A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NADAL POR AQUI NADAL POR ACOLA......
NADAL NA MARIÑA.
Antes de empezar vamos ó diccionario directamente para ver a definición do asunto a tratar: Día en que se celebra a Natividad do noso señor Xesucristo, tempo inmediato a ese día, hasta a data dos reises magos e punto.
¿E enton de que falamos? Pois de cómo se celebra hoxe nestes nortes nordesios galegos pola paisanaxe estas festas de fin de ano, todo empeza a primeiros de Novembro cos anuncios da televisión onde unhos grandes almacens nos dicen voz en grito que xa é Nadal nos seus establecementos, de seguido todalas marcas de xoguetes, turrons e colonias poñen o amplificador a tope para seguir recordandonolo de cotio, e asi van pasando os días, xa a primeiros de decembro nas nosas vilas e pequenas cidades empezan a aparecer alumados cun señor roxo e gordo, renos, velas, campaniñas e outras horteradas indicando que esta baixando xa pola Gañidoira e a Xesta o Nadal.
Pero o asunto continua co da cea da empresa, grandes medianas e pequenas apresuranse a celebrar a sua cea, patróns, encargados e obreiros en comandita incandolle o dente ó marisco, a eso siguenlle as ceas das peñas, clubs, asociacións, amigos da gaita e similares tamén celebran o Nadal.
Quizais un dos asuntos que con mais resonancia anuncia o Nadal é, sen lugar a dubidas a loteria de Nadal, todos millonarios o venres 22 se toca e se so toca a pagar, que Deus nos colla confesados, pois sempre nos queda o consolo de que “O importante é ter saude”.
As festas do Nadal suporan este ano para as familias da Mariña un gasto adicional de aproximadamente 1.068 euros, dos cales a maior parte corresponde as comidas na casa (183 euros), os xoguetes (174 euros) e os restaurantes (167euros). Tralos xoguetes e as comidas sitúase o gasto destinado á lotería (144 euros), ocio e tempo libre (122), regalos navideños (159) e outros (119).
O ano que esmorece o 2006 trouxonos unha subida da gasolina e derivados, subida das hipotecas, a interminable subida dos costes da vivenda…. e como consecuencia un descenso progresivo da tasa de aforro das familias, polo que a moderación no gasto debe ser de novo algo esencial para evitar agravar o sobreendebedamento familiar.
Para lograr un importante aforro o maís razoble é, dende logo un pouquiño de sentidiño común, pero como xa se dixo moitas veces que é o sentido menos común vamos dar consellos de valde encol do asunto. Recomendase mercar sólo o que realmente se precisa, repartirlos gastos para as diferentes festas, intentar deixar de lado a presión publicitaria, luceciñas e demaís trucos de mercado e evitalas presas de última hora e as ofertas gancho que, en ambos casos, conducen a productos mais caros.
Pero as datas de Nadal ¿Foron sempre asi no norte de Lugo? Pois non, noutros tempos non se celebraba o Nadal como o celebramos hoxe en día, ainda que moitas costumes e tradicións sobreviviron. Entonces o Nadal era principalmente un acontecimiento relixioso. Hoxe en día sigueo sendo para moita xente, ainda que tamén ten outras connotacións. É un importante acontecimiento familiar, así como unha ocasión para reunirse cos bos amigos. Ademais, é un suceso comercial onde os establecementos venden todo tipo de cousas para a celebración. O Nadal e a sua celebración teñen moita historia. Criase que durante as festas de Nadal reinaban poderes máxicos que había que aproveitar ou evitar. Por exemplo, deixabase pan na mesa durante as festas para logo esparcilo en primavera antes de sementar, co fin de asegurarse unha boa colleita. E durante o mes de decembro levabanse a cabo todolos preparativos. No campo faciase a matanza do porco, doces, pastas e licores. Tamén se efectuaba unha limpeza xeral da casa. Ademaís, en Nadal a xente preocupabase un poco maís polos animais e a servidume. Dabaselles un poco máis de comer ós animais e a servidume, serviaselle tamen algo mais de comida como por exemplo buñuelos que ainda hoxe en día tomanse nalguns sitios.
E o mais importe é que o Nadal era unha festa, tanto noiteboa, como noitevella, eminentemente familiar o si eso xa esta perdido, a xente sae fora da casa a divertirse ou polo menos intentalo.
Otero Regal
Categoría: Xeral - Publicado o 24-12-2006 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal