A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MOLLÁNDONOS O CU
Neste fermoso dia alégrame tanto verte a ti a ti ao outro, unimos as nosa sorte cantando todos xuntos somos máis fortes, aquí aquí aquí aquí che quierio ver mollandonos o cu estamos outra vez.
Esta e a letra dunha canción de o aragonés Joaquin Carbonell que sole interpretar en momentos de reinvendicacións varias
A Mesa pola Normalización Lingüística convocou a tódolos galegos a manifestarse en Compostela hoxe 17 de Maio, co gallo do “Día das Letras Galegas”.e eu que dende o de “NUNCA MAIS” non frecuentara as algaradas e manifas estaréis nas ruas de Compostela xunto coa miña pequena familia, a miña compañeira Fina , a nosa filla Renata e os dous netos Leo e Alén.
Estaremos alí defendendo de forma construtiva a prol da nosa lingua e da nosa cultura; un día para amosar á sociedade a forza e, como non, o orgullo de país e a nosa condición de galegos comprometidos con esta terra.
Os lectores asiduos a estas letras xa saben que eu non me sento nacionalista, que non entendo os mapas con mais puntiños e liñas dividindo a paisaxe, son mais internacionalista, e difícil ser de esquerda e nacionalista, pero de todo temos na vide do veciño, quizaves por eso entendo a miña terra máis como unha entidade cultural, étnica e social ca outra cousa.
Ala polo 69 fun a estudiar etnoloxia a Barcelona, levoume meu pai nun SEAT 850 que mercara de segunda man en Meira, cando chegamos ao internado donde viviria o director falounos en castelán pero cando se dirixia a outros presentes o fixo en cataán, meu pai , preguntoume si queria voltar e mirar de ir a Madrid a estudiar, eu botado para diante dixen que non que eu seguia alí, os primeiros dias non entendia nadiña, decian “nois, noias” e eu que nacera precisamente en Nois decia ¿Qué sera eso? Pèro dime de conta que eu tamen tiña un idioma, o primeiro fin de seman baixei a zona vella e ali diante do concello e a entonces Diputacion, hoxe a “Generalitat” vin a un grupo grande bailando en circulo e coas mas xuntas, bailaban a sardana, e dixeme “eu tamen teño esto”, nas fiestras e balcons en dias de festas colgaban bandeiras con rais roxas e amarelas, eu tamen teño esto dixen, craro que tamen percibin que a burguesia catalana falaba e defendia o seu, e enton dixen “Eu non teño eso”, e xurei que voltaria a miña terra e loitaria para que os Galegos quixeramos un pouquiño mais o noso e o defendamos.
En Compostela,hoxe domingo, estaremos moitos dos galegos que sintan esta terra, o seu idioma, a nosa condición de pobo diferenciado que nos autoidentifica e que estean dispostos a deixar claro que non somos un país máis, que temos sinais de identidade propias, e profundo orgullo de loubar e ter como referencia a nosa antiga e fermosa lingua.
Comentarios (36) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-05-2009 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
36 Comentario(s)
1 Co galego non poideron os séculos escuros.
Co galego non puido Franco tampouco...

¡qué carallo vai poder ninguén contra o galego en plena democracia!

Deixaivos de inventar caralladas. O único que se pide e o único que vai facer Feijó: defender a liberdade. O castelán en tan galego coma o galego. Eu son galego falante porque quero, e tamén quero que tódolos castelán falantes se sintan en liberdade se queren falar castelán. Non se pode impoñer nada.

Eu quero que na escola os meus fillos estuden en castelán, inglés e galego. Quero cos meus fillos estuden os ríos do mundo en castelán, que estuden cencias naturais en castelán... eu estudei exb e bup en castelán, e foime caralludamente ben. Agora falo galego porque quero e non porque queiran os do BNGeee, nin os de cijaaa, nin os culturetas progres que o único que estan facendo é estragar o galego. O das normas do galego é de traca. A REal Academaia Galega e máis política do BN#blgtk08#Gaa que academia. Onde se viu nunca no galego iso de "servizos", "grazas" e cousas desas inventadas por catro naziiionalistas que o único que queren é impoñer os seus criterios e afundir unha lingua fermosísima.

Non veñades con caralladas, Regal. Deixai o galego en paz. O galego non se defende coma facedes vos. Co galego non poideron outros aínda co intentaron, e hoxe en día estamos en liberdade e a xente o que quere é liberdade pra escoller e sentidiño común pra poder vivir. Os que vades de defensores do galego o único que facedes é que a xente o odie aínda mías.

Feijó ten toda a razón e o vai facer moi ben co galego. Ao galego lle sobran defensores totalitarios naziiionalistas e de esquerdas. O Galego non quere ideoloxías, só quere que a xente o queira e as cousas quérense cando se ensina a querelas e non se impoñen.

Eu só quero liberdade. Agora falo galego, cecais mañá fale castelán e serei tan galego comoa calqueira de vos.
Comentario por viva a liberdade (17-05-2009 20:50)
2 Sr. Feijoo o galego non e de todos. O galego e de quen o fala (sexa galego ou non)eo defende. De que non e o galego e de quen o desprecia, o persegue ou o tenta erradicar do ensino eo#blgtk08# ambito publico na Galiza. Mentres o usa cando lle conven para a batalla politica coa intencion de acadar ou ben o voto galeguista (no rural) ou o galegofobo (en cidades coma Vigo).
Comentario por Vexovexo (18-05-2009 07:44)
3 Foron arredor de 40.000 os que secundaron a convocatoria de A Mesa. De feito, cando os que abrían a ma#blgtk08#rcha xa estaban no punto de destino, a Praza da Quintana, aínda estaban saíndo grupos dende o inicio.
Comentario por Laxe (18-05-2009 07:48)
4 Parabéns a todo mundo!!. Animar a xente, sobre todo aos que vivimos nas cidades, a#blgtk08# promover e revindicar o galego, con cariño e naturalidade.
parabéns povo!!
Comentario por Santiago (18-05-2009 07:49)
5 Feijooo é o unico presidente da Historia da Xunta, que provoca manifestacións multitudinarias na súa contra, ó mes de chegar os poder.
#blgtk08#
Como as 40.000 persoas que se manifestaron onte contra a derrogación do decreto do galego.

En galego sempre!
Comentario por cidadan (18-05-2009 07:52)
6 Hai días que sobran as palabras baleiras.
Hai días que se precisan os berros dos #blgtk08#milleiros de gorxas unidas nunha gran manifestación:
POLA DEFENSA DA NOSA LINGUA!
Comentario por A MOSCA (18-05-2009 07:53)
7 segues sendo un toc#blgtk08#acollóns alfonsito
Comentario por outra vez (18-05-2009 08:55)
8 Onte Compostela foi un fervedeiro de reivindicación, a Quintana de Mortos latexou de vida, máis de 50 mil persoas faciamos revivir o galego unha vez máis, alegría e optimismo. Mentres, n#blgtk08#a radio, o novo conselleiro dicía (clicar en domingo 17 informativo 10:00 minuto 38:10, o resto da entrevista non ten perda)que non ten tempo para ler e que a poesia lle daba moito sono.
Comentario por hermaco (18-05-2009 10:21)
9 El gallego no tiene más problema en Galicia que el de ser defendido por gente como el BNG y los culteretas progres. Es muy de izquierdas inventarse problemas que no existen para desgastar al gobierno. Ahora les dio por el gallego y dicen que va a desaparecer. Como muy bien se dice por ahí arriba, lo que no lograron ni los Séculos Escuros ni si quiera Franco, no lo va a lograr nadie en plena democracia.

Yo pido que dejen#blgtk08# ell gallego en Paz, y que en vez de imponerlo a machete en las escuelas, una gallego inventado que si vas a la montaña no te entienden, que lo enseñen como hya que enseñarlo y que dejen a la gente escoger en libertad.... ya verán como así, cada vez hay más gente que lo habla.

Por cierto, en Galicia las lenguas oficiales son el gallego y el español... y tan gallegos son los que hablan gallego como los que hablan español.
Comentario por galleguista (18-05-2009 10:24)
10 Como publicou a Mesa, fomos moitas e moi diversas as asociacións e colectivos que acudimos con pancartas propias e da Mesa á manifestación pola defensa do idioma propio de Galiza. Percorríamos Compostela berrando “aínda que se molle, o galego non encolle”, “sempre en Galiza, sempre en Galego” ou “vaia molladura por culpa dun caradura” até chegar á Praza da Quintana. Alí, despois da intervención do presidente da Mesa, Carlos Callón , chamando á mobilización continuada da sociedade na defensa do noso idioma, Yolanda Casta#blgtk08#ño, Nemésio Barxa, Teresa Moure e Avelino Pousa Antelo deron lectura ao manifesto a prol da convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego.

Lembra a Mesa, con toda a razón, que na manifestación escoitouse falar moito galego mais tamén castelán, deixando patente que non só os galegofalantes queren a igualdade de dereitos para o galego, senón que a maioría da poboación galega está en contra da desmantelación da protección xurídica do galego que pretende o goberno do Partido Popular.
Comentario por QUINTAFEIRA (18-05-2009 10:25)
11 Unha embestida de corte xenófoba antigalega e altamente preocupante que no#blgtk08#n ten precedentes nan historia deste país desde que temos goberno propio.
Comentario por Gutareira (18-05-2009 10:26)
12 O galego segue sendo unha língua#blgtk08# perseguida na empresa privada.
Comentario por SUSANO (18-05-2009 10:39)
13 Creo que moitas persoas non acaban de entender o que significa para o falante dunha lingua ver como se vai perdendo o seu uso. Eu, que empecei a falar galego a partir dos 17 anos, en plena ditadura, fíxeno polo convencemento de que falar a lingua dun territorio é unha obriga moral inhere#blgtk08#nte a calquera outro dereito. Non se acaba de comprender que en Galicia hai moitas persoas que despois de 2, 3 ou máis xeracións aínda non concluíron esa obriga moral. O castelán, como o inglés, son máis falados, pero iso non é óbice para que as linguas minoritarias se aprendan e se usen.
Comentario por Asturiano-Galego (18-05-2009 12:12)
14 O galego é a excusa do BNG pra xustificarse un pouco agora que despois de gobernar de maneira desastrosa foron botados fora do goberno polos galegos.

o galego non ten problema ningún, ben o saben eles e todos os que os apoian (PSOE incluido). O galego ten a desgracia de que o defenden precisamente iles (PSOE-BNG, e tódolos acólitos acomplexados desta Galicia nosa).

O Galego non se pode impoñer. O galego non está#blgtk08# perseguido. O galego pódese falar onde se queira, cando se queira. O que pasa é que os totalitarios de esquerdas queren impoñelo. Van de cu. O galego sobrevivirá gracias aos que o falen en liberdade... se os do BNG, o PSOE e toda a retroesquerda progre seguen a poñelas súas zoupas nel, o galego estará sentenciado a desaparecer.

Deixai ao galego tranquilo, non o defendades máis, que con amigos coma vos, sóbranlle os inimigos.
Comentario por galegofalante (18-05-2009 13:32)
15 Yo creo q parte de la izquierda, al menos la parte en la q yo me situo, piensa q si algo ha de ser impuesto, u obligado, es q falla. Si encima es una obligación moral, falla doblemente.
Dicho esto, hago notar q también hay una parte de la izquierda q se declara ciudadano del mundo,#blgtk08# y aunq ”adonde fueres, haz lo q vieres”, también take it easy. Y ahí está la clave, los discursos de protección/imposición, estén en el mismo polo o en polos opuestos, repelen. Fomentar una lengua, hacerla interesante, promocionarla, etc es la actitud en la q creo, estaremos de acuerdo.
Comentario por Alcoa (18-05-2009 14:52)
16 Hai unha ano e medio decidín casarme, fun ao xulgado e manifestei o meu desexo de que o acto fose en galego. Ata aí todo normal, non me puxeron a máis mínima pega. Déronme data. Pasado un mes tempo a un mes da cerimonia, chámanme por teléfono e dinme que cambiaron o xuíz e que este vén de Castela e que se me quero casar ha de ser en castelán. Eu negueime e pedín se non me podian facilitar facelo noutro xulgado onde houbese un xuíz que puidese casarme en galego. Dixéronme que non. Fun ao concello #blgtk08#da miña poboación e ao non o ter solicitado con tempo casáronme o 29 de Xullo (!).

Consecuencias o 80% por cento dos convidados non puideron acudir e ademais tiven que pagar unha penalización no restaurante que había contraadío ao ter que pospoñer a comida dous meses.

Onde estan os meus dereitos linguísticos? porqué o Poder Xudicial non considera un mérito o coñecemento das diferentes linguas do Estado cujando un xuíz é destinado a unha Comunidade con lingua propia?
Comentario por Aronsan (18-05-2009 14:55)
17 A seman pasada o meu primo Xaime, o carniceiro, tivo unha filla. Achegueime axiña ao hospital e alí encontreime a criatura con Tere, a súa nai.

Xusto nese momento Tere sacouse a teta e ofreceulla á súa filla dicindo: "Xosefiña, queres mamar? " . En ése instante Tere, dunha forma tan natural, comezaba a ensinarlle a Josefa o seu propio idioma; un idioma que, non o dubido, Xosefa falará toda a súa vida e algún día, nalgún instante, talvez repita a mesma frase: Queres mamar ?

Tere non estaba influenciada por ningún político, n#blgtk08#in tivo que consultar a Constitución, nin notou presión ningunha no momento de tomar a decisión de que idioma ensinar á súa filla e, de feito, estou seguro de que nin sequera se formulou ningunha das cuestións que estamos a comentar no blog de Regal. Xurdiu de forma natural e xa está. Así discorren os idiomas.

Non creo que poida existir ningún político ou manipulador de masas capaz de dobregar un idioma a non ser que, iso si, persuada a todas as nais incipientes aínda que: a ver a quen é lle conta este sermón a unha señora coa teta fóra!
Comentario por Mariñan (18-05-2009 14:59)
18 Soy de Leon, vivo en Galicia, no hablo gallego, ¿y qué? Hablo castellano y todo el mundo me entiende. ¿No se trata de eso? Ningún gallego se ha dirigido expresamente a mí en gallego. Lo hacen cuando el interlocutor habla t#blgtk08#ambién gallego, y si les sale del… Cada cual habla lo que quiere. Las lenguas están al servicio de las personas, y no al revés. El problema, el único problema, es que hay quien no entiende eso, ni en una lengua ni en otra.
Comentario por Raquel (18-05-2009 15:02)
19 No acabo de entender. No sé muy bien qué es eso de “la lengua de un territorio”, parece una idea bíblica, como si los territorios, en el divino plan, tuvieran asignado cada uno su propia lengua. La lengua de un territorio, ¿es la que se habla allí? ¿O es otra, tal vez minoritaria, pero inherente por designio divino al territorio? ¿Cuál será, en la mente del Creador, la lengua de mi territorio? ¿El ibero o alguna otra prerromana? ¿El latín? ¿El árabe? ¿Y qué deber moral es el de usar la supuesta lengua del territorio? ¿Kafka tenía la “obligación moral” de escribir en checo?

Tiene razón: no acabo de entender que las lenguas tengan derechos, en lugar de los hablantes. ¿Hay que defender el derecho del latín#blgtk08# a ser hablado? Me suena como defender el derecho de todo el mundo a ser querido, para lo cual, como proponía Gil de Biedma, habría que organizar un Servicio Sentimental Obligatorio, como la mili, de forma que todos los chicos y chicas atractivos tuvieran durante un año un lío apasionado con quienes no tienen suerte en asuntos eróticos.

Tengo estas dudas, pero nunca he dudado que se deba proteger a los hablantes de cualquier lengua. Tampoco dudo de que sea legítimo que en Galicia decidan que la única lengua oficial es el gallego. Apoyo eso, pero en cambio lo que no me acaba de convencer es esta farsa de las dos lenguas oficiales, pero una más oficial que otra. Tienen razón: no lo termino de comprender.
Comentario por Foraneo pero en Galicia. (18-05-2009 15:05)
20 Hai unha censura total na televisión e nos medios do estado encol da manifestac#blgtk08#ion, . Xa estamos outra vez nos vellos tempos. Menos mal que existe Internet.
Comentario por Xose (18-05-2009 15:13)
21 Non vaia ser que tanto defender o galego se faga mais feble sobre todo por os ilustrados do BNGeeeeeeeee que queren facer sua unha lingua de todos,
A voz de Galicia di 20 000 outros 40000 outros 50000, penso que lle deberíamos preguntar a CACHI A nosa flamante koncelleira de kultura, por certo alguén sabe si f#blgtk08#oi, Sito , ti vichela na xuntanza d catadores de ribeiro?,
O Outro ia fixeime na tua melenita e debes dir o mismo peruqueiro que JOSE MARI AZNAR, non sei dabaste un aire con il.

que cada un fale o que lle ete e nn busquedes problemas onde non os hai. ala a rascalo carallo.

saudos
Comentario por marroqui en galego (18-05-2009 17:21)
22 Os comentarios 16 e 17 son inventados... non existe esa casuística que se conta neles. Eu diría co moderador ademáis de moderador é cre#blgtk08#ador. Coma o teórico problema do galego, por equí todo é artificial e inventado. A realidade é virtual. Os problemas co calego tamén.
Comentario por Mundo Matrix (18-05-2009 20:15)
23 O problema reside no feito de considerar que o idioma galego non ten o mesmo prestixio que o castelán.
Cando un idioma imposto polas armas como foi o castelán desplaza a outro, desplazando o mesmo tempo a nobreza galega pola de Castela, intentase polos mesmos medios culturizar os autótonos de que o idioma imposto sexa superior, e este proceso continuou impoñendose ata a apertura democrática, (eu diría ata os tempos actuais). Por iso, os franquistas tiñan como lema aquilo de "habla el idioma del imperio".
A diglosia é unha enfermidade que chega ata os nosos días, e máis cando a clase dominante (nos tempos actuais a burguesía) ten como idioma propio o castelán, sendo o punto de referencia para o conxunto da poboación.
Alá polos anos 70 Alonso Montero referíase á situación do idioma como dilinguismo, pois o castelán era a língua dominante de #blgtk08#estudantes de profesionais liberais, por cuestións de éxito social.
Outra cousa diferente sería o bilinguismo, pero iso é unha actitude individual, onde dous idiomas se falan indistintamente, co mesmo prestixio e consideración, pero un pobo case nunca é bilingue,senón que é diglóxico.
Somos un territorio que foi nazón, que maioritariamente perdeu a conciencia de nazón, pero que perpetuou o seu idioma ata o tempo actual, na boca de labregos e mariñeiros, e posteriormente, dos ilustrados.
O que nos fai pobo é a nosa língua, algo elemental para entendernos e firmar un contrato social para articular un Estado, coma tivemos na historia, e vaiamos a onde vaiamos, falando castelán, ingles ou alemán, sempre nos dirán que somos galegos, orque levamos dentro o acento de tantos séculos.







Comentario por ROBERSPIERRE. (18-05-2009 21:31)
24 Seguro que podemos encontrar hispanofalantes (ou galegofalantes) -que para o caso dá o mesmo- ata en Katmandu (Nepal). Pero se alguén aseverase que os falantes destas linguas debesen ser protexidos naquel país tomariámolo a chanza, ou non é así? Porque, as linguas si teñen territorio. Téñeno porque os seus falantes non son entes abstractos e acorpóreos fóra do ámbito do físico, encóntranse pegados ao chan, e aínda que os haxa máis ou menos viaxeiros, máis ou menos políglotas, adóitanse agrupar nun mesmo territorio aqueles que falan unha mesma lingua. É o xeito que teñen de entenderse. Isto é un feito, e nel non vexo a que pintan os designios divinos, os iberos ou o latín.

O qu#blgtk08#e se vexo é que cando se defenden os dereitos lingüísticos dos falantes (en abstracto) e non os dos territorios se defenden só os de determinados falantes EN determinados territorios. Este é o argumento do "Manifesto por unha lingua común". Pero ese mesmo manifesto argumenta tamén que o español debe ser oficial en Galicia porque estamos EN España. En que quedamos? Debera ser o galego lingua oficial en Madrid por mor dos miles de galegofalantes que viven alí? O español oficial en Francia para dotar de dereito os centenares de miles de hispanofalantes que alí moran?

Neste asunto tamén creo que gran parte da esquerda ten unha boa empanada mental en cuestións de sociolingüística.
Comentario por Trencave (19-05-2009 08:20)
25 Deuses á marxe, esta vez dáme a impresión de que algunhos dos comentaristas de este blog fixecheronse a pixa unha lio. Isto do idioma é algo natural. A pesar dos obstáculos habidos, falo galego no meu pobo con todo o mundo, mesmo cos fillos de emigrantes que chegaron hai moitos anos e que agora o falan como eu, sen diferenciarnos nin sequera no acento a pesar de que eu xa teño a moitos antecesores enterrados no cemiterio do pobo.

Eles aprendérono na rúa cos amigos, mercado, na escola -onde os libros estab#blgtk08#an escritos en castelán pero o profesor se explicaba en galego-. Todo iso foi moi natural e non se mosqueaba ninguén: era lóxico que o aprendesen e tamén que lles falásemos aos seus pais, recén chegados, en castelán -á miña nai molaba lle un ovo ver que xa me lanzaba con este idioma-.

Se consideramos esa naturalidade nas linguas, ser respectuoso con ela é o mellor xeito de que os idiomas sigan o seu curso e que ninguén se mosquee. Aínda Que, igual no meu pobo somos moi básicos e non comemos moito o tarro.
Comentario por Fillo de valencianos en Galicia (19-05-2009 08:25)
26 Paréceme que o idioma é algo que ten que ver coa identidade das xentes, non dende a perspectiva romántica que sinalaba hegel ou outros poetas romnánticoa, senón dende o punto de vista de que o lenguaxe serve para relacionarnos co medio, nomealo e facelo noso. É a nosa forma de coñecer que diría Zubiri. por iso paréceme unha pena que calquera lengüa se perda. Creo que#blgtk08# ninguén debería ser obrigado a falar en galego, catalán Vasco etc, sobre todo porque probablemente o outro interlocutor fale castelán. Cuestión de educación. Eu falaría en Inglés se o outro só entende esta lengüa. Dito isto creo que todo o mundo que fora a Vigo,Bilbao ou barcelona por longo tempo debería ter a curiosidade de entender ese idioma. A min encantaríame.
Comentario por Pepe (19-05-2009 08:29)
27 No nos engañemos.No dan la misma cobertura a la movilización de ayer, que a cualquier comunicado o movimiento de Galicia-bilingüe.Las cifras de manifestantes que dan O Faro de Vigo, La voz y el correogallego, son clarísimamente con tendencia a la baja. Cuan#blgtk08#do dieron la cifras de manifestantes de Galicia-bilingüe fueron muy generosos. Por que fan iso????????Onte concentrémonos 200 persoas diante da casa de Galicia, nas ramblas de Barcelona, sei que houbo concentracions noutros cidades, como London e Ansterdam.
Comentario por Periodista (19-05-2009 10:09)
28 Como se pode ver, e en contra dos españolistas que intentan eliminar o galego, esta é unha lingua de cohesión e de integración da nosa #blgtk08#sociedade. En Galicia defendemos a nosa lingua e sempre será así. Despois de tantos anos de represión agora é o momento de recuperala.
Comentario por Monterroso (19-05-2009 10:59)
29 Galicia es una región de España que por culpa del nacionalismo y de una sucesión de pésimos gobiernos está perdiendo fuelle dentro de la economía española y europea.

Galicia no está sabiendo adaptarse a este nuevo modelo económico competitivo a escala mundial, acostumbrada al amparo de los sucesivos go#blgtk08#biernos, a las subvenciones públicas, a un proteccionismo excesivo... sólo les queda el tan trillado recurso de echar a "Madrid" la culpa de todos sus males, pero cada vez más personas sensatas se dan cuenta que sólo la mala gestión de los distintos gobiernos gallegos es culpable de su actual deriva económica.
Comentario por ESPAÑOL (19-05-2009 11:03)
30 Escoitando a Serrat ocurreuseme que esta cancion podia ser un resume da manifestacion de domingo, chamase Defensa Da Alegria de Serrat

Defender a alegría como unha trincheira
defendela do caos e dos pesadelos
da allada miseria e dos miserables
das ausencias breves e as definitivas

defender a alegría como un atributo
defendela do pasmo e das anestesias
dos poucos neutrais e os moitos neutróns
dos graves diagnósticos e das escopetas

defender a alegría como un estandarte
defendela do raio e a melancolía
dos males endémicos e dos aca#blgtk08#démicos
do rufián cabaleiro e do oportunista

defender a alegría como unha certeza
defendela a pesar de deus e da morte
dos parcos suicidas e dos homicidas
e da dor de estar absurdamente alegres

defender a alegría como algo inevitable
defendela do mar e as bágoas mornas
dos bos costumes e dos apelidos
do azar e tamén
tamén da alegría

Por certo aqui cada un e libre de opinar e os comentarios son de quen os escrive, eu non teño tato tempo para facelos meus.
saudos a todos os que entrades e mais os que deixades a vosa pegada.
Comentario por OTERO REGAL (19-05-2009 11:09)
31 a ra#blgtk08#ñala
Comentario por rañador (19-05-2009 12:03)
32 La ley lo que dice es que tenemos un idioma oficial y luego hay unos idioma cooficiales en ciertas regiones...
Pues si las regiones no saben que lo que es ser cooficial, ni quieren entender que tenemos el derecho y la obligacion de usar el español, y que no tenemos ese derecho y esa obligacion con el idioma cooficial regional, pues entonces quizas habria que suprimir los idioma cooficiales.

De esta manera el gallego y el idioma que me he inventando tendrian las mismas oportunidades.

A mi me da repelus oir al nuevo presidente del pp en galicia hab#blgtk08#lando de no se que, en no se que idioma. Para estar asi, nada, 17 estados con 17 idiomas oficiales y punto. 17 estados con 17 guerras civiles y punto. Si cuando habla el presidente de galicia no me voy a enterar de lo que dice, pues que se vayan. Aqui solo se trata de pagar impuestos. A España, a Europa, al mini estado autonomico, a las taifas provinciales y a los getos municipales. Todos, del mini estado para abajo, con derecho a decir, menos las personas, que no tenemos derecho a decir. Solo a pagar, y a decir que el idioma de galicia es el gallego y que es un idioma muy bonito.
Comentario por otro español (20-05-2009 09:55)
33 O galego en perigo? Nunca, en toda a súa historia, este idioma tivo tantos falantes como hoxe. Pódese dicir que estamos na idade de ouro da Lingua galega. Os que falamos castelán hoxe non somos galego-falantes que#blgtk08# deixamos un día de falalo por imposición. A imposición do pasado non fixo que ningún galego-falante acento de selo... non obstante moitos fillos de castelán-falantes están deixando de selo. É unha cuestión deles.
Comentario por Monica (20-05-2009 10:00)
34 ¿Cuál es el objetivo primordial del nacionalismo esencialista gallego? La homogeneización de Galicia. Esto es, la desaparición completa de los castellano-parlantes de Galicia. No es así, tanto, la desaparición del "castellan#blgtk08#o" en sí, cosa que les puede ser indiferente, sino de esa identidad particular de ciertos gallegos que les convierte en "castelans". Acabar con la diversidad de Galiciaa. Para conseguir este objetivo, el "asimilacionismo...
Comentario por Marcos (20-05-2009 10:03)
35 Non podemos admitir que a lingua propia de Galicia sexa obxecto de ataques, de menosprezo ou de negación por parte daqueles que, coa#blgtk08# escusa de defender a lingua común de corenta ou catrocentos millóns, quererían acantoar o galego en ao ámbito meramente doméstico.
Comentario por a mosca (20-05-2009 10:05)
36 Este verano un amigo mío ha estado en Galicia, y me ha comentado que allí se habla Español en todos los sitios, ha estado en Sanjenjo y todo todo en Español, en todos los sitios -español, dice que ha estado 10 dias y no ha escuchado a#blgtk08# nadie hablar en gallego.

Entonces lo que pasa realmente es que los póliticoas estan viendo que la lengua gallega ya no la habla nadie, pues todo est ruido es para promocionar un poco la lengua gallega, ya que se muere.
Comentario por Blogo (20-05-2009 10:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal