A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FERRER I GUARDIA ASESINADO FAI UN SECULO
Ferrer i Guàrdia, Asesinado fai un seculo

Fundador da Escola Moderna anarquista con ideas propias, activista social e pedagóxico, Francesc Ferrer e Garda foi fusilado nos fosos de Montjuïc o trece de Outubro ,hai exactamente un século.

Despois dun Consello de Guerra máis próximo a un simulacro que a un xuízo, recordemos aquello tan manido de “A XUSTICIA MILITAR E A XUSTICIA COMO A MUSICA MILITAR E A MUSICA” impúxoselle a pena capital por instigar supostamente os feitos coñecidos como a Semana Tráxica.


Todo o mundo sabe, e todo o mundo sabía entón, que non tivera ningunha participación, pero a súa actividade e as súas ideas eran insoportables para os que dominaban, e de que xeito, a sociedade da época, sobre todo a educación que salvo excepcions como a que el creou, estaba en mans da iglesia catolica.

A Escola Moderna promovida por Ferrer funciona intermitentemente en Barcelona dende 1901 ata 1909, período no cal se clausura repetidas veces e sofre a persecución dos sectores políticos e relixiosos máis conservadores da cidade. Tivo escolarizados máis dun centenar de nenos de ambos os dous sexos, practicándose así a coeducación, algo inédito naqueles tempos, complementándose con charlas e Universidade Popular para os adultos, recitais e teatro. Nas súas aulas non se impartían ensinanzas relixiosas pero si científicas e humanistas, fomentábase a non competitividade, o pensamento libre e individual (é dicir non condicionado), o excursionismo ao campo, e o desenvolvemento integral do neno. Durante todo o primeiro terzo do século XX, decenas de escolas e universidades populares seguirían as formulacións ferrerianos da Escola Moderna.


O acto militar represivo de fusilalo foi un axustar as contas cos que non se sometían, unha advertencia ao conxunto do movemento obreiro sobre a ausencia total de tolerancia e de compaixón.


A indignación que prcorreu o Mundo cualificouse como axitación antiespañola. Fóra de España, protestouse de forma masiva, en Bruxelas, París ou Roma, contra ese "asasinato legal", auspiciado por "o clericalismo e os seus aliados militaristas", que facía renacer a Inquisición. "O seu crime é ter fundado escolas", sentenciou o escritor francés Anatole France. "Escolas libres", como escribiu Ferrer, onde os nenos estudasen "as causas que manteñen a ignorancia popular". Era pedir demasiado naquela España de 1909. Tampouco a República, dúas décadas despois, puido logralo, proba do áspero que foi o conflito en torno ao ensino e á creación dun Estado laico. E neso ainda estamos tamén neste norte galego.


Creo que é necesario recordar o asasinato de Ferrer e Garda, para ter ben claro que as ideas non se matan cos fusís, e que só se pode combater, se fai falta, con outras ideas.
Otero Regal
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-10-2009 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Aqui notanse os teus#blgtk08# aires acratas.....
Comentario por Covas (19-10-2009 18:49)
2 Menos mal que se recorda #blgtk08#alguen da Escola moderna.
Comentario por Un mestre (19-10-2009 18:50)
3 Se a escola estivera en todo tempo, dende a máis remota antigüidade, supeditada non ao ensino no seu amplo sentido de comunicar á xeración nacente a suma do saber das xeracións anteriores, senón#blgtk08# ao ensino concordada coa autoridade e a conveniencia das clases dominadoras, e polo tanto destinada a facer obedientes e submisos, é evidente que nada do escrito a tal fin podía ser utilizable.
Comentario por Foz (19-10-2009 18:54)
4 "Surgimos de sustituciones de ídolos por Dioses, pasando (como dice Ferrer, por la sustitución de nuevo de Dioses por ídolos) ... para terminar #blgtk08#en la nueva sustitución de ídolos por Dioses... claro, que ya lo dijo el poeta... los ídolos son falsos.. ;-)" los Dioses... son ....Dioses..."
Comentario por Eraser (19-10-2009 18:55)
5 algo far#blgtk08#ia......
Comentario por X (20-10-2009 07:50)
6 "as causas que manteñen a ignorancia popular". a frase#blgtk08# ten cola, xa que hoxe seguese con a misma iñorancia..
Comentario por Pego (20-10-2009 15:24)
7 O genocida Stalin fixo moitas en Rusia. ¡Cantos mestres inocentes masacrados polo mero feito de sere libre pensadores! A esquerda comunista totalitaria, da que temos un moi bon exemplo con Roel en Viveiro, non quere saber nada de xente que pense por sí. Os queren manexábeis para levalos pra onde eles quer.

¡Viveirenses! ¡Rebeládevos contra a retroe#blgtk08#squerda de Roel, Cal e Amor! ¡Viveirenses! ¡Nom abandoedes a esperanza dun Viveiro millor! ¡Loitade contra as mentiras, trangalladas, mangalladas e demáis do trio de iluminados que ocupan o poder en Viveiro! ¡Cal, Roel e Amor, o comunismo máis rancio e reaccionario en persoa! ¡Chantádello cando os vexades, avergoñainos en público! ¡Non merecemos semellante tropa!
Comentario por vierenses, loitai sen descanso (20-10-2009 20:29)
8 Totalmente dacor#blgtk08#do con VIERENSE
Comentario por Barrakuda (21-10-2009 08:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal