A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS CRISTIANS DE BASE TAMEN QUEREN GALEGO
O Foro "Bispo Araúxo" mandoume onte este comunicado-reflesion sobre a sua postura con relacion ao novo decreto sobre o galego no ensino, recorda ademais estes cristians de base que o Concilio Pastoral de Galicia insta á promoción da lingua.
En recordo de Monseñor Arauxo, bispo de Mondoñedo e de grato recordo para min, e seguindo a teoria de admitir aqui opinions diferentes, publico o escrito integro.

Por outra banda advirtolles a os lectores que perante uns dias non poderei atender o blog, pois razons de traballo fanme viaxar a Francia para tratar de vender o que facemos aqui, estarei na Feira Maison Object en París.

"A Igrexa galega non pode quedar á marxe de decisións absurdas e evitábeis que afectan e prexudican a cultura e a promoción da lingua galega", expón nun comunicado o Foro de Curas Galegos 'Bispo Araúxo'. "Pedímoslle, pois, a todos os crentes galegos, tamén aos Bispos de Galicia, cuxo silencio nos doe e lamentamos, que manifesten a súa oposición ás Bases para o decreto do plurilingüismo", engaden. Deste xeito, o Foro lembra o Manifesto polo galego na Igrexa, asinado en xullo de 2009, e únese e apoia a folga xeral no ensino e a manifestación do xoves 21 de xaneiro en Santiago.

"O Concilio Pastoral de Galicia marcounos un camiño a seguir no Terreo Cultural a todos os cristiáns, non só aos leigos senón tamén aos curas e aos bispos, non só na liturxia senón tamén nas escolas, nos Seminarios e no ensino en xeral", sinalan en lembranza do Concilio celebrado polas dióceses do país a finais da década dos 70. Ao respecto, lembran varios dos puntos clave acordados naquela xuntanza e a prol dos que a Igrexa se comprometía en Galiza, obxectivos cara aos que, trinta anos despois, queda aínda longo camiño:

11.1.- O C.P.G. pídelle a todos os cristiáns, Bispos, Curas e Leigos, cadaquén segundo a súa específica misión, que participen na promoción da lingua galega, por ser un valor humano que está asociado coa liberación do home galego e, por ende, coa evanxelización.

11.2.-Xa que a escola é peza chave para promoción da lingua, o C.P.G. une a súa voz coa de outros moitos que coidan insuficiente a concesión vixente sobor do ensino do galego, e reclama da autoridade competente a normalización da lingua galega.

11.3.- As escolas, Seminarios Menores, Medios de comunicación dependentes da Igrexa, por teren unha finalidade cultural, e os Seminarios Maiores, ademais por razón pastoral, han de poñer empeño especial no ensino da lingua e cultura galega, pro que han de preparar o persoal especializado que se necesita.

11.4.- Un Concilio galego non se pode desentender daqueles galegofalantes, illados artificialmente da Igrexa en Galicia. Pedímoslle aos nosos Bispos que fagan as necesarias xestións para unha máis razoable división que abranga os hoxe illados; e no intre, nomeen unha Comisión que, de acordo cos seus Bispos, abrirlle a solución ó problema da lingua nai daqueles.
O Foro "Bispo Araúxo"
Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2010 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
13 Comentario(s)
1 sempre manipulando á#blgtk08# opinión pública...
Comentario por eu (25-01-2010 19:06)
2 Solo una pregunta: Estas comunidades de Base ¿son católicas?

Si l#blgtk08#o son, ¿a qué están esperando los respectivos obispos gallegos para intervenir?
Comentario por Jose (27-01-2010 20:02)
3 Lo que habría que hacer es ignorar a estos "desnortados" y facilitar la entrada en España a los nuevo#blgtk08#s movimientos tradicionalistas que tantos buenos frutos están dando en países como Francia o Italia.
Comentario por JMA (27-01-2010 20:02)
4 Dame moita pena ver como tantos Galegos e Galegas desprezan unha rica herdanza cultura#blgtk08#l de tantos séculos. Tamén dame moito asco a xente que opina que tódolos que falamo ...
Comentario por Xoan Paz (27-01-2010 20:09)
5 Pero vamos a ver, ¿qué problema hay en que se den igual número de clases en galego #blgtk08#e en castelán- as dúas son oficiais, as dúas se falan en Galicia, esa é a realidade
Comentario por Gerardo (27-01-2010 20:10)
6 Está visto o que pasa neste país. Onte Santiago era un río de xente e unha f#blgtk08#ervenza de sentimentos en contra dun tal decreto que nin ten pés nin cabeza
Comentario por Lucia (27-01-2010 20:11)
7 Parabens para todos os non rexeitados do Galego. Sigamos loitando m#blgtk08#oi forte , esta promete ser unha batalla, larga dura e complicada.
Comentario por Covas (27-01-2010 20:17)
8 Vexo moi craramente que a maior parte dos que esta contra o galego e porque lles#blgtk08# da vergoña falalo,sobor de todo cando hai algún español non galego escoitándoa
Comentario por Suso (27-01-2010 20:18)
9 Todo o mundo entende que temos que defender o noso albariño o ribeiro a pataca a tenreira o queixo e incluso lle damos unha denominación de orixe para resaltar a c#blgtk08#alidade ¿será que o galego non ten a calidade suficiente para darlle a denominación de orixe e polo tanto no temos que defendelo, haberá que preguntarllo a Feijoo?
Comentario por Maria (27-01-2010 20:19)
10 Con todos mis respetos y admiración por la língua galega y los galegoparlantes, que el señor Feijoo no ceda y permita que nuestros hijos puedan estudiar las asignaturas troncales en su lengua materna(oficial), sea la que sea, cueste lo que cueste y se organice como se organice. Ni represión, ni verguenza ni gaitas, sólo niños para los que el problema de estudiar "coñe", deje de ser que que no sea "cono" y, por supuesto, a la inversa. El resto, que se les enriquezca de manera positiva y n#blgtk08#o impuesta el mejorar sus capacidades lingüísticas en los dos idiomas oficiales de la comunicdad. Y, por favor, el inglés. Selecciono a personas todos los días, y en gran volumen, y , de verdad, en la lengua franca internacional es donde podemos hacer a nuestro relevo generacional realmente competitivo. Por favor, respeto mutuo. Estamos creando castellano parlantes que odian el gallego y galegoparlantes que no van a ser capaces de trabajar fuera de esta comunidad. Algo debe cambiar YA!.
Comentario por Una Madre (27-01-2010 20:20)
11 Viva o Idioma Galego!!! Non conseguirán exterminar a nosa Língua (mal que lle pesen). De principio o Decreto é Ilegal: vai en contra do Estatuto e da Constitución Española!! Por iso compre seguir dándolle... manifestándose (estamos nunha carreira de fondo) e o españolfascismo #blgtk08#comeza a derrubarse (non se poden manter mentiras durante moito tempo). Temos dereito a que os nosos fillos estuden en Idioma Galego, porque resulta que é o Idioma de Galicia. (algúns quixerán ser de Madriz... pero o pobo galego é sabio). Xa queda menos: Viva a Língua Galega!!
Comentario por Carcamal (27-01-2010 20:21)
12 Castellanos de Castilla, xa sabemos que hai máis mundo fora de Galiza: está España, o Pais Vasco, Portugal, Cataluña... é moi triste que pens#blgtk08#edes que o galego so vale para ir a pañar o molime, pero no fondo estou ledo porque me dou conta que o voso odio fai máis forte a nosa loita.
Comentario por Trini (27-01-2010 20:23)
13 Rio pero de verdade mentres escoito Bossa Nova, lendo a Saramago ou coma no meu caso traballando para unha Multinacional Portuguesa .... Rio a Gusto porque por sorte tamen falo ingles, estudiei nos Madriles (buff que daño me hizo el Castrapo Malfeito como acabo #blgtk08#de leer no me entendian!!Pobriño de min jajaja) e Rio porque me gustaria ver como moitos dos que critican a nosa lingua leen ou escriben nela... Non sera mais que que moitos de vos sodes Analfabetos na vosa Propia Lingua... A min o que eso me daría e so Vergoña!
Comentario por Toninho (27-01-2010 20:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal