A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PILLOS EN TEMPOS DE CRISE
En tempos de crise aquí pintan bastos, imaxino que en toda A Mariña se camiña pola mesma senda, e moitos dos que demostraron a súa confianza alá polo ano pasado nas intencións de cambio, son os que agora comezan a reclamar a execución de novas promesas.
Polo que din os papeis temos medio cento de despedidos nunha fábrica de acumuladores electricos en Viveiro, regulacións de emprego en Gres Burela, peche dunha empresa de textil en Ribadeo, regulacions en Sargadelos e Madeiras Costiña no Valadouro, outro cento de persoal das auxiliares de Alcoa que se foi para a rua, e moitos autónomos e pequenos empresarios que pecharon, sobre todo no mundo da construcción, crise no mundo do mar, donde o peixe segue cos precios de fai 12 anos e donde temos a mais de douscentos de Indonesios e peruanos traballando.

Unha crise que vai para longo, que está a afectar cada vez a máis e máis empresas e do que os primeiros prexudicados son os máis humildes. Este é un claro exemplo, traballadores que xa non se podían facer máis buratos no pantalón son despedidos; con familias e hipotecas...un drama.
Pero tamén en tempos de crise saen a frote os pillos e os caraduras, preferentemente de medianas e grandes empresas, eses que choran doéndose públicamente dos seus males e esperando que a administración de turno, cos cartos de todos (lease impostos) os veña a salvar, e o certo e que veñen, xogan con a ameza de votar a cen persoas á rua e os politicos pican e soltan a esmola, os pequenos e autónomos non os salva nin Deus e menos os politicos que miran para outro lado.
Para os que sexan auténticos emprendedores a época de recesión é un bo momento para emprender negocios, a pesar de que o pesimismo flota no ambiente.

O principal argumento é que os ciclos económicos pasan por catro etapas que son a depresión, recesión, expansión e auxe. Despois da tempestade, sempre vén a calma e, en termos económicos, iso significa crecemento.
Por eso o que se ten que facer nestes tempos é diversificar a producción, buscar novos clientes e segmentos de negocio, tratar de vender o que se produza fora das nosas fronteiras, investigación, diseño, imaxen e desenrolo de novos productos de acordo coas novas necesidades do mercado e consumidor, asi os esforzos que alguns están a facer para recoller os cartos do estado seria mellor dirixilos neste senso, que a bon seguro terán mais futuro para o empresario e para os que con el traballan.
Otero Regal

Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-05-2009 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
17 Comentario(s)
1 ¿Refireste a estas cousas Regal?

El PSOE de Cervo propone #blgtk08#que los regalos oficiales del Xacobeo 2010 sean de cerámica de Sargadelos
Comentario por Covas (13-05-2009 08:19)
2 Nin me pillou a crise do '93 nin a do '00 (.com) nin esta do '08
toco madeira...porque, realmente, esta crise é substancialmente diferente ás outras dúas vividas.

A do '93, era moi nova, e sobrevivina cun soldo misero...pero paseina.

A do 2000 apenas me decatei, xa que estaba tranquilamente programando. A quen lle fodeu é ao meu xefe (comprou unhas "terras" e perdeu a metade).

#blgtk08# Esta do 08 estouna levando bastante bien...teño aforros...nada de deudas...a miña compañeira curra....

En fin... non é por fodervos o tema do empleo...pero, se ata un pasota conformista como eu pasou xa dúas crises....

porque non pasar unha terceira?

O principal é non se desanimar; traballar no que vos gusta a pesar que poden pasar meses sen encontrar nada. mellor deixalo correr.
Comentario por Lola (13-05-2009 10:41)
3 Ideas para o aforro nestes tempos de crise. Este é o vivo exemplo de algo tan ancestral e tan español como é o pícaro ou o pillo. O que é novo é que estes actos non se ven como algo inusual e que realizan uns poucos senón que cada día máis o pillo gaña adeptos#blgtk08# entre as nosas xeracións máis novas como un valor e non o traballo. Prima máis facerse rico ou famoso co menor esforzo ou co medio máis espelido posible. Onde quedan aqueles tempos onde o pillo o era por necesidade e non por gusto ou avaricia?. É unha pena.
Comentario por Foz (13-05-2009 10:44)
4 A columna de Maruja Torres no País Semanal reflicte claramente o precioso conto da leiteira que nos fixemos todos cos anos de bonanza que tivemos e non hai mellor final que resuma a situación que chamamos "crise". "Iso non é ciencia-ficción. É agora mesmo. " Ao final #blgtk08#sempre nos tocará máis de preto ou máis de lonxe pero a crise é real e estase a producir. É como un deses monstros noxentos de serie B pero non é unha película, é real. Créanllelo e vexan ao seu arredor, seguro que lles axexa, non lle viren as costas ou estás perdidos.
Comentario por Santiago (13-05-2009 10:47)
5 Unha empresa ou institución que se preocupa dos seus traballadores, en similitude a unha familia, na mayoria dos casos sa#blgtk08#irá adiante debido a que todos se senten partícipes e por ende todos poñerán o maior dos seus esforzos por saír adiante.
Comentario por Mauricio (13-05-2009 10:54)
6 Muchas grandes fortunas se han gestado en momentos malos como el actual, cada vez más próximo a la recesión. El siglo pa#blgtk08#sado nos enseñó que la economía es cosa de ciclos y ¿quién dice que no se puede sacar algún partido de las vacas flacas?
Comentario por Desde Madrid (13-05-2009 10:56)
7 O pillo en tempos de crise dille á vítima:
Isto é un asalto, Deme todo o seu diñeiro!
Óiame, Vostede non#blgtk08# sabe con quen se está a meter?
Son un político moi influente.
Nese caso, Devólvame todo o meu diñeiro!
Comentario por Pillo (13-05-2009 11:00)
8 Hai xente con mais cara que espalda neste mundo... este mes só vin do meu soldo 600 euros e pretende que eu sobreviva con ese soldo? Ao banco como que nin llo formulo pk se rie do meu pero dende logo... canto cara dura hai neste país.. ah e se non dis nada pois... como que a cousa non vai contigo ... iso é o que mais graza me fai... que enr#blgtk08#iba é como que pides esmola... que noxo de vida!!! e non vos conto a historieta dos inquilinos... a cal ten mais cara .... que á que teño tmpoco me paga para 350 euros de arquiler que me ten que dar todos os meses teño historias con ela a ver se se pira dunha vez aparecen chorando para que lles deixes o aluguer regalado e logo nin pagan)!
Comentario por Xubilada (14-05-2009 08:07)
9 En época de crise a xente intenta#blgtk08# aproveitarse da boa xente!!!!!!!
Comentario por Picato (14-05-2009 08:14)
10 Pois se que se aproveitan da crise, ademas (polo menos por aqui) estan subvencionando algunhas empresas para poder saír da crise e incentivar o emprego, pero moitos empresarios collen as subvencións e logo fan igual ERE e despiden xente...asi que de incentivar emprego nada de nada...

Outra cousa que vin ultimamente é que como por desgracia hai moita xente no pa#blgtk08#ro, para cada entrevista (do que sexa) van 100.000 candidatos, e cada vez ofrecen menos diñeiro de sueldo...e craro, como hai xente en situacións super complicadas, sempre hai alguén entre os 100.000 que acepta ese soldo baixo, co cal a eles aínda lles sae mais barata a man de obra, aprovechandose das situacións dramaticas que estan vivindo moitos.
Suerte e animos!!!!
Comentario por Meiga (14-05-2009 08:18)
11 O que fai falta neste país e máis man dura.
Eliminar a xornada de 40 horas semanais e executar a libertade empresarial de indefinidade de xornada según a demanda.
Baixar soldos e eliminar o salario mínimo que tamén coharta a libertadde de mercado.
Eliminar a sanidade pública, salvo en operacións quirúr#blgtk08#xicas, eliminar impostos directos coma o de sociedades que é unha barreira para a competitividade e cambialo por un imposto sobre o consumo.
Eliminar as trabas para o despido libre suprimindo indenizacións, e por suposto, eliminar o dereito o paro que o unico que fai e potenciar a vagancia.
arriba españa!!!!
Comentario por de dereitas de toda a vida (14-05-2009 10:44)
12 E por que todos os que protestan non se fan empresarios e contratan indefinidamente miles de traballadores/ás? Eu, por sorte, pechei hai dous #blgtk08#anos a miña empresa: agora só traballo con autónomos, contratados a tempo parcial e empresas externas. Nunca, nunca mais, terei persoal fixo.
Comentario por EVIDENTE (14-05-2009 14:50)
13 Todo isto dos traballadores e os empresarios é moi sinxelo, de sempre díxose que "ninguén se fai rico traballando", algo que non deixa de ser moi certo, entón como determinados curritos que non tiñan un pavo se fixeron ricos? Doado, montando a súa propia empresa e explotando traballadores... Ou é que aca#blgtk08#so cada un de vós non coñece un caso de xente que por unha ou outra montaron a súa propia empresa, e explotaron máis que ningún outro aos seus traballadores, e remataron forrados? Pois iso, que nunca sirvas a quen sirviò, nin pidas a quen pediu... E de despedimento libre laranxas da chinesa of course...
Comentario por David (14-05-2009 14:51)
14 Arriba artistas progresistas.
En pie, creadores de opinión.
Atruenan las ganas de pasta:
a vivir de subvención

El pasado hay que tergiversarlo,
legión de progres dispuestos a medrar
El País está de nuestra parte
y nos lo vamos a llevar…

Subvenciones pa´todos,
no dar golpe es genial.
Vivir del erario...
¡De nada nos va a faltar!

Subvenciones pa´todos,
no dar golpe es genial.
Vivir del dinero público,
¡eso es algo sin igual!
(bis)

Siempre con la pancarta a cuestas,
Prestige o la Guerra de Irak,
nosotros siempre a lo nuestro,
¡a ver si cae la subvención!

Mantener al gran tirano en Cuba,
Hezbolá o Hamás, lo mismo da.
Eso sí, no dar ni un palo al agua,
¡en fin, lo#blgtk08# que sea menos currar!

Subvenciones pa´todos,
no dar golpe es genial.
Vivir del erario...
¡No podemos pedir más!

Subvenciones pa´todos,
no dar golpe es genial.
Vivir del dinero público,
¡eso es algo sin igual!
(bis)

Tenemos más cara que espalda,
artistas de la subvención,
vivimos de vuestros impuestos,
¡siempre en manifestación!

Nuestras pelis no venden ni una entrada,
no interesan al espectador,
por eso siempre estaremos
¡pidiendo nuestra subvención!

Subvenciones pa´todos,
no dar golpe es genial,
vivir del erario...
y de la solidaridad.

Subvenciones pa´todos
No dar golpe es genial,
vivir del dinero público
¡eso es algo sin igual!
(bis)
Comentario por Juan de Mariana (14-05-2009 14:55)
15 Este é un país estraño onde todos queren a súa parte da torta do diñeiro público, o cal se podía dedicar a cousas verdadeiramente importantes como a sanidade, a educación e servizos sociais, #blgtk08#os cales son verdadeiramente terceiromundistas en moitas ocasións, é así todos pedindo subvencións para os temas máis dispares e mentres os servizos públicos importantes feitos uns raposos.
Comentario por Burela (15-05-2009 08:14)
16 Diñeiro se hai pero segundo para quen, para que cousas e sobre todo#blgtk08# se son de certos ambientes culturais, empresariais, e pouco máis.
Comentario por Apolo (15-05-2009 08:16)
17 e ti afonso defendendo a f#blgtk08#idel castro chaves morales
Comentario por menos samba e máis traballar (15-05-2009 17:26)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal