A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PREPOTENCIA EN VIVEIRO
PREPOTENCIA EN VIVEIRO
De acordo coa definición académica, prepotente é quen abusa do seu poder ou fai alarde del. A prepotencia, xustamente, estase enquistando de tal xeito na sociedade onde vivimos que esta envenenando a vida cotiá, é causa de inumerables molestias e ameaza converter a convivencia en tan só un termo anacrónico e caído en desuso. Esa impresión fúndase na máis concreta e crúa realidade, tomada dos múltiples e negativos incidentes que enturban a nosa cotidianidade.

Ultimamente, os docentes que sancionan ou descualifican a un alumno poñen en risco a súa saúde física. Os pais do suposto perxudicado reclámanlles de viva voz que rectifiquen o que interpretan é un erro ou unha inxustiza. E máis dunha vez, en caso de non lograr o seu propósito, agreden ao educador cuestionado ou cortanlle as rodas do coche, por exemplo.

E nin que falar da prepotencia delituosa, día tras día, máis desposuída do temor ó imperio da lei e da consideración polos semellantes.
Quen dubide, terá suficiente con mirar a nosa fisionomía urbana: as veirarrúas, ocupadas por coches aparcados en doble e triple fila na travesia, vendedores ilegais, cartelons publicitarios impertinentes; os peóns que cruzan por onde lles prace, do mesmo xeito que os ciclistas, ignorantes de canto se pareza a unha regulamentación de tránsito; as pintadas alevosas e as prazas agraviadas.

Non é casual que actitudes tan deplorables crezan en todolos ámbitos da vida local. Sobre todo cando desde o poder político as accións de exemplaridade brillan pola súa ausencia. Ou seica a proliferación de decretos de necesidade inexistente e de urxencia sen fundamento, non son unha cabal mostra de prepotencia?

A falta de contas craras e traslucidas que leva consigo os presupostos prorrogados e sin facer dende varios anos , aberrantes desde o punto de vista ético e democrático; as permanentes actitudes indecorosas e as bravuconadas do alcalde e concelleiros son outros exemplos.

No seu mundo peculiar, orfo de comprensión, solidariedade e bos modais, as conductas prepotentes só poden ser contrarrestadas con prepotencias de calibre aínda maior, camiño polo cal chégase rapidamente a enfrontamentos de incertos desenlaces e dolorosas consecuencias.

A tolerancia, namentres, corre o perigo de sucumbir, enterrada polos adeptos á prepotencia baixo unha grosa capa de desdén. Os prepotentes -cada día máis a ignoran a propósito. Lonxe están de comprender e de admitir que sen tolerancia non hai convivencia e que sen convivencia tornase difícil vivir en forma civilizada. Erradicar a prepotencia, pois, é unha responsabilidade de todos, empezando por quen desde o máis alto do poder político non só amparan, senón que tamén xustifican e alentan ós prepotentes.
Otero Regal

Comentarios (24) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-05-2010 08:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
24 Comentario(s)
1 E eso que non fuche o pleno da prepotencia donde o da fotografia comportouse como si tuvese vevedo, e berroulle a Mitas e sacaulle a palabra co de sempre EU SON O ALCALDE.
Ademais estivo todo o tempo dirixindose a un espectador moi amigo teu e insultand#blgtk08#oe.
Eu non so do PP, voteille a o da foto ata esta vez que cambiarei por o bloque ou IU e nin siquera coñezo mais alo de velo por a rua ou na Praza o teu amigo, pero esta non e forma de comportarse de un alcalde de esquerdas e menos presidindo un pleno.
Comentario por Praza Maior (08-05-2010 13:24)
2 Tenemos un alcalde prepotente
Cuando los que mandan pierde#blgtk08#n la vergüenza, los que obedecen pierden el respeto. (Refranero)
Comentario por Maricon ou pilonero (08-05-2010 13:26)
3
Todo é incrible, retorcido, difícil, nesta pobo amarrado á estupidez e a mediocridade. Pero pechase un ciclo, e estanos esperando para un novo #blgtk08#arranque cara a ese destino de normalidade que para nós é xa algo así como a pedra d0 destiño. A ver se esta foi a última, antes do simple sentido común.
Comentario por Un do BNG (08-05-2010 13:36)
4
Considerando que a Prepotencia é un acto de agresión a niv#blgtk08#el das ideas, opinións e escaso respecto polo interlocutor.
Comentario por Penedo (08-05-2010 13:40)
5 Os espectadores deben de meter o seu fascismo no cu, e respetar os nenos doutros países, e no#blgtk08#n insultalos nin chamarlles narcotraficantes en potencia, por ser nenos de Colombia.
Comentario por VLADIMIR. (08-05-2010 14:08)
6 A verdade e que eu tamén creo que se lle acaba a vida coma alcalde,pero deixo unha pregunta no aire.
Credes que os do PP,(próximos gobernantes)van facelo mellor?Presentese Cesar,Mariña,ou quen sexa,eu penso que vai se-lo mesmo can con distinto colar.
Porque moi pouca memoria temos nesta vila,porque cando mandaba Cesar,m#blgtk08#anda carallo coma estaba todo,pra acceder a un posto no concello,(e non me refiro a funcionario,senon a peons)habia que presentarse co carné do partido na boca,acusano de talar unhos eucaliptos enfrente do pazo de grallal,e logo as arbores catalogadas que mandou talar o PP,detrais do conservatorio?
O dito antes,son o mesmo can
Comentario por un de viveiro (08-05-2010 14:34)
7 Roel es una vergüenza para Viveiro, un auténtico chulo de taberna. Él, Jesus Cal y Rafaelito Amor representan la peor cara de la política: la prepotencia, la utilización del pod#blgtk08#er para beneficiar a sus amigotes y machacar a los opositores etc. Afortunadamente, estos tipejos no pueden mandar fusilar a nadie, que sino estaríamos muchos en el cementerio.
Comentario por Radicalismo (08-05-2010 16:14)
8 pero se esta tropa foron#blgtk08# toda a puta vida igual
Comentario por garrotevil (09-05-2010 00:30)
9 Prepotencia tambiés ponerle el nombre a una plaza de un socialista por nacer en Viveiro, que fue senador y que no se conoce que haya hecho nada por esta ciudad. Hasta en La VOz de Galicia ven esto con perpeljidad:

"Ahora cuenta con una placa, en la que figura el nombre del que fuera senador por la provincia desde el año 1982 hasta 1989. Además de su militancia política, por la que fue sancionado por la dictadura franquista, el nombre de Calvo López está asociado a una de las pastelerías más popul#blgtk08#ares de la ciudad de Lugo, Calvo, de la que fue propietario. Algunos vecinos de Viveiro mostraron ayer su sorpresa por el acto celebrado junto a los claustros."

Si a este buen hombre Roel le dedica una plaza, se supone que a Aja le dedicará todo un barrio. Si no es así, lo que demuestra Roel es prepotencia y sectarismo.

Esperemos que no le ponga a la Avenida de Ferrol, Avenida de Lenin, o la Plaza Mayor, plaza de Karl Marx.... Es una verguenza lo de este rojerío sin fronteras.
Comentario por nominaciones partidarias. (09-05-2010 09:35)
10 Eu síntome moi dolido por todas as mentiras que dixo Roel sobre determinados funcionarios municipais, e que propiciaron mala imaxe e credibilidade pública para nos, non só de cara ós v#blgtk08#eciños, senón tamén de cara ás nosas propias familias. Ese dor e esa impotencia levareina conmigo moitos anos. ¿Quen nos vai compesar todos os dores, calumnias e difamacións sufridas?
Comentario por Traballador do Concello (09-05-2010 11:20)
11 "Vladimir" veo que los "Roelianos" seguís las enseñanzas de vuestro ídolo, Joseph Goebbels. En concreto aplicais lo que los jerarcas nazis bautizaron como "Principio de la exageración y desfiguración": Manipu#blgtk08#lar y tergiversar cualquier anécdota, por pequeña que sea,para adaptarlos a los fines de Roel.

Siempre habrá un "Vladimir" que se preste a esparcir mierda para su amo y señor.

Comentario por CAL adiño estás mejor (09-05-2010 21:58)
12
Non é unha cuestión de liberdade, nin de conspir#blgtk08#acións, como cre o noso alcalde. É de puro sentido común.
Comentario por Maria (10-05-2010 10:48)
13 Son malos tempos. Son tempos nos que hai que pensar un pouco menos en nós mesmos e un pouco máis no conxunto do pobo, que necesita un esforzo suplementario para poder saír adiante, nos que temos que renunciar a cousas que nos pertencen, para o ben común. Son momentos nos que se volve a vista a#blgtk08#o exemplo dos politicos que eliximos, que vivamente exemplifica as razóns polas que o remedio universal para todos os males, é o despotismo e atacar a todo aquel que opine diferente a el. É un remedio para todo e é o remedio da avoa de todos os tempos. Se a fórmula funciona para que cambiala?
Comentario por Patache (10-05-2010 10:51)
14
Melchor Roel en: el espantatiburones!!

#blgtk08#/> Próximamente en sus pantallas. Si ella quiere…
Comentario por Jua Jua (10-05-2010 10:53)
15
Moita crítica, poucas solucións, e pouco máis.
Non chego a entender que os parados crean que o PP é a súa solución, tampouco entendo que se castigue ao PSOE e as súas medidas económicas dereitistas votando ao PP. #blgtk08#A socialdemocracia, o que é o PSOE desde Suresnes grazas a González e CIA, e o conservadurismo, son a mesma moeda, é dicir, son o sistema.
Chorar, bo, pode estar ben pero "agora, non é de bágoa e pano senón de voto en man?
Comentario por Sociata (10-05-2010 10:57)
16
Regal, unha vez máis, totalmente de acordo. (Agora, hab#blgtk08#erá algún que me tirará unha pedrada verbal, se non, xa verás).
Comentario por Covas (10-05-2010 10:58)
17 “La ignorancia es una de las fuentes de la estupidez”
“Pero su estupidez le hace simplificar todo, caballero”#blgtk08#

Aunque no lo crea, se puede disentir sin insultar: ¡inténtelo! A lo mejor acaba gustándole, y todo.
Comentario por Profesor (10-05-2010 11:00)
18 Tan negro velo como p#blgtk08#ara recorrer a Goya?
Comentario por Rosa (10-05-2010 11:04)
19 Al de la foto le faltan ideas#blgtk08# y le sobra violencia verbal.
Comentario por Anonimo (10-05-2010 11:05)
20 Xamáis crin ver o que estou vendo no meu pobo. Melchor Roel está facendo bo a Aja, ten enfrontado a toda a cidadanía. Solucionar non soluciona nada, pero buscar excusas e repartir culpas faino moi be#blgtk08#n. Que peniña da ver en que se convertiu Viveiro, fai un tempo parecía que íamos ser o segundo concello de Lugo, pero por culpa deste nefasto alcalde e a tropa que o sostén, retrocedimos vinte anos.
Comentario por Viveiro farto de falabaratos (10-05-2010 11:49)
21

a política local é como a casa pro#blgtk08#pria, só a entenden os que vivien alí
saúdos
Comentario por Nemigo (10-05-2010 11:51)
22 Recordades cando Aja tiraba da VISA do concello para regalar marisquito a os seus xefes de Madrid e logo foi absolvido por a exemplar x#blgtk08#usticia de este pais? Pois Ole!! Pois xa temos barra libre. Xa poden todos os caciques tirar da VISA que pagan os veciños, todo vale...
Comentario por Calvo (10-05-2010 11:54)
23 Calvo: Es la misma justicia que imputa al alcalde de Barreiros(PP) en pocos días y lleva más de 3 años para imputar a Roel(PSOE), a pesar de las denuncias presentadas no solo por el PP, sino también por la policia judicial y el juzgado de Viveiro.
¿O es que la Justicia solo funciona mal cuando no nos gustan sus decisiones?

http://www.abc.es/20100502/galicia-galicia/policia-judicial-cuestiona-licencias-20100502.html

Tres informes de la Policía Judicial estiman que el Ayuntamiento de Viveiro concedió de forma presuntamente ilegal hasta once licencias urbanísticas, que permitirían la construcción de 678 viviendas y un hotel en el término municipal, valiéndose del trámite del silencio administrativo. Las pruebas periciales forman parte de la extensa investigación que desde hace tres años desarrolla el Juzgado de Instrucción nº 2 de la localidad, después de que estas posibles prácticas del alcalde, el socialista Melchor Roel, fueran denunciadas por el anterior regidor, el popular César Aja.


Imp#blgtk08#utación de Roel

En el primero de los documentos periciales, del que ya informó ABC en diciembre de 2008, la Policía Judicial imputaba a Roel y su Junta de Gobierno la presunta comisión de cuatro delitos de prevaricación y otro relativo a la ordenación del territorio y la protección del patrimonio histórico. Se trataba de seis expedientes urbanísticos, uno de los cuales se refería a una promoción de 15 viviendas ya construidas, a las que el alcalde incluso ha concedido la cédula de primera ocupación, antes incluso de la resolución judicial.
Sin embargo, la causa contra Roel no acaba de concretarse, ya que tres años después de la apertura de diligencias previas, la instructora del caso no ha formulado escrito de acusación, mientras acumula sobre la mesa informes de la Policía Judicial que ponen de manifiesto las prácticas urbanísticas en el concello de Viveiro. Ante esta situación, el demandante solicitó la pasada semana -por tercera vez desde el inicio del proceso judicial- el fin de la instrucción y la apertura de juicio oral.
Comentario por Justicia a 2 velocidades (11-05-2010 08:55)
24 Aja é un cacique, pero Melchor é igoal ou peor. Prefiro que os alcaldes gasten os cartos en invitar ós colegas a comilonas, se con iso trae cousas para Viveiro. E non gastar moitas decenas de miles de euros en pagar a arquitectos e avogados PRIVADOS para facer informes "a gosto dos especuladores". Non é moi de esquerdas gastar cartos públicos en algo que é competencia dos traballadores da administración local, e moito menos para fa#blgtk08#vorecer a especulación urbanística salvaxe coma se fixo eiquí. Os viveirenses estamos pagando dúas veces polo mesmo servicio. E logo o PSG critica a privatización da administración ¿E logo que se fixo en Viveiro?

Os que pensábamos que con Aja se acababa a "barra libre" no urbanismo fumos de cú, con Roel so cambiaron os nomes das empresas, pero a especulación é peor ca nunca, e os que saimos perdendo fomos os viciños.
Comentario por Comparacións odiosas (11-05-2010 11:26)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal