A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DOUS HOMES NUN HOSPITAL
Dous homes, ambos os dous enfermos graves, compartían o mesmo cuarto no hospital.

A un deles permitíaselle sentarse durante unha hora na tarde, para drenar o líquido dos seus pulmóns. A súa cama estaba ao lado da única ventá do cuarto. O outro tiña que permanecer deitado de costas todo o tempo.
Conversaban incesantemente todo o día e todos os días, falaban das suas compañeiras e familias, dos seus fogares, empregos, experiencias durante os seus servizo militar, e sitios visitados durante vacacións e esencialmente da vida pasada.

Todas as tardes cando o compañeiro situado ao lado da ventá se sentaba, pasábase o tempo relatándolle ao seu compañeiro de cuarto o que vía pola ventá.

Co tempo, o compañeiro deitado de costas que non podían asomarse pola ventá, desvivíase por eses períodos dunha hora, durante a cal se deleitaba cos relatos das actividades e cores do mundo exterior. A ventá daba a un parque cun un lago, os parrulos e cisnes deslizábanse pola auga, mentres os nenos xogaban cos seus botes á beira do lago. Os namorados paseábanse da man entre as flores multicolores nunha paisaxe con árbores maxestosas e na distancia, unha bela cidade.

A medida que o señor preto da ventá describía todo isto con detalles exquisitos, o seu compañeiro pechaba os ollos e imaxinaba un cadro pintoresco.

Pasaron os días e as semanas e unha mañá a enfermeira ao entrar para o aseo matutino encontrouse co corpo sen vida do señor preto da ventá, quen expirara durante o seu sono.
Ao outro día o outro señor, con moita tristura pediu que o trasladasen preto da ventá. Á enfermeira agradoulle facer o cambio e logo de asegurarse de que estaba cómodo, o deixou só , O señor con moito esforzo e dor, baixou da cama, apoiouse nun cóbado para poder mirar ao mundo exterior por primeira vez, finalmente tería a ledicia de velo por si mesmo. Esforzouse para asomarse pola ventá e o que viu foi a parede de un edificio a medio construir, un boceto de parque desastroso, feo e esquecido e casas e casas mal amañadas e moitas sin rebozar .

Confundido e entristecido, preguntoulle á enfermeira que sería o que animou o seu defunto compañeiro a describir tantas cousas marabillosas fóra da ventá.
A enfermeira respondeulle que o señor era cego e non podía nin ver a parede do edificio a medio construir en fronte. Ela díxolle "quizais soamente desexaba animalo a vostede"...


Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-07-2009 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 Viveiro aprobó la exención del IBI a Puerto de Celeiro hasta el año 2011
#blgtk08#
¿supongo que tu y los demas empresarios de viveiro sois tontos del culo?
Comentario por xose (13-07-2009 22:43)
2 O hospital do conto e o de Bure#blgtk08#la.....non ten perdeda.
Comentario por Covas (14-07-2009 11:07)
3 E o edificio do que falas o de VILAMIÑO con alturas #blgtk08#ilegales permitidas por o PSOE de Burela e o Bloque
Comentario por Covas (14-07-2009 11:08)
4 Este conto parte de outro da autora arxentina Gabriela Martínez de Bu#blgtk08#enos Aires , modificado e adaptado as circunstancias.

Comentario por Otero Regal (14-07-2009 11:11)
5 A ilustracion non #blgtk08#lle pega Regal....
Comentario por Anonimo (14-07-2009 11:12)
6 Marchando unha de#blgtk08# cambio de imaxe
Comentario por Otero Regal (14-07-2009 14:50)
7 " Dolor compartido, mitad del dolor.#blgtk08# Alegría compartida, doble alegría.
Comentario por Desde Madrid (14-07-2009 14:52)
8 Durmía..., durmía e soñaba que a vida non era máis que alegría. Espertei e vin que#blgtk08# a vida non era máis do que servía... e servir era alegría.
Anonimo chines.
Comentario por Foz (14-07-2009 14:55)
9 conociendote de toda la vida y a pesar de la diferencia de edad y de criterios, me alegra saber que tu tambien admiras #blgtk08#la alegria compartida, lo mismo que yo,
arriba con tus ideas, me siento muy orgulloso de ti, sigue así.
Comentario por Suso (14-07-2009 15:00)
10 "Las personas que comparten y expresan sus senti#blgtk08#mientos se adaptan mejor a los cambios".
Comentario por Luis Rojas (14-07-2009 15:02)
11 ANIMO ALFONSO, ENCANTOUME O ARTIGO, MEU PAI FINOU NO HOSPITAL DE BURELA Y TAMEN TIÑA UN GRAN COMPAÑEIRO DE HA#blgtk08#BITACION 30 ANOS MAIS VELLO CA MEU PAI I FOI UN GRAN COMPAÑEIRO, DE CONVERSACION MOI AGRADABLE UNHA APERTA.
Comentario por MARROQUI (17-07-2009 20:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal