A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NO DIA DE GALICIA
Galicia, vin o mellor e o peor de ti, camiñei baixo os teus trebóns, tenteado o camiño entre a choiva preta, soportado ese sol de xustiza que algunhas veces che queima e parece querer afundirte entre a fendida terra, subín as túas montañas, nadei nas túas augas e baixei ás túas entrañas, onde o máis escuro non sempre foron as negras paredes da mina de de ferro da Silvarosa. Sentín tremer o meu corpo coas tronadas e entendín as xentes temerosas de Santa Barbara rezando para que a tormenta pasase. Vin os verdes máis incribles mesturados co fulgor dun sol que se afundía apraciblemente entre as vastas montañas ou nos horizontes mareiros, sentín a inmensidade do universo nesas deliciosas noites de verán onde a bóveda celeste celebra a súa existencia. Vivín contigo e contra ti, coa túa xente e contra ela, gocei o surrealismo de existir, en mil noites e en mil espertares. Vin os teus bosques queimarse e volver medrar, descansei á sombra de vellos castiñeiros, carballos, acebos e buxos. Gocei dos teus froitos máis fermosos e compartín a noite eterna dos teus fracasos. Soñei miles de mundos e millóns de universos, e en todos e cada un deles sempre te atopei Galicia.

Vin o profundo saber e entender das túas xentes e a súa superficial colonización, observei como se baila, se bebe, se come, se goza e se sofre en múltiples festas e romerias, comprobei como aínda hai mulleres que lavan na fonte pública, e ese mesmo día vin como tiraban unha chaqueta nova por atopar un descosido.

Sentín as gaitas, tambores e bombos, oín guitarras e violíns , dancei ao son que me tocaron e ao que me deu a gana. Vin as casas de pedra caéndose, as hortas abandoadas e as igrexas espaldadas, o souto converténdose en fértil terra e a feraz ribeira converterse en formigón. Comprobei como as areas das tuas dunas brancas e puras se manchou co diñeiro fosco e sucio de investidores capitalinos.

Cando eu morra, todos os meus recordos e vivencias desaparecerán da face da terra, cando eu morra non quero grandes demostracións, cando a vida veña a darme o último bico na boca e o meu último alento se vaia para sempre, prometédeme, que Galicia sexa o meu leito eterno e que cando a última das miñas moléculas regrese á terra, esta sexa o espazo de liberdade e igualdade co que tantos soñamos.
Otero Regal
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-07-2009 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
15 Comentario(s)
1 Moi boni#blgtk08#to Regal
Comentario por Foz (27-07-2009 19:41)
2 Parece difícil de crer, pero é certo. Vivimos no mellor país do mundo. E a proba é moi simple: o noso maior problema, o máis importante, o que todo o mundo discute, é o prezo dunha cunca de café. Como o oen. Uns céntimos máis arriba ou abaixo no prezo dunha cunca é con diferenza nosa maior preocupación. Todos os nosos problemas de onte se esvaeceron no aire.

#blgtk08#/> E a verdade, resúltame curioso. Curioso máis que nada porque eu non sei o que custa realmente un café. Verán, normalmente tomo café na casa; pero cando o tomo fóra, ou mo pagan ou pagamento varios xuntos, polo que me resulta difícil estimar canto vale un só. Iso si, pódesme preguntar canto vale un libro ou un dvd, que iso si o sei. Normalmente cómproos de un en un.
Comentario por Covas (27-07-2009 19:47)
3 Como ves a Galicia, de xeito xeral, no mundo?

Somos unha potencia grazas as remesas dos emigrados. Iso éncheme de orgullo!

En educación andamos tamén ben ben (sobre todo porque nin avaliacións nos fan).

En fútbol, xa aceptamos que os grandes nos gañará todos os partidos... pero temos a outros para desquitarnos.

En seguridade, non vexo tanto problema; se fóra empresario ou alguén dunha posición económica alta me pre#blgtk08#ocuparía... só debo evitar estar en lugares equivocados en momentos inoportunos.

A nosa música, por outra parte, é a mellor do mundo: ata nas películas saen as nosas melodías .

E que dicir da nosa cultura (ou sexa, aquilo que a tele dita); as nosas series, o Luar son as mellores cos seus dramas reais e verídicos que son a mera realidade, e os Tonechos eses é o mellor programa cómico do mundo (e levou á nenez a un éxtasy de felicidade total).
Comentario por Con Risas (27-07-2009 20:03)
4 Moi ben, que bonitas respostas. Agora, para rematar, dime, sénteste orgulloso de s#blgtk08#er galego?

Pero, ¡ ¡ por Deus (e o señor San Santiago!!! E quen non
Comentario por O mismo (27-07-2009 20:04)
5 Hola, que ironia no comentario, dá tristura a situaciòn do#blgtk08# paìs, pero ainda gústame màis ser Galego que Madrileña.
Comentario por Maria (28-07-2009 14:28)
6 Galicia en verdade é un pais que se desenvolveu moitisimo pero seria mais se non fose ou non fóra tannnn corrupto.. e non crean isto non ten que ver soio cos partidos politicos e o pobo en xeral que mendiga e suplica o poder en#blgtk08# vez de reclamar o seu .
Hoxe síntome moito mais orgullosa que onte...) e é vdd ten moitas cousas negativas... pero tambien positivas..!!
SON ORGULLOSAMENTE GALEGA! (aínda que no fondo esteamos mal mal mal mal)
Comentario por Louisa (28-07-2009 14:33)
7 Galicia,Moi ben, un pais cheo de enerxía. Ningún partido ou#blgtk08# político se cansa de pelexar polos seus propios intereses.
Comentario por Xan das Bolas (28-07-2009 14:34)
8 La cosa está chunga, parece que España nunca existio. Desde luego los españoles nunca hemos sido iguales ante el estado. Ya los vascos tenían un fuero especial que venía desde el siglo XIX y Franco respeto. Lo mismo en Catalaña tenia algunas variantes en #blgtk08#el codigo civil, como la separación de bienes en el matrimonio y el reparto de la herencia en la figura del hereu.En Galicia tambien existen particularidades en el derecho gallego....
Todo ha deribado en un chalaneo esperpéntico con las autonomias.
Comentario por Jesus (28-07-2009 18:59)
9 patriota significa: "Persona que tiene amor a su patria y procura todo su bien". Y como ese amor es inmenso.
Aunque por otro lado no creo en eso de la "patria".#blgtk08# Me encanta la gente de Galicia (no todos, claro), sus paisajes, su cultura, su gastronomía... pero mi patria, si es que tengo, y como diría Castelao, es la Humanidad.
Comentario por Un madrileñogallego (28-07-2009 19:03)
10 Para todos os galegos que están fóra do seu lugar de orixe. Os que choran de alegría cando escoitan unha gaita. Para aqueles que recordan de cando en vez os pasos dunhas muiñeiras ao ao elegancia do andar dunhos pasodobles. Para esas persoas que saben ou souberon éo ver o suave bambeo dunha rapaza de pel morena, mentres ilumina o #blgtk08#sendeiro da vida.

Para todos, para uns, para os outros. Para os que xa non están e para os que estando, a penas están. Para aqueles que se sentes un espírito do pobo, ou sinxelamente, para os que se educaron na cultura dos castrexos, celtas ou, romanos .

Por todos eles...

Viva Galicia!
Comentario por Dende o Mar da Plata (28-07-2009 19:06)
11 No puedo dejar pasar este día sin felicitarnos a todos los gallegos, a los que por suerte disfrutáis de la ti#blgtk08#erra y de su olor, que me recuerda que las raices, estamos donde estamos no se pueden perder.

Comentario por Juanin (28-07-2009 19:09)
12 Ese día faleilles aos meus paisanos do pequena que é Galicia se a comparamos co mundo; e díxenlles que ninguén é mellor nin peor por nacer en Galicia ou en calquera outro lugar do mundo; que ter nacido aquí non nos converte en seres especiais, nin nos proporciona máis ou mellores dereitos. Somos ta#blgtk08#n iguais como calquera outro ser humano... pero Galicia, pola súa condición de finisterrae, Illa ou peninsula fronteiriza, cóbrenos dun verniz cultural que nos introduce nun grupo humano con sinais de identidade propios e recoñecibles. A cultura que recibimos na terra é un parámetro que nos marca.
Comentario por Dario (30-07-2009 14:39)
13 Talvez S. Hawking teña razón cando di que o universo rematará por contraerse ao perder a forza de expansión que lle proporcionou o Big Bang-e toda a vida que exista nel se retrotraerá ao revés do que foi, quen sexa ancián empezará a rexuvenecer ata volver ao seo matern#blgtk08#o.
E como sabemos que neste mundo todo é empiricamente relativo levando a teoría ao universo individual unha vez cumpridos os obxectivos alcanzado as metas, visto e oido case todo, retornar ao botado de menos punto de partida, e retrotraernos a iso: a un punto.
Comentario por Santiago (30-07-2009 14:40)
14 Os vocáblos paisaxe, país e paisano proveñen dos latinos pagensis e pagus, o cal perdura hoxe na palabra pagamento. Chegaron ao aqui a través do francés. Os termos, paysage, pays e paysan son anteriores aos paisaxe, país e paisano. Pagus nun principio denominaba un espazo acoutado; igual que país. O remato foi aumentando e ensanchando o espazo que abranguía, dende o pequeno territorio rural ata o que hoxe denominamos país. "É o meu país" quere dicir, en sent#blgtk08#ido estrito: "É o meu paisano", "o meu compatriota".

Existe o que os franceses chaman lle mal du pays, que non ten equivalente . En vasco, si: herrimina.

En castelán é máis utilizado, aínda que non no mesmo sentido, o remato plural: os males da patria. A palabra patria é, de todos os xeitos, anterior á palabra país.

A patria deixo de ser sinónimo de país cando deixou de ser paisaxe, algo visible; e fíxose invisible
Comentario por Felipe J. (30-07-2009 14:44)
15 Comecei a desconfiar de certo nacionalismo que se acondicionaba aos sistemas e aos gobernos, como o concepto de Patria. Quen o terá inventado? Que é un país? Quen decidiu por min os límites do chan nai que debería de amar e polo que debería morrer? Ac#blgtk08#aso o feito de que uns homes se lle adiantasen a outros na conquista é suficiente? Se á Viveiro tivesen chegado os asturianos primeiro que os obispos de Mondoñedo, entón non fose parte da nosa Patria? E non obstante, agora habería que morrer por ela.
Comentario por Galego como ti (30-07-2009 14:47)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal