A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OUTRA SEMANA SANTA
Xa saben vostedes que os brutos dos romanos, en estraña alianza coa oligarquía e o pobo xudeu, liquidaron por estas datas, fai mais de 2000 anos, ao mesmo Fillo de Deus, ao que cravaron os moi salvaxes nuns madeiros e aí lle deixaron ata que se morreu -aínda que ben é certo que por poucos días-, segundo din, por asfixia, xunto a dous pobres mendas aos que acusaban de ser uns mangantes de tomo e lombo. Ben, pois os cristiáns, que son raros de narices, dividense nestas datas en dous bandos, uns póñense a escenificar o cabodano, ben en vivo e en directo, ou con imaxes, como no caso de Viveiro, donde medio povo se vota á rúa nun sinfin de actividades dirixidas mais para a galeria que para o espiritu e outros en lugar de estar negros polo evento que conmemoran, oian, que lles mataron ao pai fundador impunemente, pois vanse de vacacións.
A min, todo isto, nin me vai nin me vén, porque ademais todos os anos é igual, moito Xoves Santo, moito Venres Santo, e un faise ilusións, crendo que por fin temos un mundo sen deuses, reis nin tribunos, pero vai o Xesus de Nazaret -non sei como o fai- e resucita todos os anos ao terceiro día, que non sei por que o chaman terceiro, porque en realidade é o segundo, como calquera que saiba contar pode comprobar.
Ben, o caso é que os cristiáns, agnósticos e ateos que optan por coller unhos dias de asueto teñen na conmemoración do nacemento de Cristo unha ocasión como calquera outra para encherse de centolas, nécoras e moluscos bivalvos da máis variada índole, ou poñerse morado como a franxa da bandeira da república con churrasco, entrecot de terneira galega, porco celta ou ibero e demais delicias gastronomicas da bisbarra.
A conmemoración da morte e resurección é tamén unha magnífica oportunidade para votar unha man a o sector do turismo, hosteleria e afins que como moitos outros, sin contar co do ladrillo estan a pasalas tamen moradas neste norte galego.
Mais ala do respeto que profeso polas crenzas de calquera veciño,un a pesares de que foi a unha escola publica e ben educado, e de que acoquino relixiosamente, e nunca mellor dito, as esmolas correspondentes para que tanto os franciscanos da terceira orde como os de Santa Maria poidan sacar os santos á rua, quero dende aquí agradecer a “Xunta de cofradias” que non secundaran a intención dalgunhas confrarías de outras terras de levar algún signo visible ante o seu rexeitamento contra a chamada "lei do aborto". Unha vez mais as boas xentes de Viveiro non caeron na demagoxia e recordaron aquelo tan manido pero tan evanxelico de “ A DEUS O QUE E DE DEUS E O CESAR O QUE E DE CESAR”
Otero Regal
Comentarios (23) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-04-2009 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
23 Comentario(s)
1 Por ladronicio, como dí a Igrexa, endexamais serían condeados os dous desgraciados aqueles a pena máxima, e moito menos a crucifixión, pois estaba destinada os delitos de sangue ou a aqueles que atentaban contra o poder romano.
Do mesmo xeito, é mentira a masacre dos varóns primoxénitos recéns nacidos atribuída o rei Herodes, pois os únicos que podían condear a morte eran as autoridades romanas.
O ser humano, non pode dominar o feito de crer ou non. Cres si estás convencido a través da razón, e neste caso, a traves da fé. Pois ben, o noso Cristo, condeou a un dos que estab#blgtk08#an con el no martirio, ben seguro que zelote, polo simple feito de non crer.
Cristo tamén dixo que amaramos os nosos enemigos, asi pois, endexamais cambiaríamos as estructuras económicas e aínda estaríamos vivindo no seo dunha estructura económica esclavista.
A cidade de Deus: unhos rezan, outros guerrean e o resto traballa; e así era porque o quería Deus.
El, elexía quen era rico e quen era pobre. Todo estaba planificado según a vontade de Deus.
E aínda segue a ser así nos estados teocráticos.
Con razón alguén dixo aquilo: A relixión é o opio do pobo.
Comentario por Roberspierre. (06-04-2009 13:10)
2 O "foto" ten moi mala hostia, o do m#blgtk08#edio parece o cristo do desenclavo.
Comentario por Covas (06-04-2009 14:53)
3 Teriamos que apostatar todos os que non creramos nas idea#blgtk08#s do Papa. Seguro que quedaba un 20% da igrexa actual...
Comentario por Foz (07-04-2009 09:45)
4 Non estou de acordo (co tema central do post: "se debería existir ningún problema en que os confrades se posicionen en contra desta reforma").
Independentemente de todos os outros temas nos que entras, non me valen os argumentos que usas para quitarlles ese dereito ("é un evento cultural/festivo moi visible de cara ao exterior", "está fóra de contexto"…).
Eles#blgtk08# son os que protagonizan/xestionan/realizan as actividades de Semana Santa, e as devanditas actividades son a súa forza. Non utilizarías o teu blog para unha protesta? Non utilizan os seus medios os xornalistas? As folgas funcionan porque a forza dos traballadores é precisamente o seu traballo.

Outra cousa é se é bo para eles ou non, pero iso é o seu problema.
Comentario por Moncho (07-04-2009 09:46)
5 Imos ver, que me decate eu... Como se pode xustificar que unha seita se intente meter en cuestións políticas? Esa xente que se dedique a rezar e a pasear as súas esculturas , e se queren meterse en política que funden un partido político, como Deus manda.

Para lobbys noxentos xa están o club de actores/directores fracasados do non á guerra e a panda de vampiros da SGAE, non necesitamos que empecen a foder tamén os das seitas.#blgtk08#

E si, quizais estean no seu dereito de poñer todos os lazos que lles saia do ohio, pero de ser esa a súa intención haberá que lexislar tales actos, pois unha cousa é venerar ao FSM e rezar misas e outra moi distinta meterse nos asuntos do resto dos mortais facendo panca política apoiándose na obriga de conciencia que teñen todos os años que os seguen.

Que non queren abortar? Moi ben, pois que non aborten eles.
Comentario por un de por aqui (07-04-2009 09:48)
6 O problema desta xente é que aproveitan o tirón que ten a semana santa para tratar de estender un dos seus novos dogmas irracionais como é o de que o aborto é malo, non só entre o seu fieis (que xa non me parecería mal) se non entre toda a sociedade. E para iso aprovéitanse dos seus propios "fieis". E para ser honestos, non nos ceguemos, pois moitos dos que van ir puxando debaixo das carrozas que levan o jodio lazito, seguro que lle pagaron á muller ou á filla un aborto, ou á noiva do fillo, ou abortaron elas mesmas (non sei se deixan a mulleres tirar do ca#blgtk08#rro... porque segundo son...).ahora recordo que creo que en Viveiro xa non teñen carro vai sobre os hombros dos piadosos, e un decir.

Non obstante, repito, aínda cando unha gran parte dos "fieis" nin sequera saiban de que vai o tema do aborto, aínda cando non estean de acordo, a igrexa católica abusa da obriga de conciencia que impón a todos os seguidores. E que o fixesen para que os seus seguidores non abortasen, aínda tería un pase. Pero fano para que o goberno cambie a lei que se está a discutir, e que nos afecta A TODOS. Por aí non paso.
Comentario por Covas (07-04-2009 09:51)
7 Eu creo que os confrades teñen todo o seu dereito a expresarse, quiza durante as procesións#blgtk08# de semana santa non sexa o momento e o lugar mais ideoneo pero alla eles.

Comentario por Remexe (07-04-2009 09:52)
8 Os curas sempre se meten nestas historias que en principio non lles afectan (o aborto, os condóns), aínda que a expres#blgtk08#ión "Nunca digas deste auga non beberei nin este cura non é o meu pai" sempre me pareceu bastante significativa...:-)
Comentario por Pepe do cura (07-04-2009 09:54)
9 LA LEY DEL ABORTO EXCLUYE LA SEMANA SANTA,POR QUE NO SE PUEDE ASECINAR,NI QUITAR VIDA A NADIE,POR QUE DIOS DA LA VIDA PARA FUNCIONES EN ESTE MUNDO,POR QUE TODOS VENIMOS A CUMPLIR MISIONES.
EL GOBIERNO DE ZAPATERO,AL ADMITIR EL ABORTO MEJOR SERIA QUE QUITACE LA SEMANA SANTA QUE ES RESPETO A DIOS Y A SU OBRA Y QUE DECLARE OTRAS FECHAS PARA EXIVIRCE,YA QUE LA SEMANA SANTA ES RESPETO,SI NO SE PREMIA EL RESPETO,QUE SENTIDO TIENE IR A MISA,O A LAS PROCECIONES,SI N#blgtk08#O SE TOMA EN CUENTA LA VIDA QUE SOLO DIOS NOS DA POR MEDIO DE SU HIJO JESUCRISTO.
GOBERNAR ES RESPETAR AL PUEBLO Y A SUS INTEGRANTES,AL APROVAR EL ABORTO,NO SE RESPETA LA VIDA,SOLO SE HACE,CON LAS OPINIONES DE QUIENES DE QUIENES NO CONOCEN AL SEÑOR JESUS,ESTOS FUERON EN VERDAD LOS QUE LO CRUCIFICARON,POR SU IMNORANCIA Y DEMAS FALTAS DE RESPETO A TODA LA HUMANIDAD,ES REFLEXION,QUE DESDE LA BIBLIOTECA NACIONAL DE ESPAÑA OFRESCO.A/T.CARLOS ACOSTA AZUAJE
Comentario por CARLOS ACOSTA AZUAJE (07-04-2009 09:55)
10 Eu levo saíndo como confrade en procesións dende hai 16 anos, son crente pero non moi practicante que digamos, non vou a misa todas as semanas, non me confeso cada vez que cometo un pecado, non rezo todas as noites antes de deitarme e non estou de acordo con todo o que a Igrexa catolica defende.

#blgtk08#/> Eu non estou encontra do uso de preservativos("La distribución de preservativos agrava o problema da sida"), nin do aborto dentro duns prazos razoables, nin cousas así.
Pero claro se a miña confraría decidira saír co lazo e eu non quero poñerme o lazo, vanme prohibir saír na procesión???
Comentario por Peron (07-04-2009 10:00)
11 Mi posición: son ANTI-eclesiástico, creyente en mi propia religión (Cristiano, con un par de “modificaciones” sobre dicha creencia) no practicante. Pro-aborto, salvo en caso de que se use como anticonceptivo, y a mas de X meses (7-8), para todo lo demás, soy completamente pro-aborto.
Y si, debe decidir la madre siempre.

Y también soy de esos que algún día se casarán por la iglesia por hacer el bonito, si mi mujer lo pide. Me haré pasar por cristiano convencido y que les follen.

Otro problema que no comentas… Es que seguro que todos los q1ue van a SS (Semana Santa) la iglesia los toma por “antiaborto” con esta tontería, es su modo de aparentar.

Yo sólo voy a un paso, y no lo ha#blgtk08#go desde hace 5 años por lo menos, voy por mera estética, puesto que mis creencias son “aproximadas”, pero quemaría iglesias con total felicidad. Y si, creo que sólo los edificios deberían poder hacer lo del lacito, que para algo son privados. Si un cofrade lo quiere hacer, que lo haga, y si no, pues nada.

Y si, los condones sirven, el Papa siempre dice muchas GILIPOLLECES (mayúsculas) pero la gente se lo deja pasar, porque tiene en su poder a un montón de gente no creyente figurando en las oscuras listas de su mierda y sinsentido de secta, que perdió el significado hace mucho, mucho tiempo, ahora son hipócritas en mayoría.

A ellos les conviene que tengamos niños, para meterlos en su secta…
Comentario por turista (08-04-2009 10:53)
12 Permítome recordarlles que un personaxe popular dos tempos da posguerra e da fame da fame, Marrube, malvivía das catro cadelas gordas que lle daban por facer un mandao, porque contase uns chistes na taberna ou simplemente por deixar que se risen cruelmente del.

Como sempre lle pagaban con viño e nunca con nada masticable e dixerible, aínda novo, o seu fígado comezou a esborrallarse e pouco despois era vítima dunha cirrose galopante. Por se non o saben, esta produce un acúmulo de líquido na cavidade peritoneal, i#blgtk08#sto é, no ventre, que lles fai extremadamente delgados pero barrigudos.

Cando nos seus últimos días, xa se estaba a morrer a chorros, a xente seguía ríndose del e con el, das súas cousas e ocorrencias. Preguntábanlle, -Que tal estas hoxe, Joseliqui?. E el respondía entre bromista e penoso: -Parece que hoxe estou un pouquiño peor.

Fáganme caso. Sigan algo que se parece ao vello consello franquista. Este dicía 'Viaxe menos e lea máis os xornais'. Eu digo: Lean menos os xornais e vivan e viaxen máis.
Comentario por Un amigo (08-04-2009 11:00)
13 Regal.......Regal..... A túa fixación en contra da Igrexa raia a paranoia. Que che fixo a Igrexa para ser así? En que te maltratou? Acaso a Igrexa inflúe en algo na túa vida diária?. Gustaríame que me contestases á as tres preguntas. Seguro que a resposta se foses capaz de facela coa razón e co c#blgtk08#orazón serían por este orde: Nada, En nada, No.
Se de verdade es un cascarrabias, eu sono, tan radical que estou en contra de todo o sistema do mundo mundial, metete con outros estamentos, organismos e mamporrerias varias que as hai, e por desgracia moitas. Un saúdo dende a Mariña de Lugo.
Comentario por Un catolico (08-04-2009 11:06)
14 Que a Igrexa é sagrada? que ninguén se pode meter co que fai? A verdade é que non son nada relixioso e apenas comulgo (...) coas cousas da xerarquía eclesíastica. E que al#blgtk08#guén se meta co poder, que queres que te diga... polo menos soa esperanzador. Bastantes mamporreros temos xa. Polo demais, parécenme ata frouxas as palabras do Regal este
Comentario por Xesus (08-04-2009 13:26)
15 Á marxe do que diga a Igrexa, unha feminista co pelo tinguido de vermello, a nai Teresa, o Dr. Mengele ou quen sexa, eu o que sei é que se as tripas das mulleres embarazadas fosen transparentes o aborto libre sería considerado unha atrocidade e polo tanto ilegal e nada parecido a un dereito de ninguén. O que fai fa#blgtk08#lta non é máis que un pouco de sofisticación intelectual e capacidade de empatía co outro para imaxinarse a capacidade de sentir dese pequeno ser. O aborto debería ser unha saída excepcional para situacións extremas. Todo o demais é simplemente barbarie, por moi chupiprogres megatolerantes que nos creamos.
Comentario por ATEA (08-04-2009 13:28)
16 A relixión, e por consecuente, a igrexa como representante, crea conflitos, guerras e división do pobo. Todo iso creado a base de artimañas legais e enganos. Eu, persoalmente, tiven que investir tempo e diñeiro para abandonar (de forma legal) calquera vinculacion á igrexa católica. En ningún momento se me pregunto ou explico que era para a miña a relixión, e o unico que te ensinan é unha historia de ciencia ficción (Biblia) que nin quen te a #blgtk08#insignia ten leido.
Por outro lado, respecto as crenzas de todos, basandome na ignorancia da maioría unido ao costume e ideais adoptados na nenez.
Opino que a Semana Santa debería ser ilegal, xa que constitúe coartar o dereito dos non crentes. Ou se mañá se monta unha festa multitudinaria do Ateo non pasaría nada?? non o creo...
Dende aquí propoño seguir chamando ao xoves "Santo" e ao venres "Ateo". Así todos contentos..
Comentario por RADICAL (08-04-2009 13:30)
17 A ver si me entero. ¿Qué tiene que ver el aborto con las procesiones de Semana Santa? Es que no sé de #blgtk08#qué va este tema y ya me pierdo. LO dicho o son procesiones o son manifestaciones. Quién me lo aclara?
Comentario por Unoquepasaporahi dijo (08-04-2009 13:32)
18 La Semana Santa tiene mucho sentido para mí porque la he “descubierto” aquí . La Reforma acabó con su importancia en el norte de Europa y ahora, con excepciones notables por supuesto, poco marca estos días allí.

Mientras, es cierto que muchas de las celebraciones y procesiones aquí tienen más bien un interés turístico o de entusias#blgtk08#mo popular que un profundo misticismo, esto existe también allí si alguien quiere buscarlo.

Lo que agradezco es que aquí he logrado sentir realmente la Semana Santa de una manera personal y he vuelto a descubrir la gran Verdad que es su esencia. No es poca cosa para este peregrino nórdico despistado.



Comentario por TOM (09-04-2009 11:02)
19 eu que si son confrade, pódote dicir que non só é o interese turistico nacional, porque a emoción de ver o esforzo que fan os levadores ata que sacan o paso da igrexa, oíndose só a voz do capataz, verte a túa mesma tan anónima como os demais irmá#blgtk08#ns debaixo da túnica, capa e capuz, cinguida polo cíngulo e ocultas as mans , é unha sensación que só o que o viviu o pode comprender.
Para min non é folclore, porque vou aos oficios e roda as estacións todos os anos .
E encántame.
Comentario por semanasanteiro (09-04-2009 11:06)
20 A verdade sexa dita, non me gusta a Semana Santa. Son desas persoas que ou ben atrévese a saír da súa casa e vai tomando atallos por todas as rúas habidas e por haber para esquivar procesións (cosa aínda así difícil) ou ben directamente non sae. Ademais, hei de recoñecer que mesmo me molesta un pouco non poder saír á rúa tranquilamente a pasear sen ter que ver un caparucho ou un Cristo cambaleá#blgtk08#ndose. O peor e unha novidade dos ultimos anos en Viveiro, o atentado o bo gusto e a estetica que se mostra nesas fotos horribles que poñen por os edificios de Viveiro, Recoñezo que como espectáculo é digno de ver (porque iso é o que é, a devoción brilla pola súa ausencia na gran maioría dos casos), sobre todo se non se está afeito e que tamén hai imaxes bonitas de gran valor artístico, pero...
Comentario por Ana Belén (09-04-2009 11:48)
21 Eu non son moito de igrexa. Ademais que as festas relixiosas non deixan de ser copias ou adaptacións das festas que celebraban os romanos, que á súa vez serían copias e adaptacións dos outros que estubieran antes e así sucesiv#blgtk08#amente.
Pero hei de admitir que a quen lle gusten as procesións de Semana Santa, está no sitio axeitado.
Ben, gozade destes días de festa, con procesións ou sen elas, de forma mística ou dunha forma máis terreal
Comentario por vivariense (09-04-2009 11:50)
22 Deus si, o panfleto da i#blgtk08#grexa do que é Deus non.
Comentario por Carlos (09-04-2009 12:11)
23 Que disfrutes de estas fiestas religiosas que nos ll#blgtk08#enan de pureza el alma y de buenos potajes la tripa.
Comentario por Koldo (09-04-2009 17:09)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal