A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MANIFESTO ante a AFRENTA ao POVO GALEGO por parte da JUNTA DE GALIZA
O FACHO:
MANIFESTO ante a AFRENTA ao POVO GALEGO por parte da JUNTA DE GALIZA
O FACHO: MANIFESTO ante a AFRENTA ao POVO GALEGO por parte da JUNTA DE GALIZA
13-06-2009

Agrupaçom Cultural O Facho
Rua: Frederico Tapia 12-1º
15005 A Corunha

A Agrupaçom Cultural O Facho chama aos bons e generosos a fazer valer os seus direitos cidadáns frente às agressons contra a Língua Galega que está a levar a cabo o P.P. e a actual Junta de Galiza conformada na sua maioria por membros do OPUS e outras seitas semelhantes.

Ante esta afrenta ao povo galego, O Facho manifesta:

1) O nosso posicionamento de jeito beligerante e irrenunciável na defessa da Língua Galega
.
2) A Língua constituí um elemento básico de identidade cultural e representa um valor fundamental de coesom. A supressom do actual Decreto 124/2007, polo que se regula o uso e a promoçom do galego no sistema educativo, retrotrai-nos ao mais râncio franquismo do que o actual Governo da Junta tem múltiplos canles manifestos e soterrados de comunicaçom.

3) A eliminaçom deste Decreto supom um passo adiante na política de repressom, empobrecimento e marginaçom que os responsáveis políticos da Junta de Galiza estám a realizar contra a Língua e a Cultura dos galegos e galegas.

4) O Estatuto de Autonomia de Galiza, no seu artigo 5, define o galego como Língua própria de Galiza, declara que os idiomas galego e castelám som oficiais em Galiza e que todos tenhem o direito de conhece-los e usa-los. Assim mesmo, estabelece que os poderes públicos da Galiza potenciarám o emprego do galego em todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e como a dotaçom dos recursos necessários para facilitar o seu conhecimento. Certamente, com a supressom do Decreto 124/2007 violenta-se o próprio Estatuto de Autonomia.

5) Depois de séculos de persecuçom e de escárnio dos falantes galegos à vez que geravam políticas de extirpaçom da Língua Galega, tanto por parte do Estado, da Eireja, e outras Instituçons. O Decreto 124/2007 desenvolve a Lei 3/1983, de Normalizaçom Lingüística que garante a igualdade do galego e do castelám como Línguas oficiais da Galiza e assegura a normalizaçom do galego em todos os eidos da sociedade.

Demandamos que cesse a persecuçom da Língua Galega por parte da actual Junta de Galiza e que o Decreto 124/2007 mantenha a sua vigência.

Na cidade d’A Corunha a 10 de Junho 2009
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-06-2009 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 Despois de 20 anos de política local hostil ao galego, A Coruña gañouse a sona de ser a cidade mais desgaleguizada do país.Sona que nega o escritor, músico e coruñés profesional Xurxo Souto. "Ésta é a cidade con mais galegofalantes de Galiza, en termos absolutos.Hai v#blgtk08#ida mais alo dos Cantóns, fálase galego no Agra do Orzán, en Monte Alto, nos Mallos, nos Castros... vivo no Ventorrillo, almorzo no bar de abaixo as sete. A esa hora é monolingüe en galego, o castelan vai aparecendo segundo pasan as horas. A Coruña madruga en galego"
Comentario por De XURXO SOUTO (14-06-2009 17:11)
2 Un manifesto talibán sen dúbida este que publicas REgal... os de esquerdas radicais deslizádesvos con moita tranquilidade e facilidade polo precipicio do radicalismo e a intolerancia.

Eu son galego falante e pra min o galego non #blgtk08#corre ningún perigo nin precisa de defensores coma vos... todo o contrario, con defensores coma vos é coma o galego corre un moi serio perigo.

¡Viva o castelán! ¡Viva o Galego! pero aínda mási que ámbolos dous...¡Viva a liberdade!
Comentario por eu coa liberdade (14-06-2009 22:31)
3 A Xunta Directiva da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia
(ENCIGA), que está presente no eido da educación secundaria dende hai máis de vinte
anos e que conta con case un milleiro de profesores e profesoras no ámbito da Física,
Química, Bioloxía, Xeoloxía, Matemáticas e Tecnoloxía, dende o coñecemento e a
experiencia de tan prolongada presenza, pon de manifesto:
 Que os profesores e profesoras que participan nas actividades de ENCIGA
desenvolven as súas actividades docentes en centros escolares situados en
cidades, vilas grandes e pequenas e con moi variadas situacións sociolingüísticas.
 Que, polas súas actividades e antigüidade, é a asociación de profesores de
ciencias máis importante no ámbito da secundaria das que hai no territorio español.
 Que esta asociación ten publicado ata hoxe 67 números da súa revista –Boletín
das Ciencias– en galego, o que supón preto de mil cincocentos artigos dedicados
ao ensino das ciencias na secundari#blgtk08#a.
 Que leva celebrados 21 congresos anuais, nos que se teñen presentado unhas 800
comunicacións, cuxa inmensa maioría se expuxeron en galego.
 Que profesores e profesoras que colaboran ou colaboraron nas actividades de
ENCIGA se contan entre os mellores profesionais no seu ámbito, como queda
demostrado por teren recibido o recoñecemento de institucións e organismos de
todo tipo, tanto de Galicia como de fóra dela.
 Que nunca nas súas actividades, asembleas, comunicacións, artigos, etc., se ten
producido ningunha intervención no sentido de manifestar que o uso do galego
poida producir ningún tipo de atranco na aprendizaxe dos contidos científicos, ou
en calquera outra acción que sexa propia do ensino na secundaria.
Por todo isto, MANIFESTAMOS que:
Calquera intención de situar o galego como un problema no ensino,
en calquera etapa educativa, non se corresponde coa realidade e
non se sustenta en ningunha razón didáctica ou pedagóxica
Comentario por mANIFESTO (15-06-2009 07:35)
4

Entón tampouco se lle debería permitir aos pais inculcar aos seus fillos, unha visión tan estreita e politizada como a do monolingüismo estricto en galego, ou a idea exclusiva de pobo galego, ou de "identidade" galega en clave nacionalista, ou de ensinarlles que o castelán é unha lingua allea a Galicia? Iso pode e debe tolerarse, pero calquera outra visión do mundo non se debe permitir nas aulas?? Teñen dere#blgtk08#ito exclusivo os pais independentistas, hispanófobos e monolingües en galego (unha concepción identitaria minoritaria en Galicia) a manipular aos seus fillos, e os "españolistas" non?

Por certo, qué e a "sociedade civil"? só "os nosos", con independencia do número de cidadáns que hai detrás das organizacións? A maioría de galegos que non son "independentistas + monolingües estrictos en galego" non son "Pobo"?
Comentario por o tumba (15-06-2009 07:36)
5 Pais e nais de alumnos do colexio CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña mostraron onte a súa “tristeza” e “preocupación” pola intención da consellería de Educación de eliminar o Plan Experimental de Galego nos centros escolares de Galicia.Coa intención de evitar que a Xunta de Galicia elimine o Plan, esixen á consellería que os profesores sexan galegoparlantes, que mentres impartan as materias en castelán, empreguen o galego nas relacións persoais cos nenos, tamén nas actividades complementarias e nos actos que o centro organice, como forma de fomentar o idioma. Os pais tamén se referiron ao cuestionario sobre o cuestionario que a Xunta de Galicia está repartindo nos centros de ensino. Neste sentido, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamiz#blgtk08#ación dá Lingua (ENDL), organizadora do acto celebrado en Compostela, tachou o texto de “pouco serio”, “contraditorio”, “estritamente electoral” e “irresponsable” e pediu a Educación que “faga un esforzo especial” para que o resultado “non acabe sendo a infravaloración do idioma galego ou o seu abandono”.

Ademais, piden ao titular da consellería, Jesús Vázquez, que, unha vez completo o cuestionario teña en conta as opinións daqueles pais que queren que os seus fillos sexan educados en galego.

“Desexamos o máximo contacto dos nosos fillos coa lingua galega no centro, por que a nosa contorna é maioritariamente castelánparlante e os seus únicos referentes da fala galega son, no mellor dos casos, a contorna familiar e a escola”,
Comentario por Pais e Mais (15-06-2009 07:40)
6 “O meu fillo verase afectado #blgtk08#e a min non me deixan opinar”
Comentario por David (15-06-2009 07:40)
7 totalmente dacordo con todo , facía f#blgtk08#alla dentro de todo este desconcerto
Comentario por Moirón (15-06-2009 07:43)
8 Nunha rolda de prensa celebrada en Compostela, o profesorado amosou a súa disconformidade coa enquisa que quere levar a cabo a Xunta e leron o seguinte manifesto:

1. A actitude da Consellaría de Educación, impedindo que o profesorado poida emitir a súa opinión sobre a chamada "consulta ás familias sobre a utilización das linguas no ensino non universitario de Galicia", vulnera dereitos fundamentais como é o da liberdade de expresión e de cátedra , pretendendo converter os centros nunha canle de pensamento único e adoutrinamento parcial e nesgado. Non deixa de ser paradoxal que a Consellaría emita esta consigna cando ela é a primeira en cuestionar o Decreto vixente, malia que a súa legalidade foi confirmada polo propio Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e despois de insistir na mentira da imposición.

2. A Consellaría usa de xeito partidista a educación e censura opinións diferentes á súa, que o único que procuran é dar outra opinión a quen se lle pide que participe nunha consulta amañada, prohibindo que se dea información da propostas das organizacións sindicais e movementos de renovación pedagóxica, equipas de normalización lingüística, ANPAS, etc... contradicindo o que reflicten os preceptos legais de promoción e uso do galego recollidas na actual normativa.

3. Como profesores e profesoras e membros dos equipos directivos imos actuar segundo o noso criterio sen deixarse intimidar polas ameazas ilegais dunhas autoridades educativas que perderon o seu carácter institucional para comportarse como axentes electorais dun partido po#blgtk08#lítico. Neste sentido esiximos a retirada das notificacións enviadas ao centro por represivas e ilegais.

4. Denunciamos a irresponsabilidade da Consellaría de Educación que non ten reparo, no momento de máis traballo nos centros, coincidindo co fin de curso, en cargar sobre as direccións, en contra da súa vontade, con encomendas que lle son alleas e mesmo contrarias aos seus cometidos, esixíndolle ao mesmo tempo a custodia destes documentos e obrigándoos a recoller datos que poden conculcan a Lei de protección de datos..

5. Obrígasenos a responsabilizarnos da vixilancia dunha chapuza xurídica que non cumpre ningunha garantía mínima. Dun inquérito tendencioso que impide expresar a vontade dos que están a favor do ensino en galego. Co único obxectivo de xustificar a involución na normalización lingüística e restrinxindo, exclusivamente ás familias que nestes momento teñen alumnado escolarizado, o dereito a opinar, cando o sistema educativo como servizo público, a normalización lingüística e o dereito a coñecer o idioma propio de Galiza, son cuestións que afectan ao conxunto da sociedade.

6. Resulta paradoxal que se nos estea anunciando recortes na calidade do ensino (supresións de prazas, agrupamentos,...) coa escusa da crise e se leve a cabo este dispendio en recursos económicos para atacar á nosa lingua. Para diminuír a presenza do noso idioma no ensino non hai crise.

Polo anteriormente dito rexeitamos esta enquista e reclamamos que se nos exima de responsabilizarnos deste traballo alleo aos nosos cometidos.
Comentario por OS MESTRES TAMEN (15-06-2009 07:44)
9 Se os empresarios estam contra o galego, Espanha esta contra o galego e o governo da Junta da Galiza esta cont#blgtk08#ra o galego, fica claro qual é a lingua que vao escolher os pais. a de sempre. a de Franco. nao tenhem opcao.
Comentario por Luis (15-06-2009 08:14)
10 No momento histórico que vivimos, se hai algún funeral xa sabemos moi ben de quen será a culpa, do POBO GALEGO. Un goberno, aínda que queira, non pode obrigar a que a xente deixe de empregar unha lingua, por moitos resortes de poder que teña. Xa se intentou, en épocas onde os bombardeos de información e propaganda eran menos masivos e intensos p#blgtk08#ero onde era máis fácil amedrentar á poboación e polo tanto coaaccionala para abandonase a súa fala. Hoxe, se os galegos seguimos arrastrando vergoñas e non somos quen de nos desfacer delas, é ben a nosa culpa.
Por certo, este goberno non axuda nadiña, pero o PSOE, outro que tal baila; e mesmo o BNG... desde logo flores non se pode botar.
Comentario por Maria (15-06-2009 08:15)
11 Claro que a conservación da lingua depende moito do goberno, pero o pobo é decisivo. Un exemplo, Catalunya conserva a lingua (indo á máis) e non é un estado. Irlanda prácticamente perdeu #blgtk08#o gaélico, sendo un estado desde principios de século. Eu creo que os galego estaría neste último caso inda sendo un estado, porque á maioría da xente lle importa un carallo básicamente.
Comentario por Javu (15-06-2009 08:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal