A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FELIZ DIA DA REPUBLICA
O dia 14 de Abril celébrase o 79 aniversario da II Republica Española que se instauro en 1931.
Moitos oiriamos falar deste período da historia de España, pero: Cantos somos conscientes realmente do que supuxo e do legado que deixo para as xeracións vindeiras? Seria posible nos nosos días a proclamación dunha III República
Moitos son os libros de Historia que nos falan dese período do noso pasado, e moito habería que contar para chegar a entender, máis que a estrutura do sistema político en se o que verdadeiramente nos importa : a súa ideoloxía liberal e progresista.
O republicanismo derívase do liberalismo demócrata, defende unhas ideas liberais avanzadas, como o sufraxio universal e a necesidade de reformas sociais e económicas profundas en beneficio das clases populares, ademais os poderes públicos debe asumir o carazter de Estado protector das clases sociais desfavorecidas, un estado laico, aconfesional, no que a Igrexa e o estado sepáranse.
Consecuencia desta ideoloxía, a Segunda República supuxo unha gran esperanza para alcanzar un sociedade democrática real, cunha renovación dos valores éticos, políticos e sociais.
Neste período por primeira vez intentar universalizar a educación, ( construíronse 13.000 escolas e 5.000 bibliotecas, ademais déronse bolsas aos estudantes máis necesitados) realizar unha necesaria reforma agraria e buscar a igualdade entre homes e mulleres, potenciar a cultura e a arte, intentando equiparar á sociedade española con países máis avanzados.
Este breve período da nosa historia demostrou que se era posible unha sociedade enfocada ao benestar xeral e ao progreso e crecemento tanto social como económico.

Nos nosos días, logo de pasar por unha durisima guerra civil, que trouxo como consecuencia un longo período de afianzamento das clases podentes amparadas nunha ditadura militar que impedía calquera intento de reforma ou de avance en favor das clases desfavorecidas. Entramos nun período de transición algo caótico e apresurado no que só se viu como solución á crecente inestabilidade política a instauración dunha monarquía parlamentaria, supostamente apolítica como elemento de unión e de estabilización, non se contemplo tan sequera a posibilidade de seguir o que un dia viuse truncado pola guerra, seguir cunha Terceira República.

Actualmente a situación política de España é clara, existen dous partidos maioritarios que se reparten o control de case o 90% de todos os españois, dous partidos de dereitas, coa única diferenza de que cada un serve a unha parte diferente da oligarquía española, pero que comparten unha forte convicción, que o sistema capitalista é o mellor dos sistemas posibles para o mundo e para España e de que é a Monarquía parlamentaria o modelo de estado necesario e único para manter a estabilidade de devandito sistema.
O resto das forzas políticas minoritarias en España ou son nacionalistas ou non pintan nada, e no caso das nacionalistas coinciden coas maioritarias na súa formulacións principais : capitalismo e monarquía.
Con semellante situación é un absurdo exporse a instauración da Terceira República a curto ou medio prazo, xa que non hai suficientes republicanos e os partidos de esquerdas que estarían polo labor non teñen forza suficiente.
Con todo a longo prazo se que é posible, pero para iso, para avanzar cara a ideas republicanas, de corte liberal, democrático e social é necesario facelo desde posturas intelixentes, recoñecer e aceptar as limitacións reais que existen na actualidade e intentar corrixilas.
O cambiar a mentalidade capitalista da gran maioría de españois é unha tarefa difícil e improbable polo menos a medio e curto prazo, pero non é imposible a longo prazo.

Algo importante para avanzar neste sentido é informar e sensibilizar á sociedade bipartidista de que unha vez España tivo unha clase de goberno que a fixo avanzar no social e económico en moi pouco tempo e que a situación pola que pasamos actualmente, esta crise, non é máis que o froito dunha sociedade capitalista orientada a sustentar a unha minoría acomodada de novos ricos, políticos e aristócratas á conta dunha maioría humilde e traballadora, que esta sendo vilmente manipulada por medio dun contante bombardeo propagandístico en prensa e televisión, para crer que o sistema que hai é o único valido e que todo o demais non funcionaria.
Iso é o que debemos recordar o día 14 de Abril, que un Estado republicano unha vez funciono e que é posible realmente cambiar as cousas nos nosos días cara a un sistema mais igualitario e xusto para todos.
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-04-2010 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 Sería precioso instaurar una III república, pero Sr. Regal baje de la nube, a quien le importa un sistema igualitario y justo para todos? La gran mayoría se preocupan de sus intereses particulares y les importa un carajo todo lo demás. Los 4 gatos que estamos concienciados, sufrimos mucho más viendo las asquerosas diferencias sociales, y mientras tanto los ricachones indeseables deseando que cada vez seamos más pobres y más ignorantes.
Voy a relatarle una historia que sucedió hace unos pocos años y que revela el sentir de la mayoría de la gente "acomodada" como se denominan ellos.
#blgtk08#> Uno de los hijos de una de estas familias, era el tipo más burro del planeta, a su lado había un niño de una familia muy humilde, pero un coco, el hijo puta del ricachón, le dejaba los libros, sólo durante el breve tiempo del recreo, que el otro aprovechaba con toda su ansia, a condición de darle patadas. Esta es la educación que los ricos dan a sus vástagos? pues vaya mierda. La desgracia ya es tener que convivir con esta gente y sentir la impotencia que se siente deseando que los demás tengan las mismas oportunidades que ellos, puesto que muchas veces los merecimientos son muy superiores.
Comentario por tostada (14-04-2010 15:14)
2 Tostada estas a ser a comentarista que mais me gosta do blog....toda a razon...tes toda a razon, como diria meu abó mais que un santo. pero un grau non fai un ferrado pero axuda a os outros a facelo, un e ademais de ateo, ecoloxista republican e hoxe, por o menos #blgtk08#e a miña festa a festa dos que creen na republica e todo o que representa.
Referente o que contas, casos similares coñezo, pero o peor e que o idiota cando foi grande chegou a ser "pdre de la patria" e o listo non saeu de pobre....
Saude e Republica.
Comentario por Otero Regal (14-04-2010 15:25)
3
Pode haber outra República? Penso que primeiro a xente ten que saír á rúa e pelexar contra os exceso#blgtk08#s da clase política. Se non é así, non creo que poida haber un cambio tan radical...

Un saúdo!
Comentario por Pablo (14-04-2010 15:36)
4 El 14 de abril no fue el día que empezó la República en España. Las elecciones municipales, en las que ganaron los candidatos monárquicos, fueron el día 12, y el día 14 sí hubo un movimiento en torno a la Puerta del Sol y tanto allí como en el Palacio de Cibeles se llegaron a izar banderas republicanas", explicó. Sin embargo, el Gobierno saliente insistió en que no se proclamara de forma efectiva#blgtk08# la República hasta que el rey Alfonso XIII llegara a Marsella, lo que no ocurrió hasta el 15 de abril hacia las 10 horas, cuando "todos los ministros del Gabinete de Crisis entregaron el Gobierno provisional a Niceto Alcalá Zamora". "Así que todo el día 14 de abril de 1931 el Gobierno español fue el de Alfonso XIII y no fue hasta el día 15 que el Rey llegó a Marsella que se proclamó la República
Comentario por Perez (14-04-2010 15:41)
5
O 14 de Abril, sempre no recordo, sabendo que, como non pode serde ou#blgtk08#tro xeito, España, mañá, será republicana.

¡¡Viva a República!!
Comentario por Foz (14-04-2010 15:43)
6 A II República a escarallou a esquerda radical. A II República foi unha boa cousa nas máns dos fascistas de esquerdas, que utilizaron á xente humilde pra tentar impoñer un réximen stalinista. Lembremos o primeiro golpe de estado que houbo nesa II República:

Iniciouse en asturias no ano 1934. Nese anos producíronse eleccións en España, que gañaron as dereitas. Os radicais de esquerdas no acetaron os resultados e así en Oviedo o PSOE e maila UXT proclaman a República Socialista Asturiana... o seu propio nome indica de qué estamos a falar. Os rebeldes que dispoñían de armas e dinamita estaban moi ben organizados. Asaltaron os cuarteis da Garda Civil, as igrexas e os concellos. en tres días dominan o principado e 30000 obreiros forman o Exército Roxo. A República enviou ao exercito, comandado polo Xeneral Franco e outros, que sofocaron a revolta cunha violencia sin parangón. Houbo mortos a esgallo. A república o considerou desde un principio coma un golpe de estado e unha guerra civil en toda regla.

Segundo a historia que hoxendía se tenta ocultar, a primeira tentativa de golpe de estado a levou a cabo o partido socialista, que non aceptou os resultados das elecións. Nembargantes os manipuladores da hi#blgtk08#storia agochados no enxendro ise chamdo memoria histórica, pretenden borrar dos libros este feito. No 34 houbo un golpe de estado de esquerdas que fracasou. No 36 houbo un golpe de estado do exército que triunfou. Eu aborrezo tanto un coma outro. Pero a casta progre só critica un e pretende que se esqueza o outro. A II república foi un fracaso porque había un fascismo de dereitas e outro de esquerdas. Por sorte en 1978 os españois decidimos aprobar unha constitución que nos representa a todos e que supera eses dous extremos. Algúns desmemoriados e radicais de esquerdas que van de progres e que son uns intolerantes perigosos pretenden impoñer o extremismo de esquerdas baixo a bandeira da II República. Pero hai moita xente que cree no estado dereito e que coma min di : ¡Viva a Constitución do 78! é o único que merece a pena defender, o que pasou fai 80 anos foi unha desgraza que debería quedar só para a analise dos historiadores e non dos políticos. A bandeira republicana é tan inconstitucional coma a do aguilucho e a min calqueira das dúas prodúceme moito medo e pesadelos. A bandeira que une aos españois é a que aprobamos todos en referendum na constitución do 78. ¡Viva o Rey Juán Carlos! ¡Viva a ESPAÑA democrática nacida no 78!
Comentario por Un pouco de historia se manipular (14-04-2010 16:50)
7 A mi es que sonceramente me da igual monarquia que Republica, tal vez sea por desconocimiento del funcionamiento de la segunda.

Eso si la bandera Republicana es una jarta de fea, ese morao ahi pega muy poco#blgtk08#.

Felicitaciones a todos los Republicanos en su dia. No estaria de mas que algun entendido en la materia me explicara como si lo hiciera a un niño de 6 añitos en que consiste la Republica y sus beneficios.
Comentario por Peña (14-04-2010 18:40)
8 Hoxe celébrase o septuaxésimo noveno aniversario da proclamación da Segunda República Española. Si, a que se cargaron os militares ao mando do nefasto xeneral Franco, alias "o generalísimo". Si, a que, tras a morte do ditador, e utilizando o señuelo dunha Transición pacífica cara á democracia, serviu para colocarnos a outro Borbón á fronte do Estado. E ao mesmo poder xudicial. Si, ese que non deixa a Garzón investigar os asasinatos que cometeron

Non necesitamos o tutelaje dun rei que, por certo, xunto coa Igrexa, apoiaron e formaron parte daquel réxime ditatorial e aínda, 29 anos logo da morte do sátrapa militar, non manifestaron publicamente a súa condena ao mesmo.

No record#blgtk08#o, os millóns de españois que perderon a facenda e a vida pordefender a Segunda República, moitos dos cales aínda están tirados nas putas cunetas para verguenza e orpobio de todos nós.

No seu nome, imos cara á Terceira.

Que Juan Carlos de Borbón sexa o último rei.

A democracia non é perfecta se che impón ao xefe do Estado. Ha de saír das urnas, non de ningún berce. Négome a ser súbdito de ninguén. Moito menos contribuír ao financiamento da regalada vida de toda a gorrona parentela do Borbón.

Mentres, o 14 de Abril, sempre no recordo, sabendo que, como non pode serde outro xeito, España, mañá, será republicana.

¡¡Viva a República!!
Comentario por Benchosei (14-04-2010 18:41)
9
A min, nestes momentos, dáme igual unha monarquía que unha república. Pero ás veces penso que se unha República estivese presi#blgtk08#dida por Aznar, aterraríame e entón prefiro ao Borbon que molesta menos e parece máis transparente (aínda e con todo o que se sospeita).
Comentario por Mega (14-04-2010 18:44)
10
Uyyyyyyy, acábome de quedar pampa ao ler a túa entrada, pois non é frecuente ler nin escoitar nada sobre política medianamente intelixente nos días que corren.
Xa me gustaría a min a instauración dunha III República, pois considerome republicana de pensamento e de corazón.
Faime grazas cando hai xente que me di... Pero que máis dá ter un rei ou un presidente da República?. Hai que ser moi simple para pensar así... Poden chegar a ser o mesmo, pero evidentemente non chegan a ese posto da mesma xeito. A min me repatea o fígado ter a un señor e á súa longa prole vivindo á miña costa e que encima non sexa elixido, senón que a cousa pase de pais a fillos, por moi idiotizados que sexan estes. Ten tea a cousa...
Tamén opino como ti respecto dos dous partidos maioritarios neste país: dereita pura e dura que perpetúa un estado de cousas conveniente para eles e os medios#blgtk08# de comunicación (TODOS) que serven a este obxectivo. E todos tan contentos pensando que nunhas eleccións estamos sendo realmente libres para decidir... Para decidir que?. Eu si voto, ao que se achega máis ao meu xeito de ver as cousas... Que tamoco quere dicir que comulgue ao 100% coas súas premisas, pois non...
España non está preparada, nin de lonxe, para afrontar un simpático e limpo do noso sistema, do mesmo xeito que Europa tampouco, nin o mundo enteiro... O capitalismo tennos sorbido o miolo e mentres pensemos que somos libres, mentres non saibamos entender que non o estamos sendo, non poderemos ir un paso máis aló. Por favor... se o día máis importante para moitos foi o sabado porque xogaron Madrid-Barça!!!!!.
Non me enrolo... que cando me dan cancha son peor que unha persiana.
Un besote e grazas por unha entrada tan estimulante.
14 de abril de 2010
Comentario por Lupe (14-04-2010 18:48)
11 Para la coalición de izquierdas, la Corona es "la negación de la igualdad ante la ley al considerarla inviolable e irresponsable". Así lo ha hecho público el partido a través de un comunicado de prensa con motivo del 79º aniversario de la Segunda República.

IU, según informa Efe, considera que "no habrá una democracia plena" mientras existan ámbitos del Estado al margen de la elección popular. La actual monarququiía consitucionalñ es "la clave de bóveda de la persistencia de toda la estructura de dominación económica, jurídica, social y militar heredera del franquismo" El rey no ha sido el único en recibir las críticas del partido; la banca, cuyos beneficios son "insultantes" según explica la formación, se encuentran entre los elementos a cambiar por el "movimiento republicano".

Los pilares de este movimiento también se encuentran definid#blgtk08#os en el comunicado: debe ser "portavoz" de la memoria histórica y "cauce" de las aspiraciones democráticas y del cambio social "anhelado" por sectores populares "cada vez más amplios".

Por eso, para Izquierda Unida, que desplegará una bandera tricolor de 100 metros en la madrileña Puerta del Sol, el estandarte tricolor expresa "el rechazo a un orden social en el que la desvergüenza, la impunidad y la corrupción parecen avanzar sin freno".

Las "sangrantes" cifras de parados, la "malformación" del vigente sistema electoral o la necesidada de una "educación laica" concluyen las reivindicaciones del partido político durante el aniversario. El punto final del comunicado lo firma una mención al instructor del juzganado nº5 de la Audiencia Nacional: "Por la solidaridad con la labor representada por dignas personas como el juez Garzón".
Comentario por Madrid (15-04-2010 08:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal