A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O BÓ GOBERNO MUNICIPAL
O goberno de aquel pequeño concello costeiro tiña un depósito de chatarra domestica, labadoras, ordenadores, bicicletas vellas, no medio de un campo separado das vivendas unhos 6 kilometros.
En un pleno ordinario da corporación un concelleiro, no apartado de rogos e preguntas dixo: "Alguén pode entrar a roubar perante a noite no deposito de lixo".
Entón esa misma seman o alcalde firmou un decreto creando o posto de guardia nocturno da chatarra e contraranron unha persoa para o traballo.
En outro pleno alguen dixo: ¿Como pode facer o garda da chatarra o seu traballo sen capacitación?.
Entón crearon unha área do sector de vixilancia da chatarra e contrataron dúas persoas, unha para escribir as instrucións e outra para realizar estudos de tempo.
Entón outro concellal preguntou en outro pleno: ¿Como imos saber que o guardian da chatarra de noite está a realizar as súas tarefas correctamente, e non vai de baranda ou a dormir con a muller a casa de noite?.
Entón decidirán crear o Departamento de Control de Calidade e contrataron dúas persoas: unha para realizar os estudos e outra para escribir os informes.
Cando se tratou o tema dos presupostos e dos soldos do persoal funcionario e contratado voltouse no pleno a falar do asunto e alguen dixo: ¿Como vai cobrar o seu soldo toda esta xente? .
Entón, por unanimidade acordaron crear os postos de : Controlador de horarios e Pagador de soldos. E contrataron dúas persoas. Pero deronse conta de que tiñan outro problema: ¿Quen vai levar a administración contable de toda esta xente? ".
Entón crearon unha área administrativa, e contrataron tres persoas: un contable, un asistente e unha secretaria.
Entón en unha das aconstumbradas remodelación das contas deronse conta que: "Temos este depósito de chatarra en funcionamento dende hai un ano e estamos 18.000 euros por enriba do presuposto. Debemos recortar gastos".
Entón, por unanimidade acordaron botar a o vixilante da Chatarra domestica.
Pareceralles un conto pero asegurolles que ten mais de certo que de trola e si non repasen os contratos e funcionamento dos seus concellos e a bon seguro que superan en surrealimo a o meu conto.
Otero Regal
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-06-2009 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
14 Comentario(s)
1 Nos últimos días tocoume lidar con Facenda e con Tráfico.
É lamentable a forma en que a estas alturas funciona a adminsitración. Trámites que só podes facer presencialmente (pero para os que logo non che piden ningunha identificación), teléf#blgtk08#onos nos que non responde ninguén, o clásico "todos os nosos axentes están ocupados neste momento", escritos que hai que mandar por correo, outros que hai que presentar en persoa, técnicos que non teñen nin idea... en fin, unha pena e unha vergoña.
Comentario por Covas (29-06-2009 11:48)
2 Fíjemenos no que di a Real Academia con respecto á burocracia:

1. f. Organización regulada por normas que establecen unha orde racional para distribuír e xestionar os asuntos que lle son propios.

2. f. Conxunto dos servidores públicos.

3. f. Influencia excesiva dos funcionarios nos asuntos públicos.

4. f. Administración ineficiente a causa do papelame, a rixidez e as formalidades superfluas

Só as dúas últimas acepcións teñen esa connotación pexorativa. #blgtk08#E non obstante a primeira describe unha realidade moi estimable. Dubido que poida haber ningunha empresa, ningunha organización sen que exista un aparato administrativo que lle de soporte. O que acontece é que ese que ese aparato ten unha forte tendencia a acaparalo todo, a autoxustificarse, a apropiarse da empresa. Esquéceselle que as súas normas, os seus procesos, que o mesmo só se xustifican en tanto canto sirvan á fin da empresa, que non é outro que obter beneficios (para a Administración Pública serían outros criterios).
Comentario por Xose (29-06-2009 11:53)
3 Eso non e nada mira o que pasa no meu Muras: O alcalde do Concello de Muras (Terra Chá), Isaam Algnam Azam (PPdeG), anunciou no pleno municipal que vai dedicar o tempo completo aos seus labores de rexedor municipal, deixando a súa profesión na Sanidade.

Deste xeito, un seu soldo que consistía en dietas e desprazamentos -que se sumaban ao salario que gañaba como médico- ha engordar até chegar aos 54 mil euros anuais. A estes cartos aínda habería que lle sumar outros 10 mil euros de Seguridade Social, máis as dietas e os desprazamentos, co que chegaría aos 60 mil euros o salario do alcalde de Muras, unha cifra que, segundo denuncia o voceiro do PSdeG do concello, Francisco Rodríguez Trashorras, "supera considerabelmente o orzamento que o municipio destina á área de infraestruturas".

Á agrupación municipal do PSdeG tamén lle resulta "sospeitoso" que despois de 18 anos de exercer como alcalde, sen dedicación exclusiva, agora "de súpeto, sen un motivo xustificado nin razón aparente", deixe Algnam o seu posto "a dous anos da súa xubilación". Nesta liña, lémbranlle ao alcalde de Muras "todos eses alardes de austeridade" que o seu partido, o PPdeG, "#blgtk08#cansou de repetir durante a campaña electoral" das pasadas eleccións galegas.

Un salario "desorbitante" nestes tempos de crise
Muras é un concello de perto de 800 habitantes, cun orzamento total que non supera o millón de euros. Por isto lles parece "desorbitante" aos socialistas o novo soldo do alcalde, sobre todo nos "tempos de crise que vivimos". Polo seu lado, o BNG de Muras denuncia que "o pobo está canso de actitudes cando menos insultantes" por parte do seu rexedor para o que, segundo din, "semella non existir a ética no que se refire a cousa pública". Os nacionalistas tamén sinalan que "non procede" que o alcalde deixe o seu traballo de médico titular -"no que xa contaba con un bo salario"-, para dedicarse en exclusiva á alcaldía, "xa que o concello non xera tanta carga de traballo", e máxime cando os labores de rexedor "exercíaos habitualmente dende a súa consulta no Centro de Saúde".

Nesta liña, dende o BNG de Muras deixan clara a súa "oposición total" a esta decisión, e condenan "o xeito de facer política e xestionar o concello" de Isaam Algnam Azam, nuns tempos, estes de crise, "nos que terían que aparecer os bos xestores".
Comentario por Mures (29-06-2009 14:08)
4 Sempre teño creido que a administración mais próxima aos cidadáns é dicir os concellos son os que mellor xestionan os recursos, como entidades próximas á cidadanía,#blgtk08# pero recoñezo que o do conto e certo o 99% das veces, hoxe como onte Viveiro e a empresa que mais empregados pagas, e tamen a menos rentable por posto de traballo.
Comentario por Rio (29-06-2009 15:34)
5 Ao meu xuízo os concellos son, en xeral pésimos xestores, as autonomís moi malos e o estado central mal xestor (agora e co PP, e lease de todas as autonomias e concellos).
O que se necesita é un gran acordo entre os partidos, para poñerse de acordo na repartición, aprobalo no Parlamento de e o que saia, autonomías e concellos a foderse. Cada dia estou mais xacobino e afrancesado e vexo con peores ollos a praxe dos cherifs dos condados que son a mayoria de alcaldes, canto mais pequeno o pobo mais burro e non menos corrupto .
A mayoria de cidadáns queren eles administrarse os seus cuartos e que non o os admistre o xestor público.
Eu xa se que iso favorece o rico e prexudica ao pobre, é insolidario, etc. Pero ollo, sen aplicar o libro vermello de petete. Non toda medida de subir impostos é de esquerdas e progreso e o contrario é facha ou de dereitas.
Porque será progresista incrementar os imp#blgtk08#ostos dos que mais teñen e gañan e non aos traballadores con baixos soldos e tampouco subir o imposto aos alimentos e servizos basicos que consumimos a gran mayoria.
e sera de esquerdas xestionar un servizo para os cidadáns, se se fai, primeiro sen roubar o politico ou funcionario, logo mellor xestionado que se o facemos cada cidadán a nosa parte e por ultimo sen ter que colocar o politico ao seu cuñao, amigo ou correlixionario inutil, ou sen encher de inutiles (todos votantes seus) cada administracion .
Isto non é ningun canto ao liberalismo, que como sabemos, nunca existiu e os que asi se chaman, son cuasi fascistas (federico, a espe) ou sen o case (goberno bush, ao rescate das empresas hipotecarias ianquis).
saúde
Por iso outro dia falaremos se pagamos moitos ou poucos impostos, se os pagamos equitativamente os cidadáns, se hai que subilos ou que baixalos, para dar mais servizos ou menos
Comentario por Ribadeo (29-06-2009 15:38)
6 Os políticos non son malos, #blgtk08#o problema son os votantes...
Comentario por Xa te vin (29-06-2009 15:45)
7 Señor otero Regal, dende logo o seu non ten nome, dende A PICOTA, Badal, O PROGRESO e outros medios iustede da pescozos a dereitas e esquerdas, a min gustariame como fai, pois aqui nin antes con Aja nin ahora con Roel ninguén se atreve a chamalos por o seu adxetivo merecido, porque parece que neste pobo, se lles ten medo. parece #blgtk08#que estamos na época de Franco. non se pode falar nada libremente, porque a xente é tan chaqueteira, levacontos e rastreira , que cando falas malo do alcalde, deseguida se decata. Ten "informantes" en todas as partes do pobo. pero ustede erre que erre, a pesares de que non sempre comulgo co que ustede dia o certo e que o admiro.
Comentario por Roque (29-06-2009 15:50)
8 Por que non di o alcalde onde están os policías locais, dos que tanto alardea? porque que eu saiba só hai un e nunca se lle ve o pelo, porque está má#blgtk08#is ocupado facendo de chofer do alcalde e dos seus concelleiros. E logo, ten a cara de saír dicindo que aqui Viveiro e o sitio mais seguro do mundo.
Comentario por juan (30-06-2009 10:15)
9 España esta en crise sr alcalde...y vostede anda en crise de ideas fai moito tempo, anooooosssssss.deixe de vivir no seu mundo virtual continuo e fale doutras cousas que esta vostede xa moi canso e o pobo non necesita tanta palabreria ,sinon t#blgtk08#raballar para comer.o mais importante é o seu pobo non vostede. cando se vai a enterar?creo que cuando vostede baxe(si baixa algun dia) vaise aestrelar coa reañidad.tal vez é iso polo que se refuxia na sua pewquena cuadrilla de adulons ou non?
Comentario por Para o alcalde de Viveiro (30-06-2009 10:19)
10 O conto non e tal e o que calquer dos alcaldes da zoa fan e fixeron nos ultimos 30 anos, carg#blgtk08#ar de funcionarios e persoal contratado os concellos, que son igual de ineficaces que antes.
Comentario por Santiago (30-06-2009 10:23)
11 Os empresarios son uns ladróns. Os executivos das empresas privadas lévanllelo calentito. O capitalismo vaise rematar. Regal e outros moitos, cren que é necesaria maior regulación, que o sector público se impoña ao sector privado, que o interes público prevaleza sobre o interes privado. Así sen máis. E #blgtk08#unha vez aconteza isto os paxariños cantan e as nubes levántanse. , o mercado foi malo, pero Papá Estado vaino arranxar todo. E de prisita. Crédelo? Eu non. Non creo nada de nada. Non creo que os políticos, nin o sector publico, nin as numerosas ONGs (ou son OSGs?) sexan a solución aos nosos problemas.
Comentario por Rego (30-06-2009 10:25)
12 Si, listos e parvos ha#blgtk08#i en todas as partes.
Comentario por Pablo Blanco (30-06-2009 10:27)
13 Iso, iso, que xestione o noso patrimonio os concellos... Que xa vemos todo o ben que o fan os nosos representantes... Eu voume fundar unha#blgtk08# republícaa independente da miña casa e pedir que permítanme xestionar o meu diñeiro e pagarme ao meu piso o meu soldo e os meus impostos.
Comentario por Ricardo de Campolameiro (30-06-2009 10:29)
14 Señor otero Regal, lein o de A MALIÑA CRONICA 3 e por eso o felicito por o cumpleanos , moi certo o que insinua neste conto. Coñezo fenomenais políticos e impresionantes funcionarios. Pero digamos que é unha reacción ante o fantasma intervencionista que se nos vén enriba. Por outro lado, sempre considero como sagrado o diñeiro público, e valoro que os controis deben ser moi superiores#blgtk08# e distintos aos do diñeiro privado.
Que sistema propon logo?, o que non se consola é porque non quere.
E curioso como os politicos sempre defenden que xusto no ambito que eles estan, xa sexa Goberno Central, Comunidade, Deputación ou Concello, debe recaer máis diñeiro e máis competencias. E sempre miran por enriba do ombro á administración inferior....

Comentario por Lestao (30-06-2009 10:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal