A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

E LOGO.....VOLTAN OS DA FALANXE A XUNTA
O novo director xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, José Norberto Uzal Tresandi, concorreu nunha candidatura de Falanxe Española Independente ás eleccións ao Parlamento Europeo en 1994. Uzal Tresandi, ata agora director da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), é unha das fichaxes de Alfonso Rueda para a Consellería de Presidencia.
A polémica acompañou este alto cargo do Goberno galego en cada un dos seus nomeamentos á fronte das institucións. Cando foi designado como asesor xurídico do Concello de Cambados, xa tivo que dar explicacións e aclarar que o alcalde que o contratara descoñecía o seu pasado falanxista.
DE "EL PAIS" DE HOXE

O novo Director Xeral de Administración Local a un ultradereitista candidato de Falange en varios procesos electorais. O xornal "El País" fala de cando foi candidato de Falange as eleccións europeas do 1994, pero con posterioridade foi candidato ao Senado pola provincia de Pontevedra, por outra rama da mesma organización responsable da morte de milleiros de galegos. Podes ver aquí o enderezo do seu facebook: fr-fr.facebook.com/people/Jose-Norberto-Uzal-Tresandi/1460651816
DE CHUZA DE HOXE:
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-04-2009 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Joder Regal ti non podes falar de chaqueterismo, xa que fuche Anarquista, Marxista, Stalin#blgtk08#ista, Troskista, Comunista e por fin agora es Socialista Resentido.
Tes moita cara
Comentario por un máis (25-04-2009 14:47)
2 ¿E logo qué? ¿Non pode haber ultradereitistas nun goberno e sí pode haber ultraesquerdistas noutros? ¿Qué son os da UPG? ¿Qué son os comunistas coma Melchor Roel,Cal e Amor?
El PAIS é un periódica en franca decadencia... o seu manual de estilo e so un libro na estantería. Agora adícanse aos chismorreos, as faladurías, á crónica rosa, ao amarillismo. Ontes foron un referente, hoxendía unha caricatu#blgtk08#ra do que foron... adícanse á prensa zafia, cochambrosa... ás acusacións sen probas, a utilizar un periódico pra o servicio á causa e á empresa que vaise ir ao carallo en pouco tempo. Non sirven nin á verdade, nin á información. Iso, xa non lles interesa, porque non lles serve pra manter o tinglado. Pronto serán só un mal recordo. A xente non chupa o dedo e as débedas son moi grandes pra se poder manter.
Comentario por desinformación progre (25-04-2009 15:32)
3 Sintoe, confundicheme con Gimenez Losantos, Piqué, o numero un de A Coruña e moitos mais que da esquerda, con postos e en listas foronse co PP.
Otero Regal, ou sexa eu, nunca fun TROSKO, nin LENINIS#blgtk08#TA, nin COMUNISTA. Ademais nunca me mirarias en unha lista nin pedir o voto, e menos en cargo publico.
De todas formas gracias por situarme sempre a esquerda.
Ah, tampouco me apellido COCIÑA.
Comentario por Otero Regal (25-04-2009 17:36)
4 ao final aquel pretendido centro que quería ocupar essa dereita chamada civilizada é um conto nada pavero,amosa-se assím o que som e serám,extrema máis extrema,e #blgtk08#para isso um dos alicerces é sempre o de espanha antes roja que rota...,nisso estám...

e como era un conto pois como os cestos acabou-se nisto...
Comentario por Covas (25-04-2009 17:39)
5 Não pode existir respeito para com os fascistas ou os governos que agacham fascistas. Mas isto não deve ficar em ruxe-ruxe na internet ou em flor de um dia de celebração anti-fascista (25-A Sempre!!). Cumpre que a oposição parlamentar e a cidadania solicite empenhadamente perante o#blgtk08# responsável do governo galego a demissão deste ultra, e, além disso, esclareça como um fascista espanhol de 38 anos pode chegar a Director Geral do governo duma "nacionalidade histórica". FASCISMO NUNCA MAIS.

A este nacho que lhe apliquem a lei da Memória histórica.
Comentario por MOLEDO (25-04-2009 17:40)
6 perfectoconde.blogspot.com/2009/04/un-falanxista-na-xunta.h#blgtk08#tml

Todo un experto en Administración Local
Comentario por BESBELLO (25-04-2009 17:40)
7 El País informa hoxe de que o conselleiro de Presidencia da Xunta, Alfonso Rueda, escolleu como director xeral de Administracuón Local a un ex candidato de Falanxe Española Independente que concorreu ás eleccións europeas do ano 1994. Xosé Norberto Uzal Tresandi, ex asesor xurídico do Concello de Cambados e ex directivo da Federación Galega de Municipios e provincias (Fegamp), parece ser, por outra parte, un bo seguidor das series de televisión. O 8 de marzo e 2009, na edición electrónica de Todotele, el ou alguén que utilizou o seu nome e apelidos completos, deixou a seguinte mensaxe para protestar porque Telecinco retiraba A ver si llego e devolvía#blgtk08# Aída aos domingos. Todo un intelectual o que escribiu o texto da mensaxe, que dicía o seguinte: “Me parece una absoluta falta de respeto la actuación de Telecinco. Con esta actuacón muestra el poco respeto que le merecen los telespectadores, máxime si tenemos en cuenta que la nueva serie era mucho más entretenida que una “Aída” en declive tras el abandono de la serie por parte de su protagonista”.
É de supoñer que ao ex candidato falanxista poñeranlle un televisor de plasma no seu despacho de San Caetano e outro no coche oficial para que poda proseguir coa súa afección ás series. Seguramente tamén ve Matalobos, que se cadra lle soa de algo.
Comentario por De Conde (25-04-2009 17:44)
8 Para Otero Regal:
No le tengo estereotipado, tengo muy claro, y en las hemerotecas está documentado, que usted ha sido el "Can-cerbero" que ha e#blgtk08#chado espuma hidrofóbica sobre todos los que nos hemos opuesto a todo el desgobierno Roeliano que nos ha llevado al desastre actual en nuestro VIVEIRO.
Comentario por vivariense de pro (26-04-2009 14:34)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal