A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

E EU TAMEN
A plataforma por unhas administracións públicas canarias eficaces, profesionais e que xestionen con obxectividade os intereses dos cidadáns anunciou este xoves que reclamarán que se cumpra a normativa vixente e os cargos públicos paguen aquelas indemnizacións que se deriven da súa actuación.

O presidente do sector autonómico da Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-CSIF), Javier Galván, explicou que a plataforma está conformada por tres sindicatos e unha asociación profesional de funcionarias e busca que os cargos políticos "paguen co seu propio patrimonio as indemnizacións millonarias e que agora se pagan con recursos dos cidadáns". "Non só os políticos, senón tamén os funcionarios que asinan eses documentos", aclarou.

Galván indicou que xa a Lei 30/1992 "establece" que no caso de indemnizacións de responsabilidade patrimonial onde incorre dolo, culpa ou neglixencia a administración de oficio inicie o trámite para pedir ao político ou ao persoal responsable as contías. "Non sabemos que se fixese nunca", dixo polo que concluíu que "se non o fan o poñeremos en man dos tribunais".

Non lles interesa aplicalo, explicou para engadir que a súa plataforma tamén se ocupará doutros asuntos que teñen que ver coa xestión dos recursos humanos da Comunidade Autónoma ou a eficacia administrativa.

Neste punto, solicitou que os altos cargos que estean por debaixo dos viceconselleiros deban ser funcionarios. Puntualizou que salvo nas excepcións legais as xefaturas de servizos se logren a través de concursos de méritos. Así mesmo formulou que a "función interventora" na administración chegue antes, é dicir, que non revise contratacións feitas, senón que fiscalice se se van facer en condicións de legalidade.
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-07-2009 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Eu ando abraiado coa nova libraría do Tolino...¡manda carallo na Habana! Disque se lle pides faturas dos gastos, vaille ser difícil atopalas. O home da traxectoria intachábel, gusta de facer pagos escuros... se é cos fai, porque anda corrido polo pobo que pra #blgtk08#libraría recibiu máis dun agasallo.

é curioso que este home seña tan fenómeno pra as súas contas, namentras que pra as do concello é unha auténtica calamidade. ¡Váia libraría que se montou! O Tolino sí que sabe, carallo... o Tolino si que sabe.
Comentario por Progreprosperidade (31-07-2009 00:11)
2 E que fagan contratos coas súas promesas, con penas de carcel #blgtk08#se son incumpridas, verías nin a súa puta nai sería político.
Comentario por Roberto (31-07-2009 09:51)
3 O mellor, poñer como condición non poder gañar máis de 1,000 € ao mes. Iríanse o 95%, pero q#blgtk08#uedarían os tres ou catro gatos que realmente estivesen aí para intentar arranxar o seu pobo
Comentario por Pixin (31-07-2009 09:52)
4 O rei ten dedicación exclusiva, exclúe #blgtk08#o resto do mundo de ocupar o seu posto
Comentario por Xose (31-07-2009 09:53)
5 E entón como ían dar de comer os seus #blgtk08#fillos, eh eh? Maldito pobo inculto..
Comentario por Un aprendiz de politico (31-07-2009 09:55)
6 Home, eu estou de acordo con que os politicos teñan que poñer do seu peto os 'erros' que cometan... pero como di #20 as regras do xogo hanse de facer para todos, e os mesmo funcionarios non son unha excepción que non comenten 'erros';).

Por cada #blgtk08#hora perdida (a.k.a. "erro comentido") tomandose un cafetito ou falando coa compañeira correspondente se lles deberia descontar o dobre do que perciben pola devandita hora, algo me di que "misteriosamente" deixaría de facer falta tanto funcionario neste pais...
Comentario por Covas (31-07-2009 09:56)
7 Iso, eso...y de paso o resto de Galegos en xeral e Viveireses en particular #blgtk08#pedimos aos funcionarios que traballen algo, non moito, pero un pouco si....
Comentario por Maria (31-07-2009 09:58)
8 Bos dias, eu si me trabuco no meu traballo teño que pagalo, bueno, pago a miña empresa i un politiquín cando se trabuca pagomolo todos i a il rascanlle os collons, por exemplo pa que caralo quere VIVEIRO 300 EMPLEA#blgtk08#DOS con CESAR no chegaban a 150 i o Concello furrulaba moito millor, MELCHOR SI TES UN CHOIO DO CONCELLO AVISA TOTAL UN MAIS NON NO VAN NOTAR I A MIN FASME UN FAVOR.

DEIXOVOS QUE ME VEN AHI O XEFE.
Comentario por MARROQUI PIDE CHOIO A MELCHOR (31-07-2009 12:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal