A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

2006 UNHA BOA COLLEITA
2006 UNHA BOA COLLEITA
Non estamos a falar do bon viño, senon do trascurrir da política municipal en Viveiro,que seguindo aquela máxima do partido que perdeu as elecións e que perante vinte anos nunca presentou un programa electoral, a nivel local, limitabase a sacar unha revistita, eso si, a todo color co eslogan de OBRAS SON AMORES….., que a maledicencia popular veu de bautizar como “A HOLA DE AJA”, tamen imos a falar de política, ou seña “Do bon goberno da civitas” onde , sen lugar a dubidas a consecución de obras, infraestructuras e benestar para o presente e o futuro é algo importante e que debe ser tido en conta.
E ben sabido que o goberno municipal de Viveiro foi marxinado, dende o primeiro día de chegar á casa grande da Praza Maior por parte da Xunta de entonces e polo Goberno Central, so cando empezou a cambiar a tortilla tanto en Madrid como en Santiago empezaronse a notar que as cousas estaban cambiando, e sobre todo que a Viveiro empezaba a terselle en conta, asi as cousas este 2006 empezanse a notar na vida cotian, nas ruas, nas beiraruas e nas corredoiras que as cousas foron a mellor.
Xorxe Wagensberg, centifico que a pesares do apelido era desta “pel de toro”, deixou definido que “Esquerda: iniciativa colectiva para beneficio colectivo. Dereita: iniciativa privada para beneficio privado”. Precisamente, según a miña humilde opinión, os gobernos de esquerda teñen que caracterizarse pola sua vertente social, e é neste punto onde se perciben maís diferencias entre os 20 anos de Cesar Aja e os casi catro de “O Bipartito”, Centro de día, onde se atende a veciños con males como o alzheimer e similares, Oficina da xuventude e noites alternativas, como posibilidade de que os nosos xovenes teñan outros entretenementos maís alo do botellón e a rua, Oficina do Emigrante, agora que xa temos centos de conveciños procedentes doutros lugares do mundo, Atención as mulleres maltratadas, que como o caso das bruxas “Habelas hainas”, actividades para os nosos maiores, posta ó dia e mellora obtensibel do centro de servicios sociais, eso xa está levandose a cabo, pero ademaís está a caer ese Centro de dia a situar en Celeiro, nas antigas escolas, e sobre todo a maneira de trarar os contribuentes, non como basallos senon como xente con dereitos e deberes.
Perante tres anos a oposición cansouse de repitir día si e día tamén aquelo tan manido de “Estes non fan nada”, pois a realidade é ben distinta e o cidadan, por moitas rodas de prensa que se fagan, veo de cotian, Sobresaen algunas cousas maís alo dos rebacheos de carreteras e corredoiras, que por primeira vez estanse a pavimentar carreteras locais con aglomerado e non con gravilla que nos tiña acostumados, trazouse e agora sae a subasta a redacción do proxecto da chamada Circunvalación de Viveiro, sen protestas, tendo en conta ós veciños, todo un exemplo de dialogo, estase a arranxar o paseo marítimo de Viveiro, que por falta de control da administración local anterior, a empresa constructora deixarao feito unhos zorros, tiraronse, e vaise seguir, varios galpóns do vello porto de Viveiro, para recuperalo para a cidadania, por fin vaise arranxar a Rua Lavandeiras, A subida a Santa Alvites, O tantas veces prometido e nunca cumplido Polígono industrial xa esta en tramites de subasta de proxecto, estase a convertir a zona monumental de Viveiro, nun sitio para vivir, con novas zonas de lecer, pintado e cuidado das fachadas, creación de espacios etnográficos, restauración do conxunto monumental, parques como o do entorno de San Francisco, Horta dos Calvo Sotelo,mercouse por parte de Vivenda da Xunta varias casas en ruinas para restauralas e convirtilas n vivendas protexidas para xovenes. Tamen outras partes do concello viron mellorar o seu entorno, O campo de Pascua en Covas, todo o entorno de Lavandeiras en Celeiro…e moitas mais cousas que nos quedan no tinteiro, pero que están ahí, soio os cegos as podian negar, por iso un cre que o ano 2006 foi un ano de boas colleitas para o concello de Viveiro e por añadidura do pobo entendendo como conxunto de cidadáns que viven nel.
Claro que ainda é de ben nacidos ser agradecidos, tamén debemos azuzar ós gobernantes para que o ano que ven seña ainda mellor.

Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2006 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal