A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

E CHAMÁRONME “PERSOAXE” COMO MOFA
O humor sempre estivo asociado á estupidez, á cultura popular, á arte menor, á bufonada cruel e sen contido. ¡Nada máis elevado e culto que unha profunda e densa traxedia!
Na nosa comarca temos un craro exemplo de diferencia de apreciacion e afecto que teñen as festas profanas, enténdase antroido e derivados e a Seman Santa.
Este prexucioso concepto que prospera aínda nos nosos días, provén do fondo dos séculos, xa que antigamente críase que expresar gran xúbilo era un pecado ou un signo de pouca prudencia. Durante centos de anos viviuse moi pendente das normas puritanas e represivas, sendo primordial que, tanto as damas como os cabaleiros, se amosases serios e recatados. A gargallada era cousa de borrachos ou de putas. Na cama prohibíase todo tipo de exhibicionismo ou manifestación de afecto, pois a cópula estaba destinada só a concibir fillos, polo menos para as crases pobres, os ricos era outro cantar. Polo que pensar en rir ou gozar era prácticamente un delito.
Podería dicirse que as mulleres foron as máis prexudicadas neste aspecto, xa que creceron coa convicción imposta de que o pracer era só para os homes, ou corrían o risco de ser chamadas “mulleres alegres”. Con todo, hoxe en día este prexuízo afecta por igual aos dous xéneros. O home que esaxere o seu xestualidad ou cometa o descoido de amostrar as súas cualidades humorísticas con certa frecuencia, será considerado un paiaso (coma se a tenrura e a vivacidade dun clawn fose un insulto ou unha minusvalía). Aínda que no territorio da intimidade xa non se opine que os xemidos ou as risotadas sonoras son propias de persoas vulgares, no ámbito público aínda opera o pensamento coercitivo. Así que, as señoras decentes e os homes de proveito, optan por expresar o máis discretamente posible a súa alegría e pracer desbordantes. Quizaves porque a risa é contaxiosa, pero demasiada felicidade podería provocar envexa...
Aínda que a risa é fundamental en todas as facetas da nosa costosa vida, a represión vai opacando a graza dos nenos ata fabricar grandes xentíos de adultos aburridos, hipócritas, solemnes ou decididamente avinagrados. Vaise instalando nos nosos corpos a idea de que para ser grandes e exitosos é necesario madurar, reter os sentimentos coma se fosen esfínteres e rir moderadamente para non pasar por tolos inmaduros.
E aquí aparece outro prexuízo, amplamente difundido, que intenta asociar o humor coa tolemia. Por exemplo: pode un rirse dun malferido, dun enfermo terminal, de alguén que sofre o fame e a pobreza? Sen dúbida que si. Todo pode facerse no territorio da perversión e a crueldade humana, pero o humor, aínda o máis negro deles, ten raiz na parte máis sa do individuo.
Isto é como preguntarse se os debuxos ou poemas que crean os enfermos mentais no peche dos manicomios son obras de arte ou simple catársis. Un tolo pode ser artista?.
Sucede que, no momento da creación, o tolo conecta coa realidade, válese de palabras ou trazos expresivos porque, nese instante, logrou saír do sufrimento patológico que o acurralaba, do horror que implica o alleamento, e consegue sacar a relucir a súa parte máis sá. Cando o tolo crea, cando o demente recupera o seu sentido do humor, deixa de estar tolo. Polo menos nese breve instante de conección pracenteira.
Moitos confunden e idealizan a mestura entre tolemia e arte. Con todo, non hai nada demasiado eloxiable e expresivo na tolemia. E basta recordar os nosos propios momentos de neurosis ou depresión, ou visitar un manicomio , para darnos conta de todo o que ten de dor, illamento e humillación a demencia verdadeira.

E vostede de que se ri? Parece que mostra a cara de algun comveciño noso.
O humor, a capacidade de rir ata da nosa propia traxedia, son antídotos máis que obvios que derruban esa alienación insoportable á que nos somete todo sistema opresivo. De alí que actualmente se realicen con tanto éxito ?talleres da risa? como unha nova forma terapéutica. Con todo, hai trampas que tende o humor a aqueles incautos que se deixan arrastrar pola súa propia frivolidade ou por pura soberbia. A ironía utilizada sistematicamente como crueldade cara aos máis débiles, deixa de ser un recurso intelixente para transformarse nunha mostra de solapada covardía.
Poño un exemplo recente: O meu alcalde fixo unha rolda de prensa para insultarme e ocurreuselle chamarme “personaje”, dado que a definicion de tal nome e: “Persona que, por sus cualidades, conocimientos u otras actitudes, destaca o sobresale en una determinada actividad o ambiente social. celebridad, personalidad.”Ou tamen “Ser ficticio, inventado por un autor, que interviene en la acción de una obra literaria o de una película” mais ainda “Sujeto de distinción, calidad o representación en la sociedad.” E “individuo sobresaliente de cualquier actividad o ambiente social” e por ultimo “ ser de ficción que forma parte de la acción en una obra literaria o cinematográfica” vese craramente que o que me chamou o señor alcalde co ánimo de mofa e befa e digno de unha boa gargallada e demostra que o noso alcalde non sabe facer a O cun canuto, que non sepa facer, e eu convertido nun persoaxe con fervente sentido do humor, que como sempre empeza por rirse dun mesmo.
O mesmo sucede con aqueles que conseguen rir a forza de ocultar os seus males ou as problemáticas sociais e políticas. A súa expresión de contento parécese ao que algúns chaman “a risa do aforcado”. Ese xesto final que se apodera dos axusticiados segundos antes de pasar a mellor vida, esa cínica mueca baleira.
O humor é o sexto sentido. E, aínda que se dispoñan de todos os recursos propios da ignorancia ou a negación conformista, será imposible conseguilo na súa cálida e plena beleza. A gargallada xurdirá alí onde menos lla espera, interrompendo discursos, falsedades, hipocresías e amargas risotadas de hiena. Porque por máis que se intente inxectarnos ese infame optimismo postmoderno, non todo o estúpido é alegre, nin toda alegría estupidez...
Otero Regal



Comentarios (24) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-05-2010 07:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
24 Comentario(s)
1 Co ben que se queda un d#blgtk08#espois dunha boa risada.
Comentario por A cruz da Campá (14-05-2010 07:58)
2 Dende logo si Melchor Roel tivera un pouco de cabeza, non faria a roda de prensa para poñerte a caer de un burro, pois levas desde ese dia dandolle caña donde mais doe, supoño que se arrepenteria cat#blgtk08#ro veces do asunto pero como ti dices aqui e unha persoa que sigue o pe de letra o de "Menealla pero non enmendalla" e asi lle van as cousas.
Tu, como di Paco Luis sigues co de "leña a o mono"
Comentario por Isma (14-05-2010 09:45)
3 O da foto#blgtk08# eres ti?
Comentario por Rosa (14-05-2010 09:46)
4 Dende logo vaia rollo filosofico-tematico te largas so para#blgtk08# poñer a caer de un burro o teu amigo-nemigo Melchor Roel.
Comentario por Covas (14-05-2010 09:47)
5 Amigo Sito, esta panda de indocumentados no saben utilizar eso tan gallego que es la "retranca", el maestro Castelao se lo pasaría en grande retratando a estos nuevos caciques que se disfrazan de "progres".

Para utilizar la fina ironía hay que tener un mínimo de educación y cultura, de lo que carecen los dirig#blgtk08#entes viveirenses. Roel, Amor y Cal solo entienden el insulto, la descalificación y las gracietas de taberna. Así que alégrate de que solo te hayan llamado "`personaje", que lo habitual en tipos como Roel, Amor y Cal, ante cualquiera que ose discrepar de su "verdad única", son insultos muy graves e insinuaciones peores aún.
Comentario por Incultura (14-05-2010 11:00)
6 Jojo, que falta de sentido del hu#blgtk08#mor y de vena filosofica-poetica.
Comentario por Madrid (14-05-2010 13:10)
7 Os habeis colado 3 pueblos, aqui no hay gracia ninguna, solo un intento de despotricar politica#blgtk08#mente y ni un miserable esfuerzo por demostrar algo de ingenio, solo ataques politicos baratos.
Comentario por Lola (14-05-2010 13:12)
8 Os habeis colado 3 pueblos, aqui no hay gracia ninguna, solo un intento de despotricar politica#blgtk08#mente y ni un miserable esfuerzo por demostrar algo de ingenio, solo ataques politicos baratos.
Comentario por Lola (14-05-2010 13:14)
9
O máis probable é que o neno da fotografia saíse así porque o pai fose un falso progre. É evidente, ata os mesmo#blgtk08#s falsos progres non son conscientes da súa enfermidade, e transmítena con resultados nefastos, como vemos. Unha desgraza.
Comentario por Rio dos Foles (14-05-2010 13:15)
10
Jaja o q firma Incultura, Sexas ou non simp#blgtk08#atizante do PP hai que tomarse as cousas con humor.
Comentario por Xose NONSEIQUË (14-05-2010 13:16)
11 Pois a min Gaspar caeme moi ben, e Cal tamen y eso que eu nunca o votei nin o votarei.Moitos dos que escriben aqui din que moitas veces esta borracho, eu coincido moitas veces con el no bar de miña irman( calle cayuela), e podo decir que #blgtk08#nunca o vin en tal estado , toma unha cervexa, olla a prensa,collino lendo a Otero Regal algunha vez, e cando sae ,nunca o vin tropezar na porta, .A Rosa decirlle , que ese e SITO, so que na foto perde moito, jajajajaaaaa,un saudo, PUPO
Comentario por pupo (14-05-2010 16:24)
12 Pupo:
Borracho do bar a carón do concello non sairá... xa sabes, non fai falla ir facendo eses pra que deas positivo nun control de alcolemia.
Eu sosteño que Roel bebe moita 1906, que se sube bastante, e despois entra na fase faltona, insulta a todo quisque, minte máis que fala e un longo etc. Non se tambalea pero entra nunha fase previa moi preocupante e moi pouco adecuada pra un representante municipal.

De tódolos xeitos, a Roel xa o viron moi afetado a altas horas da madrugada por Covas, precisando da axuda veciñal.

Se un se deixa caer de cando en vez polos bares que frecuenta Roel, poderá comprobar que de Regal, e outros moitos, pero sobr#blgtk08#e todo de Regal, di de todo menos bonito. Téñente moi enfilado e te poñen a parir....chámante moito máis que personaje, e que eres un aproveitao co quer todo, que os apoiaste para recibire algo a cambio, que deron a cara por ti e non llo agradeciches, que te fixeron moitos favores cando tiñalo Pazo, sobre todo con FEVE, que non tes nin idea de política e que só pensas en ti mesmo, que queres mandar sen dala cara, que non te atreviche a presentar unha candidatura alternativa porque ninguén te apoiaba...etc, etc, etc.... só hai que ir a certos espazos onde as 1906 traséganse de moito carallo, e poñer un pouco a orella... o que sae por esas boquiñas comunistas é pra mexar e non botar gota.
Comentario por son todo oidos (15-05-2010 09:37)
13 SITO........ que m#blgtk08#entirosoooooooooo
Comentario por pupo (15-05-2010 10:27)
14 Tamén e de pena estar todo o santo dia detrais de Roel para poñer a orella.Dares ben p#blgtk08#ena, ¿e vosoutros q beberes mentras o seguides?- ¿cafés ou?- Así estades tn nerviosos.
Comentario por vladimir (15-05-2010 12:05)
15 RESPONDENDO QUE E XERUNDIO:
Non vou facer caso ahora a DIMES E DIRETES, eu son eu e as miñas circunstancias que o que lle teña que decir a MELCHOR ROEL xa llo direi no seu momento oportuno, o que dixo na roda de prensa xa foi puntualizado excepto unha afirmacion que queda para logo.
A Rosa, si son o da afoto estou un pouco torcido, como pode ver vostede os anos non pasan en #blgtk08#valde, jejeje.
A PUPO, non te alporices foi unha bromas que che gastei, e aproveitei para facer un pouco de publicidade do blog.
Gracias a todos os que participades cada post cos comentarios, sin eles este blog seria algo morto e sin sentido, ...A SEGUIR ASI....hasta que alguen nos denuncie como leva anunciadso desde fai tempo.....mentres tanto esto e unha republica libre.
Comentario por Otero Regal (15-05-2010 12:43)
16
Recorden que estes son os politicos que votamos?temos gran parte da culpa do que pasa,os politicos son o reflexo d#blgtk08#e moitos votantes que serian igual de chourizos se se lles presentase a ocasion?a politica atrae a este tipo de personaxes.
Comentario por Maria (15-05-2010 15:53)
17 ¡Uy o que che chama o teu amiguito del alma Melchor R#blgtk08#oel...... cando o rio sona e que trae auga a esgallo.
Comentario por Roque (15-05-2010 15:54)
18 Para qué vamos a elegir personas honradas, decentes, solidarias y comprometidas con el reparto del trabajo y la riqueza, si podemos elegir corruptos, ladrones y ment#blgtk08#irosos. Las personas cuando elegimos a nuestros representantes sindicales y políticos, apoyamos a los que se parecen a nosotros, o a los que nos gustaría parecernos.
Comentario por ACRACIA (15-05-2010 15:55)
19 Señor Regal:
Es usted una víctima, está usted perseguido, le quieren linchar, le llaman persoaxe con mofa, incluso escribe usted todo un artículo para decir que lo que pide son derechos, no favores y ademas los donuts le sientan mal.
Señor Regal como ya le he dicho en otra ocasión venda usted el DVD y deje de ver películas, dedíquese usted a pintar porrones y déjese de ver cine.
Usted pretende que todo el mundo le admire, le respete, le venere y se postre ante usted, mientras usted insulta, ofende y humilla, a todo aquel que se le pone por delante, y además quiere hacernos creer que es usted una víctima.
Señor Regal usted primero intenta vendernos la moto con alabanzas, con un montón de halagos, según usted la mejor moto del mercado y después como para usted la moto no corre como usted quiere, empieza a despotricar en su contra.
En mi modesta opinión le aconsejo que la próxima vez compruebe usted que la moto corre a su gusto, y de esa forma no tendrá usted que contradecirse a cada rato y ponerse a insultar a los que primero ensalzo.
Recuerda usted este artículo:
O MEU SILLON...O MEU DESPACO....AS MIÑAS OBRAS....
En Viveiro temos un ex alcalde CESAR AJA MARI que despois de estar 20 anos na silla de mandamais do concello ..e despo#blgtk08#is de que o POBO SOBERANO o mandara para a casa, leva casi catro anos repitindo o de ESTES NON FAN NADA...ESO XA O DEIXEI FEITO EU..........e xa esta un hasta a coronilla de semellante discurso.....primeiro, estes a trancas e barrancas, e despois de coller un concello cheo de corruptelas e endeudado hasta a medula si, fixeron couas...e sobre todo foron pagando as deudas millonarias que deixou este señor, pero sobre todo gastaron ben os cartos, en adecentar o concelllo , e no en alquitrar os corrais e poñer luces para nas hortas como el...pero o colmo da desfachatez foi o da pasada.

Se da usted cuenta que lo que decía el señor Aja y usted critico, es lo que dice usted ahora,
Lo dicho señor Regal piense lo que dice y no diga lo que le conviene en ese momento, y si a usted no le han puesto su museo en los folletos, eche un vistazo a su alrededor y vea en lo que han convertido este pueblo, en el abandono, y la miseria, en el odio, y en la persecución de aquellos que no son seguidores de su maltrecha moto.
Para terminar le diré que no sea usted tan agradecidos de los que le adulan en su blog, salvo dos o tres, todos los demás lo mismo que le adulan, le condenaran en cualquier momento, pero me imagino que eso no le sorprenderá pues más o menos es lo que hace usted.
Comentario por un (15-05-2010 21:59)
20 Anda corrido polo pobo que Roel lle puxo unha calle a ise Jacinto Calvo porque é parente de Ricardo Varela e de Cachi..... Regal ¿sabes#blgtk08# algo disto? ¿qué nos podes dicir do caso? ¿Se isto é certo, non é un escándalo absoluto que Roel pague favores políticos deste xeito?
Comentario por rumoroloxía preocupante (16-05-2010 22:12)
21 Un:
Eso que dice Aja, es un hecho, Roesl no hizo nada y perdió mucho de lo conseguido. Puedes leer hoy en prensa lo del edificio del CAISS con los puestos de trabajo que representa la pérdida, o lo de la Guardia Cuvil de Mar, o el dinero perd#blgtk08#ido para restaurar San Francisco, o la perdida de las banderas azules, la pérdida de la capitania marítima y asi podemos seguir...
Solo superó a Aja en una cosa, en cacicadas, las edificaciones por "silencio administrativo" se llevan la palma.
Comentario por outro (16-05-2010 22:44)
22 Eu sigo ó número 21: perdeu a concesión de Haley, perdeu o PEPRI de Valdeflores, O Plan Urbanístico de Covas, non tramitou o Plan Xeral que aprometeu aprobado para o 2005 (onde vai!!!), puxo a parir ao Enxeñeiro, A Secretaria, ó Interventor, a Mitas.#blgtk08#.. e vota a culpa de todo ós de antes. Ós de antes faríano mal, pero os de agora fixérono infinitamente peor, sobre todo mentindo. Se habia tanta factura pendente de pago dos de antes...¿Porqué nos gardou os cartiños en vez de dilapidalos en festas?
Comentario por Pilar (17-05-2010 09:50)
23 Haxa salú desde Xixón.
Por Bruselas acaba el Gobierno de aprobar la depuradora Este ... 10 años después del Saneamiento. Benvida!
Mu#blgtk08#y divertido lo del "personaje". Abundando entre diferencia de risa y tontuna, vimos el sábado a Pepiño Blanco en LA NORIA haciendo los segundo,...
Comentario por Foriato (17-05-2010 17:30)
24 HOME O MUSEO DE rEGAL ADEMAIS DA EXPLENDIDA COLECION ETNOGRAFICA, E DA SUA OBRA CONTA CON DUAS#blgtk08# OBRAS DE tAPIES OUTRAS TRES DE mIRÓ , aRTIGAS, UN GRABADO DE PICASSO, ENTRE OUTROS TESOUROS.
Comentario por AMIGO (20-05-2010 14:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal