A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

¿CAIXA GALICIA PASARA A SER CAJA MADRID??
DE SER RADIO CORUÑA
Caixa Galicia e Caixanova gardan esta mañá mutismo despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aprazase calquera decisión sobre o seu futuro ata que se posicione o Banco de España. Sectores do PP están a aproveitar a falta de iniciativa en Galicia para promover unha absorción de Caixa Galicia por parte de Caixa Madrid.

Case un mes despois de que o Goberno aprobase o fondo de reestruturación do sistema financeiro, a Xunta de Galicia aínda non aclarou que pretende facer coas caixas galegas. Outros gobernos autonómicos si impulsaron fusións internas, nas súas propias comunidades. A última, Andalucía, coa unión de Unicaja e Caixa Sur. Sectores do Partido Popular apostan por unha absorción de Caixa Galicia por parte de Caixa Madrid. Mesmo Mariano Rajoy chegou a posicionarse en contra dunha fusión entre CaixaGalicia e Caixanova, similar ás que xa se promoven en Cataluña, Euskadi, País Vasco ou Castela León.

Estes movementos prodúcense ao abeiro do fondo de reestruturación do sistema que na práctica favorece as fusións de caixas. Fontes do sector financeiro advirten de que se non se toma a iniciativa en Galicia o fará o Banco de España. Nese caso, engaden, o critero sería unicamente os números das caixas e non os intereses da comunidade.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-07-2009 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 o ruxerruxe dunha fusión das caixas galegas con Cajamadrid ou a CAM valenciana anda solto, tal tipo de posibilidade parece#blgtk08# "intolerábel". Doutra banda, na actualidade, as dúas caixas do país están "ben xestionadas e cun gran nivel de solvencia".
Comentario por Moreda (24-07-2009 08:45)
2 Na actualidade as dúas caixas galegas xa apa#blgtk08#recen entre as dez primeiras a nivel estatal
Comentario por Xose (24-07-2009 08:46)
3 Eu estieven sempre en Caixa Galicia pero voume quitar porque agora, ós que non temos nómina, nos cobran comisións por usa-la tarxeta e por ter #blgtk08#domiciliados ós recibos, esto para o meu gusto é o colmo, e se aínda por riba se vai xuntar con Caja Madrid algo me dí que pronto vai ir de cú.
Comentario por ARESKA (24-07-2009 08:51)
4 Ou sexa... que cando vostede detecta que hai merda na súa casa, en vez de limp#blgtk08#ala, o que fai é esparexela pola escaleira para que a merda sexa "para todos"
Comentario por Louzao (24-07-2009 08:53)
5 Cambio nos donos das Caixas?, pero Quen son o#blgtk08#s donos legais agora?. Un pouco de seriedade.
Comentario por Amado (24-07-2009 08:54)
6 A verdade é que a inxerencia dos políti#blgtk08#cos nas Caixas de Aforro é escandalosa.
Comentario por Gabriel (24-07-2009 08:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal