A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

EU, ALDEAN CON XENIO
Cada día que pasa creo menos nas estructuras intermedias. Levo tempo repitindo, a quen me queira escoitar, que me sinto un home de todo o mundo mundial, pero tamén desta pel de toro a que chamaria Iberia, España e Portugal incluido, de Galicia,…
Estou convencido que para aspirar a un futuro diferente, e apostamos por un modelo social distinto ao que actualmente nos condiciona, e queremos manter algunha esperanza sobre un mundo maís xusto, sólo dende a aldea é posibel o cambio.

Cada persoa ten diversas aldeas de referencia, para min teño, polo menos duas que teñen unha significación moi especial; aquela na que nacín, na que vive parte da miña familia, a que añoro cando levo un tempo sin cheirar o seu mar; e aquela outra na que vivo e traballo, na que estou desenrrolando o meu proxecto de vida. Sintome identificado con aquel vello refrán que di que o home de é de donde nace e de donde pace. Teño outras aldeas, xa secundarias. Unhas paseadas, como Luxor, a Tebas do Egipto faraónico; ou Barcelona, na que me fixen adulto, co seu inigualabel barrio gótico, Zaragoza, Oviedo... Outras soñadas, como Cuzco, Nueva York, Mexico ou Berlín. Pero sempre aldeas, soio aldeas.

Todalas persoas temos unha visión do mundo ou mais ben de como nos gustaría que fora o mundo. Ese mundo tan desigual, ese mundo tan inxusto, ese mundo sometido, ese mundo do que moitos sentimonos fora. Ese mundo que todos decimos querer cambiar.

Pois ben, estou convencido que soio dende a aldea é posibel avanzar de cara a un cambio da estructura social e económica mundial. Soio os aldeans, dende o concreto, dende o local podemos influir no cambio global.

¿Estado? ¿Nación? ¿Nacionalidade? ¿Rexión? ¿Comarca? ¿Continente? Aldea, soio aldea. Aquela frase de “ Pensa global e actua local”, ben que nin pintada para a ocasión, falei de diferentes aldeas, donde nacin, donde traballo, donde medrei como persoa, donde soño... Pero, quizabes me deixei no tinteiro as mais importantes: as aldeas que surxen das persoas que coñecen e manteñen un proxecto común, poden ser temporais, dinámicas, pero son as que van permitirnos actuar en mais frentes. Outra xente chamalles"redes sociais".
Esta reivindicación da aldea trata de ser un alegato a esperanza, unha visión sin asperezas do que é ou pode ser este mundo cheo de arestas e mala leite.

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-01-2007 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 A aldea e o nucleo do ser galego,ainda esta por #blgtk08#facer un reaxuste administrativo que a recoñeza.
Comentario por Foz (28-01-2007 21:19)
2 Taste volvendo moi blandeng#blgtk08#ue nos teus escritos Regal
Comentario por MARIÑANA (28-01-2007 21:20)
3 omentario que responde ás primeiras consignas de agrupamentos humanos e organizados.
Non é questión de textura os escritos para que sexan válios.
tampouco fai falla un perenne axitador social, para que alguén disfrute coa#blgtk08# agresividade(protagonistas e aludidos).
Gústame esta última fase de relator social implicado.
Noraboa, tamén as correntes enerxétics, van a ser mellores.
Probablemente do teu intelecto, poidamos disfrutar todos.
Comentario por Augacrara (29-01-2007 09:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal