A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MAIS CA CHOIBA,….¡ ORBALLADA!
Algúns dias cando me levanto exercendo como cidadán de a pé e despois de tomar o café, as torradas e o zumo de laranxa, póñome a ler a prensa, fico acolloao, escéptico e casi negro do cabreo e sensación de que estanme a tomar “ a cabellera “ como si fose un gringo en terras apaches.
Levan os politicos unha semana vendéndonos o petróleo de grandes Inversións na bisbarra, asi anuncian a bombo e platillo que en entre Viveiro e Cervo e Barreiros van a repartir 7 millons de euros.
Apurouse o “lider do partido conservador da bisbarra en mandar a o seu “xefe de prensa” que cantara as corenta en bastos anunciando o asunto con titular incluido “Chuvia de millons para a comarca” dice o diputado, pois analizando un pouco a cousa non é para tanto ,a choiva quédase nun horbañillo mañanceiro de nada. Pois dividindo os sete millons entre os habitantes de Viveiro, Barreiros e Cervo da unha inversion de 291,66 euros por habitante, pero en varios anos pois o “maná prometido e para varias anualidades, mais ainda no caso de Barreiros.
No caso de Barreiros o asunto ten moito que rascar, pois aquí, terian que recordar os politicos o mais tonto foi para Suiza e fixo reloxos, deixouse campear a o “Ladriño campeador” sin ter corredoiras auga, recolle lixo e outros servicios minimos que según a lei do solo de Galicia son imprescindibles para levantar un edificio, e de aqueles lodos ahora “Xan Povo” ten que acoquinar mais de 14 quilos dos europeos para enmendar a merda.
No caso de Viveiro, quedeime abraiado de cómo entenden a democracia os nosos representantes pois o señor alcalde explica aquí que o 1.250.000 euros divídese en duas de 600.000 e 650.000 euros o que siñifica que a “chuvia” reducese a unhs 40 euros por vivieres e ano. Pero ademais a cousa ten trampa, por o menos, cazicada e amaño trampulleiro polo mais pois Don Melchor Roel di: “Este convenio es producto de una negociación y participación directa del presidente de la Diputacion Provincial, Jose Ramon Gomez Besteiro, mediante la cual la misma cantidad de dinero que aporta la Diputacion para infraestructuras en Barreiros es la que tiene que aportar la Xunta en Viveiro.
¿entendeno vostedes? Eu non, pero dedúcese que por cada perrachica que poña un en Barreiros outra perra chica para Viveiro. O mais grave do asunto e que un sintese confuso pois a pesares de que xa ten craro que a choiva e mais ben escasa agora non sabe si o orballo de Viveiro a mandou o PP ou o Psoe, unha mago, unha confusion e poucos cartiños.
Meu abó Xesus de Regal tiña unha fraseciña adecuada para cando alguén presumia moito de pouca cousa “Chufa carrizo que estamos no inverno” eu engadaria outra para xustificar o asunto. Desta Sobervia dos nosos politicos entendendoa como vicio mediante o cal unha persoa desexa a preferencia encol de calquer outro, por orgullo e vanidade, unha paixón incontable por facerse notar, vamos en lenguaxe coloquial. Figuróns da politica.
Otero Regal
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-04-2010 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Os Concellos seguen estando de actualidade. Levamos tres décadas de réxime local constitucional e o descontento municipal continúa. En principio, isto non debería ser así. Primeiro, porque a propia regulación da autonomía local parece suficiente. Ademais da Carta Europea de Autonomía Local de 1985, a Constitución española abre o seu Título relativo a organización territorial do Estado, dispondo que ?O Estado organízase territorialmente en municipios, en provincias e nas CCAA que se constitúan. Todas estas entidade#blgtk08#s gozan de autonomía para a xestión dos seus respectivos intereses?. E, máis adiante, varios preceptos dedican unhas mínimas regras á Administración local, isto é, aos municipios e ás provincias. Aos municipios para dicir que a Constitución garante a súa autonomía e que ?as Facendas Locais deberán dispor dos medios suficientes para o desempeño das funcións que a lei atribúe ás Corporacións respectivas e nutriranse fundamentalmente de tributos propios e de participación nos do Estado e das Comunidades Autónomas?.
Comentario por Concellal (14-04-2010 08:20)
2
Se non teñen diñeiro, que reduzan os soldos que gañan os al#blgtk08#caldes e demais. Que reduzan a nómina de funcionarios "ben pagádos".
Comentario por Covas (14-04-2010 08:22)
3 Señor Otero Regal. Non mesture, non confunda ao persoal, non interprete#blgtk08#, non faga demagoxia, nin poña en boca allea cousas que non se dixeron.
Comentario por B. (14-04-2010 08:23)
4 O chufón máis grande cai en Viveiro é Melchor Roel... debémoslle a nosa existencia. Todo o bó e gracias a él e todo o malo é culpa dos demáis. Fixaivos que no libro pregón da Semana Santa de maneira moi sibilina tenta adxudicarse a evolución e mellor#blgtk08#a deste acontecemento en Viveiro. Cecais por iso non perdeu unha procesión. De milagro non presidiu as procesións dos nenos.
En fin, iste é Roel... un tipo an quen lle debemos todo, e non se corta en facelo ver. Ten periódicos que lle axudan.
Comentario por O máis chufón é Roel (14-04-2010 12:04)
5 Acaso non e certo que o Sr. Roel intenta mellorar a semana santa? As subvencións do concello non teñen nada que ver coas que daba o pp, que limitábase a poñer a banda de música e punto. Si non estou mal informada o que daba o pp eran 300.000 das antigas pts. os a#blgtk08#ctuais dan 60.000 euros. Recordo que cando entrou este goberno a xente non facía mais que dicir que a semana santa íbase a pique, e eles intentaron todo o contrario, mellorala e engrandecela apoiando a todas as confrarías. Nunca estades contentos carallo.
Comentario por tostada (14-04-2010 14:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal