A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CORRUPTOS A ESGALLO
O segredo mellor gardado polos sociólogos é o comportamento de certo electorado, aparentemente impasible ante os casos de corrupción que salpican o partido político das súas cores. Como dixo o multiimputado Carlos Fabra onte, "ao electorado non lle preocupa se Camps ou eu somos culpables".

É a vella historia de "este fillo meu é idiota, pero é o meu idiota", ou a fidelidade contrastada dos seguidores do equipo do PP tamén triunfa a máxima de "é un corrupto, pero é o meu corrupto".
E aquí neste norte de Lugo , apodado A MARIÑA, tivemos todo un ejemplo con o Señor Villapol, alcalde de Vicedo dende Franco ata que os xueces o meteron na cadea por chourizo, sempre tivo o 80% dos votos dos Vicedenses.
O punto que máis mosqueados ten aos estudosos do fenómeno e que canta máis presunta corrupción, máis cariño envorcan nos seus candidatos, como aconteceu en Valencia e en Madrid, coma se quixesen protexer un fillo desvalido. Coma se desculpasen a corrupción como unha enfermidade incurable de nacemento. Coma se ser de dereitas fose xa de por si unha malformación xenética inevitable.
E como eles son contrarios ao aborto, pois confórmanse e encaríñanse por disciplina con todo o que deus lles envíe como castigo..Se a metade do que se está a descubrir sobre o PP lle tivese acontecido ao PSOE, estarían a botar fume. Os medios non falarían doutra cousa, e pediríase a dimisión do goberno en pleno. E pareceríame ben.
Pero cando a dereita rouba, non sei que pasa, que a todos nos entra a abulia. 30 anos de democracia, e seguimos co chip da obediencia e a submisión máis rastreira cara aos ricos e os poderosos.
Cando a dereita rouba, quitamos a boina coas mans calosas de traballadores honrados, agachamos a cabeza, e dicimos, "si señorito". Cando a dereita rouba, eses mesmos que nos indignamos coa corrupción do último goberno de González, aceptamos que é natural que a dereita roube.
Aceptamos que gasten nos seus luxos mentres eliminan a educación e a sanidade públicas, coa mesma naturalidade que aguantamos a chuvia, a neve ou a seca.
Aceptamos que esta terra é o casal da dereita, e que nos toca o papel de xornaleiros, e como na película os Santos Inocentes lles dicimos con voz submisa: "a mandar, que para iso estamos,"
Otero Regal

Comentarios (32) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-06-2009 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
32 Comentario(s)
1 A razón de que todas estas gracietas resulten tan insípidas -salvo para o que perde o tempo facéndoas- é o carácter conformista e servil que as desvirtúa. O humor auténtico fíxose sempre en contra do poder, non a favor do poder. O lector mesmo pode comprobalo comparando as caricaturas e os chistes da Codorniz ou o Vello Lobo coas viñetas que saían publicadas na prensa oficial do Movemento ridiculizando personaxes do Exilio Republicano ou figuras como José María Gil Robles, o pai do actual Rei, etc.

#blgtk08#Oh, Los Genoveses...! Deberiamos ter comezado por aí. A páxina dirixida en tempos por Caldera, onde deu mostras do seu xenio inmortal o irmán do cabeza de lista ás Eleccións Europeas polo PSOE. Os Xenoveses... Si, os Xenoveses. Boa referencia. Actualizaremos o link. Isto é talento: Aguirre como en Cotton Club, Don Mariano con cara de idiota, os traxes de Camps... que grandes son os Xenoveses. Que gran servizo fan a España. Capitán, mande firmes e agora digan comigo: Viva España, socialista e xenovesa para sempre.
Comentario por Xaquin (15-06-2009 14:55)
2 Eu non deixaría de incluír no cartel o Actual Vicepresidente do Goberno español#blgtk08# e afiliado do Partido Socialista Obreiro Español Don Manuel Chaves González...
Comentario por Viveiro (15-06-2009 14:57)
3 Nas seguintes eleccións, cun Gürtel con deputados xa xulgados e no seu caso condenados, os votantes do PP seguirán#blgtk08# arroupando os seus dirixentes. Niso diferéncianse da esquerda, que deixa de votar ante escándalos de corrupción.
Comentario por Peron (15-06-2009 17:40)
4 Debería darnos igual, pero se pensamos que temos o que merecemos, entón xa non tanto. E temos o#blgtk08# que temos porque é o que quixemos ter, por acción ou por omisión, por dolo ou por negiglencia.
Comentario por Mario (15-06-2009 17:43)
5 Sería sen dúbida desexable que todo o que aparece publicado sobre Camps e toda a trama fose totalmente falso e que non houbese indicio de corrupción.

Non obstante a xente a nivel de rúa percibe que algo pasa no sistema. É de dominio público o que pasou e pasa nos Concellos, e non só neses Concellos que saltaron á fama polas persoas relevantes que interviñeron en certos feitos.

Eu persoalmente teño coñecido feitos de Concellos, dos que en principio non había porque ter dúbida algunha, que son claramente supostos de corrupción, como é o feito de solicitar cantidades para "autorizar" unha adificación con máis elementos. Se aboabas o diñeiro e co mesmo regulamento, saían máis elementos a construír que se non pagabas nada.

E un dos grandes problemas, que ademais fomenta este #blgtk08#tipo de actuacións, é que a existencia dos partidos políticos crea unha transversalidad a través de todos os poderes do estado, que en moitos casos pode chegar a anular a separación destes.

De feito pódese dicir que o poder lexislativo controle o executivo?, ou que o poder xudicial en moitos casos actúe coa independencia debida?

Ao final existe a sensación de que o poder real está en mans dun grupo reducido de persoas no aparato dun partido, non onde debese estar, que é nas institucións do estado.

Por esa razón creo que crece o desinterese na participación en feitos democráticos como as eleccións, posto que a xente da rúa percibe que o seu voto serve para pouco, que as decisións as toman unhas elites que como xa sinalei forman parte do aparato do partido correspondente.
Comentario por Foz (15-06-2009 17:48)
6 Só dicir, que a carne é debil, e ninguén é perfecto.
O que este libre de todo mal que tire a primeira pedra.
E para rematar a miña breve intervención, dicir que no pais dos ceg#blgtk08#os, o vesgo é o rei.
Se que o refraneiro oficial non é que sexa moi do teu gusto, pero aínda que só sexa por hoxe, veñen ao pelo.
Bo fin de semana, e navegar, que non é pouco.
Comentario por Vilas (15-06-2009 17:49)
7 ¡Carallo para Regal! ¡moitas probas ten de todo o que di! Áinda non se pronunciaron os xuices e REgal xa ten culpábeis. É moi caralluda esta retroesquerda cando se pon en plan Inquisición... Non hai quen lles gane...¡Nin torquemada, meu!

Por certo, en toda a historia da democracia española os únicos políticos de relevancia, con sentencia xudicial firme por corrupción foron do PSOE:
-Barrionuevo, que foi ministro
-Vera, que foi Secretario de Estado
-Roldán, que foi diretor da Garda Civil,
-Mariano Rubio, Gobernador do Banco de España,
-Aida álvarez: Directoria do BOE

E fixaivos o que atopei na wikipedia sobre financiación ilegal de partidos políticos en España:

"El llamado caso Filesa fue un caso de corrupción consistente en la creación de una trama de empresas (Filesa, Malesa y Time-Export) cuyo fin era la financiación ilegal del Partido Socialista Obrero Español, para hacer frente a los gastos originados por las campañas electorales del año 1989, hechos todos ellos establecidos como probados por la Judicatura.


Investigación Fue realizada por Marino Barbero, magistrado del Tribunal Supremo. El 5 de mayo de 1995, el juez instructor del “caso Filesa” dictó auto de conclusión del sumario contra 39 personas, imputadas por los presuntos delitos de falsedad ideológica en documento mercantil, fiscal, malversación de fondos públicos, apropiación indebid#blgtk08#a, falsedad en documento público, delito monetario, tráfico de influencias y asociación ilícita. De la investigación se desglosó posteriormente el Caso Ave.


Juicio Comenzó en 1997, con el número de acusados reabajado a 12 (José María Sala y Grisó, Carlos Navarro Gómez, Luis Oliveró Capellades, Alberto Flores Valencia, Aida Álvarez Álvarez, Miguel Guillermo Molledo Martí, Luis Sánchez Marcos, Francisco Javier Iglesias Díaz, Julio Calleja González Camino, Juan Antonio Molina Vivas, Eugenio García Mansilla y Diego Ramos Ramos) por los delitos de falsedad en documento mercantil, asociación ilícita, fiscal y apropiación indebida, entre otros.

La sentencia se dictó el 28 de octubre de 1997, después de que el instructor inicial rechazara el caso para dejarlo en manos de Enrique Bacigalupo. José María Sala, condenado a tres años de prisión cumplió sólo dos de sentencia, al suspenderla el Tribunal Constitucional.

Obtenido de "http://es.wikipedia.org/wiki/Caso_Filesa"


Tras todo isto, querido Inquisidor Otero Regal, nunca millor o refrán popular español: Uns crían a fama e outros cardan a lana.

Aproveito pra saudar ao meu amigo Marroquí, un luxo pra este foro que faiga as súas sempre interesantes e nunca ben ponderadas aportacións.

¡Viva a liberdade! ¡Viva a obxectividade! e ¡viva a democracia constitucional española! Porque o falar, non ten cancelas.....
Comentario por Marujo Mallo (15-06-2009 18:52)
8 Este título debémosllo ao PP, en Valencia, en Castelló, en Madrid, etc. Por iso os do PP queren tanto España e os españois, para roubarlles ata a carteira se fai falta. Vaia panda logo xúntanse todos en Miami e os de aquí que os parta un raio. Moita bandeira e moito ir #blgtk08#a misa e mira Trillo importoulle unha merda mandar aos soldados nun avión que o menos que podía pasalo, era estrelarse, e así fué. Logo se fué ao santo cristo e pediulle perdón e xa está todo resolto e el coa conciencia, se a ten, tan fresca. Por que non dimite Trillo?
Comentario por Rias Baixas (15-06-2009 19:40)
9 España vaise parecendo cada vez máis a Italia. A dereita é cada vez máis corrupta e os seus votantes cada vez máis cómplices. Ninguén se mostra tolerante coa corrupción e ponse a venda ante as ilegalidades senón é, no fondo, igual de corrupto ou se non se beneficia directamente diso, como sucede con tantos mediocres que foron erguidos a postos de responsabilidade ou de simples funcionarios ao longo da historia deste país cand#blgtk08#o gobernou a dereita, aqui en Viveiro temos unha boa pila de eles. O futuro que nos espera é desolador: Corruptos elixindo a corruptos ata que cheguemos a un estado de inanición da sociedade civil que só será evitado se a esquerda, a quen non se lle perdoan de igual xeito nos descoidos, mantén intacta a ética que sempre foi o seu referente. Pase o que pase, a esquerda debe conservar a súa esencia ética polo ben da democracia.
Comentario por Covas (15-06-2009 19:42)
10 Prodúceme unha enorme tenrura ver que hai xente tan atrasada que segue motivandose pola ideoloxía.

Europa enteira e o mundo, están a chegar á conclusión de que non hai que votar conforme á ideoloxía, senón que non elixir a forma de goberno máis práctica e intelixente, entre a dous que existen:

SITEMA SOCIALISTA: VOUCHE SACAR TODO O DIÑEIRO QUE POIDA DO BOLSILLLO, PORQUE EU, GOBERNO, SEI GASTAR O TEU DIÑEIRO MELLOR CA TI,. VOUTE A FAC#blgtk08#ER ESTRADAS, HOSPITAIS, ETC. ETC. Luego é mentira; usan o diñeiro para comprar sindicatos, monicrequeiros da cella, nacionalistas, etc.

SITEMA LIBERAL: VOUCHE DEIXAR TODO O DIÑEIRO QUE POIDA NO TEU PETO. PODERÁS COMPRAR MÁIS COUSAS. HABERÁ QUE FABRICAR MÁIS COUSAS E POR TANDO DAR TRABALLO A MÁIS XENTE".

Os progreses de Europa comprendérono e votaron á dereita liberal.

HAI MILLÓNS COMO REGAL QUE SEGUEN CAGANDO CADRADO.
Comentario por Ernesto (15-06-2009 19:44)
11 Dende logo que hai unha corrupción e unha amiguismo delituoso en moitos municipios, e dá igual a cor do goberno.
A conto de que o cargo mais desexado era o concelleiro de urbanismo,de por si, en casi todos os concellos de a Mariña obtentaoao o alcalde de turno, e o arquitecto do pobo/cidade é unha especie de deus na terra, sen contar o chulo ou alcalde da localidá.
Só hai que ver os horribles #blgtk08#desaguisados urbanísticos realizados nos últimos anos na maioría das poboacións. Mega beirarrúas para uns e para outros 30 cts., alturas, pisos, impostos, inspeccións, permisos, retranqueos, beiriles, aberracións rurais, construción nova sen accesibilidade, comercio e amiguismo ata dicir basta.
E débese ter en conta que parte importante do globo inmobiliario especulativo foi culpa destes personaxes.
Comentario por Mariñan (15-06-2009 19:47)
12 España é corrupta porque a sociedade o ve ben. Un exemplo está nos votos ao PP nas europeas. Cos escándalos de Madrid, Valencia e tantos outros sitios... os seus votantes pechan filas e apóiano. Nun país "normal", aplicarían aquilo de "selo e parece#blgtk08#lo pero aquí non. O mesmo pasa co PSOE: os seus seguidores apóiano "a pesar" dos seus escándalos. Non é a política, é a cidadanía a que está sen valores e non esixe o que debe. Imos cara ao modelo italiano e a sociedade non o advirte... Mal futuro!
Comentario por Tomas (15-06-2009 19:49)
13 La corrupción ya está insertada en la vida cotidiana. No hay más corrupto que una persona normal, incluso que hasta #blgtk08#ese momento haya sido honrada, cuando se le ofrece un plus o componenda a sabiendas que es ilegal. Somos corruptos.
Comentario por Melchor (15-06-2009 19:53)
14 Todos os comentarios algúns reais e outros afastados da realidade, máis ou menos nos dan unha idea do que acontece, chegamos a limítelos do que as persoas poden soportar, a corrupción é tan xeneralizada que xa é imposible manter a lea que nos montaron os políticos profesionais, isto ademais vai en consonancia co aumento de impostos, é outra burbulla inmobiliaria pero de políticos e funcionarios.
Non se poden pagar impostos para manter xente que fai que traball#blgtk08#a.
Non se lle pode esixir aos cidadáns pagar e pagar vendo como viven os políticos e moitos funcionarios, a corpo de rei e con patente de corso.
Está claro que conseguiron lavar o cerebro de moitos e comprar as vontades doutros tantos.
Temos que largar os inmigrantes, igual que se fixo no seu día cos mouros, isto é máis grave por que estes inmigrantes foron metidos de golpe e cun motivo electoral e desestabilizador.
O caos chegará pron...
Comentario por Alberto Sordi (16-06-2009 07:41)
15 O primeiro corrupto é o Goberno central. RZ e os seus ministros coa súa antidemocracia ditadura ao gorila. Os medios de comunicacion son todos agradecidos de estse goberno, as subvencións fóra a todo o mundo, diñeiro do eraldo publico só para traballadores no paro e pensionistas, La banca para iso rouba todo o que quere e un pouco mais sen que nin#blgtk08#guén lles diga nada. os sindicatos que se apañe coas cotas dos seus afiliados, os partidos ilgual, XA ESTA BEN DE TANTOS PORCOS, COMENDO A CONTA DOS TRAABAJADORES, e CANDO CHEGAS Á JUBILACION NON TES DEREITOS Ao TEU SOLDO DANCHE O QUE ELES QUEREN, MENTRES ELES POR ESTAR NO GOBERNO UN ANO XA LLE QUEDA O SOLDO TADA A VIDA. VERDADEIROS SINVERGUENZAS.
Comentario por Francisco (16-06-2009 07:43)
16 Moitos teñen unha especie de tirria cronica para cos partidos politicos que os fan velos como eixes do sistema maligno no cúal achámonos; co que ,partiendo desa vision cara aos partidos politicos e cara aos propios politicos, non é de estrañar que rexeiten traballar xunto a eles....ni tan sequera, nalgúns casos, un achegamento ou unha reunion#blgtk08# que poida multiplicar fórzaas da súa protesta e da súa proposta.
no meu opinion os partidos e as agrupacións de cidadáns han de colaborar canto mais estreitamente mellor; mais aínda os partidos minoritarios ymas aínda se se busca unatransformacion progresiva e profunda da sociedade na que vivimos;
Parabén por manter este blog:!
Comentario por Santiago (16-06-2009 07:53)
17 Os medios españois teñen un sentido de lealdade ao partido surrealista.[...] Un político do partido afín ten que pegarlle tortas cun bate a unha viejecita diante das cámaras para que se atrevan a dicir algo.[...] Estados Unidos non é un modelo ideal en case nada; os me#blgtk08#dios de comunicación, de feito, son case sempre horribles. Cando un escándalo estala nos morros dun político de forma máis ou menos obvia, non obstante, aquí non hai quen se reprima: todos, sen excepción, se lanzan a soltar tortas ao pobre tipo, sexa algo serio ou non
Comentario por Castron (16-06-2009 07:55)
18 A culpa é a manipulación da#blgtk08#s masas e estupidez humana.
Comentario por Roxo (16-06-2009 07:56)
19 Hai que abolir os Concellos, só serven para caciquear, recualificar chan a favor deles mesmos, e lévanse ata a cor dos ladrillos.. Non hai xustificación de que os Untamiento dupliquen a estrutura #blgtk08#ministerial do estado.Sobran os Concellos, e se teñen algunha xustificación é a de ser un órgano de mera descentralización administrativa, pero nunca para pagar vacacións ou cursos de caralladas.
Comentario por Pepe (17-06-2009 07:48)
20 CANTO POLITICO POR HABITANTE HAI EN ESPAÑA?, NON SÓ ELECTO QUE XA SON MOITOS,

ESPLICOME.

DEPUTADOS.

SENADORES,

EDÍS.

DEPUTADOS AUTONOMIAS

E EUROPARLAMENTARIOS.

É DICIR, PRETENDEMOS ELIMINAR BARREIRAS COMO AS FRONTEIRAS PARA UN#blgtk08#HA EUROPA, PERO NON OBSTANTE NON DESAPARECEN POLITICOS, SE NON QUE AUMENTAN.

E A TODO ISTO, O NUMERO DE ASESORES, CONSELLEIROS, DIRECTORES XERAIS, SUBDIRECTORES, POR QUE CALQUERA MANGURRINO TEN O SEU ASESOR, NON SUESTE COMO SE PODE ASESORAR A NINGUÉN DURANTE 8 HORAS DIARIAS.

PERO ASI VAILLE AO PAIS.
Comentario por XOSE (17-06-2009 07:50)
21 Non pensaba votar.
O continuo insulto á intelixencia dos politicos habiame saturado.
Os meus fidelidades ideologicas chocaban coa zafiedad, vulgaridade, c#blgtk08#o vacio, dos ultimos meses.
O meu marido, fan dun dos partidos en liza ,amablemente recolleume e deixoume na porta do colexio electoral.
Votei en branco.
Comentario por Fe (17-06-2009 07:58)
22 Voto a Deus....
Non sé,pero cando falo con amigos,conocidos
familiares,y pregúntolles porqué votan,
as respuestan son sempre sencilliñas
e parecidas:"Hay que facelo para que todo funcione","e o que hai,e o que temos"; etc,etc.
Churchill:A xente tería aquelas formas
de goberno que merece.
As cousas habería que trabajllalas,loitalas
para merecernolas mellores.
De que serve a ninguén estar continuamente
perorando sobre o que hai que ver
o de malos-malos e corruptos que son
todos os políticos habidos e por haber?
Ao mesmo tempo se di que calquera
de nosotr@s se estivese en tales lugares
o mesmo necesariamente faría.
Xustificamos o mal pois nos sentimos
parte de él:al fin e ao cabo, vimos
tod@as do mismo;de a mesma nai,
-- e sobre todo, pai.
Tod@s posibilitad@s e imposibilitad@s
(máis bién o último)
para ser actores no tablado histórico/
histérico.
Pois se todo anda tan palpablemente fodido
corrupto,feito unha merda
-como se adoita dicir así habitualmente-
pois entonces,¿porqué non collemos cada un@
As nosas escobitas e empezamos a varr#blgtk08#er
aínda que sexa poquito a pouco?
Non sería que en verdade nos gusta a merda,que sentímonos parte esencial
de todo iso que criticamos,
Que nos sentimos impotentes de poder
superar o estado de cousas do que cada
un@de nosotr@s é parte fundamental?
Ler de novo "A servidume voluntaria".
De la Boetie.
Porqué odiamos/amamos tanto ao poder
e as súas inmediacións?
Porque o temos bién metidito
nas nosas almas e corazoncitos.
Somos tan inocentes e cándidos!
Tan buenos,limpitos e sublimes!
Os malos sempre os otros,el outro.
Realmente estamos nunha cultura política
da impotencia:querríamos abolir o poder,pero ao mesmo tempo que outros
o hagan,y que fagan o traballo
do político:misión imposible;
que chova e tostarnos ao sol.
Querriamos algo máis de bens,
pero da man de Deus,
que Deus nolo arranxase todo.
Aí parece que reside o problema:
aínda non saímos da cultura de Deus,
do pensamento de Deus.
Sen decatarnos
aínda andamos nas catacumbas.
Deus ampárenos.
O tempo-atmosférico-
segue sendo unha marabilla.
saúdes mil.
Comentario por Alicia (17-06-2009 08:04)
23 Faga como eu: non se meta en política

dicíalle o xeneral un dos s#blgtk08#eus ministros

(franco?) (pinochet?)
(ben, tanto monta...)
Comentario por JBV (17-06-2009 08:06)
24 Supoño que os políticos que temos están feitos a imaxe e semellanza do pobo que lles vota (aí está Berlusconi)No sempre aparece un deus-Obama por enriba do vulgo, no que crer, ao que adorar. Polo xeral son tan mediocres como os votantes.
Pero o noso non-voto onde vai? Si será interpretado como desencanto ante esta campaña de patio electoral d#blgtk08#e colexio de primaria. Pero o seu destino máis probable será favorecer os que conseguiron que isto sexa así, a eses que nos fixeron tragar a papa dos mitins a base de mirar ao helicopterito e non é momento. Para matar a democracia e así celebrar os seus funerais necesitaríanse solucións máis drásticas. E mentres pensamos nelas, non deixar de votar.
Comentario por Escarola (17-06-2009 08:07)
25 Os mesmos cans cos mesmos colares. Se un goberno "progresista" non dubida en salvar os bancos Que tería feito un "libera#blgtk08#l"? Non hai diferenza ningunha entre eles e como un amante caprichoso, necesitan que lles digamos canto os necesitamos.
Comentario por NABUCO (17-06-2009 08:08)
26 ¿Por que sacaches a ilustracion#blgtk08# que tiña antes este articulo?
Comentario por Covas (17-06-2009 18:33)
27 A verdade é que algo raro pasa neste pais cando voces tan claras e tan cargadas de razon como a de Otero Regal parecen un berro no deserto. . . como é posible que os grupos politicos -- TODOS -- non subscriban p#blgtk08#alabras como estas ante o descaro que mostra o PP??.. . Será por medo ao poder do PP?? medo aos seus xuíces a soldo?? a que dende os seus medios de comunicacion poidan arruinar as súas carreiras??. . . ou QUE??.
Comentario por Suso (17-06-2009 18:36)
28 sabemos que ata chegar ao tribunal supremo e alí tamen, dsinon o caso de Aja non se entenmderia teñen xuíces comprados tanto en madrid coma en Valencia (por iso creian que tiñan o caso baixo control). . . E NON PASA NADA??? NINGUÉN FAI DISTO OPOSICION??? E enriba chaman os que os acusan de inquisidores!!!. . . isto cada vez parécese mais ás cousas que#blgtk08# hacian "antes". . . rodeados do clero e os seus esbirros, facendo da súa capa un sayo. . . e dando leccións de moralidade, patriotismo e etica como fai Aja cando desinforma encol dos temas de O LODEIRO e Rua Nicolas CORA, donde eso se aurtorizou sendo el que gobernaba e ahora parece que o fixo o espiritu santo e el non ten ninguha culpa. . . . PFFFF
Comentario por Celeiro (17-06-2009 18:40)
29 Que estupidez é esa do respecto á decisión do votante? A min non me merece ningunha consideración o que apoia a un chourizo a sabendas, e niso distíngome do votante de dereitas".
Nos meus valores non caben os delincuentes impunes que se amparan nunha xustiza afín".
Por iso, como membro do club que paga a voda de Estado da filla daquel presidente, as comunións e os jaguars dalgunhas dirixentes do partido que van dando clases de ética pola ra#blgtk08#dio dos obispos, os traxes e demais regalos do presidente valenciano, que acaba "querendo un huevo" o benfeitor, os caprichos do tesoureiro do partido e os soldos dos xuíces, que o toman con demasiada calma, indignome e reivindico o meu dereito, ao máis absoluto desprezo polos que os poñen nas listas, os que lles encobren, maniféstanlles o seu apoio en prazas de touros e urnas, e polo responsable de todo iso que presume deses Valores sen rubor. Xustiza! "
Comentario por Ria de Viveiro (17-06-2009 18:47)
30 Esto es la república bananera de España, y aquí lo que más se admira es la picaresca y el golfeo de los poderosos. Quizás es que la gente sueñe algún día con ser como ellos, o puede que esté en #blgtk08#sus genes ser tan fan… pero lo que está claro que no cambian de equipo de fútbol incluso si sus jugadores salen con garrotes y estrellas del alba a jugar sucio cual comic de Mortadelo y Filemón.
Comentario por Alcoa (17-06-2009 18:51)
31 bla, bla, bla...
Os tontilocos como o que hoxe firma MARUJO MALLO, e cada dia distinto ou outro que firma MARROQUI seguen facendo ruído.
Non teñen solucion.
Pois ben os tontilocos din: os culpables son os negros, as mulleres, os de esquerdas, os das dereitas, os brancos, os amarelos ou os verdes. Pero non din: a causa de todos os nosos males é pensar mal, sentir mal.
Obreiros, PP, etc. E que mais dá?.
O planeta se esta vindo abaixo, social e ecologicamente falando e seguen nos seus analisis de decimais, CANDO O QUE FRACASAN SON AS CIFRAS NOS TRILLÓNS.
#blgtk08# Non penso discutir o obvio: precisamente a muller de Berlusconi di que o seu marido esta enfermo e que o sabe. Os que non o 'saben " é o resto dos Italianos que estan todos e todas tontilocos.
En Reino Unido, en España, en Francia, Italia estamos a ver o mesmo. A tontilocura gañou a partida.
E os xogadores de futbol valen o seu peso en ouro e cen veces mais. Mentres nenos por miles morren de fame.
En fin, non me gustaria estar no pelello de Obama. E conste que me esta sorprendendo positivamente e isto é dificil dados os meus ultimos 30 anos de experiencia.
Saúdos
Comentario por Manuel para MARUJO MALLO (17-06-2009 18:58)
32 Imos ver manolito, ti eres da qui ou ves a festa? por que caralloo non aceptades o que cada un pensa i oq ue cada un opina, segun ti estamos todos equivocaods, ou sexa si en Hoklanda a extrema dereita saca o 20 % dos votos está todo ese 20% jodido da cabeza nonlle gustan os negros, os inmigrantes , as mulleres, mira a min precisamente o que mais me gusta son as mulleres inmigrantes e ademais se son negras inda me gustan mais.
Por outrO lado tou dacordo contigo que me parece unha #blgtk08#aberración pagar por un xogador de fitbol 100millons de OUROS, e tamen me parece inha aberración que LEIRE PAJIN cobre 32 veces mais de soldo que miña nai que unha viuva QUE POR OUTRO LADO O MENTIROSO DE ZAPATERO DIXO QUE LLES SUBIRIA A PENSION MINIMA A 750 EUR, ESO TAMNEN E CORRUPCION PROMETER E NON CUMPRIR).

I claro que facemo ruido pero non somos nos solos son os MILLONS DE VOTANTES DE DEREITA QUE IMOS A MAIS EN EUROPA ¿ENTENDELO? PASPAN.

POIS E O QUE HAI
Comentario por marroqui para manolito (18-06-2009 13:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal