A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RENOVACION NO PSOE?
Non fai falla ser un gran observador para percibir a deterioro da política nestas terras onde vivimos, sexa esta, autonómica ou municipal. No debate político escasea a confrontación de ideas e o debate racional, que se substitúen pola frase enxeñosa ou a mera descualificación do contrario.

Agora que se anuncia batifondo e congresos nos partidos politicos que perderon as elecions e hora de decir catro verdades encol do funcionamento dos mesmos : No interior dos partidos impera un ríxido acatamento sen crítica ningunha ao líder ou ben, ás veces, unhas loitas de faccións polo poder onde todo vale e na que as diferenzas ideolóxicas non adoitan existir. A corrupción, a arbitrariedade e o abuso avanzan ao mesmo paso que a perda de credibilidade das institucións, sen que parezan existir mecanismos que poñan freo a esta deterioración. Os gobernantes manifestan unha tendencia á adopción de medidas rechamantes, demagóxicas ou clientelistas, máis dirixidas á imaxe e ás emocións que á razón e, xeralmente, centradas nun miope cortoplacismo no que poucas veces se adiviña un proxecto serio de longo prazo. Poño como exemplo o que sucede en Viveiro co PSOE, donde a xente elexida, e un decir, para “Cambiar o partido a darlle un novo pulo son todos concellais, a o parecer non existe partido fora do concello e esta composta por un trasfuga que fai dous anos era militante do PP, o alcalde que pasa do partido olimpicamente, Rafael Amor, quizabes o politico, e un decir mais impopular de Viveiro, posto que gañou a pulso e a rapaza que exerce como teniente alcalde que carece de toda formacion politica, eso si ,ten moi boas intencions.
¿Cales son as causas deste estado de cousas? Existe remedio a esta situación? Na miña opinión a causa hai que buscala nun erróneo deseño do noso sistema político e, sobre todo, na ausencia de vontade de reforma cando comezaron a manifestarse as súas deficiencias.

Quizais un dos erros máis graves consista en crer que, para que un sistema democrático funcione correctamente, abonda con que os cidadáns poidan votar e exista un réxime multipartidista. É certo que estas dúas características son imprescindibles pero tamén resultan, evidentemente, insuficientes: o voto constitúe un control último dos electores aos gobernantes contra a tendencia ao abuso e á arbitrariedade pero este control resulta moi indirecto e o seu exercicio demasiado dilatado no tempo. Unha democracia necesita, ademais, outros elementos que impoñan uns límites claros ao exercicio do poder e establezan uns mecanismos de control permanentes á actuación dos gobernantes. Entre estes elementos pode citarse: a) unha Separación de Poderes efectiva entre partidos e concellos b) un sistema directo de representación e esixencia de responsabilidades, c) uns mecanismos adecuados de selección das persoas que se dedican á política.
Otero Regal


Comentarios (24) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-04-2009 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
24 Comentario(s)
1 Cando coñecín este "A maliña de Lu#blgtk08#go"me dixen "por fin aire fresco".
Comentario por Anonima (21-04-2009 12:37)
2 Señor Otero Regal de pouco importa que teña unha visión tan idealista do que debese ser, pero que non é, por:
- A transición foi algo para saír do paso.
- A primeira etapa socialista, foi como unha moda e rematou como todos deben saber pola corrupción.
- A etapa do PP, que dende o punto de vista xeral foi as máis positiva, con maioria absoluta deixaron pasar o tren de reformar o que habian podido reformar e que#blgtk08# agora máis dun se lamentará.
- A segunda etapa socialista, é dicir a actual, xa bate todos os records e como terminará....????.
E que fai a oposición, ou é que este xogo a vai ben, ou é que espera que caian de maduros.
A verdade é que non me gustaría formar parte do "club dos 4.000.000, pronto serán 5".
Mentres tanto ustede dedícase a pregoar, pero xa é hora de pasar á acción e organizarse formalmente.
Comentario por Duvisa (21-04-2009 12:40)
3 ¿Quién va a hacer la reforma? ¿Los propios reformados? Me parto. Tras la exposición obvio-teórica falta la consuecuencia práctica ¿qué debería hacer alguien razonable desde un punto de vista político? #blgtk08#Hale, seguid votando para alimentar la cohartada de esa jauría de corruptos por necesidad (daos cuenta de que con tantas facilidades, descontrol e ignorancia es más sencillo ser corrupto que no serlo).
Comentario por San Cipriana (21-04-2009 12:41)
4 ...pero yo preferiría que se hablara de la corrupción, #blgtk08#corrupción que no es protagonizada siempre por peperos.
Comentario por Jorge (21-04-2009 14:53)
5 Ademais, Regal non só é un exemplo de sensatez e rigor, senón que o seu blog mantén certa cadencia, é dicir, ritmo. Nada de escribir ci#blgtk08#nco entradas seguidas (nas que en tres se mete a pata e as outras dúas son caralladas), e logo non saber nada ata que se pase a resaca.
Comentario por Un amigo (21-04-2009 14:56)
6 Para os que estades ata as narices de todo o mundillo este no que estamos rodeados con politiquillos de tres ó cuarto, recoméndovos a seguinte páxina para que vexades dunha vez por todas o#blgtk08#s enganos que nos fan e as mentiras que nos fan crer dende as máis altas esferas por dicirnos que vivimos nunha democracia, jajaja


http://antoniogarciatrevijano.com/
Comentario por un que pasaba por eiquí (21-04-2009 21:13)
7 Curioso, curioso, Lein o articulo o domingo no Progreso e faltalle este pedazo: Poño como exemplo o que sucede en Viveiro co PSOE, donde a xente elexida, e un decir, para “Cambiar o partido a darlle un novo pulo son todos concellais, a o parecer non existe partido fora do concello e esta composta por un trasfuga que fai dous anos era militante do PP, o alcalde que pasa do partido ol#blgtk08#impicamente, Rafael Amor, quizabes o politico, e un decir mais impopular de Viveiro, posto que gañou a pulso e a rapaza que exerce como teniente alcalde que carece de toda formacion politica, eso si ,ten moi boas intencions.
Ou sexa que EL PROGRESO censura a Otero Regal ou o propio Otero Regal censurase a si mesmo cando sae no papel, gustariame unha resposta.

Comentario por Andres (22-04-2009 11:00)
8 O espectáculo que están a dar é bochornoso. A ambición polo poder no seu e#blgtk08#stado máis puro.
Unha pequena reflexión. Estas historias debilitan.
Comentario por Meu (22-04-2009 12:05)
9 Eu non entendo de política, pero algo sei de cortinas. Unha característica que teñen, é que tapan o que está detrás. E se estás detrás, tapan o que está diante. O que quero dicir, é que o mesmo serven para tapar as acción#blgtk08#s duns como as doutros.

Cando as cortinas aparentan ser transparentes pero en realidade só mostran o que se quere, como se chaman? Eu chamaríao demagoxia. Agora si estou a falar de política.

Comentario por Encarna (22-04-2009 12:08)
10 Quen paga manda, referome a publicidade institucional #blgtk08#do Concello de Viveiro, e quen manda prohibe, digo eu.
Comentario por Covas (22-04-2009 12:09)
11 Para contrarrestar ao PP, os socialistas queren a políticos e non a técnicos. E con esa máxima é coa que están actuando tamén en Galicia ao situar a Antón Louro coma delegado do Goberno, un posto para o que tamén sonaba o vicesecretario xeral do PSdeG, Ricardo Varela.

Con este nomeamento, os#blgtk08# baróns socialistas sitúanse en postos claves para facer fronte aos populares; Pachi Vázquez (Ourense) como probable secretario xeral, Ricardo Varela (Lugo) coma vicepresidente da Mesa do Parlamento e Antón Louro (Pontevedra) coma delegado do Goberno. Un círculo que pecha Blanco coma ministro de Fomento.
Comentario por Galicia Confidencial (22-04-2009 15:39)
12 Bueno…. e que salvo outros dinosaurios, ninguén no PSOE ve a Vázquez como a persona idónea para disputarlle a Feijoo a presiden#blgtk08#cia da Xunta. Para dentro de catro anos, Vázquez será un sesentón e Feijoo ainda un cuarentón. E iso inflúe, claro que inflúe
Comentario por Antón (22-04-2009 15:42)
13 O PSOE trátase dunha dinastía de pailans que veron na polítcia a forma de sair do seu curruncho aldean e facer cartos. Ese Gonzalito ainda e pior que o seu tio, ten unha apiencia totalmente en#blgtk08#ganosa, non vos fiedes da sua cariña de neniña boa, nin da súa vocecita, detrás de todo iso hay un auténtico depredador que busca por riba de todo poder, e de paso diñeiro. Quedades avisados.
Comentario por Vigo (22-04-2009 15:43)
14 Regaliño, non te enteras, a representación de Viveiro esta acorde co resto ou ¿Non tes coñecemento de que o Pachi e cara da #blgtk08#mesma moeda.
Xa estuvo na UCD, no CDS, agora no PSOE e depois voltarase a ofrecer o PP., por si cambiamos de opinión.
Comentario por SOCIALISTO (22-04-2009 15:46)
15 Renovación?, con un ex-ucedeo que foi conselleiro e, polo tanto, coresponsábel da desfeita. Que, ademáis, está imposto desde a#blgtk08#rriba (Ferraz).
Outra repetición da xogada feita con Abel Caballero.
A memoria é moi fraca nesta Galicia nosa.
Comentario por Pardo (22-04-2009 15:47)
16 Triste futuro agárdalles aos socialistas, incapaces como se ven de reflexionar sobre a súa situación, a súa política, a#blgtk08# súa claudicación fronte á dereita en todos os eidos.
Estamos necesitados doutra esquerda alternativa.
Comentario por EU (22-04-2009 15:49)
17 Renovación, renovación de que?, todo kiske sabe que terá que voltar o PP para ue ísto levante cabeza, o SOE e un artista arruinando o país, i o traballo do PP e sacalo da ruina eche o que hai.

CANTO VO#blgtk08#S XOGADES A QUE VOLVE CESAR AJA DE ALCALDE E SACA MAOIRIA ABSOLUTA.

que non osta o comentario, tampouco gustava FIEJO PARA PRESIDIR-LA XUNT I AHÍ O TEDES.

TEMPO O TEMPO.

Comentario por marroqui (22-04-2009 17:10)
18 Moita teoria politica, moita experencia no mundo social, empresarial, asociativo.... pero o fin quen corta o bacallao, amigo Regal e a medica trasfuga, o melchorciño que non deu pau na vida e tamen e un ch#blgtk08#aqueteiro de cuidado, o Rafaelillo, outro folgazan e como ti soes decir analfabeto funcional e a rapaza do Xitano, tu o teu amigo Peanso e os demais pagadesa o recivo e nada mais, sodes un cero a esquerda.
Comentario por Un amigo (23-04-2009 13:51)
19 Xente de do PSIE de Viv#blgtk08#eiro, tropa do carallo.
Comentario por (23-04-2009 13:53)
20 O teu inimigo non é o teu rival. É o teu compañei#blgtk08#ro. É chungo, seino. Pero así é... a día de hoxe.
Comentario por Foz (23-04-2009 13:57)
21 para Covas

que noxiño das, só sabes desculpar a Regal en todo o que fai mal.#blgtk08#
¿Non será que o tés coma o teu alter ego?

Pois si é así,compadézote.
Comentario por un máis (23-04-2009 20:01)
22 Caballero leva dúas semanas denunciando “presións do aparato” aos que culpa das dificultades para conseguir sinaturas de apoio. Porén, o ex concelleiro vigués asegura que son moitos os militantes con voto no congreso que respaldan as súas teses#blgtk08# pero que non se atreven a facer público ese feito por temor a “represalias”. Ademais, o líder dos críticos insiste na necesidade de que a reunión de Pontevedra inclúa un debate político, algo que non está previsto en principio na orde do día.
Comentario por UN DOS QUE ESTA EN DESACORDO (24-04-2009 08:48)
23 "Que non che gañe o desánimo, q#blgtk08#ue non che mate a ilusión... "
Comentario por Coelleira (24-04-2009 10:54)
24 Sempre o mesmo: nomes e cargos, pactos e arranxos entre pequenos deuses con pés de barro.
Puras compoñendas intraburocráticas para rep#blgtk08#artirse o poder.
E así vaise facendo a suposta “renovación” do PSdeG-PSOE e do BNG…
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com
Comentario por A Mosca (24-04-2009 18:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal