A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A MAFIA DO LADRILLO SEGUE A DESTRUIR O PATRIMONIO.
DE VIEIROS:
UN CONSTRUCTOR; SEIQUE O MESMO DA DESFEITA DE LODEIRO EN VIVEIRO; PASASE A LEI POR O FORRO DOS COLL....CO COLABORACION DE ARQUITECTOS; ARQUEOLOGOS; POLITICOS E DEMAIS XENTE DO CARALLO
A COUSA SUCEDE EN En San Cibrao, na Mariña
Como destruír, ás caladas, un xacemento castrexo e pórlle unha urbanización por riba

Os veciños loitan por parar a construción de tres edificios de cen vivendas por riba dun castro. Vídeo no interior.
Texto: A. Rodríguez / Vídeo: Isabel G. Couso - 09:00 15/04/2009
Tags: A Mariña Atalaia castro Cervo Mariña Patrimonio patrimonio San Cibrao
A península da Atalaia entrando no mar, na vila de San Cibrao (clique para ampliar)

A península da Atalaia entrando no mar, na vila de San Cibrao (clique para ampliar)

San Cibrao é unha pequena península que entra de cheo no Cantábrico, abaneada polo vento do nordeste día si, e día tamén. Na Atalaia, a carón do Faro, unha zona aberta pegada ao mar e as rochas, só hai pequenas casas brancas, situadas nas rúas tortas do vello barrio mariñeiro, e, ben pegadas, as chamadas "casas baratas", vivendas de protección oficial de máis de 20 anos, centos de fendas e cores pastel. Son predios altos de máis que, porén, son superados por un enorme edificio irregular: unha mole grisalla que nunca se chegou a habitar por non ter as licenzas en regra, e que leva en pé máis dunha vintena de anos.

A carón deste coloso do feísmo, un construtor mariñán, pinchado nas cachas polo boom inmobiliario que acugulou A Mariña de ferros, ladrillo e piscinas sen auga, decidiu erguer tres edificios de cen vivendas. O peor disto non é que vaian erguer estes tres predios a poucos metros da costa, nunha zona ben fermosa, senón que a construción vai por riba dun castro.

Tres edificios que ameazan un importante xacemento arqueolóxico
A promoción 'Faro de San Ciprián' -non sei que pasa na vila, que non hai quen lle chame San Cibrao, aínda que é o nome oficial-, anúnciase nas inmobiliarias madrileñas como unha inmellorábel situación "en primeira liña de praia". E é xusto onde estará, se as obras que comezaron en 2007 continúan, pegada aos cantís que baixan da Atalaia cara o mar. Cunha altura que superará o predio nunca habitado a carón da que medran, estes tres edificios ameazan un dos xacementos castrexos máis importantes de Lugo: o Castro da Atalaia.

A importancia non é que a supoñamos, é que o seu tamaño; a peculiaridade e morfoloxía das súas construcións; as pezas que se acharon nas prospeccións; e os gravados e o cuncheiro atopados a poucos metros xa falan por si sós da magnitude deste castro.

Porén, aínda ninguén, agás uns poucos veciños, se moveu para poñelo en valor. Detrás do silencio dos delegados da Consellaría de Cultura, do lanzamento de acusacións do Concello de Cervo e do esbandallamento, á calada, do construtor, están intereses pequeneiros e mesquiños, do tamaño dun pequeno cuarto nun edificio, ou dunha partida ao tute nun bar da vila; un deses sitios onde, por veces, se decide, nunha man, soterrar a historia e o patrimonio por baixo de toneladas de ferro, cemento e ladrillo.

O que aconteceu co castro de San Cibrao é que todas aquelas Administracións que tiñan que velar pola herdanza de todos -a Xunta, dende Cultura, e o propio Concello de Cervo- deshinibíronse das súas obrigas, e as arelas individuais, as dos veciños -que foron os únicos que se preocuparon pola preservación do xacemento-, quedaron esquecidas e apartadas das axendas diarias. Uns contestaron que hai moitos xacementos desta época na costa lucense, tentando xustificarse, cando ter moito non te exime de abandonar o que tes. Outros non souberon valorar o patrimonio que se ergue por baixo do seu solo, e obviaron por completo a sensibilidade dos seus cidadáns. E logo está o construtor, que non tivo sensibilidade ningunha, e viu só un enclave marabilloso no que poñer a vivir a xente do século XXI por riba dos alicerces prehistóricos.

Un castro do que todo o mundo sabía a existencia
Da existencia do castro todo o mundo tiña noticia, dende hai moitos anos. Mais, coma antes apenas se furaba na terra para introducir nela os bicudos ferros dos alicerces, non aparecían os vestixios do pasado, en forma de muros de pedras ou pezas de cobre. Nos poucos movementos de terra que houbo en décadas acháronse anacos de barro de olas e cuncas, ferros e moedas da Idade Media. No 1974 apareceu, a poucos metros do xacemento agora inventariado, o que parece ser unha sauna castrexa, mais aínda non está comprobado. Trátase dun edificio subterráneo que aínda segue sepultado, mais no caso de ser unha sauna, sería unha das poucas coñecidas nos castros de Galiza, Asturias e Portugal.

No ano 2005 (vexan, aquí, o seguimento cronolóxico da destrución do castro) o Concello elaborou o informe do PXOM no que se sinalaba que na zona había un xacemento castrexo que cumpría preservar. Envioullo á Consellaría de Cultura, e a delegación provincial mandou técnicos inspeccionar a zona, que constataron, "fundamentalmente", a "existencia de muíños circulares de tipoloxía castrexa ou romana, en diversas fachadas dedicadas a horta situadas na área das Rúas do Chope, Travesa da Rúa Chope e Rúa dos Mixillóns, ao suroeste da Atalaia". Este é o argumento no que se basea o alcalde cervense, Alfonso Villares (PPdeG), para tirar o morto de enriba: que en Cultura sabían da existencia do xacemento, e que son eles os que tiñan que preservalo, e non a Administración local que el dirixe.

En 2006 e 2007, o Concello concedeulle as licenzas pertinentes á construtora para que comezasen a erguer os tres edificios de cen vivendas na zona. No verán de hai dous anos as pas entraron, meteron os seus dentes na area e esbandallaron unha parte importante do castro.

O boom inmobiliario que esbandalla a cultura e a historia
Non se afondou de abondo na idiosincrasia de certos galegos para poder saber que lle fai á xente pensar que un petróglifo queda ben a carón dun aeroxerador de varios metros e varias toneladas, zumbando, e que un castro queda de marabilla arrodeado de columnas sobre as que se ergue un edificio de 40 vivendas "en primeira liña de praia". Algo parecido deben pensar os actores desta historia. O construtor pensou en vender as vivendas; a agrupación municipal algúns intereses tería para posicionarse a favor do construtor, e esquecer as súas obrigas de protexer o patrimonio que se atopa no seu solo; e a Xunta, e, nomeadamente, a Consellaría de Cultura, pouco se implicou na defensa dun ben que debera ter salvado da destrución. Porén, cando souberon do que acontecía era tarde, porque as licenzas de construción estaban concedidas, por parte do goberno municipal, e habería que indemnizar o construtor cunhas cantidades desorbitadas para calquera peto.

Arestora, hai unha causa aberta nos Xulgados de Viveiro contra o alcalde de Cervo, por non dar a tempo a orde de paralizar as obras; e hai un requerimento da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ao Concello de Cervo no que se lle pide información sobre as obras que se realizan na zona da Atalaia, en San Cibrao. Esta última petición foi motivada polos veciños, que presentaron 527 sinaturas e unha denuncia ante a Dirección Xeral de Urbanismo, sinalando que as licenzas de obra foron outorgadas "con manifesto incumprimento da lexislación urbanística e lexislación do patrimonio". Ademais, segundo lle contaron a Vieiros dende a asociación Mariña Patrimonio, as obras poderían carecer dun estudo de detalle, preciso neste tipo de construcións. O mesmo construtor xa erguera uns edificios na zona de Lodeiro, en Viveiro (A Mariña), que carecían deste estudo, sobre os que agora, após un procedemento xudicial, pesa unha orde de derrubo, precisamente por este motivo. Os veciños e Mariña Patrimonio confían en que o caso dos predios de Lodeiro sente un precedente xurídico que poida empregarse para paralizar e botar abaixo o que xa se construíu por riba do castro en San Cibrao, mais eles carecen dun apoio económico para seguir adiante pola vía xudicial.

A historia dun castro destapado, esbandallado, cuberto e descuberto no mesmo ano
Cando comezaron as obras de construción do primeiro dos tres edificios, na zona da Atalaia, en San Cibrao -no verán de 2007-, a construtora pechou toda a zona con paneis de plástico opaco, a través dos que non se podía ver. Porén, os veciños xa avisaran o Concello e a Cultura do que alí había, e foron á zona tentar parar as obras e ver o que xa fora estragado. Cultura enviara, así soubo da entrada das máquinas no predio, unha orde de paralización das obras ao Concello de Cervo, que o a corporación municipal tardou catro días en tramitar.

O tempo que os operarios estiveron movendo a pa retroescavadora, sen que o Concello de Cervo lles mandase a orde de parar as obras, a zona foi quedando desfeita. Os camións ían sacando area e pedras, que logo foron deitar nunha entulleira na vila de Xove. Até alí se tiveron que desprazar os técnicos da Delegación Provincial de Cultura para inventariar o que xa fora estragado. Pedras das murallas, pedras de muíño e outros restos arqueolóxicos apareceron no vertedoiro. A obra mantívose parada, así chegou a orde, un tempo, mentres un arqueólogo, contratado polo construtor, facía prospeccións na zona. Mais logo volveu comezar nunha primeira parcela na que entraran as pas.

Cómpre salientar que no informe do mentado arqueólogo sinálase, en todo momento, que as escavacións foron feitas con "medios manuais", cando nas imaxes (véxaas na Galería de MP) se aprecia como foron entrando as pas retroescavadoras. Alén diso, nalgunhas zonas obsérvase como as pas entraron a unha profundidade considerábel, arrasando a zona arqueoloxicamente fértil -area escura. Máis tarde, cando se fixeron as prospeccións, apréciase que algunhas delas foron feitas en zonas que xa foran escavadas polas pas, e recubertas con area branca. Nas zonas que se cubriron con area branca, os dentes das pás quedaron marcados nalgunhas rochas, que volveron saír á luz días despois, cando se fixeron as catas, como unha mostra da desfeita que produciron as máquinas, e que se quixo ocultar. Estes feitos tamén foron denunciados pola asociación Mariña Patrimonio, que sinala que só é preciso ollar algúns documentos gráficos para constatar como foron desfacendo os muros do castro. Mesmo nunha imaxe na que se ve a rampla feita polos operarios para que saísen os camións con terra, pode apreciarse como as alturas do muro do castro van mudando: na zona alta da rampla son altos, na zona baixa, máis ben baixos. Unha proba coa que se constata que os muros foron estragados nas primeiras incursións das máquinas.

Nas primeiras escavacións, feitas polos operarios cando aínda non chegara a orde de paralizar as obras, dos 1.600 metros cadrados que ocupaba o predio mercado pola construtora, escaváronse 1.000, co que só quedaron a salvo 600 metros cadrados. Porén, estes tamén foron afectados en obras posteriores, segundo denunciaron dende Mariña Patrimonio.

Cancelas metálicas para obrar ocultos, paseniño
Cando os arqueólogos chegaron á zona, os operarios, mandados pola construtora, sabedora do interese dos veciños por parar as obras, colocaron, por diante da malla de plástico, unha cancela metálica de máis de dous metros de altura, que, agora si, impedía ver totalmente o que pasaba dentro. Porén, coa chegada do Klaus, que zoou con forza na Mariña, as cancelas metálicas quedaron deitadas e esparexidas por toda a zona do Faro.

No tempo que as cancelas estiveron postas, seguiuse sacando terra e pedras da zona, e construíndo á calada. As denuncias que chegaban dende Mariña Patrimonio foron constantes, e falaban da afectación das dúas parcelas que aínda non foran tocadas na primeira incursión das pas. A asociación ecoloxista Adega tamén fixo unha súa denuncia, cando comprobou que había unha outra entulleira, a carón da gasolineira de Cervo, na que se deitaran refugallos das obras da Atalaia, entre as que se atoparon, por baixo de moreas doutra terra, muíños de pedra e pezas de cerámica.

Arestora, as obras do primeiro edificio, erguido na primeira parcela, continúan, mentres a protección do castro está nun estraño limbo. Aínda non se coñece a resolución final da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pero o futuro do xacemento pasaría porque a Consellaría de Cultura, o Concello de Cervo e mesmo o Ministerio de Medio Ambiente, a través da Dirección Xeral de Costas, chegasen a un acordo, no que se resolvería se se van ampliar as escavacións e as prospeccións arqueolóxicas; se se integran os dous edificios que aínda se han construír no proxecto arqueolóxico -erguéndoos sobre piares-; ou se se lle expropia ao construtor o predio, pagándolle unha indemnización. Daquela, a solución pasaría por un acordo entre Administracións, nun período de cambio político no Goberno galego. Aínda fica por saber que medidas ha tomar a nova administración Feijoo en materia de preservación do patrimonio cultural.
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-04-2009 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 Nos últimos anos, o patrimonio foi vítima dun descoido notorio por parte da xente de San Ciprian. Este descoido #blgtk08#trae consigo consecuencias para o mantemento dun futuro cultural; e estas poden ser de modo directo e indirecto.
Comentario por Areal (18-04-2009 12:09)
2 Este fenómeno denota que hai cousas van mal en moitos aspectos, e terá resultados negativos tamén en variados sentid#blgtk08#os. En primeiro lugar, é unha mostra de que España segue un modelo económico baseado fundamentalmente na construción
Comentario por Anxo (18-04-2009 13:16)
3 Esta construción masificada, non só na costa, tamén en moitos lugares do interior, leva consigo unha perda de valores culturais. A cultura dos pobos está imbricar no seu medio, o seu ámbito, a súa paisaxe. Amamos a terra en que nacemos, xogamos e crecemos; a paisaxe é un elemento fundamental na configuración do carácter das xentes do lugar. Sempre queremos volver a ese lugar en que nos fomos facendo homes e mulleres. Pero se o mercantilizamos, se onde antes tiñamos o horto, o patio de xogos, o bosque en q#blgtk08#ue pasear, o río en que nos bañabamos, pasamos a ter un terreo parcelable e edificable, e despois unha urbanización para veraneantes foráneos (ou unha barriada-dormitorio) e o río é só unha canle de subministración de auga, perdemos unha parte esencial da nosa memoria, do noso ser. Perdemos a nosa raíz. Xa non temos un sitio do que digamos: esta é a miña terra. Xa non temos paisanos cos que compartir unhas tradicións e cultura, senón veciños molestos e ruidosos. Xa non somos de ningún sitio. Xa só temos.
Comentario por Rias baixas (18-04-2009 13:17)
4 Pois sei que o arquite#blgtk08#cto e de San Ciprian.
Comentario por Do Porto de abaixo (18-04-2009 13:19)
5 Hallar alguno de los castros que hay en la comarca mariñana requeriría uno de aquellos mapas que tenían los piratas para encontrar tesoros. Señalizados, pocos. Excavados, casi ninguno. Y todos, deteriorados por la mano del hombre, su querencia por levantar casas y por años de desprotección. Arqueólogos conocedores de esta reali#blgtk08#dad analizan la situación de los poblados prehistóricos del área , abundantes gracias a la influencia costera y la calidad de la tierra, que hizo que los primeros pobladores escogieran este norte para asentarse. Algunos concellos apuestan por su recuperación y otros como en el que vivo abandonan las fortificaciones a su suerte.
Comentario por Asturiana de San Ciprian (18-04-2009 13:24)
6 Na Idade do Ferro non se coñecía o boom urbanístico nin as burbullas inmobiliarias pero a situación costeira e a calidade das terras converteron á bisbarra no lugar elixido para establecerse polos primeiros mariñanos con domicilio propio. A área goza dunha alta densidade de depósitos castreños, case medio cento catalogados entre a costa,o interior e os seus concellos lindantes.#blgtk08# Iso si, escóndense, pérdense, mórrense entre maleza, casas,eucaliptos, cultivos. Moi poucos están escavados e practicamente ningún sinalizado. Durante moitos anos foron territorio comanche para os expoliadores. A presión agrícola e edificatoria, a man do home, puxo en perigo de extinción o patrimonio arqueolóxico máis antigo que posúe a bisbarra, San CIPRIAN e un craro exemplo.
Comentario por Estudiante de historia (18-04-2009 18:54)
7 ¿A ver si sabes si son teu amigo ou outro que escribe có mesmo nome? sabes o que penso afons#blgtk08#o que todo esto é un cambalache argallado por ti e catro marionetas que manexas cómo queres.
Comentario por Covas (19-04-2009 14:17)
8 A XUNTA DE GALICIA SABÍA DOS RESTOS ARQUEOLÓXICOS D#blgtk08#A ATALAIA DESDE 2005 E, PESE A ISO, NON FIXO NADA.
Comentario por DENDE O TITANIC (19-04-2009 19:24)
9 Que aparezan restos arqueolóxicos na comarca aínda hoxe séguese vendo como un #blgtk08#inconveniente en vez do que debería ser, motivo de celebración.

Comentario por Luis (19-04-2009 19:32)
10 Hace poco he estado viendo el destrozo. Resulta doloroso. Sólo quisiera añadir un comentario. La codicia no tiene fronteras. En Fitur, constructores Mariñanos exhiben sus trofeos, no hace falta que las inmobiliarias af#blgtk08#incadas en Madrid u otras provincias quieran hincar el diente una vez más. Pero no entiendo muy bien como estando el yacimiento donde está, ¿no infringe además de las leyes de conservación de patrimonio, la de Costas?
Comentario por araceli (20-04-2009 20:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal