A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

REGALXUNQUEIRA: XA SOMOS MUSEO

A Xunta recoñece como colección visitable a compilación etnográfica e de cerámica Regal-Xunqueira en Viveiro
SANTIAGO .- A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pretende revalorizar unha mostra destacada da arqueoloxía industrial galega no ámbito dos curtidos e, pola súa vez, converter o complexo nunha plataforma de difusión da historia do proceso de elaboración da cerámica.

O Consello da Xunta recoñeceu, autorizou e cualificou como colección visitable a compilación etnográfica e de cerámica Regal-Xunqueira, que garantirá a permanencia dun proxecto innovador na recuperación do patrimonio industrial galego. Con esta iniciativa, a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pretende revalorizar unha mostra destacada da arqueoloxía industrial galega no ámbito dos curtidos e, pola súa vez, converter o complexo nunha plataforma de difusión da historia do proceso de elaboración da cerámica.

Este proxecto contribuirá a difundir unha das partes menos coñecidas actualmente do noso patrimonio cultural en todo o relacionado coa arqueoloxía industrial, creando un punto de referencia nunha futura rede centralizada en Sargadelos. Esta iniciativa é un elemento de vertebración na comunidade en que se insire, a Mariña de Lugo, por mesturar a tradición artesanal na elaboración de cerámica e a reación dunha plataforma de dinamización cultural. Deste xeito, búscase diversificar a oferta turística da comarca, permitindo desestacionalizar o turismo e achegar visitantes aos concellos do interior.

Os fondos do complexo son de tres tipos: fondos museográficos, (que inclúen dúas coleccións, a artística e a etnográfica), biblioteca especializada en arte e fondos documentais da antiga curtiduría. A colección artística dos fondos musegráficos está formada por obras pertencentes ás arts aplicadas (cerámica) e ás belas artes (debuxo, pintura, escultura…) expostas, na súa maior parte, no Centro de Arte Cerámica incluíndo moldes, matrices e estudos sobre a creación dalgunha das obras expostas. A colección etnográfica está formada por pezas procedentes da fábrica de curtidos expostas no antigo muíño e documentos da antiga curtiduría.

Con estes fondos téntase dar a coñecer, por unha banda, tanto a historia da fábrica de curtidos como o proceso industrial que se levaba a cabo, desde a materia prima que se utilizaba ata o produto elaborado, e por outra, o proceso de elaboración das pezas cerámicas.

Fábrica-museo

O complexo Regal-Xunqueira comprende unha área aproximada duns 2.140 metros cadrados distribuídos en diversas edificacións e dependencias, así como unha zona central dedicada a xardín. Nesta parcela desenvolveuse ata o ano 1962 a actividade industrial dunha fábrica de curtidos que chegou a ser a máis grande de Galicia.

Despois dunha intervención arquitectónica que permitiu tanto a rehabilitación total da parcela como a dos edificios que a compoñen, as antigas instalacións convertéronse nun complexo onde se mesturan a elaboración de pezas cerámicas e a actividade museística e cultural. Dentro do taller de cerámica están incluídos o obradoiro de pezas orixinais, o obradoiro de barros, de decoración e retocado, de xerigrafía, de invitados e bolseiros, fornos, secadoiro, almacén de moldes, almacén de serigrafía e de matrices. Xunto á area de cerámica está a área comercial que consta de tenda, oficina e almacéns.

As instalacións que abranguen a área cultural son o Centro de Interpretación da Fábrica de Curtidos, o Centro de Arte Cerámica Regal, unha biblioteca especializada en arte e cerámica, a editorial, sala de actos, sala de exposicións temporais, zona de exposición de escultura no xardín central, taller e residencia de bolseiros.
Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-03-2010 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
16 Comentario(s)
1 Seica levas moito tempo xestionando este recoñecemento ao teu proxecto cultural. Nora Boa pois. O traballo constante sempre ten froitos.

Foi co PP na Xunta de Galicia como acadeche este merecido recoñecemento para as túas instalacións. O Anterior goberno bipartito só te puxo problemas e obstáculos, sobre todo o BNG, que ten unha visión moi sectaria e reduccionista do que é a cultura, e así lle vai.

Eu alégrome que acades co PP o que che negan quen en teoría son os teus, os da túa ideoloxía. Só hai que ver coma te tratan tanto na Diputación (#blgtk08#nunca mellor que con Cacharro) coma no concello de Viveiro.
Pra esquerda, á cultura só representa un medio para acadar fins políticos... todo o demáis son mitos e falsedades. Fixaivos senón nun tipo coma Willy Toledo, que ten coma hourizonte ideolóxico a ditadura castrista.

Regal, en todo caso, pensa como queiras, fai o que chea dea gana, critica o que teñas que crticar e a quen teñas que criticar... a esquerda marxinarate por sere un libre pensador. Sempre che quedará o PP para recoñecerte o teu traballo, mérito, capacidade, esforzo e innovación.
Comentario por Xurxo (06-03-2010 11:53)
2 Parabéns dende Cabozo.com, a rede social galega nada en Viveiro.

Respecto ao comentario 1... Cando se deixarán de politizar bens comúns que deberían ser defendidos por uns e por outros?
#blgtk08#
Xa cansa o partidismo político. Ao final ides rematar coa pouca afinidade social que queda para cos políticos.

Merecedes, tanto uns coma outros, a maior abstención política da historia.
Comentario por LexnaLof (06-03-2010 16:45)
3 Magnifico, felicitacións. Isto é o resultado de xentes que se dedican a vivir traballando nas súas respectivas actividades, e de pas#blgtk08#o que o fan dedican unha parte do seu tempo a unha actividade social, iso , para os que entenden e non insultan chámase EXCELENCIA.
Comentario por Juanjo (06-03-2010 16:57)
4 La Xunta reconoce como museo el complejo Regal-Xunqueira
En el centro se mezcla la elaboración de piezas cerámicas con actividades culturales
Fecha de publicación:
6/3/2010
El artesano y ceramista Alfonso Otero Regal expresó ayer su satisfacción tras el reconocimiento, por parte de la Xunta, como museo del complejo etnográfico y de cerámica Regal-Xunqueira, que el mismo dirige en Viveiro. «Estou moi contento porque detrás desta mención hai moito traballo, xa que o proxecto inicial co que solicitábamos oficializar estas instalacións como museo presentouse hai xa seis anos», afirmó
Desde la Consellería de Cultura e Turismo, a través de la Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, apuntaron que con esta mención «preténdese recoñecer, autorizar e cualificar como colección visitable as instalacións, ao mesmo tempo que #blgtk08#revalorizar unha mostra destacada da arqueoloxía industrial galega no ámbito dos curtidos e da cerámica».
Otero Regal abundó en su alegría, «xa que non só recoñeceron o que nos pedíamos, senón todo o complexo integramente, o que nos enche de orgullo», manifestó. Asimismo, expresó su gratitud a Noemi Orol, Lucía Bouza e Neves Seara, «tres mulleres que dedicaron moitas horas a este proxecto», recordó.
Críticas a las administraciones
El ceramista criticó la actitud de las administraciones local y provincial en los últimos años: «Non recibimos ningunha axuda e sempre nos ignoraron, a pesar de que nós non cobramos por visitar as instalacións e non pedimos cartos, só un pouco de aprecio e que Regal-Xunqueira apareza nas guías turísticas». Finalmente, brindó el uso de las instalaciones a cualquier asociación viveirense que lo desee.
Comentario por LA VOZ DE GALICIA (06-03-2010 17:37)
5 O complexo de REGAL XUNQUEIRA ten que calar en Viveiro e en toda a costa norte de Galicia como dinamizador dun renacer do interese polo artístico. Fai uns días paseando por ali, visitando os seus museos, as súas estancias e xardíns, pronto me dei conta do importante número de xente que estaban contemplando distintos recunchos do monumento, paseo moito pola Alhambra en Granada e igualmente atopamos o mesmo fenómeno, pero agora vexo máis xente interesada en captar a beleza de cada recuncho, é un momento de enriquecemento cultural que vén acompañado do bo momento económico que vive Europa, a #blgtk08#pesar desta crise que en 2008 comezou a preocupar, o certo é que Europa está cada vez máis cerca que lonxe dun estado de benestar e o enriquecemento cultural atopa bo mecenas na riqueza do pobo.
O turismo cultural é un aliado perfecto para destinos como o desta comarca, achegan viaxeiros fóra de tempada e igualmente o turismo cultural incide moito no turismo de eventos que en pequenos encontros e congresos comeza a dar resultados sorprendentes .
Aqui non só se pode vivir do turismo de Praia.
Con estas instalacions museisticas e sen dúbida Viveiro unha cidade de cultura.
Comentario por Guia turistico (06-03-2010 18:06)
6 Os museos son riqueza cultural dos pobos, parte do seu patrimonio histórico, etnológico #blgtk08#e artístico reflexo do seu quefacer nos séculos, das distintas culturas que os poboaron.
Comentario por Santiago (06-03-2010 18:06)
7 Un museo sin cultura del arte es como#blgtk08# una lavadora sin calcetines.
Comentario por Juan Cordero (06-03-2010 18:15)
8 Ya comenté una vez que no comparto la mayoría de tus idea, pero admiro tu espiritu emprendedor, y más en u#blgtk08#n pueblo que lleva varios años estancado en la faceta cultural y empresarial. Enhorabuena Regal.
Comentario por viveirense77 (06-03-2010 20:06)
9 La Xunta reconoce como colección visitable los museos de Otero Regal
A Mariña (Viveiro)

El Consello da Xunta reconoció como colección visitable los museos etnográfico y de cerámica de Regal Xunqueira, creados por el empresario Alfonso Otero Regal con el asesoramiento de tres expertas en Arte, Noemí Orol, Lucía Bouza y Neves Seara, que es la actual directora. La distinción supone un espaldarazo al incansable trabajo cultural del creador.

El complejo recibió 4.400 visitas en 2009. La entrada es gratuita y sólo se abona cuando incluye alguna actividad complementaria. Puede visitarse de 9.00 a 14.00 y de 16.00 a 20.00 horas, de lunes a sábado, y los domingos, de 11.00 a 14.00 y de 17.00 a 20.00 horas. La Dirección Xeral do Patrimonio pretende revalorizar esta destacada muestra de la arqueología indus#blgtk08#trial gallega en el ámbito de los curtidos y convertir el complejo en una plataforma de difusión de la historia del proceso de elaboración de cerámica.

Los museos formarán parte de una futura red centralizada en Sargadelos y que tendrá como punto de referencia el complejo Regal Xunqueira, a fin de diversificar la oferta y desestacionalizar el turismo. Aparte de los citados, también tienen ese reconocimiento los museos del Obispado y el Museo do Mar de San Cibrao.

Otero Regal, que abrirá este mes el centro didáctico y prepara una amplia y diversa programación para este año, que abarca la muestra Guernica: unha obra para a paz, que inaugurará en Semana Santa, reclama el apoyo de las administraciones, sobre todo Concello y Diputación, para divulgar el proyecto, así como su inclusión en las guías turísticas.
Comentario por EL PROGRESO (07-03-2010 09:44)
10 Nora boa Regal, eu entendo a túa alegría, pero en Viveiro,neste momento, a noticia está no PP, que está que ferve.

Dín que o asesor de Leal é o mesmiño ¡MELCHOR ROEL!, ver para crer, o Alcalde metido de cheo nuha operación de desetabilización da oposición. É no que se entretén este home, a falta de ideas pra mellorar o pobo.

Según parece, Roel vai de tasca en tasca presumindo a todo presumir de que ten controlado ao portavoz municipal do PP... tamén di que lles asesora para que saiban como poden facer máis dano a Aja... ten posto a disposición dos cinco rebeldes toda a maquinaria legal que precisen pra que prolonguen o máximo que se poida esta situación.

Roel está que non cabe en sí de gozo. Aniquilou a oposición interna no PSOE, na que,por certo, ti Regal eras un baluarte importante, agora intenta unha operación de aniquilación da oposición no concello, con Leal como ariete pra dividir todo o que poida ao PP.

A cousa ten un gran atrativo. Hoxe os cinco independ#blgtk08#entes do PP xa falan, bueno, moven a boca...quen fala é Roel, que é quen lles da as ideas.

Tamén llas solta ben clariñas Aja... Leal só quere os cartos da Diputación... todo o mundo o sabe, Leal está aos cartiños...pero os outros catro
¿A qué andan? síntense ben presidindo actos municipais, indo nas procesións e tendo unha vista inmellorable da mostra folclórica diante de todo... con iso lles basta.

En fin, Roel trouxo o desmadre a viveiro, somos noticia fora do municipio por trapalladas, damos unha imaxe penosa, só faltaba un espetáculo de disensións dentro dos partidos, e xa o temos... Primeiro foi no PSOe onde case chegan as máns... agora lle toca ao PP, onde cinco rebeldes pensan que gracias a eles chcegou outro aire á política: no cabe dúbida, una aire pestilente e noxento.

Leal, Raquel, Suso Pata, Pardo e Vanesa, se tedes un pouco de dignidade alexaivos dos consellos interesados de Roel e ídevos pras vosas casas, xa fixéchedes bastante dano á democracia e ao pobo.
Comentario por Xosé (07-03-2010 10:24)
11 Enhorabuena al Sr. Regal y al pueblo en general ,todo lo que supone enriquecimiento cultural es positivo.El complejo e#blgtk08#s una pasada yo estuve en una ocasión y me quedé impresionada, la verdad, el merecimiento es más que patente.
Comentario por tostada (07-03-2010 15:57)
12 mi mas sincera#blgtk08# felicitacion
Comentario por un (07-03-2010 20:24)
13 Gracias a todos os que me destes a enhoraboa...de corazón, tamen #blgtk08#os que o fixeron por telegfono, en persoa, por email....gracias.
Comentario por Otero Regal (08-03-2010 14:44)
14 Gracias a ti por tu trabajo, Regal. Lo que cuenta son los resultados; y tú, un particular, has conseguido que en Viveiro exista un museo. Y los mangantes que hay en el concello no han logrado nada, a pesar de que tienen muchísimos más medios económicos y humanos que tú y que llevan años prometiéndolos.

Recomiendo la felicitación que se te hace en "Viveireando" y de paso recuerdan todos los museos#blgtk08# prometidos por Melchor y que no se han hecho ni se harán.:
http://www.blogoteca.com/agullademarear/

Recordemos también que en el año de Maruja Mallo se le hacen homenajes en todo el territorio nacional menos en su pueblo natal. Ni gobierno, ni la servil oposición formada por el "Leal a los 30.000 euros" y sus cuatro traidores se han molestado en aprovechar este año para impulsar Viveiro.
Comentario por viveirense77 (08-03-2010 16:51)
15 ncrédulos hai que negan a existencia da Rede Museística Municipal.
E agora que a Xunta vén de recoñecer un novo Museo en Viveiro é o momento de pór ao día a estes impíos.
Ao Etnográfico da Misericordia, ao#blgtk08# Nabal que comparte edificio, ao de M. Mallo no Pazo do Cristo dos Malates, e ao Centro de Interpretación da Semana da Paixón vense sumar agora o de Xunqueira.
Ao curtido promotor, parabéns, e… dálle que non ve!
Comentario por VIVEIREANDO (08-03-2010 19:13)
16 Querido AMIGO: Eres un lujo para nuestra comunidad de ciudadanos, para nuestra estirpe de libertarios, para nuestra#blgtk08# generación que, ni se compra, ni se vende...Y, por si fuera poco, nos regalas un MUSEO.
Gracias, compañero.
Comentario por Pablo A Mosquera (28-03-2010 12:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal