A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A POLITICA E AS VACAS
Eu sabia o conto....situavase nas primeiras elecions da democracia en unha aldea galega...Xose e Manuel falaban de quen irian a votar...Xose dixo todo decidido que el votaria a Carrilo, os comunistas que eran os mellores...manuel que tempo despois chegaria a concelleiro dixolle ..¿Cantas vacas tes? 4 respostou Xose, pois vas dado si gañan os comunistas veñen sacanche 3 e repartenas entre quen non ten ninguha e a ti quedache soio unha...enton vou votar por Felipe Gonzalez os socialistas....eses das catro levanche duas,...pois xa desenganado Xose dixo votarei por Fraga que ademais e de aqui o lado....moito peor..dixo Manuel, eses non che levan ningunha vaca...ajá dixo Xose eses son os meus.....non che levan as vacas deixanchas na corte para que as cuides, as limpes, lles des de comer, as muxas e despois eles levanche o leite......

Ahora en tempos de Internet a cousa cambiou e e asi:
Socialismo:
Ti tes 2 vacas.
O estado obrígate a darlle 1 ao teu veciño.

Comunismo:
Ti tes 2 vacas.
O estado quítachas e dáche algo de leite.

Fascismo:
Ti tes 2 vacas.
O estado quítachas e véndeche algo de leite.

Nazismo:
Ti tes 2 vacas.
O estado quítachas e dispárache na cabeza.

Burocratismo:
Ti tes 2 vacas.
O estado pérdeche unha, moxe a outra e logo tira o leite ao chan.

Capitalismo tradicional
Ti tes 2 vacas.
Vendes unha e compras un touro.
Fas máis vacas.
Vendes as vacas e gañas diñeiro.

Capitalismo moderno:
Ti tes 2 vacas.
Vendes 3 das túas vacas á túa empresa que cotiza en bolsa mediante letras de crédito abertas polo teu cuñado no banco.
Logo executas un intercambio de participación de débeda cunha oferta xeral asociada co que xa tes as 4 vacas de volta, con exención de impostos por 5 vacas.
O leite que fan as túas 6 vacas é transferido mediante intermediario a unha empresa con sede nas Illas Cayman que volve vender os dereitos das 7 vacas á túa compañía.
O informe anual afirma que ti tes 8 vacas con opción a unha máis.
Colles as túas 9 vacas e as curtas en anaquiños. Logo vendes á xente as túas 10 vacas toradas.
Curiosamente durante todo o proceso ninguén parece decatarse que, en realidade, ti só tes 2 vacas.

Economía xaponesa:
Ti tes 2 vacas.
Redeseñar as a escala 1:10 e que che produzan o dobre de leite.
Pero non te fas rico.
Logo rodas todo o proceso en debuxos animados. Os chamas "Vakamon" e incomprensiblemente, faste
millonario.

Economía alemá:
Ti tes 2 vacas.
Mediante un proceso de reenxeñería consegues que vivan 100 anos, coman unha vez ao mes e se muxan soas.
Ninguén cre que teña ningún mérito.

Economía rusa:
Ti tes 2 vacas.
Contas e tes 5 vacas.
Volves contar e sáenche 257 vacas.
Volves contar e sáenche 3 vacas.
Deixas de contar vacas e abres outra botella de vodka.

Economía chinesa:
Ti tes 2 vacas.
Tes 300 tíos muxíndoas.
Explicas ao mundo o teu incrible ratio de produtividade leiteira.
Disparas a un xornalista que se dispón a contar a verdade.

Economía suíza:
Hai 5.000.000.000 de vacas.
É obvio que teñen dono pero ninguén parece saber quen é.

Economía francesa:
Ti tes 2 vacas.
Entón decláraste en folga, organizas unha revolta violenta, queimas os coches e cortas todas as estradas do país, porque ti o que queres son 3 vacas.

Economía española:
Ti tes 2 vacas, pero non tes nin idea de onde están.
Pero como xa é venres, te baixas a almorzar ao bar que teñen o xornal gratis.
Se acaso, xa te poñerás a buscalas o mércores despois da ponte.
Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-06-2009 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
17 Comentario(s)
1 Eu encontrei outro mais:
A empresa galega ten 2 vacas e 100 traballadores. 1 moxe a vaca, mentres os outros 99 critican. O dono di que ten unha soa vaca, paga impostos por media vaca e pide axudas a Europa para 200 vacas.

Un galego ten dúas vacas, aliméntaas, cóidaas e mímaas durante toda a súa vida.
Cando o ga#blgtk08#ndeiro falece, déixaas en herdanza ao seu descendente e este tense que endebedar para pagar o imposto de sucesións. Ao final só queda cunha vaca.

En Galicia un ten 2 vacas e presume de ter 20, pégase a vida pai. O veciño por envexa hipotécase para ter 4 vacas. Ao final as vacas son para o banco e o estado cómpralle o leite.
Comentario por Covas (20-06-2009 21:24)
2 " O día que seipamos o que vale unha vaca, #blgtk08#Galicia quedará redimida". Castelao
Comentario por Xose (21-06-2009 09:59)
3 Galicia.

¿ Un millón de vacas?

Eso era antes.

Cuando las vacas en Galicia eran un miembro más de la familia.

Cuando hacían el trabajo más duro,

Dormían bajo el mismo tech#blgtk08#o que sus amos.

Daban leche, carne… y calor.

El nacimiento de una vaca era una alegría,

Y su muerte una desgracia.

Atendían por su nombre:

Gallarda, Linda, Paloma, Bonita…
Comentario por Foz (21-06-2009 10:00)
4 Un político, en plena campaña electoral visitaba unha corte con máis de cen cabezas e o gandeiro íalle presentado as reses ao visitante: Laura, Tila, Danesa... Entón, segundo todas as fontes, o político preguntou: por que todas as vacas teñen nome de muller? E o granxeiro respondeu "porque todas son vacas". Por ser vaca hai que poñerlle nome de muller! Laura si é nome propio feminino, pero Tila díselle á flor do tileiro e danesa é pertenececiente ou relativo a Dinamarca.Todavía recórdanse aqueles tempos cando as mulleres para referirse a unha compañeira ou veciña gorda, moi cargada de quilos, dicían "está como unha vaca". E acontecía na postguerra que era tempo de vacas fracas.

A cousa sería para chunga se a pregun#blgtk08#ta fose " por que as vacas teñen nome feminino? Porque vaca é feminino. Nese caso cabería a crítica que lanzou outro político: " onde estudou esa xente? ". Pero o que preguntou foi " por que todas as vacas teñen nome de muller? ". Na rede proliferan as burlas. Hai un video na rede onde María José Caride berrea: "Visitou unha granxa e sorprendeulle que vos nomes dás vacas foran todos de muller. E preguntou, e como é posible que vos nomes dás vacas sexan todos de muller? " . Claro que Touriño (en galego, touro pequeno) non lle foi á zaga cando recomendou o regreso do preguntador á escola "para que aprenda a diferenciar entre touros, vacas e bois".
O das vacas gañou e teremolo que aguantar de "cipaio" catro anos por o menos.
Comentario por Caride (21-06-2009 10:05)
5 Non recordaba ningunha alusión ás vacas nun libro de filosofía, pero estes mesmos días encontreima na introdución a Xenealoxía da moral de Nietzsche. Di alí o gran destrutor de xerarquías e tradicións que o home ha de aspirar a ser "case como unha vaca",#blgtk08# porque debe dedicarse a pensar coa mesma asiduidade que unha vaca rumía. Ao pensar, reflexionamos, dámoslle voltas ás cousas, en fin, rumiamos. E engade Nietzsche que a actividade de rumiar é a que máis necesita o home actual e a máis rara de encontrar.
Comentario por Penene (21-06-2009 10:07)
6 O capitalismo fabrica billonarios e miserables, ata en estados unidos creceu case#blgtk08# en seis millóns o número de mortos de fame co goberno capitalista de walker bush
Comentario por Don Carlos (21-06-2009 10:11)
7 Esta e outra version do mesmo tema:
Vacas y política

FEUDALISMO: Tienes dos vacas. Tu señor se queda con parte de la leche.

SOCIALISMO PURO: Tienes dos vacas. El gobierno las coge y las pone en un establo con las vacas de todos los demas. Tu tienes que cuidar de todas las vacas. El gobierno te da tanta leche como necesites.

SOCIALISMO BUROCRATICO: Tienes dos vacas. El gobierno las coge y las pone en un establo con las vacas de todos los demas. Alli las cuidan ex-criadores de gallinas. Tu tienes que cuidar de las gallinas que el gobierno quito a los criadores de gallinas. El gobierno te da tanta leche y huevos como las regulaciones dicen que necesitas.

FASCISMO: Tienes dos vacas. El gobierno las coge, te contrata para que las cuides, y te vende la leche.

COMUNISMO PURO: Tienes dos vacas. Tus vecinos te ayudan a cuidarlas y todos compartis la leche.

COMUNISMO SOVIETICO: Tienes dos vacas. Tu tienes que cuidarlas, pero el gobierno se queda con toda la leche.
#blgtk08#r /> COMUNISMO DE CAMBOYA: Tienes dos vacas. El gobierno las coge y te fusila.

DICTADURA: Tienes dos vacas. El gobierno las coge y te recluta para el ejercito.

DEMOCRACIA PURA: Tienes dos vacas. Tus vecinos deciden quien se queda con la leche.

DEMOCRACIA REPRESENTATIVA: Tienes dos vacas. Tus vecinos escogen a alguien para que te diga quien se queda con la leche.

BUROCRACIA: Tienes dos vacas. Al principio el gobierno regula como puedes alimentarlas y cuando las puedes ordeñar. Luego te paga para que no las ordeñes. Luego las coge, pega un tiro a una, ordeña a la otra y echa la leche al rio. Luego te exige que rellenes formularios explicando que paso con las vacas que faltan.

ANARQUIA PURA: Tienes dos vacas. O vendes la leche a un precio justo o tus vecinos intentaran coger ambas vacas y matarte.

ANARCO-CAPITALISMO LIBERAL: Tienes dos vacas. Vendes una y compras un toro.

SURREALISMO: Tienes dos girafas. El gobierno te exige que aprendas a tocar la armonica
Comentario por Rio dos Foles (21-06-2009 10:14)
8 Creo que a economía é directamente proporcional ao nivel cultural que temos, explícome co seguinte exemplo:

Ensino 1960:

Un campesiño vende un saco de patacas por 1000 pesetas, Sus gastos de produción elévanse a 4/5 do prezo de venda. Cal é o beneficio? Ensino. tradicional 1970: Un campesiño vende un saco de patacas por 1000 pesetas. Os seus gastos de produción elévase aos 4/5 do prezo de venda, é dicir, 800 pesetas. Cal é o beneficio que obtén?

Ensino moderno 1975:

Un campesiño cambia un conxunto PÁX. de patacas por un conxunto M de moedas. O cardinal de M é igual a 1000 e cada elemento M vale 1 pesetas. Debuxa 1000 puntos gordos que representen o conxunto M. O conxunto F dos gastos de produción comprende 200 puntos gordos menos que o conxunto M. Representa o conxunto F como un subconxunto do conxunto M e dá a resposta á cuestión seguinte: cal é o cardinal do conxunto B dos beneficios?. Debuxa B en cor vermella.

Ensino renovado 1980.

Un agricultor vende un saco de patacas por#blgtk08# 1000 pesetas. Os gastos de produción elévanse a 800 pesetas e o beneficio é de 200 pesetas. ACTIVIDADE: Subliña a palabra pataca e discute sobre ela co teu compañeiro de mesa

Ensino reformado 1990:

O tio Ebaristo, lavriego brgues latifundista e intermediario dun kapitalista hinsolidario que sanriquecido con 200 pelas ao bender espekulando cun costal de patacas. Analiza o testo e busca as faltas de sintasi hortografica e de puntualizacion e deseguido dei locopinas destose abances antidemocraticos

Ensino re-reformada 1995:

A palabra p-a-t-a-t-a ten ___ letras. Se escribes a palabra pataca tres veces cantas letras terás escrito?. Utiliza a calculadora e anota o resultado:________

TEMAS TRANSVERSAIS:

Descobre onde poden comprar patacas (ECONOMÍA)

Busca no dicionario a palabra pataca (LINGUAXE)

A pataca mineral ou vexetal? (CIENCIAS NATURAIS)

AVALIACIÓN PREVIA: Pregunta aos teus pais a cualificación que debemos outorgarche nesta proba.
Comentario por Mestra Isabel (21-06-2009 10:23)
9 Ai, como cambiaron e se expandiron ao longo do tiempo...pero hai que recoñecer que está simpático o exemplo, aínda que algún h#blgtk08#aberá que non faga graza aos orixinarios da terra en cuestión xD

Gustoume, unha boa forma de pasar a sobremesa
Comentario por Rias Baixas (21-06-2009 10:24)
10 Eu faría unha modificación respecto á economía galega.

Poñería: Tes 2 vacas, róubaslle unha ao veciño e denúncialo#blgtk08# por aldraxes por dicir que lle roubaches unha vaca. O veciño indemnízate e con iso subornas quen corresponda para sacar tallada.
Comentario por Santiago (21-06-2009 10:26)
11 Economía de por aqui: Ti tes 2 vacas, bo en realidade non, unha xa é do banco. Encóntraste no medio dunha crise financeira mundial da que non tes arte nin parte, pero afortunadamente vives nun país cun goberno de esquerdas que ante a crise se gasta os diñeiros en botarlle un cable aos bancos e grandes empresas (para que non suba o paro e #blgtk08#sigan facéndonos o favor de concedernos un crédito?) e queda baixo mínimos. Como única medida anti crise, visible, vai subindo mes si mes non os impostos para afogarse cada día un pouco máis. Ao final non só tes que entregarlle a outra vaca ao banco senón un ril e parte do outro...

Que poquita graza...

Saúdos
Comentario por Ribadeo (21-06-2009 10:27)
12 alfonso agardo que agora que se demostrou o pasteleo entre eu e roel non digas nada po#blgtk08#r eiquí do tema da ponte de feve que senón non te dou o pisiño prometido
bicos
Comentario por cabarcos (21-06-2009 10:38)
13 Aí van dous máis:

Economía USA: Tes 2 vacas e ademais ben gordas. Cres que es o único que ten vacas no mundo, e tes tanto medo que alguén teña tamén vacas que estás disposto a invadir a granxa do veciño con tal de evita que aconteza.

Economía Cubana:#blgtk08# Tes 2 vacas que chas quita o goberno a cambio de darche o leite. Pero cando vas reclamarlle o leite, dinte que non a muxiron, que volva Ud. mañá. Cando levas varios dias recibindo a mesma resposta, e preguntas por que non a muxiron xa, dinte que " ten se demasiado caló pa muxir"
Comentario por Perogrullo (22-06-2009 16:33)
14 Non pasa nada se non encontras as vacas. Zapatero di que hai brotes verdes, as#blgtk08#í que non se van morrer de fame...

Buscáchelas na cola do paro?
Comentario por Mario (22-06-2009 16:35)
15 O peor,es que,en todos os casos,nosotras as vacas non p#blgtk08#intamos unha mierda...y estamos en mans duns porcos...
Comentario por A Marela (22-06-2009 16:36)
16 Tes 2 vacas. Decides montar un negocio e prestar as vacas a xente que non teña para que poida usalas como o queira, a cambio de que ao cabo dun tempo ten que devolver a vaca e parte do leite muxido. O negocio empeza a ir ben, e decides que debes crecer e crecer, polo que pides máis vacas á granxa central. A granxa concédeche máis vacas, e segues prestando vacas. O negocio vaite xenial, aínda que empezas a asumir risco e lle prestas as vacas a persoas que na vida muxiron unha vaca, ou que o fai fatal, tirando a leche..pero aínda queres crecer máis. Volves solicitar vacas á granxa central, pero xa non te poden deixar máis, polo que cojes e inven#blgtk08#tas un produto do LEITE, no que vendes a outros negocios de prestar vacas (Vacarizas) uns produtos, que segundo como vaia o teu negocio recibirán vacas e leite no futuro a cambio do cal che presten vacas agora. Polo tanto decides darlle vacas a xente que non ten xa nin idea do que é unha vaca, para que faga con ela o que queira, a cambio de que a devolva e lle de leite de novo. Pero a cousa empeza a fallar. As vacas non as devolven, nin o leite. Polo tanto decides non prestar máis diñeiro a esa xente que non che devolve as vacas, e aos que teñen pouca idea, tampco préstanlle máis vacas.

Ata aquí a miña teoría, que teño esplayado
Comentario por Victor (22-06-2009 16:37)
17 cual seria a outra opcion? deixar que as grandes empresas e bancos se afundan?

jajajajajaja o teu se que sabes, sen bancos e grandes empresas todos tendriamos traballo e diñeiro, non? que ben, que lista es!! o teu seguro que repartirias o diñeiro entre a xente para que poida sobrevivir 3 meses mais e despues, á, volvemos estar nesta pero sen ese diñeiro que podia ter xerado postos de traballo#blgtk08# se se tivese invertido ben e non tirado dandoselo á poblacion, que en canto ten 4 duros llos gasta nunhas vacacións, en comprar un coche ou meterse a pagar unha casa.... ben, realmente, iso xa o fan sen ter os 4 duros, asi vai o pais, por culpa de xente estupida como o teu e non por culpa do goberno, pero claro, é mais facil criticar que admitilo

seguro que che aplauden cando andas pola rúa
Comentario por Gaivota (22-06-2009 16:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal