A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TESTAMENTO DE OTERO REGAL
Si ustedes me len cada semana darianse perfecta conta que nos últimos tempos estou desmoralizado, deprimido e disilusionacon do entorno donde nacin e vivo actualmente, este estado das cousas agrabouse cos resultados das ultimas eleccions e os anuncios dos que gañaron de que queren desfacer o pouco que se fixo ben por os anteriores gobernantes.
O amigo desaparecido en combate Chichi Campos, cando se encontraba en situacion parecida a miña solia anunciar “Voume nacionalizar portugues” ben eu ando buscando o sitio ideal para ser de alí, unha vez encontrado cambiarei de nacionalidade, craro que sera un sitio donde gañen os meus mais a miudo e lles dure mais o prato de sopa de goberno que aquí.
Lendo o testamento do comico arxentino Enrique Pinti ocurreuseme facer un testamento público e notorio, por ver se me vou o “Fico en vora”, pois ahí vai:
Eu, home do medio-pelo, o outro medio xa me caeu e o que teño tende a o igual que a barba a blanquear , galego e mariñan, nos meus cabais e absolutamente responsable do momento que me toca vivir... deixo todo o meu agradecemento ás forzas vivas, moi vivas, eu diría avivadas, que me gobernaron con total falta de respecto e identidade profesional.

A os de dereitas de toda a vida, conservadores e similares , déixolles un bo manual de historia pero non de ese estafa que perante medioséculo nos falaron de reis catolicos unidade de non sei que e imperio do mais ala, un manual donde a historia non seña un conto reacionario e manipulado para dar razón a os que non a teñen, que o relean a ver onde di que nun pais libre e democrático alguén poida crerse superior aos demais por cuestións de liñaxe e casta, sobre todo, sendo fillos de de su pai e sua nai, como calquer fillo de veciño .

Aos que crein correlixionarios , progres e xente cercá a esquerda déixolles un compás para que, ao saber onde está o Sur e onde está o Norte, se saiban tamén definir entre a esquerda e a dereita ou o centro en vez de ser alternativamente pseudo esquerdiastas para pedir o voto e de dereitas de toda a vida cando gobernan.
E en particular a os camaradas da esquerda galega déixolles un manual "titulado" ¿Que é a clase obreira e labrega? , a ver se así poden explicarse que lles faltou para lograr un puto voto do currante que, ante a confusión voltou a votar á dereita de toda a vida.
A os nacionalistas galegos, poñan vostedes mesmos as siglas que comveña a cada cal, deixolles o manual da contradición perpetua e fanática onde se explica como un movemento populista que loitou contra a dictadura e a dereita que en catro dias que oleu o poder pode chegar a ser un movemento conservador, copiando en populismo e caciqueria a quen tiña como modelo de enemigo.
E a os militares pedirialles que teñan menos espírito de corpo e aos curas que teñan menos corpo e máis espírito.
E ás xeracións vindeiras saiban que houbo unha vez un país rico, grande, cheo de boa xente ao cal uns poucos pícaros avivados tratan de fundilo sen remedio.
Otero Regal


Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-03-2009 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
13 Comentario(s)
1 NAS PRÓXIMAS ELECCIÓNS VOTEMOS ÁS PUTAS.
EVIDENTEMEN#blgtk08#TE, ATA AGORA, VOTAR AOS FILLOS NON NOS DEU RESULTADO!!!!.
Comentario por Un amigo (30-03-2009 12:57)
2 Parece ser que o teu testamento terá que pospoñerse, xa que aínd#blgtk08#a que non te vise persoalmente, me consta que segues en Viveiro
Comentario por Covas (30-03-2009 12:59)
3 Un testamento vital (ou documento de vontades anticipadas) é basicamente un escrito que unha persoa fai, loxicamente, en vida e en posesión das súas facultades mentais, con instrucións específicas sobre#blgtk08# a súa propia existencia, por se o día de mañá os familiares se ven obrigados a tomar decisións que poden ser difíciles por estar a persoa que o fai incapacitada para tomar estas decisións por si mesma.
Comentario por Un que todo o entende (30-03-2009 13:02)
4 y nosotros que sin hacer testamento nos habíamos decidido a hacern#blgtk08#os de Galicia.... ¿dónde nos vamos a ir? Suscribo el sentimiento.
Comentario por araceli (30-03-2009 20:06)
5 Como cidadán estou decepcionado co funcionamento da actividade política institucional. Fai algún tempo que xa non milito formalmente en forza política ningunha. Abandonei á que pertencía cando comprobei nas últimas eleccións municipais a forma personalista e caprichosa de conformar unha#blgtk08# candidatura electoral, á marxe de criterios de capacidade ou compromiso político, sendo a mera afinidade persoal á persoa que encabezaba a formación o único "mérito" decisivo e determinante. Agora estou máis convencido aínda do acertado da miña decisión de abandonar esa forza política.
Comentario por Un de por aqui (31-03-2009 08:39)
6 Ogallá estivésemos nunha democracia representativa, pero isto non é así nin de lonxe. Isto é unha ditadura de partidos que deixou fóra de xogo o cidadán, basicamente porque a corrupción non se comparte, é acumulativa e privada. Estes 30 anos de "democracia" funcionaron mentres os políticos ocultaron a súa incapacidade, a súa incultura e os seus rastreiros intereses, detrás dun caudal de diñeiro vido dende uropa) e que lles serviu para vender unha xestión de éxitos políticos que non era legitimamente súa. A realidade golpéanos agora que a liquidez desapareceu, e mostra o corpo descarnado do que durante estes anos construímos entre todos neste miserable país. Agora que se necesitan as ideas, a honradez, o esforzo, o sacrificio, descubrimos ignorantes, que só dispoñemos dunha caterva de pillos que non están dispostos a ceder nin un só dos privilexios que se construíron nestes anos de mentiras e vacas gorda#blgtk08#s que non eran nosas. Sinceramente, o panorama político é desolador en España, é realmente deprimente e carece de todo ángulo positivo. Dubido moito que as solucións poidan vir desta manta de ignorantes paifocos e sinverguenzas que hoxe se senta nas cadeiras de brazos comidas polas almorrás da corrupción. É impensable que os que nos afundiron na merda, teñan nin un só gramo de iniciativa que non empreguen en seguir coa festa.
De todos os xeitos, alégrome de que por fin, te decidas a escribir opinións persoais nesta taberna que como sabes está aberta para todos. Conste que me len todos os artigos que propós, que non é pouco traballo, pois es moi prolífico, pero persoalmente prefiro o debate entorno a pensamentos menos elaborados e máis persoais, como este que acabas de subir.
Puf! voume un anaco a comerme un arroz cos amigos e hai que ver o que me encontro á volta, é que non dades descanso!
Comentario por San Ciprian (31-03-2009 08:42)
7 Me interese la política (con letras grandes), actividad que considero muy necesaria para profundizar en los valores democráticos, para ayudar a que en la gestión de los asuntos públicos se trabaje con el objetivo de conseguir la igualdad real y efectiva entre los ciudadanos, y para que se desarrollen acciones de solidaridad con las pe#blgtk08#rsonas que sufren el desempleo y/o la pobreza, consecuencias de un sistema económico, en su versión neoliberal del siglo XXI, que sólo tiene en cuenta el beneficio y la “rentabilidad económica”, y que parte del nefasto presupuesto ideológico de considerar a las políticas sociales como un gasto, y no como una obligación de todo Estado.
Comentario por Desde Madrid (31-03-2009 08:44)
8 E para donde te irias que ch#blgtk08#e trataran mellor que aqui?
Comentario por O cantante do Valado (01-04-2009 11:07)
9 A desilusión política é un fantasma que percorre Galicia, emulando a famosa frase de Marx. Dende que as campañas electorais duran catro anos -comezan o día despois das eleccións, nunha carreira de fondo por manter a maioría ou arrebatarlla ao que goberna-, nas salas de xustiza dirímese tanta ou máis política que nos plenos do Parlamento de Deputados -que só teñen de "pleno" o nome, mantido por inercia, pois de feito, atendendo á esc#blgtk08#asa asistencia das súas señorías, deberían chamarse máis ben "baleiros" - e, cando ante a evidencia da crise, goberno e oposición aproveitan unha vez máis para lanzarse acusacións, sen que nin uns nin outros saiban moi ben que facer con esa pataca quente, os cidadáns teñen en xeral a mesma confianza en que a clase política endereite a situación que ante a clase xornalística que o observa dende a barreira e o comenta: máis ben pouca.
Comentario por OUTRO GALEGO MAIS (01-04-2009 11:10)
10 O ESTA CARALLUDO AMIGO:Aos que crein correlixionarios , progres e xente cercá a esquerda déixolles un compás para que, ao saber onde está o Sur e onde está o Norte, se saib#blgtk08#an tamén definir entre a esquerda e a dereita ou o centro en vez de ser alternativamente pseudo esquerdiastas para pedir o voto e de dereitas de toda a vida cando gobernan.
Comentario por Felix (01-04-2009 16:25)
11 Sitiño por favor non te vaias, non te vaias afogar a p#blgtk08#`raia, como nos pasou a nos....firmado Touriño e cia.
Comentario por Un sociata (01-04-2009 16:27)
12 Un pais rico, dis, grande, dis, e cheo de boa xente, #blgtk08#pero olvidachete decir que esa boa xente vota a o PP.
Comentario por Un do PP (01-04-2009 16:28)
13 os nosos politicos dan noxo , non hai día que non nos ergamos da cama i o poñela radio "zas" un alcalde que mangonea, outro que prevarica, o secretario xeral de non sei que organismo público recibe regaliños dun empresario, dan noxo, non nos representan fan o ques lles peta cos nososo votos,inlcuso algunhos teñen tres soldos, i al#blgtk08#a a subilos soldos veña paga o pobo, O ZAPATERO unha das promesas que levaba era subirllela pensión as viuvas a 750 eur MINIMO, POIS MIÑA NAI SEGUE A COBRAR 560 EUR. BUENO CARALLO ASI NOS VAI.
Un politico pode prometer o que lle día a gana total ninguen lle vai pedri contas de nada cando non o cumpra.

DAN NOXO
Comentario por MARROQUI (02-04-2009 13:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal