A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UN ANO MAIS OU MENOS
Se estabades esperando o típico articulo recopilatorio de fin de ano, con balances e promesas que seguramente non cumpramos no 2010, iso non e a miña intención explicita.
O meu é claro: que non nola métan dobrada con paquetes sorpresa nin leis de economía sostible (tamen con sorpresiña dentro).
Nos últimos días do 2009 levoume a pensar que o feito de que o ano non fora bo para moitas persoas, , o que me afecta como ser humán, provocou que algunhas cousas, valores ou xentes, apareceron na miña vida como necesarias, mentres que outras reveláronse como accesorias ou prescindibles.

Neste recuncho da miña vida, neste lugar de encontro coa xente que cada semana me segue lendo quero dar unha lista duns e outras, aberta paraa que completédela ou ignorédela ou o que sexa.

Paréceme que, este ano, demostrouse que son necesarias, a amizade nos seus distintos graos (aqui inclúo o amor), a defensa dos dereitos humanos, , a defensa da conservación do territorio, os meus paseos, os comedores sociais, Joaquin Sabina, Governos municipais, provincias, autonómicos e do estado que olviden de unha vez aquelo de “Con o povo pero sin o povo”, as flores, as redes sociais e Internet, os teléfonos, regular o aborto, a ética republicana, o turismo nas nosas terras do norte, As Ideas, a loita pola igualdade de xénero, o mar, a tolerancia, Gandhi, politicos honrados, traballadores e sin complexo de inferioridade e ansias continuas de venganza contra os que non pensan como eles….

Pero creo que tamén comprobamos que non necesitamos as relixións e os “Roucos” de quenda, as bandeiras, os intolerantes, os gurús de nada, os patriotas, Teles- merdas, os nacionalismos exacerbados de un ou outro xeito, os que esquilman o mar, as corrupcións de determinados políticos señan de donde señan e do partido que señán , , o terrorismo, o vento forte, o cambio climático, O Mundo, a homofobia, ….

Que o 2010 acabe por ratificar o accesorio da segunda lista é o meu desexo para o ano que chega.
Otero Regal


Comentarios (19) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-01-2010 07:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
19 Comentario(s)
1 Me ha encantado est#blgtk08#a entrada, precioso
Comentario por Madrid (07-01-2010 13:42)
2 Como quiera que me cojo lo último que me queda de vacas del 2009 (3 asuntos propios), hoy es mi último día de venir al ayuntamiento (porque trabajar no trabajo nunca jajajajajaja) hasta el 04/01/2010, la fecha de la reincorporación.

Por lo tanto#blgtk08#, quiero desearos a todos unas FELICES FIESTAS DE NAVIDAD y una FELIZ ENTRADA DEL AÑO 2010. Sinceramente, espero que estéis con aquellos que os quieren y aprecian, y que salud, dinero, felicidad, amor y todo lo bueno os acompañen hoy, mañana y siempre.
Comentario por Funcionario (07-01-2010 13:44)
3 Arranca o 2010 con as subidas da luz#blgtk08#, o transporte e a bombona de butano
Comentario por Covas (07-01-2010 13:46)
4 Esta crisis realmente esta golpeando duro a las economias de muchos paises incluido los desarrollados, pero claro es mas sentido por los sectores populares que no tiene recursos para defenderse#blgtk08# de esta crisis economica. Recuerdo una placa en el Museo Natural y de Historia de New York que dice: ” El hombre es el peor destructor de su habitat, incluso peor que los desastres naturales”
Comentario por Jose de Caceres (07-01-2010 15:32)
5 Eu espero que a miña empresa (quero decir donde t#blgtk08#raballo) que case esta en quebra tire para arriba
Comentario por Landrove (07-01-2010 15:33)
6 Mmh. para o 2010?.
Primeiro espero que todos os políticos e moitos dos que comentades aqui sexan e sexades capaces de#blgtk08# poder abrir os seus cabezas e aprender o que é estar no lugar do outro. Desa maneira o mundo sería un pouco máis humano...
Comentario por VOCAPINTADA (07-01-2010 15:35)
7 Os mellores desexos que vin a#blgtk08#ta agora. Igualmente para ti.
Comentario por Foz (08-01-2010 15:46)
8 Y pedirle a Elena Salgado que por lo#blgtk08#s grifos salga ginebra, por favor!!!
Comentario por Juan (08-01-2010 15:47)
9 Feliz ano 2010.
E que a crise lle atragante nos gaznates de todos os presentadores de t#blgtk08#elexornal a ver se rebentamos dunha vez e refundamos o capitalismo como dicía aquel...
Comentario por Xose (08-01-2010 15:51)
10 E despois dices que non cre#blgtk08#es nos reises magos.......
Comentario por Un amigo (09-01-2010 09:20)
11 Vaia lista, eu tamen me #blgtk08#apunto, sin reticencias.
Comentario por Mariñana (09-01-2010 09:21)
12 no 2010 deséxovos: a caricia do vento para que vos traia felicidade,

a calor do lume para que o amor chámevos ou continuei ao voso lado, a

forza da terra para q#blgtk08#ue a vosa saúde sexa sempre marabillosa, a

corrente da auga para gozar de tranquilidade e que cada Estrela do

ceo sexa un desexo e un sono que hayais cumprido.
Comentario por Camareira da Praza (09-01-2010 09:24)
13 Euconformome con q sea mel#blgtk08#lor que o 2009 u.u
Comentario por U.U (09-01-2010 09:25)
14 No persoal para este nuevito ano desexo nova#blgtk08#s experiemcias de vida chea de magiiaaaa!!!
Comentario por Lola (09-01-2010 09:26)
15 Eu son mais sinxelo amigo Regal, deseo que desaparezcan todos#blgtk08# os politicos e si hai algun bo que o dudo que goberne, coño.
Comentario por Bureles (09-01-2010 09:29)
16 peço ante todo um trabalho, tenho 52 anos e tanto eu como meu casal há mas de um ano que estamos desempregados, com o [agravaante] que este mês não vou cobrar desemprego pq o inem se equivocou em não [descontarme] a parte de baixa (depressão severa com tentativa de suicídio) e agora decide [descontarmelo] do tudo) este mês nem pagamento recibos, nem tomo medicação, nem comemos, assim de humanos e assim de h.d p são, a equivo#blgtk08#cação não é minha , e ainda se o fora que passa??? não sou pessoa?? cada vez confio menos neste sistema ao que se lhe chama democrático, não lutei tantos anos por chegar até aqui, não me gosta este mundo, é injusto, feio e [vomitivo]. Decidiram que este mês não sou ninguém não tenho direitos nem os fundamentais da constituição, como é possível que [ésyto] se tolere??? minha confiança na humanidade a cada dia é mais e menor..
Comentario por Motse (09-01-2010 09:32)
17 O polifacético Fran Hermida, actual locutor de cabeceira de Radio Nordés (Cadena Ser na Costa da Morte) debulla moi duramente desde o seu blog os comezos do presidente galego á fronte do "curral", que califica de desoladores.

Queridos Reis Magos:

Esta vez escríbovos pra solicitarvos que vos levedes de volta ao regalo de Reis adiantado que nos trouxéchedes. Porque nin funciona, nen serve pra nada e só me produce crispación. Falo do tal Feijóo este que nos deixáchedes como encargado do curral.

O que levamos de lexislatura do réxime de Feijóo só nos deixa récords difícilmente batibles de demagoxia, populismo barato e inoperancia absoluta. Iso si, todo aderezado cunhas doses de manipulación dos medios de comunicación públicos que xa coñecemos na época fraguiana. Os que non son medios públicos actúan como tal, porque resulta repugnante comprobar como o goberno autonómica paga semana a semana a golpe de DOG os favores recibidos de La Voz de Galicia. Esta semana o rotativo recibe 2,2 millóns de euros para “renovar maquinaria” o cal sumado ao xa recibido acada os 3,5 millóns euros en subvencións directas. De seguir asi, o xornal coruñés rematará a lexislatura con máis de 18 millóns de euros. Iso só coma subvencións directas, xa que podiamos falar do que leva zugado coma convenios, publicidades e demáis subterfuxios. En resume, un pago de favores ante o que ninguén di nada.

Polo demáis, o periodo de Feijóo na Xunta nos deixa un panorama desolador. Afrontamos un Ano Xacobeo onde a programación musical e cultural inda non se coñece, o cal supón unha improvisación chabacana que empeza a superar ao de Carmiña Burana-Pérez Varela. A Sanidade ían arranxala en 45 días (así o afirmaron en campaña electoral) pero a día de hoxe os tempos de espera na Sanidade aumentaron respecto ao pasado recente… é dicir , unha mentira máis. As políticas sociais da Xunta consisten en subastar ceas con Feijóo, coma se Feijóo fose Bono ou Madonna provocando que a xente pague milllonadas por cear con un tipo tan ineficaz coma gris. A subasta de Nuevas Generaciones é patética ata o extremo: ademáis da cea tamén ofertaban o teléfono de Alfonso Rueda (¡¡que non desexa ter un!!) ou uns zapatos da conselleria Mato (que salvo que padezas algún tipo de aberración sexual descoñecida dime ti para que coño os queres). A recadación era destinada a mercar xoguetes para os nenos pobres… moi propio dunha organización que pensa que a fame no terceiro mundo se combate enviando tortitas de nata a África.

Dentro dos grandes éxitos deste goberno tamén podemos incluir ese d#blgtk08#ecreto do galego que amosa que o termo pailán é compatible cos tempos compostos, a garabata e os traxes de Armani. Primeiro inventan un problema e fan algo que ninguén lles pide (salvo catro mataos de ultradereita debidamente xaleados por determinados medios de comunicación). Agora presentan un decreto baseado no consenso… o consenso de poñer de acordo á hora de calificar o decreto como trapallada a partidos da oposición, sindicatos, asociacións de pais, Real Academia, Consello da Cultura, pedagogos, grupos de alunos e un longo etcétera. De guinda manifestan que agora o problema queda arranxado, cando o que acaban de facer é destrozar un sistema educativo a cambio de deixarnos en mans da nada. Porque estou desexando ver como se pode aplicar este folletín que pretende utilizar o inglés coma disolvente da lingua galega. Feijóo soluciona o problema pasándolle a pelota aos directores dos centros educativos… agocha o pó debaixo da alfombra: “Agora que se peguen nos institutos para decidir quen vai a dar clases en inglés”. Nin hai mestres preparados nin os nenos son ratos para facer os seus experimentos. Quizais o PP ten máis interés en que os nenos saiban dicir “derivada” e “coseno” en inglés inda que non teñan a menor idea de qué significan. A mostra de que o galego asoballaba ao castelán vímolo nas Cabalgatas de Reis da TVG: nin un só neno entrevistado falaba galego nunha canle autonómica onde o castelán gaña terreo… non vaia a ser que os castelán falantes, que teñen outras 20 cadeas de televisión, se sintan marxinados.

A famosa polémica dos Audis roza o esperpento. O concepto “aforro” desta Xunta consiste en deixar apodrecer uns Audis nos garaxes de San Caetano a cambio de mercar outros coches para que a bravata electoral nos lles pete nos fuciños. As diferentes consellerías non mercan novos coches para evitar críticas, pero organismos como Portos de Galicia teñen a seu nome os vehículos de Conselleiras como a de Mar… O coche oficial do Conselleiro de Cultura figura como propiedade do Xacobeo, a da Secretaria Xeral de Turismo a nome de Turgalicia… todo para evitar que figuren como parque móbil do Goberno.

Queridos Reis Magos, comprendo que son moi malo e que teño o demo no corpo. Pero tería sido mellor que me trouxérades carbón, que polo menos vale para quentarse na lareira, porque a broma pesada de Feijóo é un castigo excesivo.

Esta entrada fue escrita el Jueves, 7 de Enero de 2010 a las 5:52 pm y archivada en Política.Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada a través del feed RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta, o trackback desde tu propio sitio web.
Comentario por DE CHUZA E DE FRAN HERMIDA (09-01-2010 09:51)
18 No ano novo o que tedes que facer para ser ledos resumese en:
Esquecer
Co#blgtk08#nvidar
Dilucidár
Fundar
Desabrochar
Brindar
Lembrar
Comentario por Alma (09-01-2010 10:33)
19 Cuando recojo en el armario
los restos del año inconcluso,
me olvido un traje de Camps,
los goooles de Pedro el canario,
y algún que otro recluso
invitado a la boda del Agag.

Se alquilan muros de Berlín,
Quinientas noches de Pekín
un año nuevo, un nuevo michelín.
Porque la vida puede ser
maravillosa al parecer
Versos de Ayala
guardados en el neceser.

Honduras y a las maduras.
Ir#blgtk08#án, oscuras golondrinas.
Sin descargas y a lo loco.
Los brotes son de amarguras,
contratos de filipinas,
la cola del paro, un zoco.

Se alquilan muros de Berlín,
Quinientas noches de Pekín
un año nuevo, un nuevo michelín.
Porque la vida puede ser
maravillosa al parecer
Versos de Ayala
guardados en el neceser.

Tararéese con la música del Vinagre y Rosas del maestro Sabina, a quien pido perdón.
Comentario por DEVAT A VAT (09-01-2010 10:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal