. Seguramente a base do seu éxito é esta: Improvisar sobre a marcha. Por iso, xamais, en ningún caso, dígalles aos demais o que deben facer ou o que non deben facer.

2. Non utilice xerga

Cando sigo o blog e os comentarios , moléstame a profusión de neoloxismos. Se queremos avanzar en favor dunha noocracia na rede, deberemos desterrar o uso e o abuso da xerga.

3. Enlace as súas fontes

De feito, esta idea non é miña. Xa o propuxo no seu momento outra xente Nun blog cada un pode seguir os pros e contras de enlazar.

4. Depure a súa ortografía

As faltas ortográficas ou tipográficas esnaquizan a reputación de calquera blogger- eu son moi tendente a eso-. E é un vicio en aumento.

5. Non falsee a identidade dos comentarios

A frase "Eu sempre votei ao BNG pero logo do que fixeron nunca máis o volverei a facer" leva unha cartel inmenso que di "Hola. Xamais votei ao BNG e fago comentarios incendiarios para desacreditalos, sen darme conta que todo o mundo advirte que xamais votei ao BNG". Moitos bloggers noveis (e algúns non tan noveis) crean falsos nicks para darse a si mesmo a razón ou ben para autoinsultarse e crear unha falsa polémica consigo mesmo. Nunca escriban comentarios no seu propio blog.

6. Contraste os seus datos

É frecuente utilizar datos nos teus posts. De feito, está demostrado que nun 68,7% dos posts úsanse porcentaxes, nun 23,6% polinomios de segundo grao e nun 9,8% cintas de Moebius. Os datos sempre han de estar contrastados por fontes solventes como esta, esta e sobre todo esta-je je-.

7. Nunca inicie un meme

Un das frases máis enxeñosas que circulan pola blogosfera é esta: "Un meme é unha memez". Os memes desautorizan aos seus autores e aos seus seguidores. De feito, naceu unha campaña anti-memes que pretende erradicalas da rede. Se desexa unirse a ela, só ten que escribir un post coa frase "Un meme é unha memez" e propor a dez dos seus amigos que se unan á causa.

8. Ignore os seus trolls

Ata se teñen a desgraza de sufrir un troll tan indocumentado, maleducado, iletrado, absurdo, contraditorio, vendido, aposentado e ademais halitósico como o que eu teño nesta bitácora, ata nese caso, ignóreo.

9. Non se repita

Non se repita

10. Xamais escriba un decálogo

De igual xeito que a Power Balance axúdanos a identificar facilmente un bobo, os decálogos das bitácoras son un indicador da pobreza de recursos do seu autor. Para que me entendan, os decálogos son a Power Balance da blogosfera.
Queda diti e MENOS INSULTOS E MAIS INTELIXENCIA nenos.
Comentarios (20) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-06-2010 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
20 Comentario(s)
1 Pois que sexan moitos máis anos, Sito, e que a través do teu blog se poda facer unha labor constructiva polo noso Viveiro, que boa falta lle fai.

Por certo, non e#blgtk08#staría mal que algunha vez abriras un debate sobre o Plan Xeral, para ver o que opina a xente. Eu o que vexo e que pasear paséano ben.

Un saúdo.

Comentario por Rogelio (30-06-2010 22:15)
2 Sencillamente fantástico. ^^[¿fantástico, fanástico, fal#blgtk08#ásico, rododendro? ¡Ooh! ¡Rododendro!] ^^Felices 4 años.
Comentario por Lawrence (01-07-2010 19:04)
3
Eu sempre lera este post e seguira a este autor, pero #blgtk08#logo deste artigo de pésimo gusto, non o volverei a ler xamais.
Comentario por Viveires (01-07-2010 19:11)
4 Enhoraboa por estes 4 anos#blgtk08# e que sigas con bo humor.
Comentario por Un Amigo (01-07-2010 19:12)
5
Moi bo, o punt#blgtk08#o 2 non ten desperdicio
Comentario por Covas (01-07-2010 19:13)
6 En este decálogo sólo falta..
#blgtk08#/>
11 Aprenda a contar
Comentario por Marcos (01-07-2010 19:13)
7
Aplíquese o conto por favor#blgtk08#, dana a vista ler ortografía con H
Comentario por Rio dos Foles (01-07-2010 19:14)
8
¡4 anos xa!

4 anos dando consellos, xergueando, noenlazando, mallando a ortografía, autosuplantándose, non contrastando os dato#blgtk08#s, memeando, dándolle carnada aos trolls, repetíndose e decalogueando.

Quítenlle o teclado antes de que chegue aos dez, fágannos o favor.
Comentario por Peña Lopez (01-07-2010 19:16)
9 E AQUI DONDE DAN T#blgtk08#ITULOS DE troll?
Comentario por Xose de VIXIGAS (01-07-2010 19:17)
10
Aplícate o da ortografía am#blgtk08#igo...

"Vicisitudes"
Comentario por Foz (01-07-2010 19:19)
11 Pero que bazofia de ... "POST??"... ou como se poida chamar a este aborto de tolemia. O primeiro e o último que direi é que eu nalgún punto da miña vida escribín Eu votaba#blgtk08# ao BNG pero nunca máis o farei.. ESO ESCRIBINO E É VERDADE. Agora votarei a o PP. O certo é que aplícate o conto e non fagas decálogos. Que despois sae a merda que sae.
Comentario por Carlitos (01-07-2010 19:21)
12 Tío te contradices con tu primer er#blgtk08#ror al poner este post, lamentable
Comentario por Pedro (01-07-2010 19:21)
13 ¡Felicidades por el c#blgtk08#umple, que sean más!
Comentario por Pepa (01-07-2010 19:22)
14 Polo menos hai un espacio en Viveiro onde se pode opinar libremente. Antes tamén estaba Viveirodebate, pero ao parecer cansaron. Ti persistes e iso ten mérito, porque neste viv#blgtk08#eiro noso poden rematar gañando os malos por incomparecencia dos bos e xenerosos. Roel pode chegar a ser un mal eterno se a xente boa que hai en viveiro no da un paso adiante.
Comentario por pirixel, reserva natural con vistas (01-07-2010 23:33)
15 Este blog es un espacio de libertad en en un pueblo donde la prensa esá totalmente secuestrada por Roel. Leer la prensa local da verdaderas nauseas, en vez de noticias dan "publirreportaje de Melchor" y lo que no le gusta al cacique es CENSURADO y no apar#blgtk08#ece en la prensa. Por eso, cada vez son más necesarios blogs como este donde los ciudadanos pueden enterarse de las cosas que "La voz de Roel" y "El retraso" silencian a sus lectores.
¡Enhorabuena, desde la discrepancia con muchos de tus artículos
Comentario por Moncho (02-07-2010 00:12)
16 Eu propoño unha campaña de protesta contra a Voz de Galicia non mercando este xornal en viveiro. É un órgano de propaganda de Roel ao servicio deste ditador intolerante. non fan información, so fan de altovoz para as toleiradas impresentabeis desta personaxe que nos caeu de alcalde para a nosa desgracia. Os traballadores da Voz en Viveiro deberían voltar a facultade de periodismo... o que eles fan e esta digna pr#blgtk08#ofesión son tan parecidos coma un balón de fútbol e un ladrillo.
Eu xa fai tempo que non merco este panfleto...entérome da bazofia que fan através de internet e cada día alucino máis co seu servilismo e peloteo descarado...parece que o alcalde é o redator xefe da Mariña...nunca tal vin na miña vida e nunca tal esperei dun xornal que parecía serio, e só fai información oficial ao ditado do stalinista Roel.
Comentario por O Pravda de Viveito ten nome (02-07-2010 09:32)
17 Parece que estás de sorte Mr. Regal. X#blgtk08#a eres o sustituto de Viveirodebacle.
Comentario por zzpp (02-07-2010 14:13)
18 Estou dacordo con que neste blog enterámonos de moitas cousas que na Voz de Gali#blgtk08#cia ocúltanse. Ás veces parece que Melchor é o director da edición de A Mariña.
Comentario por Suso F (02-07-2010 23:53)
19 Yo también estoy superdecepcionado con "La Voz de Galicia", que debería llamarse en Viveiro, como alguien dijo por aquí, "La Voz de Roel". Claramente este períodico se muestra socialista, cosa que no veo mal, ya#blgtk08# que cada sector de opinión puede tener la ideología que quiera. Lo que interpreta mal este periódico es que Roel no es un socialista, ni tan siquiera un político comunista, sino un mal gestor y un montabullas.
Comentario por Rafa (03-07-2010 11:33)
20 Parabén Sr.Regal,por este catro anos de blog,e siga asi ,non cambie nunca ,digan o que digan ,fagan o que fagan,vostede aguantese no seu trece ,xa ten merito loitar contra todo este persoal,persoas ,personaxes e personajillos,refírome a" todos estes politicos".
Eu estou decepcionado coa voz de galicia ,non hai mais que ver ,que una mesma noticia ,de redactala a voz ,a redactala o progreso hai unha diferenza abismal,non hai mais que ver o que esta pasando co d#blgtk08#e portos ,o casino e o concello,pero de todas todas o que é unha vergoña ,é que o concello de viveiro ,ocupemos sempre os periodicos con estes grandes titulares ,sempre en primeira linea por unha e moitas malas xestións ,cando outros pobos da mariña dan un exemplo de goberno, e de saír en titulares ,é porque fan isto ou aquilo polo cal se poden sentir orgulloso ,isto non podemos dicilo os vivarienses,que por desgraza sempre damos a nota .
VERGOÑOSO.
Comentario por Luis socio (05-07-2010 12:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal