A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MERCASE OURO
Viveiro tamén ten unha tenda desas que se anuncia como “MERCASE OURO” , Ribadeo tamén, según os papeis abreu unha similar , a crise, din que é a responsable de que voltemos as “casas de Empeño” ou os “Montes de piedad” que agora chamanse doutra maneira, pero o fin e o mesmo,: En caso de necesidade apremiante, conseguir unhas perras vendendo aquelas xoias, aneles de boda, colares e todo o que luza e reluza.
Como se trata de libre mercado tratei de saber a como pagaban o ouro estas tendas e a resposta foi : Entre 13 e 14 euros por gramos de ouro. Iso si, ouro de 18 kilates, que está lonxe de ser ouro puro (en concreto 18 kilates equivale a 750 milésimas.
Quedeime absolutamente alucinado porque eu, hoxe por hoxe, pagaría a 24 euros por gramo todo o ouro que me quixeran traer. Comprar ouro a 14 euros é estafar á xente que está desesperada e vese obrigada a vender as súas xoias. Eses prezos están moi por debaixo do que os xoieiros pagan para comprar ouro para facer xoias!. Como non sabía se era só esas tendas as que funcinaban de ese xeito, puxenme a buscar na web e resulta que é o que se está pagando: entre 13 e 14,5 euros por gramos de ouro de 18 kilates. Ao final vin unha morea de webs onde comprase ouro puro a uns 19,5 euros. Toma xa!. Pero si ven pagandose nos prezos oficiais a de 26 euros o gramo!!!

E é razoable que paguen menos polo ouro que o prezo oficial, xa que despois terán que desmontar as xoias e posiblemente fundir o metal, o cal tamén é un traballo e un custo. Por iso págase mellor un lingote de ouro que oro en aneis, cadeas e outras chatarras. Pero aínda así, máis dun 40% de marxe de beneficio.

Podo entender que haxa xente que se vexa necesitada de diñeiro e teña que vender as súas xoias. E tamén que haxa xente que non quiera para nada os seus antigos aneis e prefira facelos diñeiro, pero levalos a estas tendas que pululan por todas partes non é a mellor opción. Simplemente facendo que as xoias foran adquiridas polo monte de piedad sacaríase bastante máis diñeiro. Non quero por exemplos concretos, porque non entendo de xoiaría e calquera podería dicir que a devandita xoia non só ten un valor no referente a metal, senón tamén o seu deseño. En calquera caso, as poxas do monte de piedad de Caja España, por ejemplo, adoitan ter uns prezos que rondan arredor dos 23 euros o gramo de ouro, o cal é un prezo axeitado. E non nos confundamos, a maioría dos que compran nos montes de piedad son os mesmos xoieiros , mentras estes outros pagan o ouro a 14 euros o gramo cando ven que o comprador está desesperado.
Otero Regal
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-01-2010 07:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 Cando ven que o vendedor este desesperado amigo mio, non o comprador. Compra#blgtk08#dor estafa, vendedor é o que o pasa mal. Son ultímalas tres palabras
Comentario por Covas (28-01-2010 14:30)
2 Uno cuando tiene un negocio es para ganar dinero. Para perderlo siempre hay tiempo.

Esto es como si en un bar de copas el día 31 de diciembre sirven el cubata a 10€, claro que es un robo, pero e#blgtk08#l “gerente” por no decir otro nombre al responsable/propietario del bar se aprovecha de las “necesidades alcoholicas” del personal.

Esto es como todo en la vida, un negocio como otro cualquiera.
Comentario por Paco (28-01-2010 14:30)
3 BO… é o libre mercado, ninguén obriga a ninguén a vendero…poderá ser un negocio inmoral, pero calote, non é.

#blgtk08# Moito máis “estafo” é pagar 120 euros por un Nike cando por 40 euros (un 66% menos) tes unhas Paredes da mesma calidade…
Comentario por Foz (28-01-2010 14:32)
4 Los joyeros habitualmente venden las joyas con unas ganancias del 100% sobre el precio del mayorista#blgtk08#, igual que hacen los que venden tu ceramica así que un beneficio del 30% debe parecerles ridículo.
Comentario por Nat (28-01-2010 14:33)
5 O que adoita pasar é que neste tipo de tendas non asinas ningún papel, non tes#blgtk08# que demostrar procedencia das xoias, etc. supoño que me entendes!!!!
Comentario por Oskar (28-01-2010 14:33)
6 Timo?, máis ben sería estúpida a xente que vende o ouro tan barato. O mundo vaise a acabar, grazas a que nos esgazamos as vestiduras defendendo a estúp#blgtk08#idos en mans dos máis abusados.

O que quiera vender o seu ouro a medio euro, que o faga, basta de andar protexendo a estúpidos.
Comentario por Artemisa (29-01-2010 09:41)
7 Moi ben e xa que é un timo comprar ouro de 18kt a 14 euros#blgtk08# gramo a canto este disposto a pagaro túa?

Comentario por Calote (29-01-2010 09:43)
8 esos sitios son un poco raretes, yo siempre me imagino ent#blgtk08#rando a uno y recibiendo un tiro en el pecho o algo así..
Comentario por Jordi (29-01-2010 09:47)
9 Eu sempre que paso vexo xente ali, supoño que vendendo as xoias, mulleres e rapaces, eso da fe da autentica situacion economica de V#blgtk08#iveiro a o igual que os creditos instantaneos, eses da tele na que caeron moitas mulleres e homes de Viveiro a espaldas da parella.
Comentario por VEXOVEXO (29-01-2010 14:01)
10 La verdad es que la desesperación lleva muchas veces a malvender las cosas, pero también es cierto que el que compra también tiene que contar con el momento de la venta,que puede demorarse tal como está el asunto.
El otro día paseando por Vigo, concretamente por la calle Prínci#blgtk08#pe una de las más comerciales, me encontré con 3 casas de empeño, la gente hacía cola, sin el más mínimo rubor, eso demuestra como están las cosas.
Lo triste es hacer comentarios como el de Artemisa llamándoles estúpidos a los que venden, desde la abundancia todo se ve diferente.
Comentario por tostada (29-01-2010 17:47)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal