A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS AVENTADOS HOMENAXEAN A SUSO FERNANDEZ
SUSO FERNANDEZ LOPEZ ou Suso do Bahia, como se coñece na bisbarra é un home como o que describe Primo Levi, no seu libro “Esto é un Home”: íntegro, sinxelo, humano, servizal, humilde, firme, flexible e agarimoso. O seu sorriso rompe os xeos máis duros. Dotado dun natural instinto, axudado polo seu paso adicado o mundo da prensa , resolve difíciles conflitos políticos cunha sinxeleza abraiante. Nunca lle interesou o poder, pero cando o tivo, fíxoo con mestría.
Pero hai en Suso unha faceta que é a que se me fai máis patente cando o recordo (e é compartida por todos os seus amigos): ten un sentido do humor exquisito. As reunións de traballo fumos templagaitas xuntos das respectivas asociacions de empresarios de Viveiro e Foz eran interrompidas frecuentemente por bromas e gargalladas. Traballábase baixo gran tensión, pero nun ambiente moi ledo.
Coñecer o Suso e saber da existencia dun home bo. Créanme, non é igual un "home bo" que un "bo home". Ao primeiro adoitamos gabalo dende a distancia, pero sen rematar de comprender o seu grao de bondade, considerándoo mesmo de actitude estúpida. Ao segundo nin o valoramos nin o gabamos, simplemente aceptámolo.
O bo home é o home que acata e non relata. O bo home é un home doado, e son individuos doados o que necesita esta pesada sociedade que se desmonta e monta segundo os antollos desa clase de homes que habitan na cúspide. Refírome aos "homes virtuosos". Escribiu o poeta Blake: "Todos os homes virtuosos mostraron os seus traseiros".
Un "home bo" é distinto. O home bo ten a mirada limpa e o paso suave. Só un home bo aconsella a rebelión ante a inxusticia. Só un home bo sorrí dende dentro cara a fóra. Só un home bo rexeita as dádivas do emperador de turno. Un "bo home" non o faría nunca. Suso do Bahia é un home bo. E un home bo ben vale - dende a humildade sempre - unha boa homenaxe.
Agora, só quero facer o mesmo, en nome de todos os que o coñecemos. Grazas Suso, pola túa amizade, pola túa agarimosa compañía, por axudarnos a ser mellores persoas, polo tua fé, por deixarnos un recordo tan limpo, polo teu sorriso amplo e transparente, pola túa risa doada e intelixente, polos teus libros, polas túas clases encol da vida, polas tuas iniciativas de estudo e traballo, OS AVENTADOS danche hoxe gracias e ata sempre compañeiro.
Otero Regal


Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-04-2009 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 No basta con ser buena persona. Si queremos que nos vean así, tenemos que #blgtk08#caracterizarnos de buena persona claro que Suso es y parece buena persona.
Comentario por Uno de Foz (14-04-2009 14:52)
2 eu aprendin hai tempo que aquel que regala un sorriso ten unha porcentaxe tan grande que llo a devuelvan...que tómao como modo de vida, mais ala que todos temos#blgtk08# "os nosos dias" é importante entender que se tiramos mala onda esta non só afecta ao que o a tiremos...sino que indirectamente estamos a influenciar o seu dia.
Comentario por CRISTINA (14-04-2009 14:54)
3 Suso Fernandez é intelixente, moi creativo, comprometido co seu traballo, pero exerce unha influencia moi forte no resto dos focenses. É forte de caracter, estricto, témeno porque é m#blgtk08#oi seguro e acertado para tomar decisións. A mediocridade do resto, a cobardia.Todos bótanse enriba. Póñena a esta persoa por enriba delas mesmas. Moi denigrante de verdade e triste.
Comentario por Xesus de Foz (14-04-2009 14:58)
4 Suso o que ten demostrado que es un señor dos pés á cabeza pero para os principios e obxectivos que ten, debe sacar ese sentimento de loita que leva dentro ante #blgtk08#as diversas circustancias que poidan aparecer,Mañan amence e cando espertes segue a creer nos teus propios valores, tu podes e vales.Non te rendas nunca Suso.
Comentario por Moncho (14-04-2009 15:03)
5 ¿E ese pelo? pareces o mago aquel da tele, os aires de Xunqueira tante voltando tolo#blgtk08# Regadeiras, por o demais moi bonito o que lle adicas a Suso Fernandez, e merecido.
Comentario por Un amigo (14-04-2009 15:05)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal