A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

HISTORIAS DA CRISE
É Primavera en unha pequena vila de costa desas que da noite á mañá encheuse de constructores e promotores mercando leiras, prados, montes e moreas para facer edificios moi grandes que seique ían a mercar os madrileños para pasar 20 dias de vacacions ó ano, logo veu a crise, a desaceleracion e a maior parte dos edificios están a medio construir, como esqueletes dunha pretendida opulencia..., en plena primavera; cae unha chuvia torrencial hai varios días, a vila que antes vivia da agricultura, semilla deserta.
Os verciños, que seguiran a filosofia do “conto da leiteira” e que montaran todo tipo de negocios para os veraneantes que ían a vir e non viñero todos teñen débedas e viven a base de créditos.
Pola estrada xeran divisase un “Mercedes” dos mais caros da marca, que para diante do hotel con encanto “A fortuna”, que antes fora “Pension Carballo” vaixa un home alto loiro e cheo de cadeas, aneis e pulseras de ouro, entra na recepcion, valeira como o hotel e pide un cuarto en un castelan con acento de novo rico ruso.
Pon un billete de 100 € na mesa do recepcionista e vaise ver os cuartos.
O xefe do hotel, que levaba moitos dias sin clientes agarra, saca da caixa forte os cartos gardados ata que pasara a crise e sae correndo a pagar as súas débedas co carniceiro.
O carniceiro colle o billetes e corre a pagar a súa débeda co criador de porcos.
Este bólese a pagar o que lle debe ao provedor de penso para animais.
O do penso colle o billete ao voo e corre a liquidar a súa débeda coa prostituta á que hai tempo que non paga. En tempos de crise, ata ela ofrece servizos a crédito.
A prostituta colle o billete e sae para o pequeno hotel onde trouxera aos seus clientes as últimas veces e que aínda non pagara.
Neste preciso momento do conto baixa o ruso, que acaba de botar unha ollada aos cuartos, di que non o convence ningun, colle o billete de 100 € , monta no cochazo e enfila a carretra xeral cara a siguente vila costeira .
Ninguén gañou un euro, pero agora toda a cidade vive sen débedas e mira o futuro con confianza!
E como calquer conto que se precie ten a sua MORALEXA: SE O DIÑEIRO CIRCULA REMÁTASE A CRISE, CABRÓNS! Ou sexa, o diñeiro pasa de man en man facendo crer que a economía funciona..pero remata sempre volvendo a estes?, dende logo e moito máis real que a falacia coa que intentaron convencernos de que todos podiamos facernos ricos, a pesar do conto, algúns insisten na idea. E outros insisten en crelo.
Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-06-2009 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
16 Comentario(s)
1 En vez de que cada un teña cantos máis papelitos de papel mellor deses aos que se lles chama diñeiro, en vez de que os bancos os creen ao#blgtk08# instante favorecendo uns sobre outros, que sexan os papelitos que xa existen os que empecen a dar voltas e máis voltas por todo o mundo.
Comentario por Covas (11-06-2009 15:10)
2 A soberbia de Zapatero non é incipiente senón que está profundamente arraigada dende moito antes de que chegase á Moncloa.
Tanto falar de talante, tanto botarse flores a se mesmo [vos prometo que o poder non me cambiará"] e de alardear de humildade [ contradición flagrante onde as haxa] xa era como para temerse o peor.
Zapatero sempre foi un lobo con pel de cordeiro, un individuo que detrás da retórica buenista e estoxadiza ata a náusea escondía as máis perversas inten#blgtk08#cións.
"As miñas peores cifras de paro sempre serán mellores que as mellores de Aznar".
" Estamos na Champions da economía! "
" Superamos a Italia e imos superar a Francia! "
Chámanme o Xusticeiro das mulleres
"A miña biografía é a biografía da España constitucional á que amo"
"A dereita a min nunca me ensinou nada"
" É que son un vermello! "
Coñéceseme por ser amable, simpático e sempre estar de bo humor" [como David el Gnomo]
Comentario por Satiricon (11-06-2009 15:12)
3 Estupenda! Unha fantástica visión do que está a suceder a través #blgtk08#do mellor humor . O peor de todo é que seguro que é así de certo.
Comentario por Maria (12-06-2009 22:19)
4 Menos mal que hai os que nos explican ben as cousas #blgtk08#e ademais nos fan pasar un bo anaco.
XENIAL.
Comentario por Rio dos Foles (12-06-2009 22:20)
5 Esta moi ben, dende logo creo que é o que pasou e esta pasando pero explicado con "humor". Traballo nunha tenda e levo polo menos 3 anos comentando á miña muller que o que estaba a pasar aqui tiña algo anormal e que a "alegria" economica e laboral se frenaria de forma repentina. O que puiden ver que o consumismo ,por certo bastante elevado en todo o territorio iberico,aqui se move sempre acompañado da psicologia da xente ,cuando hai alegria todo o mundo gasta mais do que pode, cando se di que empezou a crise ,todo o mundo se #blgtk08#para e non gasta nada ou moi pouco. O problema grave que temos aqui é que o 80% da economia depende do consumo interno, non se exporta case nada, non hai un "made in Spain" que se coñeza noutros Paises estranxeiros, non abondan a tortilla, a paella ou boas praias para manter a flote un Pais que xa ten mais de 40 millóns de habitantes. Dende logo a crise mundial danou a España como aos outros Paises da union europea pero creo que tarde ou cedo habriamos vivido a mesma crise ,que estamos a vivir dende xa un ano e medio. Un saúdo.
Comentario por Juan (12-06-2009 22:25)
6 A situación actual de crise xeneralizada ten consecuencias dramáticas en numerosos ámbitos da nosa vida. O aumento da morosidade, a falta de liquidez, a derruba de sectores antano locomotoras da economía e, como non, (quizais como consec#blgtk08#uencia de todo o anterior), o aumento desbocado do paro.

En definitiva, unha situación farto complicada que parece retroalimentarse e da que parece non haber saída... ou si? En efecto, os nosos gobernantes deron coa clave!
Comentario por Burela (12-06-2009 22:33)
7 Din que Zapatero perdeu as elecions por a CRISE, A miña análise sobre o resultado do día 7, e#blgtk08#n Valencia e Madrid, é que votron ao PP todos os corruptos e os que non lles importaria selo.
Comentario por Xose (12-06-2009 22:39)
8 Oín por aí que en tempos de#blgtk08# crise se agudiza o enxeño.
Comentario por Mariñan (12-06-2009 22:44)
9 Na televisión, na radio, nos xornais, no mercado, no traballo... crise, crise, crise... ¡ FODER!! (con perdón). Que imos romper a palabrita de tanto usala! Parece que a aprendemos agora e gozamos poñéndoa como retrouso para calquera tema. E con iso non quero dicir que a situación económica actual sexa a máis desexada; pero o que é seguro é que esta CRISE non #blgtk08#é a primeira, nin posiblemente sexa a última, e se doutras saímos... Temos varias opcións: seguir escoitando día a día os informativos e o seu catastrofismo, pegarnos cabezadas contra a parede, gastarnos o pouco que nos queda en psicanalistas... ou, porqué, non buscar o lado cómico e irónico do asunto. Así que, como di o refrán, ao mal tempo... ríase a xente.
Comentario por Azulceo (12-06-2009 22:48)
10 Zapatitos Non me mintas que te creo

Primeiro foi a fase de negación, a crise económica non existía. Despois veu a fase do descubrimento: algo había por aí ao que alcumaron "desaceleraci#blgtk08#ón". Unha vez recoñecido o problema, comezou a asimilación: ao pan, pan, e ao proceso de dificultade económica, crise. E agora, encontrámonos na peor das fases: a obsesiva. Temos a crise ata na sopa.
Comentario por Para Zapatitos (12-06-2009 22:55)
11 A vivenda continuará baixando nos próximos anos

As previsións de caída dos prezos de vivenda, elaboradas polo SEE BBVA, sitúanse ao redor dun -10% en 2009 e un -12% en 2010 en termos nominais. En total, a caída acumulada dende o pico estímase entre un 30% e un 50%.
O axuste xeneralizado nos prezos de vivenda e a caída dos tipos de interese que propiciou a cri#blgtk08#se financeira internacional, afectarán á demanda futura de vivenda de xeito positivo. Un enfoque
na evolución dos indicadores de accesibilidade á vivenda , indica que os fogares terán que realizar un menor esforzo para acceder a unha vivenda con respecto aos niveis rexistrados no pasado. NON COMPRES, POIS UN PISO QUE AHORA PIDEN 30 KILOS DAS PESETAS DE ANTES CAERA A MITADE.
Comentario por NON COMPREDES PISO (12-06-2009 23:07)
12 enton o unico que o pasou ben foi o do penso coa prostituta
emais paco o pocero q#blgtk08#ue marcha pa marruecos a probar sorte, pois eiqui non lle dan servicios pra urbanizacion
Comentario por xose (12-06-2009 23:11)
13 O teu círculo funciona se todos debemos o mesmo que nos deben. As débe#blgtk08#das compénsanse soas. Pero eu debo "un poquito" máis do que me deben.
Comentario por Concha (13-06-2009 13:58)
14 O diñeiro circula e remata sempre no mesmo peto. No do banqueiro, sexa ruso ou galego.
Pero logo vén Marx, e di, que os medios d#blgtk08#e produción, consumo e cultura, teñen que estar ao servizo dos traballadores.
E nace o socialismo. E desaparecen os latifundios.
Comentario por Javi (13-06-2009 14:00)
15 Regal non facía falta o ruso, esa é a cuestión. Se tivesen coñecido a débeda de cada un poderían#blgtk08# tela saldado sen o concurso dos 100 €, ergo o diñeiro non existe, é só unha ilusión capitalista.
Comentario por Briones (13-06-2009 14:01)
16 Lo que pasa es que el ruso es un banco y no pone el dinero a circular. Eso es lo que está pasando. Están fallando los mecanismos de política monetaria. Mientras que el Banco Central Europeo baja los tipos de interés resulta que los bancos no los bajan a sus clientes. Los datos de marzo que salieron ayer aunque mejoran un poco los de febrero todavía nos ofrecen el espectáculo de que el tipo de interés medio de una hipoteca es del 5,10%, es decir, subió un 0,4% en el último año. Pero es que en el último año el tipo de interés del Banco Central Europeo, es decir, lo que les cobra el BCE a los bancos hace un año era del 3,75% y ahora es el 1%. Y no sólo pasa con los créditos hipotecarios, pasa con todo tipo de créditos. Hoy he recibido una carta de una caja de ahorros que me conceden un préstamo de 6.000 euros, pero el TAE que#blgtk08# me quieren cobrar es del 12,67%. Así que, como el papel era bueno lo he utilizado para que mis hijos practiquen pintura de dedos.

Te dejo una cita de Thomas Jefferson “… Pienso que las instituciones bancarias son más peligrosas para nuestras libertades que ejércitos enteros listos para el combate. Si el pueblo americano permite un día que los bancos privados controlen su moneda, los
bancos y todas las instituciones que florecerán en torno a los bancos,
privarán a la gente de toda posesión, primero por medio de la inflación,
enseguida por la recesión, hasta el día en que sus hijos se despertarán sin
casa y sin techo, sobre la tierra que sus padres conquistaron”.
Es un poco demagógica, porque las cajas de ahorro no tienen ánimo de lucro y hacen lo mismo, pero da que pensar.
Comentario por Alcoa (13-06-2009 14:03)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal