A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O PP BUSCA UN "MANSO" PARA DIRIXIR O CGAC
Hoxe, 16 de xuño de 2009, veñen de publicarse no DOG as bases do concurso internacional para a selección do vindeiro titular da dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea (Resolución do 10 de xuño de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Turismo, pola que se lles dá publicidade ás bases para a convocatoria do concurso internacional para a provisión do posto de director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

As bases son unha inmellorable pedra de toque para apreciar as mentiras de Feijoo e do seu conselleiro en materia de cultura, dada a insistencia coa que Roberto Varela, na súa comparecencia parlamentar da pasada semana, recordou a importancia de “abrir” a cultura galega ao ámbito internacional (nas súas primeiras declaracións, o Conselleiro afirmou, nun rapto freudiano de auto-odio, que “a cultura galega limita”).

Con tristeza e preocupación, comprobamos que Feijoo nos ofrece, como políticas culturais, a da politización desgaleguizadora, o auto-odio e a aposta por entregar o control das institucións culturais galegas aos axentes culturais transnacionais:

* Ao deseñar os “requisitos e méritos” dos candidatos –sen distinguir suficientemente, por certo, conceptos de natureza xurídica tan distinta–, as bases establecen o “Coñecemento falado e escrito das linguas cooficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de non acreditar o coñecemento dos idiomas cooficiais en Galicia, será necesario asegurar a súa aprendizaxe no prazo dun ano, e este requisito quedará recollido no contrato”. Ou sexa, que coñecer a lingua galega non é un requisito, e quizá nin sexa un mérito, senón un atranco que hai que evitar...
* Isto contrasta abertamente co coñecemento do inglés, pois este si aparece claramente como un requisito: “Dominio do inglés. Valorarase como mérito o coñecemento de calquera outro idioma”.
* Non remata aí o pasmo, pois como requisito-mérito hai que “Acreditar coñecemento dos axentes económicos susceptibles de achegar recursos financeiros e culturais ao CGAC”. Será que os candidatos teñen que levar unha lista de empresarios dispostos a colocar cartos?
* As bases conculcan abertamente os criterios reflectidos no “Documento de boas práticas en museos e centros de arte contemporánea”, pois o xuri que vai valorar as candidaturas non é nomeado polo Padroado do CGAC, senón polo propio Conselleiro de Cultura, isto é, polo poder político. Os seis vogais serán “elixidos pola Consellería de Cultura e Turismo entre directores de museos, centros e feiras de arte contemporánea, críticos de arte, profesores de universidade e artistas, todos eles profesionais de recoñecido prestixio a nivel internacional”. Non hai ningunha garantía, polo tanto, de que os profesionais galegos do sector teñan presenza na comisión xulgadora. Moito menos aínda que poidan optar á praza de Director(a).
* Mais o pior de todo ainda está por vir, pois nunha cláusula manifestamente ilegal, afírmase que “Garantirase a confidencialidade da participación dos/as candidatos/as no proceso de selección, así como calquera dos seus datos persoais o profesionais, e farase público exclusivamente o nome do candidato gañador”. Prohibida a transparencia! Pois se non sabemos quen se presentou, tampouco poderemos contrastar se a persoa gañadora é realmente a mellor para dirixir o CGAC.

Ao señor Feijoo, polo que parece, o único que lle preocupa é que o CGAC sexa moi internacional: ou sexa, que non sexa galego. Mais o CGAC non debe ser un portaavións cultural no que aterricen grandes vendedores do MacDonald's da globalización cultural; o CGAC debe ser, por moitas razóns, un centro artístico galego –como, por certo, o seu propio nome indica– que estimule a creación, a exhibición e a difusión da arte contemporánea galega realizada polos artistas galegos máis inquedos, que os hai e moi bos. O CGAC non é un centro de arte internacional, porque ese papel xa o vai desenvolver o Centro de Arte Internacional que se constrúe, por se non o sabe aínda o señor Feijoo, na Cidade da Cultura.

Só por cumprir a súa cruzada ideolóxica contra todo o que cheire a cultura propia do país, o Sr. Feijoo vai propiciar que os galegos e galegas teñamos dous Centros de Arte Internacional a menos de dous quilómetros de distancia e en plena época de crise económica. Se o anterior é un notable exemplo da falsaria austeridade do Goberno de Feijoo, aínda é mellor exemplo de utilización politizada das nosas institucións para darlle sulfato á nosa creación cultural propia.
Collido de http://feijoomente.blogaliza.org/?p=166
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-06-2009 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1 Eu estou de acordo con o que anuncia o PP para a cultura galega, respecto á Cidade da Cultura, recordo a que se montou en Bilbao co Guggenheim. Agora resulta que é un dos motores turísticos de Biscaia e que o investimento se recuperou de sobra. É o que ás veces acontece coa investimentos. Para que conste, coche=gasto, Cidade da Cultura=Inversión. Comparar un investimento cun gasto suntuario se que é demagoxia.

A lingua dos nenos galegos é o galego e tamén o castelán e ambas as dúas son igual de importantes e unha non é máis importante que outra.

E respecto ao da autarquía, Iso #blgtk08#non estaba no programa electoral de Franco? Se o resto do mundo considerase que un recurso tan importante como vestir ben debe quedar en mans de empresas locais quizais Zara non cotizaría en bolsa. Que a empresa sexa galega non supón que vai facer as cousas de modo máis eficiente que outro que non o sexa. O único importante neste caso é a capacidade técnica e o prezo. Premiar a unha empresa ou a un escritor, pintor ou escultor vago e pouco eficiente cun contrato que non merece é malo tanto para a empresa, que cada día será máis vaga e pouco eficiente, como para o que a contrata, neste caso todos os galegos.
Comentario por Villagarcia (18-06-2009 13:59)
2 O PP entende e esperába que os estómagos agradecidos que viven das subvencións aproveiten ahora para criticar o seu partido. existia unha compañía de discos chamada La voz do seu amo, polo que é lóxico e comprensi#blgtk08#ble que os estómagos agradecidos sexan fieis a quen os alimentaba ata ahora.
Pero os do PP non somos parvos, e eses mismos viran mendigando, dentro de catro dias a conselleria de cultura, ¿Que pasara pois?.
Comentario por Un do PP que te coñece e recorda Otero Regal (18-06-2009 15:43)
3 Esto foi o primeiro que dixo o "Jichiño" cando chegou a San Caetano:
´La #blgtk08#cultura gallega está muy bien pero limita, prefiero la cultura hecha en Galicia´
Comentario por Santiago (18-06-2009 15:49)
4 E o resto foi esto, este home sei que un pouquiño ejen, ejen... tamen dixo todo esto....miña mamaiña en que mans caeu a cultura galega...
oberto varela - Conselleiro de Cultura e Turismo
´La cultura gallega está muy bien pero limita, prefiero la cultura hecha en Galicia´
"La visión que tenía el BNG parece que no gustó, puesto que perdió las elecciones"

ISABEL BUGALLAL - SANTIAGO
Podía escoger entre dos destinos, el Consulado de La Habana o el de El Cairo, pero optó por aparcar la carrera diplomática y volver a Galicia para ser conselleiro de Cultura e Turismo, algo que no estaba en sus planes pero que aceptó sin pensarlo dos veces. Roberto Varela, pontevedrés de O Salnés (1959), está empeñado en proyectar en el exterior la cultura que se hace en Galicia, moderna y ajena a los tópicos, sin limitarse a “la cultura gallega”. “Hay más que gaitas”, aclara Varela, pianista y fotógrafo aficionado, melómano, que ha dejado el consulado de Nueva York y Central Park por Santiago y la Cidade da Cultura.
–¿Se ha hecho con el despacho?
–En eso estoy,; es una locura.
–¿Cuándo le propusieron ser conselleiro?
–El presidente me llamó a Nueva York, no sé a través de quién, para decirme que quería entrevistarme. Vine a verle, le conté lo que había hecho y lo que me gustaría hacer y el pasado viernes por la noche me lo comunicó oficialmente.
–¿Tardó en pensarlo?
–Dije que sí inmediatamente. Lo acepté porque es un reto, un trabajo que me gusta mucho y tenía ganas de volver a Galicia.
–¿Más de 30 años fuera?
–No, llevo veinte años fuera.
–¿Y viniendo cada verano?
–Claro, y tengo mi familia aquí. Jamás dejé de ser gallego.
–¿Ni de hablar gallego?
–El gallego es mi lengua materna, lo hablo con toda soltura. Es un gallego de O Salnés y me sale de forma automática porque es la lengua que hablo con mi familia. Aprendí a hablar en castellano cuando ya tenía mis años.
–Habla inglés, francés, alemán...
–El inglés y el francés son lenguas obligatorias para entrar en la carrera diplomática, por tanto las hablo. El alemán también lo hablaba y luego viví en Bonn cinco años.
–¿Le serán útiles ahora?
–Yo creo que sí. Es importante lanzar Galicia al exterior y ayuda muchísimo el contacto directo con el interlocutor. Siempre es mejor hablar con agencias extranjeras o con museos e instituciones en su propio idioma que necesitar de un traductor. Eso facilita muchísimo las cosas. El idioma siempre es una riqueza, nunca sobra.
–¿El gallego tampoco?
–En absoluto. Respondo sin problema según me hablen. Soy bilingüe en este aspecto y creo que es lo que tiene que ser.
–En su estancia en Nueva York tuvo ocasión de relacionarse con artistas españoles, algunos gallegos, y con grandes museos. Esos contactos le vendrán bien ahora.
–Mantuve muchos contactos. A través del consulado participé en varias exposiciones del MOMA, del Metropolitan y del museo del barrio, que es el Museo Latino. Y vinculado a Galicia, destacaría una actuación con música de los archivos de la catedral de Santiago que se hizo en el museo Metropolitan, o la participación de Galicia en el proyecto Ciudad de la Cultura en el MOMA, en una exposición muy importante sobre arquitectura hecha en España, en la que figuraba el proyecto de Peter Eisenman.
–¿Ya habló con Eisenman?
–Lo conocí en Nueva York y hablé con él, pero no desde mi incorporación. Supongo que pronto tendremos que hablar.
–La Cidade da Cultura va a acaparar, por fuerza, buena parte de su trabajo.
–Es de los temas que más me apasionan. Sé que es un reto, que nació de una forma difícil, que hubo años de indecisión, pero me gustaría crear una visión de lo que queremos que sea. No se puede hacer que un proyecto de esa envergadura si no exis#blgtk08#te una verdadera visión.
–¿Usted la tiene ya?
–Más o menos. Estoy trabajando para concretarla, y quiero hacerlo con calma. Segundo, es necesario escuchar a todos y ver las ideas que hay, y tercero, hay que establecer un calendario pragmático y de acuerdo con la realidad. Es decir, en este momento de crisis, habrá que reducir el gasto. Y lo más importante, quiero que los gallegos empecemos a querer a la Cidade da Cultura y empecemos a ilusionarnos con el proyecto. Cuando lo mencionas, la gente se echa las manos a la cabeza. Es cierto que es un proyecto muy ambicioso pero no podemos volvernos atrás, hay que seguir hacia adelante y para eso es necesario que la gente se ilusione con el proyecto. No sólo vamos a hacer una campaña internacional para crear un objeto de cultura que sea utilizado para el turismo y tenga un rendimiento económico, sino también para que los gallegos lo sientan como un proyecto de todos.
–¿Habló ya con Urgoiti, el presidente de la Fundación Gaiás?
–No. Llevo dos días aquí, me han llamado 230 personas; estoy un poquito agobiado. Pero es de las primeras personas a las que voy a llamar.
–¿Llamaría a algún experto aunque no fuese gallego, para dirigir la Cidade da Cultura?
–Yo creo que sí, yo creo que hay que perder eso de que tenga que ser todo gallego. No veo la razón por la cual no podría ser; lo importante es que eso salga adelante, no sé cómo será, todavía no lo pensé ni lo hablé con el presidente. Lo que sí sé son los principios básicos de lo que quiero que sea.
–Da la impresión de que va a darle la vuelta como un calcetín.
–No, no, no. En absoluto. No pienso darle la vuelta a nada, sólo voy a imprimir mis principios generales sobre cómo debe ser la política cultural en Galicia para la promoción y la difusión de la cultura gallega a todo el mundo. Lo que esté funcionando bien se quedará como está, si se adapta a los objetivos de este Gobierno. Se trata de mejorar, no de empezar de nuevo. Lo dejó bien claro el presidente, no venimos aquí a destruir nada, sino simplemente a darle una orientación nueva, que es lo que los gallegos han querido. Es decir, cuestiones de bilingüismo, de pluralidad, de no dirigismo intelectual, de apertura... A mí el concepto que me gusta es el de la cultura hecha en Galicia, no de la cultura gallega, porque la cultura gallega está muy bien pero limita un poco.
–Uno de sus afanes en Nueva York era proyectar una cultura moderna, sin flamenco ni gaitas.
–La gaita es un instrumento de nuestra cultura popular fundamental y cuando alguien escucha una gaita nunca deja de emocionarse. Yo me refería a la gaita como elemento tópico de Galicia. Hay más que gaitas en Galicia, hay pianistas gallegos extraordinarios... Tenemos la catedral pero también tendremos la Cidade da Cultura. Hay que combinar tradición y pasado con el futuro y la innovación.
–Llega con una imagen de persona cosmopolita, mundana...
–Cosmopolita, sí; mundana, no.
–En el BNG, partido al que pertenece su antecesora, el cosmopolitismo no estaba en boga.
–Me parece muy bien, yo no puedo hacer nada. Tengo todos mis respeto por las opiniones de otros, incluido el Bloque. Su visión de Galicia parece que no gustó, puesto que perdió las elecciones.
–¿Se hará del PP?
–No. Soy independiente. No tengo carné del PP, pero asumo el 100% del programa del PP y de lo que me diga el presidente. Es mi compromiso. Soy consciente de que trabajo para un gobierno que nació del PP, al cual estoy muy agradecido por ponerme aquí.
–¿La música es Wagner?
–Es uno de mis grandes ídolos, pero otro de ellos es también Bob Dylan.
–¿Ya levantó la casa de Nueva York?
–Que va, que va. Ahí se queda la casa hasta que tenga un minuto para llamar a alguien y me la recoja. Yo no puedo ir; ahora no puedo moverme de aquí.
Comentario por (18-06-2009 15:52)
5 A NOSA CONCELLEIRA DE CULTURA alias CACHI PARECE#blgtk08#RIAME UNHA ELECCION CARALLUDA, QUE PENSADES VOS,
Comentario por MORITO (18-06-2009 16:55)
6 ghracias marroquí, por me defender e solidarizarte comigo... a retroesquerda destada anda a insultar... non pensan, só dan mamporros (cecais aos outros porros tamén lle dean un pouco).

#blgtk08# Eu estou coa democracia e coa liberdade... a rtroesquerda está co pensamento único e coa imposición.

nós somos os bos e xenerosos... eles son simplemente a esquerda radical de sempre.
Comentario por Marujo Mallo (18-06-2009 17:56)
7 É o pior governo da historia da Xunta. Em 50 días ja tem cabreado a m#blgtk08#eio país. é como ter ao frente dos bombeiros a um fato de pirómanos.
Comentario por Anonimo (19-06-2009 10:35)
8 Nin nos van a comer uns nin outros, cando hai democracia, grazas a deus, todo vai polo seu camiño, e senón xa se endereitará cando sexa, bueno endereitar máis non convén,#blgtk08# posiblemente no seu momento se enesquerdará algo máis, non importa, o máis importante e sacarnos da crise da mellor forma e logo xa haberá cartos para charangas e máis.
Comentario por Chapa (19-06-2009 10:37)
9 QUE TROPA DO CARALLO TEN DE DEFENSORES O PP. TRATASE DE DEMETRIO PELÁEZ CASAL de EL CORREO GALLEGO, a estes chamalles Isacc ZIPAIOS.
La charanga empieza a tomar fuerza, pero todavía suena pelín distante y desafinada. Los de forellas tirando a duras no sabemos muy bien qué es lo que falla, pero los de oído más fino lo tienen bastante claro: en este revuelto seudomusical faltan, sin duda, los de Nunca Máis tocando el tambor, como Nicanor, o el flautín, como el tipo de Hamelín, o las maracas, que siempre dan algo de asuca a las manifestaciones. Faltan ellos, dicen, para acabar de demostrar al resto de España y Europa que Galicia corre un grave riesgo de irse al carallium, incluso en el terreno cultural, como denunciaron ayer los colectivos de actores y artistas, desde que la derechona ha empezado a imponer su santa voluntad donde antes reinaba el consenso y la alegría institucional. A veces, como es en el tema de la lengua, la imposición se está fraguando mediante encuestas y consultas democráticas, es cierto, pero se trata, afirman muy seriecitos, de encuestas y consultas viciadas y poco serias.

Aunque la melodía de los disiden#blgtk08#tes suena aún bastante descompensada, entre otras cosas porque los músicos solo llevan un par de meses de ensayos, la letra es sencilla y muy fácil de captar. Presten atención y verán que dice algo muy parecido a: dua, dua, aaa, ¿acaso no han notado ustedes que la sociedad gallega, en general, está más traumada, crispada, confusa e incluso triste desde el triunfo del unipartito, du-du,aaa? ¿No perciben también ya ciertos recortes de las libertades públicas y menos actividad cultural en las rúas, du-du,aaa? ¿No sienten una especie de congoja trascendental al contemplar a esos niños que van a ser obligados, manu militari, a jugar únicamente en castellano en una sociedad que corre un grave riesgo de fractura?, como anuncian no pocos políticos, psicopedagogos, psicólogos, sindicalistas, académicos, poetas e intelectuales de ramas varias. ¿De verdad que no han notado nada de eso? Pues entonces es que son sordos, ciegos, poco comprometidos con el pueblo y escasamente demócratas. O sea, de derechas o algo parecido.

Lo dicho, ahora solo faltan los Nunca Máis haciendo los coros...y así hasta las próximas elecciones. Qué diver, colegas.
Comentario por Otero Regal (19-06-2009 10:50)
10 Meu be queridiño Alfonso, non sei si te decatache qu as eleccións o parlamento de la JUNTA DE GALIZA las ganó el PP por que opobo de galicia non e idiota nin parvo, nuhas elecions limpas. I si, nin musica na rua nin titire na rua nin gastareta en caralladas, para iso xa est o soe i o bngeeeeeee, i si os titiriteiros que estaban afeitos a adotrinar os nenos na rua agora non cobran do goberno bipartito que o fagan gratis ou cecais so defenden a causa cando está o talón p#blgtk08#or detrais, son todos uns vividores igoal que os titiriteiros da cexa que xa lle ven as orellas o lobo, si, si as orellas a MAriano RAXOI PROXIMO PRESIDENTE DA NACION ESPANHOLA CON MAIORIA ABSOLUTA.
En canto a sicologos, pedagogos, poetas , academicos, sindicalistas (vendidos liberados bebe viños) , QUE SE ADIQUEN O SEU.

Os gobernos de momento os elixe o pobo libremente.

¿decataste?

MARUJO, UNHA APERTA DENDE CASABRANCA
Comentario por MARROQUI (19-06-2009 18:04)
11 O Goberno do PP que nestes dous meses se caracterizou pola parálise e a inoperancia, o qu#blgtk08#e nos levan a pensar que a súa intención é deixar morrer á cultura galega por inanición.
Comentario por Anxo (20-06-2009 08:02)
12 DIRIXE O CGAC!
http://#blgtk08#cultureworkers.wordpress.com/
Comentario por CULTURE WORKERS (30-06-2009 23:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal