A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DEFÉNDENSE COMO LEÓNS DA METRO
Nas nosas vilas e pequenas cidades, da Mariña, dánse todo tipo de personaxes. Hai os que se implican, que saltan á area, que dan a cara e están sempre no miollo do asunto; e os que participan pouco, escorren o bulto, queren pasar desapercibidos e están sempre na periferia. Analizar esta dinámica dos grupos con este esquema de centrais e periféricos resulta útil nalgunhas ocasións, como a presente.

En todos os lugares do norte de Lugo temos unha dinámica de poder, unhas xerarquías. En xeral, ser dos de arriba atrae moito máis ca ser dos de abaixo, pero arriba hai sitio para poucos e a maioría han de estar na base. Hai Vilas nos que a dinámica de poder é feroz, as bases séntense explotadas, queren saír do montón asfixiante e subir arriba. Para iso algúns apóianse nas costas doutros aos que afunden, trátase de trepar á cúspide da pirámide. Neses grupos o de arriba nunca está seguro e mentres máis altura alcance maior será a súa caída. Máis que exercer o poder detéñeno e osténtano ameazantes, porque se saben ameazados, deféndense dende arriba como o león de metro.

O poder, opino eu, é necesario. Dicir isto pode resultar molesto nunha época onde se fala continuamente de igualdade de dereitos, pero creo na necesidade das xerarquías e creo tamén que a maioría dos sistemas humanos funcionan mellor con estruturas xerárquicas. Aínda que considero os niveis de poder dun xeito moi distinto a esa pirámide maldita que se exerce por estas terras. A imaxe que vén á miña mente é a desas torres humana que vemos nas festas de Cataluña. Nos 'castillets' precísanse moitos na base e cada vez menos conforme subimos cara a arriba. Os de arriba saben que non estarían alí sen os que o suxeitan Solidariamente falando. O de arriba de todo adoita ser o máis lixeiro e o máis áxil, case sempre é un neno. Os que exercen o poder deberían ter as mans brancas e tamén a mirada limpa como a dos nenos. Non deberían esquecer que están aí para facer medrar a todos e que tan precisos como eles o son os máis numerosos que están alí, abaixo de todo, soportando con esforzo tamén a súa tarefa.

Pola miña banda e para tranquilidade de alguns que estan moi nerviosos últimamente teño que dicir que padezo de vertixe e que non podería, nin sabería subir ata arriba. Prefiro formar parte da base, nela estáse máis acompañado e non sofre un mal de alturas, depresións, complexo de inferioridade e soidade. Ademais creo que, como dicía Séneca, o home máis poderoso é o que é dono de si mesmo.
Otero Regal
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-09-2009 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
15 Comentario(s)
1 Lin no Heraldo de Viveiro deste venres un artigo do teu amigo Javier Illán titulado "Demasiao ghasto en festas". Ten moita razón o rapas, que asemella estar bastante enteirado do que fala. Este amigo teu parece que pensa por sí mesmo...cecais por iso o PP no o levou nas listas ás municipais, ou ao millor foi intelixente e non quiso ir el coa tropa que encabeza Leal... Eu creo que Aja non quere xente que lle poida facer sombra e por iso prefire telo controlado á sombra no partido... unha mágoa, porque podería facer unha boa oposición e non a que fai Leal que non fala de nada.

Eu recomendo a letura dese articuliño, que por certo contradice o entusiasmo co que Moncho Pernas despedía o vrao falando de que as festas en Viveiro son unha inversión. En Viveiro as festas son un desmadre, no que Roel e a súa #blgtk08#equipa de goberno o pasan que nin Dios. Os socialistas saben divertirse a costa dos demáis e por riba teñen a sorte de contar cun insigne escritor que lles rie as gracietas e louba o desenfreno que vive Viveiro cada agosto ghratis total, comparándoo con ¡Benicassim!, onde a entrada costa un pastón. Por sorte o teu amigo Illán lle soubo aclarar algunhas cousas, coma iso do millón de visitas que tivo o hardcore ise en internet... Ainda así podería dar bastante máis caña a toda a mangallada de mangalláns socialistas que ten viveiro de dirixentes, cun escritor, que non da puntada sen fío, defendendo o indefendíbel.

En Viveiro cada agosto facemos unha grande fogueira, onde coma bos vividores aos que non nos falta de naaa, queimamos cartos espesos... Xa o dixo Marx, Groucho Marx: ¡Mais madeira!
Comentario por (14-09-2009 22:30)
2 Lin no Heraldo de Viveiro deste venres un artigo do teu amigo Javier Illán titulado "Demasiao ghasto en festas". Ten moita razón o rapas, que asemella estar bastante enteirado do que fala. Este amigo teu parece que pensa por sí mesmo...cecais por iso o PP no o levou nas listas ás municipais, ou ao millor foi intelixente e non quiso ir el coa tropa que encabeza Leal... Eu creo que Aja non quere xente que lle poida facer sombra e por iso prefire telo controlado á sombra no partido... unha mágoa, porque podería facer unha boa oposición e non a que fai Leal que non fala de nada.

Eu recomendo a letura dese articuliño, que por certo contradice o entusiasmo co que Moncho Pernas despedía o vrao falando de que as festas en Viveiro son unha inversión. En Viveiro as festas son un desmadre, no que Roel e a súa #blgtk08#equipa de goberno o pasan que nin Dios. Os socialistas saben divertirse a costa dos demáis e por riba teñen a sorte de contar cun insigne escritor que lles rie as gracietas e louba o desenfreno que vive Viveiro cada agosto ghratis total, comparándoo con ¡Benicassim!, onde a entrada costa un pastón. Por sorte o teu amigo Illán lle soubo aclarar algunhas cousas, coma iso do millón de visitas que tivo o hardcore ise en internet... Ainda así podería dar bastante máis caña a toda a mangallada de mangalláns socialistas que ten viveiro de dirixentes, cun escritor, que non da puntada sen fío, defendendo o indefendíbel.

En Viveiro cada agosto facemos unha grande fogueira, onde coma bos vividores aos que non nos falta de naaa, queimamos cartos espesos... Xa o dixo Marx, Groucho Marx: ¡Mais madeira!
Comentario por Anonimo (14-09-2009 22:30)
3 http://www.youtube.com/watch?v=02xnnIzjucE

Eu recomendo que vexades este enlace.
imaxinai co tren é o concello con todos nos dentro, os irmáns Marx son os socialistas de #blgtk08#Viveiro con Roel de mestre de cirimonias, e o carro de cabalos é o PP con Aja e Leal ao mando.

Non se pode dicir outra cousa que isto de Viveiro é marxismo puro...¡Máis madeira!
Comentario por mais madeira (14-09-2009 22:40)
4 Pola miña banda e para tranquilidade de alguns que estan moi nerviosos últimamente teño que dicir que padezo de vertixe e que non podería, nin sabería subir ata arriba. Prefiro formar parte da base, nela estáse máis acompañado e non sofre un mal de alturas, depresións, complexo de inferiorida#blgtk08#de e soidade. Ademais creo que, como dicía Séneca, o home máis poderoso é o que é dono de si mesmo.
Gustoume este final que clarifica moitas cousas, unha delas o da candidatura independente, outra para que o que firma EU clarifique ideas, tampouco queres ir bnin con uns nin con outros.
Comentario por Xose (15-09-2009 19:29)
5 Pola miña banda e para tranquilidade de alguns que estan moi nerviosos últimamente teño que dicir que padezo de vertixe e que non podería, nin sabería subir ata arriba. Prefiro formar parte da base, nela estáse máis acompañado e non sofre un mal de alturas, depresións, complexo de inferiorida#blgtk08#de e soidade. Ademais creo que, como dicía Séneca, o home máis poderoso é o que é dono de si mesmo.
Gustoume este final que clarifica moitas cousas, unha delas o da candidatura independente, outra para que o que firma EU clarifique ideas, tampouco queres ir bnin con uns nin con outros.
Comentario por Xose (15-09-2009 19:39)
6 cuanto mas alto se sube, mas duele la#blgtk08# caida
Gran dicho, este eh....
Comentario por Cabritiña (15-09-2009 20:07)
7 eu tu os demas os de arrib#blgtk08#a os de abaixo e os outros
Comentario por Rias Baixas (16-09-2009 14:12)
8 Toda esa xente aburguesada que non fai máis que queixarse, e nunca lle faltou de nada, nunca tiveron problemas graves, nunca tiveron que loitar por conseguir algo na vida, toda esa xente que regala as súas opinións intolerantes, simplistas, baleiras, que nunca se pon na pel do outro, que se asusta doadamente e pide seguridade e man dura cando pensa que a situación se desmanda, toda esa xente que acepta o que lles boten enriba porque#blgtk08# nada debe alterar o seu status quo, toda esa xente que non moverá un dedo polos outros, que como moito ofrecerá un chisco de apoio moral, toda esa xente que vota sen pensar nas consecuencias, todos aqueles fariseos que golpean o peito en misa diaria e non saben ver ao seu deus na figura do que sofre, do desposuído, do que non ten nada. A toda esa xente deséxolle que nunca lle falte algo que levarse á boca nin un teito que o abeire.
Comentario por Nordeste (16-09-2009 14:15)
9 El parámetro que propone Regal es vertical, y alude al concepto simple de los de arriba y l#blgtk08#os de abajo, trasnochado y propio de esa expecie trasnochada de progre acrata y solitario.
Comentario por Andres (16-09-2009 14:21)
10 Saúdos

Deberan ter como lema algo así como "Non" opinen, nós (léase, a cúpula do p#blgtk08#artido) decidimos como debe pensar, opinar leva a pensar, pensar leva a discrepar"… Malo malozo.
Comentario por Jose Ramon (16-09-2009 14:58)
11 Desde hace unos años, quizá por el recién adquirido espíritu crítico me he empezado a plantear sobre si los medios con los que me informo son de izquierdas o de derechas. Está claro que yo soy de izquierdas, y a sabiendas de que ningún medio es neutral (si, #blgtk08#los reyes son los padres, el ratoncito Pérez también y por mucho que te saques la carrera de historia con sobresaliente si no vas comiendo culos no vas a encontrar curro) prefiero que el sesgo sea de izquierdas o lo más a “mi” izquierda posible, ¿lógico no?
Comentario por Rojo (16-09-2009 15:01)
12 Produce un desagrado, que colinda co noxo, a actual situación política en Viveiro. O autoritarismo e incompetencia do goberno de Melchor Roel encontra como resposta, no mundo popular, a violencia e o culto á intransixencia. E, mentres tanto, os políticos radicais a#blgtk08#qui procuran facer leña da árbore caída. Para pechar o panorama, finalmente, en moitos intelectuais prodúcese un fenómeno do máis estraño. Unha sorte de competencia por ver quen ataca o goberno con maior saña. (Un exemplo o temos aqui neste blog de Otero Regal...)
Comentario por Un Viveires (16-09-2009 15:07)
13 Polo visto para ser Viveirense hai que falar ben das súas xentes, por iso se te topas cun anormal de Viveiro (de todo hai en todas as partes) tes que pensar que, non que te equivocas, que é moi normal, xa que se non te desterran de ser viveirense. Isto é o#blgtk08# que din algunhos. Normal que teñan medo de que falen mal dos que non son dignos de ser viveirenses. O normal seria, se sodes tan patriotas, que criticásedes aos que vos estan deixando o pobo feito unha merda. Iso seria autentico cariño ao pobo: defendelo.
Comentario por Do Valado (17-09-2009 12:44)
14 O pobo esta cada vez peor, a lista é interminable, lixos por todos lados, colectores desbordados, puntos limpos como vertedoiros incualificables, concelleiros bebes e marujonas que non teñen nin unha idea, e cando a teñen se estrelan, amiguismo por todos os lados, postos de confianza, e Roel e o#blgtk08#s seus cachorros nun pedestal que cren que ata o fan ben. O pobo sen cobrar un duro, pero se, eles se cobran os seus soldos , puntualmente todos os meses, para iso se hai diñeiro. Empresarios, traballadores, asociacións, e xente moi cabreada, pero que moi cabreada, e a deterioración é constante.
Comentario por Rio dos Foles (17-09-2009 12:46)
15 Na miña opinión: a verdade é que Viveiro perdeu todo o seu encanto nestes de anos (xa o viña perdendolo dende hai tempo pero Melchor Roel era unha esperanza e resultou ser peor que a enfermidade). O peor #blgtk08#de todo son as formas, a mala educacion e a ineptitude completa dos seus concelleiros-as, e por ende a ineptitude dun alcalde que non ten nin idea do que é respectar os veciños e gobernar para o seu pobo.
Comentario por Xesus R. (17-09-2009 12:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal