A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CANDO AS BARBAS DO TEU VICIÑO…..

Existe un antigo refrán que, con algunhas variantes, reza polo menos dende o século XV: Cando as barbas do teu veciño vexas pelar, pon as túas a remollar. A idea do refrán é que debemos aprender dos males que sofren os demais para non caer nos mesmos erros e sufrir idénticas consecuencias é que se ves indicios de que vai pasar algo, vaite preparando para que non te pille desprevido. É dicir, se estás nun grupo de resgo por exemplo si eres alcalde dun pequeno ou mediano concello, contratache a dedo algunhas obras que, que casualidade, foron a parar a empresas de correlixionarios teus, deixas facer plantas enteiras de pisos ilegais, convertir tellados en vivendas ou outras cousiñas parecidas, , xa que contas coa experiencia doutras persoas e con información privilegiada, anticípate e reacciona!, mira o que esta a pasar na Terra Chá, en santa Coloma, Madrid, Valencia, e o que che rondará morena, e vai encargando o bocata de mortadela para cando esteñas no calabozo.
Corren malos ventos para a clase política, algo ule mal, concellos, Deputacións, comunidades autónomas… A Mariña de Lugo ao igual que outras bisbarras, próximas ou de lonxe, é unha inmensa cloaca de corrupción, un cagadero de escándalos, tapados pero que son a comidilla da cada dia, si tu vas por calquera estrada comarcal e ves que estar alixeirando os presupostos votando unhas palas de gravilla cunhas gotas de chapapote verás que a empresa que o fai agora e, todo o mundo o sabe da ideoloxia dos politicos que mandan na entidade, antes era outro empresario, curiosamente da ideoloxia do que gobernaba naquel momento, as contratacions de obras, o Plan E de Zapatero ou casos como a compra por parte de concellos de terreos con un aumento do 105 do valor dos mesmos, e incluso pagando metros que non existen, non quedan á marxe cos últimos e soados escándalos ao longo e ao largo da nosa xeografía.
Roubar, estafar, enganar e logo arrepentirse é o deporte nacional, as querelas pasados anos caducan, é questión de sentarse a esperar e logo emerxer con forza e sacar os diñeiros.
Unqueda desagradablemente estupefacto, e o peor é que, sen deixar de sentir certo noxo, tampouco encontro argumentos para sorrir.
Otero Regal
Comentarios (22) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-11-2009 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
22 Comentario(s)
1 Se, por desgracia é o que hai. España é un dos paises mais corruptos do mundo e aqui non ivamos ser diferentes.

Pero agora, hai unha cousa que non comparto, e é que Regal só apunta cara a un lado, pero deixa intacta a outra metade.

Rega#blgtk08#l, se les isto, só comentarte. Paréceme moi ben que sinais os defectos da sociedade e a corrupcion e todo iso. Iso fainos ben, pero o que fas só informa a medias e mal. Parece que só a metade do pais esta mal, cando en realidade o esta toda.

Un saúdo.
Comentario por Mexillon (02-11-2009 19:08)
2 Patriotas zafios, inquisidores al pormenor, botarates de poco juicio, mercachifles, desangelados bufones; sigan acu#blgtk08#diendo a este blog, así en masa, para dejar constancia del gamberrismo inherente a la derecha de este bendito país.
Comentario por David (02-11-2009 19:10)
3 É que nos venderon que "Democracia#blgtk08# é votar cada 4 anos" e non é así.
Comentario por Xoan (02-11-2009 19:13)
4 Poucos políticos hai neste País que sexan dignos de representar ao pobo, os demais son como este golfo de S#blgtk08#anta Colomba roubando ao pobo medo me dá cando Garzon lle de por investigar Concellos de A Mariña de Lugo.
Comentario por Xose Manuel (02-11-2009 19:15)
5 Parece que, ao final, a corrupción é o que máis iguala aos políticos españois. Son optimista: espero que todos os excesos que agora se destapan e que son a pegada da brubuja urbanística sexan un síntoma de#blgtk08# cambio, a nivel económico e político. Limpeza xeral que dimita MELCHOR, RAFAELITO, a TRANSFUGA MEDICA, A AUXILIAR DE ENFERMERA QUE DECIA SER ENFERMEIRA, O CAL A MARIA E QUE NOMEEN COMO ALCALDESA A CACHI.
Comentario por O FILLO DO pAXARAO (02-11-2009 19:19)
6 É que tanto a idea do plan "E" como a normativa que o desenvolve (dinamización del empleo),non era para decidir que empresario amigo pode facer negocio, senón para que os concellos se estrullaran os miolos en facer proxectos que sacaran os cidadans do paro. Pero coido que ninguén foi á oficina de emprego a ver canta xente nova hai alí apuntada, qué sabe facer e que proxecto podemos desenvolver co seu traballo. Por non p#blgtk08#ensar en como se tomaron as decisións de qué obra facer. Para que todo ese diñeiro fora efectivo tería que baixar o paro, polo menos no sector da construcción. Claro que esta debe de ser unha idea un pouco avanzada de máis, xa que para empezar, moitos operarios que traballan nas obras deste plan, moi respetables e capacitados por certo, nin siquiera son do país que puxo os cartos, para canto máis ser parados de Viveiro.
Comentario por Juanjo (02-11-2009 21:07)
7 Estes políticos non son uns alieníxenas vidos de Gamínedes nin de Raticulín. Son tan corruptos como o español común que se baixa a película pirateada do emule ou rouba material do seu traballo. En España reina dende hai séculos unha cultura do eloxio ao pícaro que#blgtk08# despreza a quen non se aproveita dunha circunstancia favorable para medrar a calquera prezo. Ignórase absolutamente o concepto de ben común e impera o salve se quen poida. Esta España ten que afundirse necesariamente, pola conta que lle trae ás xeracións futuras.
Comentario por Muiñeiro (03-11-2009 14:54)
8 Eses tios que se dedican ao ben do cidadán mellorar o seu nivel de vida facerlle as beirarrúas mellores boas estradas sitios peonís etc... iso ten un prezo ou roubo eu ou vén o seguinte e rouba o, entón rouban todos.pero todos queixámonos pe#blgtk08#ro ao chegar as eleccións a xente vótalles porque é certo non poñen en branco millóns de papeletas senón que sacan votos asi que estamos a cultivar noso jardin cos nosos votos.

a verdade os politicos son uns porcos e ladróns.
Comentario por (03-11-2009 14:56)
9 Para o Señor Otero Regal:
“Si tienes menos de 40 años y no eres de izquierdas es que no tienes co#blgtk08#razón. Si tienes más de 40 años y no eres de derechas, entonces es que no tienes cerebro.” - Clemenceau
Comentario por Un amigo (03-11-2009 18:57)
10 Non sei se o teredes comentado, pero sempre pareceume curioso o tema este de que "todos os políticos s#blgtk08#on iguais" aflora cando se pilla os de dereitas metendo a man no bote. Xusto nese momento, non antes.
Comentario por Pepe de G (03-11-2009 18:59)
11 [...] Dicen que non todos os políticos son iguais, pero en todo caso hai moito#blgtk08#s corruptos e teñen moitas maneiras de premer para que iso non saia á luz. […]
Comentario por Xose (03-11-2009 19:00)
12 Que sacudan la manta y salga toda la mierda de una vez! Y hasta que no devuelvan hasta el #blgtk08#último céntimo de euro, a dormir entre barrotes.

¡Cuanto mangui, por Dios!
Comentario por San Ciprian (03-11-2009 19:02)
13 O que hai que reclamar é transparencia administrativa tota#blgtk08#l nos concellos, deputacións, gobernos autónomos e Estado.
Comentario por Anxel (03-11-2009 19:03)
14 Fusílase#blgtk08# pouco.
Comentario por Federico (03-11-2009 19:04)
15 Polo menos unha cousa está clara: os votantes de esquerda en xeral, e os do PSOE en particular, non imos proclamar aos catro ventos que os#blgtk08# detidos son "ejpañoles de ben" -¡cómo gústalle esta expresión á la derecha!- perseguidos por un xuíz estrela, etc., etc. Vamos, digo eu.
Comentario por Covas (03-11-2009 19:06)
16 O sacramento da confesión fomentou enormemente a hipocrisía e a mesquindade ao facernos crer que o mal podía exhorcizarse recitando unha oración, pero o chungo é que xa non abonda con sacudirse á relixión porque a cultura do "enterao" f#blgtk08#ai xa moito que se transmite de xeito laico polo mero costume e o exemplo. Ademais isto mestúrase coa confrontación partidista, o que nos obriga a defender moito a uns como non o merecen para librarnos doutros que o merecen aínda menos.
Comentario por O Curiña (03-11-2009 19:08)
17 Eu diríalles aos peperos de Viveiro que se pasan o día dicindo que Melchor é un inútil e que nos leva ao abismo, que se houbese unha oposición centrada en ofrecer alternativas para o que está a acontecer agora, esta sería digna de re#blgtk08#specto. O problema é que os dirixentes peperos de Viveiro están demasiado ocupados esfolándose entre eles como . Porque todo o que lles importa é tocar poder, o cidadán sobra totalmente, xa nin o ven, non sei nin se saben que existe.
Comentario por Lukas (03-11-2009 19:10)
18 Deixar as competencias da construción aos concellos, nunha comarca com#blgtk08#o esta é como xogar á ruleta rusa. se non son corruptos é de milagre.
Comentario por Foz (03-11-2009 19:12)
19 Unha cousa que me fode bastante é que isto da corrupción a pagamos duas veces, a primeira cando estes chourizos nos rouban e a segunda cando pagamos os soldos de policías, xuíces e fiscais que deben investigar para demostrar a corrupción.

Eu faría unha cousa: sorteos públicos de concellos. Un á semana, como a lotaría.

Métense nun bombo todos os concellos de e sácanse dúas boliñas; primeiro e segundo premio.

Aos alcaldes e os concell#blgtk08#eiros de urbanismo dos dous pobos qaue saian agraciados no sorteo díselles que confesen o que roubaron; se o fan pónselles a sanción correspondente e expúlsaselles in eternis da política. Se non confesan, investígaselles e seguro que sae máis merda.

Con este sinxelo sistema aforrariamos moito diñeiro dos funcionarios que teñen que demostrar o golfos que son todos os que xa sabemos que son golfos.

Pode parecer estúpido, de feito éo, pero...........
Comentario por Rias Baixas (03-11-2009 19:16)
20 Unha cousa que me fode bastante é que isto da corrupción a pagamos duas veces, a primeira cando estes chourizos nos rouban e a segunda cando pagamos os soldos de policías, xuíces e fiscais que deben investigar para demostrar a corrupción.

Eu faría unha cousa: sorteos públicos de concellos. Un á semana, como a lotaría.

Métense nun bombo todos os concellos de e sácanse dúas boliñas; primeiro e segundo premio.

Aos alcaldes e os concell#blgtk08#eiros de urbanismo dos dous pobos qaue saian agraciados no sorteo díselles que confesen o que roubaron; se o fan pónselles a sanción correspondente e expúlsaselles in eternis da política. Se non confesan, investígaselles e seguro que sae máis merda.

Con este sinxelo sistema aforrariamos moito diñeiro dos funcionarios que teñen que demostrar o golfos que son todos os que xa sabemos que son golfos.

Pode parecer estúpido, de feito éo, pero...........
Comentario por Rias Baixas (03-11-2009 19:16)
21 No todos los políticos son chorizos, los hay que todavía no se les a descubierto, esos jueces y fiscales tendrí#blgtk08#an que mirar que tipo de concesiones se hicieron aquí en vivero, y a quien, y que empresas hacen algunas obras
Comentario por xose (03-11-2009 19:43)
22 Regal ten toda a razón ahora quen anda co chapapote nas carreteras da diputación e Coto #blgtk08#de Ribadeo, coñecido empresario sociolisto, e antes era Paulino pepero e intimo de Aja.
Comentario por Escornabois (05-11-2009 07:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal