A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TOCOUME A LOTERIA........................................
Pois sí, estimados lectores, esta mañan a miña vida deu un xiro de 360º, como diría algún famosiño ben informado. E, como e a primeira vez que me toca algo, vou e contoi: foron nada maís e nada menos que 400 euros, correspondientes a unhas participacións de lotería do PSOE de Viveiro que me vendeu O Paxariño.
Pero, amigos e coñecidos, agora poido afirmar de certo que o diñeiro soio trae problemas. Non sei si comprarme unha aldea deshabitada no Caurel ou no Concello de Ourol, que tamén as temos, encargar un lifting a gata Moñoña , que cada día esta mais gorda, ou degustar algún deses “delicatesssens”, que soio os ricos e poderosos soen facer por estas datas, como o de comer as ovas dalgún peixe do mar negro ou similares.
Pois ben , hoxe e noiteboa, e maña Nadal, nosoutros na aldea cantabamos voz en grito mentras pediamos o aguinaldo : Xenorosiña, Xenorosa hoxe é noiteboa e mañan Nadal, agora as cousan estan cambiando a velocidades vertixinosas, quizais onde maís se manifesta esta situación é nas novas modas e símbolos destas datas: Por todas partes vexo papás noeles aforcados nos balcons. Qué cansado resulta, dende logo alguen estase forrando vendendo os muñequitos de marras.
Tamén pululan por todalas ventas de pobos e aldeas as luceciñas de cores que adornan as árbores de Nadal, e pensar que este rito nórdico, previo ao cristianismo en orixen o que se colgaba dos arbores verdes, abetos en concreto, eran as cabezas cortadas dos enemigos, o que cambiaron as cousas. Nosoutros na aldea nin tiñamos gordos deses vestidos de roxo, nin sabíamos que existiran, nin árbores con luces, tan so cando xa tiña unhos 8 ou 9 anos, xuntaronse as mozas da parroquia divididas entre as de arriba e as de abaixo ó igual que no anuncio, para dar brilanted a igrexia parroquial, que era o único en común que tiñamos. Unhas as do norte foron a Viveiro e en casa de Paco Fanego mercaron un Belén de figuriñas de barro pintado en cru, e montarono na capela da dereita, cantaronse panxoliñas, recitouse poesias e outras lerias, as do sur que estaban xunto o mar, deulles por pedir para comprar unha lámpara de cristaliños para colgar do teito da igrexa, todo moi bonito e fermoso.
Onte, din que foi o día nacional da saude, pois si non che tocou a lotería, sempre nos queda aquelo tan manido de “o importante é ter saude”. Un que anda un pouco pachucho últimamente, adelgacei 14 kilos, por mor dun virus deses raros que me ataca ó figado. Así que, queridiños Reises Magos, a pesares de que un é republicano confeso, si por azares da vida a miña vontade fraquea e ocurreseme pedirvos ese portátil novo, ou esa Nikon tan… desexable, tan sicalíptica, ou a paz mundial, quero lembrarvos que nin puñetero caso, de certo, que o que quero e un pouco de saude, tampouco quero pasarme y deixar aos demais sin nada, pero unha pouca mais que este ano sí, ¿eh cabroncetes? Ah, e biquiños ao Baltasar, que e con diferencia o mais fermosete, e a vosoutros amigos e coñecidos lectores que me aguantastes todo o ano, pois dexarvos todo o que cada un pida para o seu futuro e o dos seus achegados.
Otero Regal

Categoría: Xeral - Publicado o 24-12-2006 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal