A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AQUI TAMEN SECUNDAMOS O MANIFESTO DOS ESCRITORES GALEGOS
A Asociación de Escritores de Lingua Galega (AELG) lanzou esta tarde unha dura advertencia ao novo goberno da Xunta pola política de retroceso na promoción do idioma. Na véspera do Día da Patria, a ALEG acusou a Alberte Núñez Feixóo de liderar unha política de “redución do galego até o anecdótico” e de “asumir unha óptica de colonizados”.

Manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega
Lectura pública na estatua de Rosalía de Castro na Alameda de Santiago de Compostela
24 de xullo de 2009
¡Que a man tembrosa no papel só escriba
palabras, e palabras e palabras!
Señora e nai nutricia da palabra galega, vimos aquí os que por única ofrenda temos a
palabra, para nos acoller na túa mirada xenerosa, aquela que alimenta o noso espírito e pon na nosa
voz a verba xusta: a que berra, e protesta, e rebélase, e clama, e chía, e brada, e balborda, mais sen
se laiar nin queixar, sen implorar nin pedir nin rogar porque de ti, da túa estirpe, herdamos e
aprendemos o azo de nos revirar.
Porque revirados estamos contra unha xenreira que naceu en pechos corazóns contra a
palabra de noso. Un odio que ameaza con derrubar o edificio que os séculos ergueron para
acubillármonos como pobo e como xente.
Desde a AELG insistimos na importancia que, na Galiza, tivo e ten a literatura. Porque a
nosa non é unha literatura xurdida da espontaneidade creativa, das vontades particulares de se
expresaren por escrito xentes de pluma feliz: a nosa literatura é, ante todo, unha declaración de
intencións. A nosa cultura é unha creación colectiva do pobo, unha ferramenta útil creada por
labregos e mariñeiros, por costureiras e boticarios, nas aldeas e nas vilas, unha cultura que logo foi
perseguida e condenada a ser identificada e estigmatizada, xunto á lingua que a nomea, como
exclusiva das clases desfavorecidas, coa intención de a facer desaparecer definitivamente, e canda
ela, o pobo noso e mais a identidade singular que representa.
Rosalía de Castro primeiro, e todos os escritores e as escritoras que despois dela ousaron
reivindicar esta lingua minorizada e desprezada polo poder, elixiron asumir como propia unha
identidade colectiva e ver nela a nación soñada. No noso caso, como é común nas nacións
sometidas, a escrita fixo o pobo. Non só estamos hoxe a defender a lingua dos nosos maiores e o
dereito a conservarmos a herdanza do pasado; estamos a defender a lingua para contribuírmos co
noso oficio a que no futuro Galiza sexa.
¡Odio, fillo do inferno!,
pode acaba-lo amor, mas ti n’acabas,
mamoria que recórda-las ofensas.
Si, si,¡de ti mal haia!
A palabra fainos estar no mundo como o que somos, como galegos e galegas. Nin máis nin
menos, nesa forma de fachenda que nace no peito cando un é, simplemente, o que é. E así alguén é
no mundo porque a el pertence, e o mundo perténcelle. Por nacenza e por vocación só queremos e
só podemos estar no mundo coma o que somos, coma galegos, e iso só é posíbel desde a nosa
lingua. Somos escritores galegos pola palabra galega que nos define, non por ningunha outra razón.
E os escritores e escritoras, que tamén somos pobo traballador, sabemos da importancia da
transmisión da lingua e de entendérmola como un proceso de construción partillado e consciente.
Non se pode ser galego contra o galego. Mesmo non é posíbel selo sen sentir no corazón o
orgullo do idioma. Hoxe, cando o poder gobernante tenta abrir unha fenda na sociedade, esta
conciencia debe defenderse máis do que nunca.
Cal si na infamia naceras,
torpe, de ti se avergonza,
i a nai que un fillo despresa
nai sin corasón se noma.
Escoitamos voces que, desde os propios lugares onde se agardaría que soasen as chamadas á
protección, defensa e uso da nosa lingua, bradan, no entanto, ao mundo o seu desprezo. E fan todo
canto alcanzan por borrala de nós, dos nosos fillos e fillas, furtándolles o dereito a nomear, que é o
dereito a crear, a facer posíbel a existencia do bidueiro, do ouriol, do lóstrego, do trono, do soño…
Un soño negro que tolda as nosas noites, ese soño en que os nenos e as nenas medrarán
ausentes da voz que os xerou, que os fixo fillos dunha terra, andantes dos seus camiños, soñadores
dos seus versos. Que gañan con iso máis aló de faceren vencer o odio alí onde debía reinar a
harmonía? Xente capaz de facer nacer unha guerra contra as palabras, as mesmas que teceron os
máis fermosos cantos de amor, os cantos que ligaron para sempre a palabra amor coa palabra
amigo, os dous máis poderosos antídotos para o veleno do odio e da xenreira. U-lo o gaño, u-lo o
orgullo de dicir: “o meu fillo non sabe”? Que se pode agardar daqueles que celebran a ignorancia?
O galego non se impón; restitúese. A defensa do galego atinxe, sen dúbida ningunha, as
persoas que recibiron o galego desde a primeira infancia, mais tamén, con todo o dereito, as criadas
en español ou en calquera outra lingua que asumiron un día, nun exercicio de decisión que non tiña
nada de oportunista e si moito de solidario, que era en galego como se querían construír. Para nos
solidarizarmos cos desfavorecidos, para denunciarmos un proceso histórico de dominación, para
berrarmos contra todas as opresións que teñen lugar no planeta, moitos galegos e galegas de nación
estabelecemos coa lingua un pacto de fidelidade.
Meses das tempestades,
imaxen da delor
que afrixe as mocedades
i as vidas corta en frol.
Nada hai no mundo máis novo, máis recente, máis moderno ca unha lingua viva, vivida,
falada. E nada hai no mundo máis antigo, máis decadente, máis morto e podre que o sentimento de
desprezo pola diferenza. Cada lingua do mundo é unha flor que naceu para facer máis grande e máis
largo o universo. Para enchelo co arrecendo das súas palabras únicas, porque só con elas cadaquén
expresa os sentimentos que acubilla a súa alma. Por iso cada lingua é a medida do mundo enteiro,
porque con ela vaise a todas partes e en todas partes é útil a bagaxe de sentimentos que transporta
no corazón de cada falante. Non cortar esa flor significa permitir que o mundo se pareza a un
xardín. Arrincala é axudar a medrar o deserto.Todos os falantes conscientes somos aprendices. Con
máis ou menos recursos, todos loitamos por nomear o mundo procurando limpar o noso galego de
tantas formas foráneas, por devolvermos as vellas palabras esquecidas, por mantermos as
construcións antigas que xa din só os avós, por recuperarmos os nosos apelidos, os nomes dos nosos
lugares, por ensancharmos o campo de usos do galego falándoo e escribíndoo para actividades
prestixiosas, para a investigación, a tecnoloxía e o lecer, coa mesma naturalidade con que o
coñecemos para as actividades domésticas ou para os labores agrarios. A lingua non nos veu
unicamente, logo, da familia de nacemento, nin sequera no caso dos que levan desde o nacemento
falándoa, senón que é unha relación escollida... coma a amizade..., coma o amor.
¡Como venden a carne no mercado.
vendeute o xurafás!
Apoiamos a restitución histórica do que nunca nos debera ser subtraído porque aceptamos
que moito perdemos todos os seres humanos cada vez que se relega unha forma de contar a
realidade, unha lingua, para se render á hexemonía das linguas máis poderosas e máis faladas do
planeta. Moi miserábeis seremos de deixarmos precisamente a nosa ficar muda no camiño do
progreso.
Reivindicarmos unha maior presenza do noso idioma, defendermos a súa aprendizaxe e
coñecemento, non responde a intereses particulares senón a unha intención ética de compromiso
contra toda lóxica de dominio. Por iso queremos galego para nós e para @s que veñan despois.
Mesmo queremos galego para @s outr@s. Reducirmos o galego no ensino até ficar no anecdótico,
minusvalorarmos o seu coñecemento para exercer na administración, é adoptarmos unha óptica de
colonizados dispostos a traballar canto cumpra para patrón alleo. Se o galego non asume un papel
fundamental en todos os niveis educativos, @s fill@s dos outros, dos que hoxe aceptan pregarse ao
español, ao inglés ou a calquera outro xigante, xa non terán na súa man a posibilidade de libremente
decidir, de seren mañá galegos e galegas conscientes.
Por iso, señora da nosa voz, da nosa palabra e do noso alento, estamos aquí para nos
conxurar en loita contra quen queira varrer a nosa palabra. Para mostrar a nosa fortaleza, para
asegurar que nunca faltará un home, unha muller que lle cante e fale aos fillos, aos netiños, na nosa
lingua, que o faga co agarimo de quen transmite un ben valioso e coa rabia de quen se resiste a
perecer, esa rabia da que nace a paixón e a loita. Como dixeches ti, xa vai para cento trinta anos:
Si, si, rabear ben forte,
mas ca rabia picante e aguilloeira
que é salsa apetitosa das paixoes.
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-07-2009 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 DIXO Feijóo e quedou tan contento :"Unha princesa durminte que necesita do bico (do señorito ca#blgtk08#stelhano), e non do berro (dos paletos e aldeanos), para espertar e reinar (libertá, libertá!)"
Comentario por Covas (26-07-2009 09:22)
2 Mira Albertito, fai o que che pete pero NON NOS TOQUES OS JUEVOS!!!!!! NIN NOS TRATES COMA PARVOS!!! Xa che somos grandiños e sabemos o que#blgtk08# temos que facer... e sobre tudo... DEIXA XA DE DICIR CHORRADAS E ARREGLA O PROBLEMA DO PARO e outras cincuenta mil cousas que prometiches
Comentario por Ramil (26-07-2009 09:22)
3 UNO A MIÑA LINGUA (GALEGA) COAS LINGUAS DO MUNDO I#blgtk08#NDEPENDENTEMENTE DO SABOR, TAMAÑO OU CARNOSIDADE.
Comentario por Carmen (26-07-2009 09:25)
4 Nin con Fraga, pasou o que esta a pasar agora. A ver se#blgtk08# "Freixó" se deixa aconsellar polos seus e recapacita.
Comentario por Un do PP (26-07-2009 09:30)
5 Galeguismo estomacal,ou de peto,é o que "defenden" estes señores pois se se lee o seu artigo segue a falar de imposicion do galego, de pena estes galeguistas. O señor feijoo mar#blgtk08#coulles as cartas e despois repartiu xogo é agora xa nin pincahan nin cortan esa é a verdade, non os ten en conta para nada, pois sobralle saber que nunca se van mover de ahi.
Comentario por Xoquin (26-07-2009 09:32)
6 Eu estou coa política linguística de Feijó.
Basta xa das imposicións da retroesquerda naziiiionalista. Os galegos falamos claro nas pasadas eleccións: os que pretenderon politizalo idioma galego, que é de todos, que se vaian pras súas casiñas a impoñerse o que queiran a eles mesmos.

Xondaxe publica unha enquisa esta fin de semana moi esclarecedora do que pasa en Galicia: Hai dous partidos políti#blgtk08#cos, PSOE e BNGeee, que están a anos luz da realidade galega, e así lles vai.
Quen di públicamente que hoxe en día se persegue ao galego, minte. Co galego non puideron nin os séculos escuros, nin Franco.... e coa liberdade que hai hoxe, nin se quera con todo o dano que lles están a facer o PSOe e o BNG, van poder con este idioma.

¡Viva o galego! ¡Viva a liberdade! ¡Aupa Feijó! ¡Moi ben polo PP!.
Comentario por PSOE-BNG na lúa (26-07-2009 22:48)
7 Em Portugal também se apoia a defesa da língua galega.

Ver em

http:/#blgtk08#/cidadesurpreendente.blogspot.com/

A favor do Galego... na Galiza

Comentario por Álvaro Mendonça (30-07-2009 10:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal